Unha idea orixinal de Laura González.
Que mellor fórmula hai para coñecer o traballo dunha artista que a de que sexa ela mesma a que nos fale sobre o seu proceso creativo?
Compartimos convosco un podcast que vai espertar a vosa alma imaxinativa, dende a voz dos seus protagonistas. Unha visión sobre as diferentes marcas que aniñan baixo o colectivo de Creativas Galegas dende o seu interior. En cada un dos capítulos que conforman esta paisaxe sonora coñeceremos e escoitaremos as persoas que se agochan tras estas marcas.
Neste capítulo presentamos a Desiree Díaz que nos falará do seu proxecto e nos mostrará a súa forma de expresar a súa arte.
A marca:
Lá con Agarimo.
Quen está detrás do proxecto:
Desiree Díaz.
Profesión:
Calceto sen parar.
Breves pinceladas da técnica empregada:
Creo puntos, do dereito e do revés, coas miñas dúas agulliñas queridas. Alí a onde vou, levo ás miñas compañeiras de viaxe, para seguir dando renda solta á miña paixón. Así paso os días e parte das noites, creando e matinando.
Iso é a calceta básica, mais logo podemos usar máis agullas e facer unha chea de puntos que sempre me chamaron á atención polos seus nomes: o punto bobo, o punto inglés, o punto inglés falso, o punto de arroz, o punto largo…, estes xa son para avanzados, hai que empezar polo básico.
Momento ou motivo de inicio do proxecto:
Foi fai uns oito anos, daquela traballaba con quendas partidas na hostalaría, tiña momentos nos que me aburría e un día pensei en facer una bufanda. Un cliente do establecemento no que traballaba viume facela e díxome se lle facía unha a el. Detrás deste cliente viñeron máis e xa fixen unhas cantas.
Desde entón, nunca máis me aburrín.
Que debe plasmar o traballo final:
Pois como di o nome da miña marca, moito agarimo. Teño que sentir que son pezas especiais, delicadas e que están feitas con tenrura e moita, moita ilusión.
Unha película, un libro e unha canción de inspiración:
Non son de libros.
A película que me parece unha inspiración para a vida en xeral é : “La vida es bella”.
A canción que para min debería ser un lema co cal afrontar a vida e o traballo : “Hoy puede ser un gran día”.
Un consello para alguén que quere emprender no eido cultural galego:
Cre en ti, ármate de paciencia e ten moitas ganas de aprender.
O mellor consello recibido?
Escoita e aprende.
Por que formar parte de Creativas Galegas? Que pode aportar e que aporta?
Para non atoparme soa, para ter compañía neste camiño de emprender, para ter mans amigas das que aprender e mellorar cada día.
Aporta un gran punto de apoio, empuxe, motivación e sobre todo, de aprendizaxe constante.