BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Creativas Galegas - ECPv6.3.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Creativas Galegas
X-ORIGINAL-URL:https://creativasgalegas.gal
X-WR-CALDESC:Events for Creativas Galegas
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260425T103000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260425T143000
DTSTAMP:20260826T205432
CREATED:20260318T181332Z
LAST-MODIFIED:20260318T181332Z
UID:10000309-1777113000-1777127400@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Obradoiro · Deseño e creación dun pano en estampación dixital
DESCRIPTION:Entre debuxo\, cor e tecido nace unha peza única feita desde a túa propia imaxinación ✨ \nNeste obradoiro exploraremos o proceso de creación dun pano téxtil partindo do debuxo manual sobre papel. Traballaremos a composición\, a cor e a relación entre ilustración\, patrón e superficie téxtil\, descubrindo como unha idea pode transformarse nunha peza real. \nNon é necesario ter experiencia previa en debuxo: o obradoiro está pensado como un espazo de experimentación\, proba e descubrimento\, onde cada participante poderá investigar o seu propio estilo mentres goza do proceso creativo. \nDurante a sesión desenvolverase un deseño persoal que posteriormente será dixitalizado e preparado para a súa estampación en seda. Unhas tres semanas despois\, cada participante recibirá o seu propio pano de seda (aprox. 50 × 50 cm) impreso co deseño creado no obradoiro. Porque poucas cousas son tan especiais como levar posto algo que naceu das túas propias mans 💛 \nRequisitos para poder participar:\n👉 Non se precisan coñecementos previos \nActividade: Obradoiro “Deseño e creación dun pano en estampación dixital”\nImparte: Sandra Parguiña (@sandraparguina)\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\, Caldeirería 36\, Santiago de Compostela\n📅 Data: 25 de abril de 2026\n🕐 Horario: 10:30 – 14:30\n💶 Prezo: 60 € (materiais incluídos) \n📲 Reservas: 605 14 12 41 \n#creativasgalegas #mercadogalegodacreatividade #talleres #deseñotextil #estampacion #seda #creatividade #deseñogalego #artesanía #santiago #compostela
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/obradoiro-%c2%b7-deseno-e-creacion-dun-pano-en-estampacion-dixital/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/03/Taller_pano_seda_sandra_parguina.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260502T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260502T130000
DTSTAMP:20260826T205432
CREATED:20260320T110056Z
LAST-MODIFIED:20260318T190551Z
UID:10000310-1777719600-1777726800@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Obradoiro · Iniciación ao lettering ou caligrafía artística
DESCRIPTION:Entre tinta\, trazos e paciencia nace a beleza da escrita feita a man ✨ \nNeste obradoiro de iniciación aprenderemos as bases do lettering e da caligrafía artística empregando ferramentas tradicionais e modernas. Durante a sesión faremos un pequeno achegamento ás leis do deseño aplicadas á tipografía creativa e coñeceremos técnicas de ornamentación como o fileteado ou a inspiración da tipografía miniada medieval. \nA través da práctica cada participante experimentará cos trazos e composicións ata crear a súa primeira pequena obra caligráfica\, feita coas súas propias mans. Un espazo para aprender\, probar e gozar do proceso de escribir con calma 💛 \nRequisitos para poder participar:\n 👉 A partir de 8 anos \nActividade: Obradoiro “Iniciación ao lettering ou caligrafía artística”\n Imparte: Nekojitanee Illustrations (@nekojitanee)\n Lugar: Mercado Galego da Creatividade\, Caldeirería 36\, Santiago de Compostela\n 📅 Data: 2 de maio de 2026\n 🕐 Horario: 11:00 – 13:00\n 💶 Prezo: 40 € (materiais incluídos) \n📲 Reservas: 605 14 12 41 \n#creativasgalegas #mercadogalegodacreatividade #lettering #caligrafía #talleres #santiago #compostela #deseñogalego #artesanía #creatividade
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/obradoiro-%c2%b7-iniciacion-ao-lettering-ou-caligrafia-artistica/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/03/Taller_iniciacion_lettering.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260505T103000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260517T203000
DTSTAMP:20260826T205432
CREATED:20260505T100626Z
LAST-MODIFIED:20260505T100626Z
UID:10000338-1777977000-1779049800@creativasgalegas.gal
SUMMARY:⭐ Exposición · AMORA ARTESANÍA ⭐ Cadernos que contan historias
DESCRIPTION:No Mercado Galego da Creatividade abrimos as portas a un universo feito con calma\, fío e memoria ✨ \n  \nAmora Artesanía\, da man de Vanesa Gómez\, tráenos unha colección de cadernos\, álbums e pezas únicas creadas a través da encadernación artesanal e o bordado manual. Cada obra nace dun proceso pausado\, onde as mans marcan o ritmo e cada detalle conta. \n  \nDende o seu taller en Rebordechán (Crecente)\, Vanesa constrúe pezas que beben do rural e do tradicional\, reinterpretadas cunha mirada fresca\, colorida e moi viva. Cadernos que non só gardan palabras… senón que xa veñen cargados de historia 💛 \n  \nHai tamén un compromiso co que nos rodea: coa lingua\, creando formatos en galego como receitarios\, diarios ou axendas; co social\, participando activamente na comunidade; e co ambiental\, empregando materiais con certificación ecolóxica e reaproveitando cada pequeno anaco de produción. \n  \nUnha exposición que pon en valor o tempo\, o coidado e ese saber facer que só ten o artesanal 🧵 \n  \n📌 INFORMACIÓN DA EXPO \n▫️ Exposición: Cadernos que contan historias \n▫️ Marca: Amora Artesanía \n▫️ Lugar: Mercado Galego da Creatividade \n▫️ Datas: do 5 ao 17 de maio \n▫️ Horario: 10:30 a 20:30 \n  \nCartelería e texto por @amoroteuestampaxeartesanal 💙
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/%e2%ad%90-exposicion-%c2%b7-amora-artesania-%e2%ad%90-cadernos-que-contan-historias/
LOCATION:Mercado Galego da Creatividade\, Caldeirería 36\, Santiago de Compostela\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/05/Plantilla-WEB-IG-1080x1350x72ppp.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260519T103000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260530T203000
DTSTAMP:20260826T205432
CREATED:20260518T181429Z
LAST-MODIFIED:20260518T181429Z
UID:10000340-1779186600-1780173000@creativasgalegas.gal
SUMMARY:⭐ Exposición · MICA ⭐ Fibras que contan historias
DESCRIPTION:⭐ Exposición · MICA ⭐\nFibras que contan historias \nNo Mercado Galego da Creatividade recibimos a delicada proposta de Mica Bisu\, unha marca que transforma fibras naturais en pequenas xoias cheas de textura\, sensibilidade e conexión coa natureza 🌿 \nA través de materiais como a seda\, a fibra de plátano\, o fío de ortiga ou a biocerámica\, Mica Bisu crea pezas únicas de xoiaría artesanal sostible\, feitas con calma e respecto polos procesos e os materiais. \nCada creación nace dende unha mirada consciente\, onde a elegancia vai da man dun consumo máis responsable e dunha maneira máis amable de relacionarnos co que levamos posto ✨ \nUnha exposición onde descubrir a beleza das fibras naturais\, o valor do feito a man e esas pezas especiais que gardan a esencia do artesanal. \n📌 INFORMACIÓN DA EXPO\n▫️ Exposición: Fibras que contan historias\n▫️ Marca: Mica Bisu \n▫️ RRSS: @mica_bisu_\n▫️ Lugar: Mercado Galego da Creatividade\n▫️ Datas: do 19 ao 30 de maio\n▫️ Horario: 10:30 a 20:30 \nCartelería e texto por @amoroteuestampaxeartesanal 💙
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/%e2%ad%90-exposicion-%c2%b7-mica-%e2%ad%90-fibras-que-contan-historias/
LOCATION:Mercado Galego da Creatividade\, Caldeirería 36\, Santiago de Compostela\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/05/Mica-.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260531T100000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260531T140000
DTSTAMP:20260826T205433
CREATED:20260501T080041Z
LAST-MODIFIED:20260428T181821Z
UID:10000336-1780221600-1780236000@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Obradoiro - Elaboración de xabón natural
DESCRIPTION:Neste taller Anika explicaranos o proceso de elaboración de xabón natural sólido co método en frío\, unha técnica tradicional que respecta as propiedades dos ingredientes e permite crear pezas únicas\, feitas con calma e intención. \nAdemais da parte práctica\, tamén haberá un espazo para entender o “por que” de cada mestura: aprenderás a formular para que poidas crear as túas propias receitas na casa e seguir experimentando coas túas mans. \n🌿 Durante o obradoiro: \n\n Introdución ao xabón natural e ao método en frío.\n Coñecemento dos ingredientes e as súas propiedades.\n Parte teórica para aprender a formular as túas propias receitas.\n Preparación e mestura dos materiais.\n Elaboración do teu propio xabón natural sólido.\n Levarás contigo a peza elaborada no taller.\n\n𝐀𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞: 𝐎𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐞𝐥𝐚𝐛𝐨𝐫𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐱𝐚𝐛𝐨́𝐧 𝐧𝐚𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥 \nMarca: Feitizo Soaps (@feitizosoaps) \nLugar: Mercado Galego da Creatividade \nData: 31/05/2026 \nHorario: 10:00 – 14:00 h \nPrezo: 60 € \nInclúe todo o material necesario para que só te preocupes de gozar do proceso\, aprender e crear coas túas propias mans ✨ \nUn obradoiro perfecto para quen quere iniciarse no mundo da cosmética natural dun xeito consciente e artesanal 🌱 \n🔶Texto e cartel: @amoroteuestampaxeartesanal \n#creativasgalegas #mercadogalegodacreatividade #xabónnatural #cosmeticanatural #feitonaman #artesanía #obradoiro #galicia #comerciolocal #economiasocial #creatividade #deseñogalego #feitizosoaps #agasallosconalma 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/obradoiro-elaboracion-de-xabon-natural/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/04/imagen_feitizo_obradoiro_xabons.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260602T103000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260613T203000
DTSTAMP:20260826T205433
CREATED:20260601T202430Z
LAST-MODIFIED:20260601T202430Z
UID:10000344-1780396200-1781382600@creativasgalegas.gal
SUMMARY:⭐ Exposición · Ruxe Design ⭐
DESCRIPTION:Do 2 ao 13 de xuño\, o espazo expositivo do Mercado Galego da Creatividade énchese das cores\, texturas e materiais que dan forma ao universo creativo de Ruxe Design. \n  \nDetrás desta marca está Jenny\, artesá grovense e herdeira dunha tradición que leva xeracións transformando os tesouros que o mar deixa na costa. Daquelas colareiras que recollían conchas e as convertían en pequenas xoias nace unha forma de entender a artesanía baseada na observación\, na curiosidade e no respecto polos materiais. \n  \nA súa obra é unha viaxe constante pola experimentación. Conchas\, minerais\, resinas ecolóxicas e cerámica conviven nun proceso creativo en permanente evolución\, onde cada técnica abre a porta a novas posibilidades. \n  \nNesta exposición poderás descubrir algunhas das súas coleccións máis representativas: \n  \n🐚 SUCA\, inspirada na memoria familiar e nas conchas do mar. \n✨ MARMA\, pezas de resina mineral ecolóxica cheas de cor e personalidade. \n💎 ALMA\, creacións que poñen en valor a beleza dos minerais naturais. \n🏺 TERRA\, o resultado da súa paixón pola cerámica e o traballo co barro. \n  \nUnha mostra que fala de mar\, de terra\, de tradición e de innovación; de todo aquilo que fai de Ruxe Design un proxecto único. \n  \nAgardámoste no Mercado Galego da Creatividade para coñecer de preto o seu traballo. \n  \n🔶 Exposición aberta do 2 ao 13 de xuño \n🔶 Mercado Galego da Creatividade · Santiago de Compostela \n  \n📝 Texto e cartel: @amoroteuestampaxeartesanal
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/%e2%ad%90-exposicion-%c2%b7-ruxe-design-%e2%ad%90/
LOCATION:Mercado Galego da Creatividade\, Caldeirería 36\, Santiago de Compostela\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/06/Plantilla-WEB-IG-1080x1350x72ppp.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260613T103000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260613T203000
DTSTAMP:20260826T205433
CREATED:20260522T083000Z
LAST-MODIFIED:20260519T094214Z
UID:10000342-1781346600-1781382600@creativasgalegas.gal
SUMMARY:⭐ Escaparate Vivente · Día Mundial de Tecer en Público ⭐
DESCRIPTION:O vindeiro 13 de xuño\, o Mercado Galego da Creatividade énchese de fíos\, mans en movemento e moitas ganas de compartir ✨🧶 \nDa man de La con Agarimo convidamos a todas as persoas amantes do tecido\, do ganchillo e das artes téxtiles a participar nunha xornada moi especial de tecido en público. \nDurante todo o día\, o noso escaparate converterase nun espazo vivo onde crear\, conversar e tecer colectivamente. Un lugar para reivindicar o feito a man\, os tempos lentos e esa maxia que nace cando compartimos o que sabemos facer 💛 \nNon importa se levas anos tecendo ou se acabas de empezar: trae a túa labor\, as túas agullas e ganas de pasar un anaquiño do día acompañada doutras persoas creadoras. \n🧵 Escaparate vivente de tecido en público \n📍 Mercado Galego da Creatividade \n🧵 Marca: @laconagarimo \n📅 13 de xuño \n🕥 De 10:30 a 20:30 h \n💫 Participación libre durante toda a xornada \nPorque tecer tamén é crear comunidade 🌿 \n#TecerEnPublico #WorldWideKnitInPublicDay #EscaparateVivente #LaConAgarimo #MercadoGalegoDaCreatividade #CreativasGalegas #FeitoAMan #ArtesaniaGalega #Tecer #Crochet #Ganchillo #Knitting #Artesania #ComercioLocal #FeitoEnGalicia #SlowMade #ComunidadeCreativa #ArteTextil #FiosQueUnen #HandmadeGalicia
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/%e2%ad%90-escaparate-vivente-%c2%b7-dia-mundial-de-tecer-en-publico-%e2%ad%90/
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/05/Escaparate_vivente_la_con_agarimo.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260616T103000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260627T203000
DTSTAMP:20260826T205433
CREATED:20260615T221726Z
LAST-MODIFIED:20260615T221726Z
UID:10000346-1781605800-1782592200@creativasgalegas.gal
SUMMARY:⭐ Exposición · Diálogos ⭐
DESCRIPTION:  \nDo 16 ao 27 de xuño\, o espazo expositivo do Mercado Galego da Creatividade convértese nun lugar de encontro entre a cerámica e a xoiería da man de Carme Ayala e Ana Benito. \n  \nEsta mostra nace dunha relación moi especial: Carme\, ceramista\, foi profesora de Ana no seu achegamento ao mundo da cerámica. Da admiración mutua\, da aprendizaxe compartida e das conversas arredor dos procesos creativos xorde esta exposición conxunta\, onde ambas creadoras exploran a súa relación coa materia desde linguaxes diferentes. \n  \n🏺 Carme Ayala traballa a cerámica como un espazo de diálogo entre o corpo e o material. As súas pezas nacen da observación\, do xesto e da necesidade de comprender como a materia se transforma e dá lugar a novas realidades. \n  \n✨ Ana Benito\, bióloga de corazón e xoieira por paixón\, crea pezas en prata de lei e pedras naturais inspiradas no mar\, as montañas\, os animais e as plantas. Formas orgánicas e detalles delicados que reflicten a súa conexión coa natureza. \n  \nTerra\, metal\, pedra e man únense nunha exposición que fala de procesos\, de vínculos e da capacidade dos materiais para contar historias. \n  \nAgardámoste no Mercado Galego da Creatividade para descubrir este diálogo entre dúas creadoras que atopan na materia unha fonte inesgotable de inspiración. \n  \n🔶 Exposición aberta do 16 ao 27 de xuño \n🔶 Mercado Galego da Creatividade · Santiago de Compostela \n  \n📸 Fotos: Carme Ayala e Ana Benito \n📝 Texto: @amoroteuestampaxeartesanal
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/%e2%ad%90-exposicion-%c2%b7-dialogos-%e2%ad%90/
LOCATION:Mercado Galego da Creatividade\, Caldeirería 36\, Santiago de Compostela\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/06/expo-dialogos.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260630T103000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260711T203000
DTSTAMP:20260826T205433
CREATED:20260629T150235Z
LAST-MODIFIED:20260629T150235Z
UID:10000348-1782815400-1783801800@creativasgalegas.gal
SUMMARY:⭐ Exposición · Agustín Bastón Estudio ⭐
DESCRIPTION:️ Do 30 de xuño ao 11 de xullo\, o espazo expositivo do Mercado Galego da Creatividade\nacolle “Sinfonía dos bidueiros”\, unha mostra de Agustín Bastón que nos invita a mirar a\nnatureza desde unha perspectiva poética e chea de significado.\nPartindo da memoria das árbores\, Agustín crea un diálogo entre arte\, madeira e emoción.\nCada peza convértese nunha forma diferente de contar historias\, inspiradas neses seres\nsilenciosos que\, coa súa presenza e a súa transpiración\, fan posible a vida e axudan a\nconstruír o noso futuro.\nA súa obra nace do respecto pola madeira e polo seu ciclo vital\, transformando cada veta\,\ncada textura e cada forma nunha creación única que conserva a esencia da árbore da que\nprocede. Un traballo artesanal que convida a deterse\, observar e escoitar o que a natureza\nten que dicir.\n🌿 Unha exposición para descubrir a beleza agochada na madeira e deixarse levar por esta\nparticular sinfonía dos bidueiros.\n📍 Mercado Galego da Creatividade\n📅 Do 30 de xuño ao 11 de xullo\nCartel e texto: Amor ó Teu estampaxe artesanal
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/%e2%ad%90-exposicion-%c2%b7-agustin-baston-estudio-%e2%ad%90/
LOCATION:Mercado Galego da Creatividade\, Caldeirería 36\, Santiago de Compostela\, Spain
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/06/Exposicions-novo-formato-21.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260728T080000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260728T170000
DTSTAMP:20260826T205433
CREATED:20260727T215918Z
LAST-MODIFIED:20260727T220148Z
UID:10000350-1785225600-1785258000@creativasgalegas.gal
SUMMARY:⭐ Exposición de xoiería con Sonia Arnaiz ⭐
DESCRIPTION:Do 28 de xullo ao 8 de agosto\, a nosa sala de exposicións énchese de formas orgánicas\, texturas e luz da man da xoieira Sonia Arnaiz. \n  \nA súa obra entende a xoiería como unha forma de arte para levar posta. Cada peza está creada artesanalmente en prata e enriquecida con acabados mate\, oxidados e branqueados\, xunto coa delicadeza do pan de ouro de 22 quilates. Inspirada no mar e na súa constante transformación\, Sonia crea xoias que evocan corais\, ondas e elementos naturais desde unha mirada contemporánea. \n  \nAo longo da exposición poderás descubrir non só as súas pezas únicas\, senón tamén parte do proceso que hai detrás de cada unha delas: un traballo pausado\, preciso e profundamente artesanal\, onde cada detalle conta. \n  \nAchega a descubrir unha colección que convida a mirar o metal como un material vivo\, cheo de movemento e expresión. \n  \n✨ Agardámoste na nosa sala de exposicións. \n  \n🔶 Texto e cartel: Amor ó Teu · Estampaxe Artesanal
