loader image

Coñecendo a Mónica Rodríguez

Unha idea orixinal de Laura González.

Que mellor fórmula hai para coñecer o traballo dunha artista que a de que sexa ela mesma a que nos fale sobre o seu proceso creativo?

Compartimos convosco un podcast que vai espertar a vosa alma imaxinativa, dende a voz dos seus protagonistas. Unha visión sobre as diferentes marcas que aniñan baixo o colectivo de Creativas Galegas dende o seu interior. En cada un dos capítulos que conforman esta paisaxe sonora coñeceremos e escoitaremos as persoas que se agochan tras estas marcas.

Neste capítulo presentamos a Mónica Rodríguez que nos falará do seu proxecto e nos mostrará a súa forma de expresar a súa arte.

A marca:

Pécora

Quen está detrás do proxecto:

Mónica Rodríguez Varela

Profesión:

Deseñadora téxtil, de estampados e complementos. Artesá.

Breves pinceladas da técnica empregada:

Traballo diferentes técnicas: acuarela, fotografa elaboración dixital de estampados, estampaxe botánica e manual, elaboración de patróns, corte e confección artesanal de pezas e distintos complementos.

Momento ou motivo de inicio do proxecto:

Nun momento de indecisión e baleiro vital sentía a imperiosa necesidade de crear algo tanxible coas miñas mans. Algo que me fixese sentir útil, válida e mantivéseme ocupada. Algo que me gustase ata o punto de parecerme belo e xerase no meu unha sensación de pracer estético. Algo que puidese ofrecer. E, non se porque motivo, un día calquera decidín facer unha boneca de trapo, sempre me gustaron e inquietado a partes iguais. Así que decidín crear bonecas articuladas. Comecei a vendelas e a realizar bonecas personalizadas por encargo e descubrín que me xeraba moito pracer, especialmente facerlles os vestidos, crear o look, así que decidín estudar Moda. Polo camiño fixen un certificado profesional de xestión e aprendín a coser con Selvita, a marabillosa modista da miña vila. Durante a carreira descubrín que me apaixonaba crear estampados. Nunha das materias había que facer un proxecto de marca e aí naceu o xerme de  Pécora.

Que debe plasmar o traballo final:

Sensacións, emocións e calidade.

Unha película, un libro e unha canción de inspiración:

A verdade é que sempre me resultou imposible e pouco representativo amentar unha única  película, libro ou canción; nin sequera un tipo de cinema de literatura ou música, porque son moi ecléctica e diversa. Atopo inspiración en case calquera obra de arte, especialmente na Natureza. Podo citar obras que me impactaron, pero non deixan de ser unha parte pouco ou nada representativa do total; El Séptimo Sello de Bergman, Driving with the Breaks On de Del Amitri e Los Gozos y las Sombras de Gonzalo Torrente Ballester.

Un consello para alguén que quere emprender no eido cultural galego:

Perseveranza e Loita.

O mellor consello recibido?

Se podes deixar de facelo é que non é para ti.

Por que formar parte de Creativas Galegas? Que pode aportar e que aporta?

A unión posibilita o que en solitario é inviable neste panorama, o apoio, as sinerxías, os contactos e a amizade xeran novas oportunidades e unha sensación de arroupe e acompañamento fundamental neste árido camiño.

Deixa un comentario


0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando