BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Creativas Galegas - ECPv6.3.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Creativas Galegas
X-ORIGINAL-URL:https://creativasgalegas.gal
X-WR-CALDESC:Events for Creativas Galegas
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250901T173000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260731T193000
DTSTAMP:20260428T021128
CREATED:20240403T185022Z
LAST-MODIFIED:20250829T191033Z
UID:10000168-1756747800-1785526200@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de calceta _ La con agarimo
DESCRIPTION:Gustaríache aprender a calcetar? \nQuizais evolucionar sobre a base que xa tes? \nOu facer unha peza determinada e necesitas axuda para eses puntos que se che resisten? \nSexan  cales sexan as túas razóns\, esperámoste no taller de calceta con Desi de La con Agarimo. \n  \nElixe o grupo que mellor che encaixa: \n\nGrupo de MARTES / Grupo de XOVES /  Grupo de VENRES.\n\n  \nActividade: Taller de calceta\nFormadora: Desiree Díaz\nMarca: La con Agarimo\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nHorario: 17:30 – 19:30 h\nCusto do taller: 40 € / mes \nReserva a túa praza aquí: 605 14 12 41 \n  \nCoñece o traballo de Desi:\nInstagram: @laconagarimo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-iniciacion-a-calceta-con-agullas-_-la-con-agarimo/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/04/Taller-web-.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20251021
DTEND;VALUE=DATE:20251102
DTSTAMP:20260428T021128
CREATED:20251022T150154Z
LAST-MODIFIED:20251103T190121Z
UID:10000269-1761004800-1762041599@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición _ Ruxe design
DESCRIPTION:Jenny é a quinta xeración de colareiras de O Grove. As mulleres da vila recollían as conchas que o mar deixaba atrás\, uníanas con fío e elaboraban divertidos colares que logo vendían na Illa da Toxa a visitantes fascinados co traballo final destas artesás. De tales raíces nace a inquietude da nosa compañeira por crear beleza coas mans\, por investigar novos xeitos de como aproveitar os recursos que a natureza nos dá para crear novos lenzos\, coas nosas propias cores e texturas. \nE podedes imaxinar como deste berce nace Jenny\, un bulebule\, un fervedoiro de ideas\, un fuxefuxe que sempre está aprendendo novos xeitos e técnicas de creación artesanal; unha mente que non para de innovar e unhas mans que non deixan de moldear. Por iso\, entre o seu traballo\, atopamos varias coleccións: \nSUCA\, en honor á súa avoa\, é o nome da colección de pezas elaboradas artesanalmente coas conchas do mar. \nMARMA é o nome que reciben as obras que crea artesanalmente con resina mineral ecolóxica. Están inspiradas no terrazo e contan cunha ampla variedade de cores\, formas e mesturas. \nALMA\, son pezas que xorden da súa paixón por coñecer os minerais naturais e convertelos en arte para lucir. \nTERRA nace do seu amor pola cerámica. Unha paixón que a conquistou dende os seus inicios e a levou a mergullarse en aventuras e aprendizaxes que non parecen ter fin. \nDe todas estas coleccións podes ver exemplos a través desta exposición. \nToma nota: \n  \nExposición: ‘Ruxe desing’\nTécnicas empregadas: cerámica\, conchas mariñas\, resina ecolóxica\nAutora: Jennifer Martínez\nNome da marca: Ruxedesign\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 21 de outubro – 1 de novembro\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n \nFotografías de: @labarral
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-_-ruxe-design/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/10/Expo-Ruxe.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20251104
DTEND;VALUE=DATE:20251116
DTSTAMP:20260428T021128
CREATED:20251103T210059Z
LAST-MODIFIED:20251103T210059Z
UID:10000273-1762214400-1763251199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de xoiaría _ Ana Benito
DESCRIPTION:Acollemos unha nova exposición na tenda para mostrarvos o traballo de Ana Benito Vinós\, unha xoieira de Compostela con medio corazón mexicano. É por iso que ambas culturas están presentes en cada unha das súas pezas: \nEla mesma se nos presenta: \n“Se me tivese que describir\, diría que son bióloga de corazón e xoieira de paixón; que son amante dos animais e da natureza; que me gusta coñecer lugares\, xente\, comida\, costumes; que agradezo e atesouro ser de dous países\, porque nacín e crecín en México\, pero as miñas raíces son todas de España; que a vida me parece un transitar fascinante e que sempre crin que é un agasallo poder facer o que a unha lle gusta e apaixona. \nAs xoias e as pedras chamáronme a atención desde que teño memoria. Outra fascinación que teño son as ferramentas. O meu pai regaloume os meus primeiros alicates (que aínda conservo) e algúns fíos e chapas de latón\, alpaca e cobre; foi nese momento que se me abriu o mundo de crear cousas que están na miña cabeza. \nA miña inspiración é o mar e as montañas. Reproducir as curvas da natureza\, as asimetrías\, as espirais…\, todo iso está reflectido nas miñas pezas.” \nPezas únicas de xoiaría que vos recomendamos visitar. Toma nota! \n  \nExposición: Xoias da natureza\nTécnicas empregadas: técnicas tradicionais de xoiaría\nAutora: Ana Benito Vinós\nNome da marca: Ana Benito\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 4 – 15 de novembro\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo de Ana:\nInstagram: @ana_benito_joyera \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-xoiaria-_-ana-benito/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/11/plantilla-1080x1350x72ppp-IGweb_-tALLERES-copia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251108T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251122T140000
DTSTAMP:20260428T021128
CREATED:20251022T180359Z
LAST-MODIFIED:20251022T180446Z
UID:10000271-1762599600-1763820000@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de encadernación _ María Ramírez
DESCRIPTION:María Ramírez imparte a súa V edición de taller de encadernación para que te leves a túa libreta personalizada. \nNeste obradoiro aprenderemos a coser con cadeneta\, a facer unha encadernación con tapa dura\, a dourar os cantos do noso caderno e a decoralo co deseño que nós elixamos debuxándoo co lapis térmico. \nEn imaxes deixamos algún exemplo de libretiñas feitas noutros talleres. \nQueres vir facer a túa? Toma nota: \n  \n𝐀𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞: 𝐓𝐚𝐥𝐥𝐞𝐫 𝐝𝐞 𝐞𝐧𝐜𝐚𝐝𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧\nMarca: @afaceria\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 8 / 15 / 22 de novembro\nHorario: 11:00 – 14:00 h\nPrezo: 85 € \n  \nMerca o teu taller aquí: Mercar  \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/23037/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/10/plantilla-1080x1350x72ppp-IGweb_-tALLERES-copia-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20251118
DTEND;VALUE=DATE:20251201
DTSTAMP:20260428T021128
CREATED:20251121T140550Z
LAST-MODIFIED:20251121T140550Z
UID:10000275-1763424000-1764547199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición colectiva _ Mercado Tarado
DESCRIPTION:Queres atopar artigos imperfectamente exclusivos\, sacados do baúl do ‘veremos que fago contigo algún día’ que todo artesán/á ten —se di que non\, minte ou non é artesán/á—\, pezas feitas á man con historia propia e obras á venda a demasiado bo prezo? \nBenvidos e benvidas ao noso 𝐌𝐞𝐫𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐓𝐚𝐫𝐚𝐝𝐨: unha chea de produtos artesanais e artísticos nos que o prezo\, a imperfección e a singular historia durante o proceso de creación\, marcan a súa exclusividade! \nEsa peza que saíu do forno cunha personalidade tan única e irrepetible que debe seguir o seu propio camiño\, fóra da colección.\nEse prototipo ao que lle regalamos tantas e tantas horas da nosa vida e non acabou de satisfacer os nosos egos.\nEsa talla que quedou soíña e nos acompaña cada feira coa ilusión do primeiro día por atopar un novo fogar. \nQueres coñecer esas peciñas que forman parte da colección privada da/do artista que por mais voltas que lle dea\, xamais cumprirán as expectativas do seu maxín creador? \nBenvido/a ao marabilloso universo das pezas agochadas das nosas creativas galegas. Abrimos o baúl dos prototipos\, das taras\, das decepcións infinitas para poñelas á venda. Pezas exclusivas artesanais a prezos de bazar! \nExposición: Mercado Tarado\nObxectivo: aliviar a carga emocional do baúl das taras\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 18 – 30 de novembro\nHorario: 10:30 – 20:30 h
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-colectiva-_-mercado-tarado/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/11/Mercado-tarado-copia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251129T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251129T190000
DTSTAMP:20260428T021128
CREATED:20251013T181324Z
LAST-MODIFIED:20251022T181103Z
UID:10000267-1764414000-1764442800@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de iniciación ao ecoprint _ Hiar artesanía
DESCRIPTION:Unha experiencia creativa para mergullarte na natureza e descubrir como follas e flores poden quedar plasmadas para sempre nun tecido de seda.\nNeste obradoiro de iniciación entrarás no universo do ecoprint\, aprendendo as bases desta técnica de estampaxe botánica e creando unha peza única en seda que gardará para sempre a beleza efémera dos campos de Galicia. \n🌿 Durante o obradoiro:\n· Introdución ao ecoprint: que é e como funciona.\n· Recoñecer follas e flores que serven para estampar. No taller usaremos frescas e tamén prensadas doutras estacións.\n· Tempo libre para compoñer o teu propio deseño sobre pano de seda.\n· Ao mediodía farase a cocción ao vapor para que pola tarde poidas descubrir o deseño botánico que creaches no teu pano de seda.\n· Lavamos e pasamos o ferro.\n· Entrega do pano coa explicación da técnica empregada. \n  \n𝐀𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞: 𝐓𝐚𝐥𝐥𝐞𝐫 𝐝𝐞 𝐢𝐧𝐢𝐜𝐢𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐚𝐨 𝐞𝐜𝐨𝐩𝐫𝐢𝐧𝐭\nMarca: @hiar_artesania\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 29 de novembro\nHorario: 11:00 – 14:00 h e 16:30 – 19:00 h\nPrezo: 120 € \n  \nMerca o teu taller aquí Mercar  \nEste obradoiro é para quen busca unha experiencia creativa sen necesidade de experiencia previa. Só fai falta estar presente\, compoñer con calma… e deixar que a natureza complete a obra.
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-iniciacion-ao-ecoprint-_-hiar-artesania/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/10/Taller-ecoprint-1.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR