Unha idea orixinal de Laura González.
Que mellor fórmula hai para coñecer o traballo dunha artista que a de que sexa ela mesma a que nos fale sobre o seu proceso creativo?
Compartimos convosco un podcast que vai espertar a vosa alma imaxinativa, dende a voz dos seus protagonistas. Unha visión sobre as diferentes marcas que aniñan baixo o colectivo de Creativas Galegas dende o seu interior. En cada un dos capítulos que conforman esta paisaxe sonora coñeceremos e escoitaremos as persoas que se agochan tras estas marcas.
Neste capítulo presentamos a Pilar Alonso que nos falará do seu proxecto e nos mostrará a súa forma de expresar a súa arte.
A marca:
Xacobleas
Quen está detrás do proxecto:
Pilar Alonso
Profesión:
Elaboradora de obleas e administrativa.
Breves pinceladas da técnica empregada:
Somos especialistas en obleas de trigo e desenrolámolas para que cheguen a outros ámbitos fóra da Igrexa.
Dámoslle forma, engadímoslle ingredientes e usámolas na cociña dende para pratos doces e sobremesas, como para pratos salgados e incluso, bombóns.
Momento ou motivo de inicio do proxecto:
O proxecto xorde dende a curiosidade e as ganas de entender por que un produto, en aparencia tan sinxelo, non se pode atopar fóra das portas dun convento.
Que debe plasmar o traballo final:
Debe sorprender á vista e conquistar ao gusto.
Unha película, un libro e unha canción de inspiración:
Na película “El milagro” de P. Tinto xa valoraban a posibilidade de facer obleas de sabores.
En canto á música, gústame escoitar de tódalas épocas e xéneros.
E os libros de suspense axúdanme a avivar esa curiosidade que sinto por todo o que descoñezo.
Un consello para alguén que quere emprender no eido cultural galego:
Se é o que te apaixona, rodéate de xente que te inspire, que te complemente, e non pares ata conseguilo.
O mellor consello recibido?
Deixa de voar e ten os pes sempre na terra.
Por que formar parte de Creativas Galegas?
Porque para Creativas o produto é importante, pero as persoas que están detrás son o esencial.
Que pode aportar e que aporta?
Pode aportar forza de marca e visibilidade do produto galego fóra das nosa fronteiras. Agora mesmo somos unha equipa, somos apoio, información, coñecemento…