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/%e2%ad%90-exposicion-de-xoieria-con-sonia-arnaiz-%e2%ad%90/2026-07-28/1/
LOCATION:Mercado Galego da Creatividade\, Caldeirería 36\, Santiago de Compostela\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/07/sonia-post.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260728T103000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260808T203000
DTSTAMP:20260826T205433
CREATED:20260727T215918Z
LAST-MODIFIED:20260727T220148Z
UID:10000351-1785234600-1786221000@creativasgalegas.gal
SUMMARY:⭐ Exposición de xoiería con Sonia Arnaiz ⭐
DESCRIPTION:Do 28 de xullo ao 8 de agosto\, a nosa sala de exposicións énchese de formas orgánicas\, texturas e luz da man da xoieira Sonia Arnaiz. \n  \nA súa obra entende a xoiería como unha forma de arte para levar posta. Cada peza está creada artesanalmente en prata e enriquecida con acabados mate\, oxidados e branqueados\, xunto coa delicadeza do pan de ouro de 22 quilates. Inspirada no mar e na súa constante transformación\, Sonia crea xoias que evocan corais\, ondas e elementos naturais desde unha mirada contemporánea. \n  \nAo longo da exposición poderás descubrir non só as súas pezas únicas\, senón tamén parte do proceso que hai detrás de cada unha delas: un traballo pausado\, preciso e profundamente artesanal\, onde cada detalle conta. \n  \nAchega a descubrir unha colección que convida a mirar o metal como un material vivo\, cheo de movemento e expresión. \n  \n✨ Agardámoste na nosa sala de exposicións. \n  \n🔶 Texto e cartel: Amor ó Teu · Estampaxe Artesanal
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/%e2%ad%90-exposicion-de-xoieria-con-sonia-arnaiz-%e2%ad%90/2026-07-28/2/
LOCATION:Mercado Galego da Creatividade\, Caldeirería 36\, Santiago de Compostela\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/07/sonia-post.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260811T103000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260822T203000
DTSTAMP:20260826T205433
CREATED:20260811T162135Z
LAST-MODIFIED:20260811T162433Z
UID:10000354-1786444200-1787430600@creativasgalegas.gal
SUMMARY:💙 AL O U M I Ñ O · Cuire Acuarelas 💙
DESCRIPTION:💙 AL O U M I Ñ O · Cuire Acuarelas 💙 \nDo 11 ao 22 de agosto\, recibimos no Mercado Galego da Creatividade Aloumiño\, a nova exposición de Cuire Acuarelas\, firma detrás da que está a ilustradora Sandra Cuiña. \nNesta mostra\, os protagonistas son os seus últimos traballos en forma de láminas\, como Sancosmeira ou Gaiteiro\, nos que volve amosar o seu apego pola cultura e a tradición galegas. Tampouco faltan as súas xa coñecidas Cantareiras\, Pitas ou Parrochiñas. \nPero Aloumiño achéganos tamén á orixe de todo o seu traballo: as acuarelas orixinais\, pezas únicas pintadas a man que serven de base para as súas creacións. Para Sandra\, a acuarela convértese nun aloumiño para ela e para todas esas cousas que a fan sentir preto da súa terra: unhas filloas\, un prato de caldo ou a súa querida Rosalía de Castro. 🥰 \nA exposición complétase con pezas téxtiles e bolsas estampadas coas súas ilustracións\, levando a súa particular visión de Galicia da acuarela a obxectos para o día a día. \n✨ Aloumiño · Cuire Acuarelas\n📅 Do 11 ao 22 de agosto\n📍 Mercado Galego da Creatividade · Santiago de Compostela \n📸 Cartel e texto: Sandra Amor ó Teu
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/%f0%9f%92%99-al-o-u-m-i-n-o-%c2%b7-cuire-acuarelas-%f0%9f%92%99/
LOCATION:Mercado Galego da Creatividade\, Caldeirería 36\, Santiago de Compostela\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/08/cuire-ok.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR