BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Creativas Galegas - ECPv6.3.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Creativas Galegas
X-ORIGINAL-URL:https://creativasgalegas.gal
X-WR-CALDESC:Events for Creativas Galegas
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251210T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251210T193000
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20251210T201303Z
LAST-MODIFIED:20251210T201303Z
UID:10000293-1765386000-1765395000@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de xoiaría _ Soledad Mato
DESCRIPTION:Nesta demostración de traballo en directo poderemos ver todo o proceso de elaboración dun colar a partir de filamento de prata e pedras semipreciosas. \nSoledad Mato será a xoieira que estará traballando en directo desde o escaparate para que todas as persoas que teñen curiosidade por coñecer de preto o traballo artesanal poidan achegarse\, coñecela e preguntarlle segredos do seu oficio.  \n \nActividade: Escaparate Vivente de xoiaría\nAutora: Soledad Mato\nMarca: Soledad Mato\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 10 de decembro\nHorario: 17:00 – 19:30 h \n  \n✨Actividade patrocinada por Artesanía de Galicia\, entidade da Consellería de Emprego\, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. \n     
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-xoiaria-_-soledad-mato-4/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/12/9.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251205T113000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251205T153000
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20251210T191644Z
LAST-MODIFIED:20251210T191700Z
UID:10000281-1764934200-1764948600@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de ecoprint _ Hiar Artesanía
DESCRIPTION:Neste obradoiro estamparemos un pano coa técnica do ecoprint e ao carón de Susana de Hiar Artesanía. \nCada participante levará o seu pano feito polas súas propias mans. \nRequisitos para poder participar:\n👉 Ter 12 anos ou mais. \n  \nActividade: Taller de estampación con ecoprint\nAutora: Susana Rodríguez\nMarca: Hiar artesanía\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 5 de decembro\nHorario: 11:30 – 15:30\nCusto: 15€ \nTodo o material incluído. \n  \n✨Actividade patrocinada por Artesanía de Galicia\, entidade da Consellería de Emprego\, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. \n     
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-ecoprint-_-hiar-artesania/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/12/3.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251203T160000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251203T200000
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20251210T185917Z
LAST-MODIFIED:20251210T190033Z
UID:10000279-1764777600-1764792000@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de calceta _ La con agarimo
DESCRIPTION:Neste obradoiro aprenderemos a elaborar adornos de Nadal con Desi de La con agarimo. \nVeremos como calcetar figuras en 3D para colgar nas nosas árbores de Nadal ou onde queiramos decorar con figuriñas destas datas. \nRequisitos para poder participar:\n👉 Ter 10 anos ou mais.\n👉 Saber montar puntos nas agullas de calceta.\n👉 Saber facer o punto do dereito\, ou tamén coñecido como punto bobo\, e o punto do revés. \n  \nActividade: Taller de elaboración de adornos de Nadal con calceta\nAutora: Desiree Díaz\nMarca: La con agarimo\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 3 de decembro\nHorario: 16:00 – 20:00\nCusto: 15€ \nTodo o material incluído. \n  \n✨Actividade patrocinada por Artesanía de Galicia\, entidade da Consellería de Emprego\, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. \n     
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-calceta-_-la-con-agarimo-5/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/12/2.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251201T160000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251201T200000
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20251210T185225Z
LAST-MODIFIED:20251210T185459Z
UID:10000277-1764604800-1764619200@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de coiro _ Dona Formiguinha
DESCRIPTION:Neste obradoiro aprenderemos a elaborar un peto de coiro con Nerea de Dona Formiguinha. \nVeremos como cortar as pezas de pel que precisamos\, como montalas para darlle a forma ao noso peto e decoraremos como se fose casiña fantástica. \nRequisitos para poder participar:\n👉 Ter 12 anos ou mais. \n  \nActividade: Taller de elaboración dun peto de coiro\nAutora: Nerea Herrera\nMarca: Dona Formiguinha\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 1 de decembro\nHorario: 16:00 – 20:00\nCusto: 15€ \nTodo o material incluído. \n  \n✨Actividade patrocinada por Artesanía de Galicia\, entidade da Consellería de Emprego\, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. \n     
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-coiro-_-dona-formiguinha/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/12/1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251129T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251129T190000
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20251013T181324Z
LAST-MODIFIED:20251022T181103Z
UID:10000267-1764414000-1764442800@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de iniciación ao ecoprint _ Hiar artesanía
DESCRIPTION:Unha experiencia creativa para mergullarte na natureza e descubrir como follas e flores poden quedar plasmadas para sempre nun tecido de seda.\nNeste obradoiro de iniciación entrarás no universo do ecoprint\, aprendendo as bases desta técnica de estampaxe botánica e creando unha peza única en seda que gardará para sempre a beleza efémera dos campos de Galicia. \n🌿 Durante o obradoiro:\n· Introdución ao ecoprint: que é e como funciona.\n· Recoñecer follas e flores que serven para estampar. No taller usaremos frescas e tamén prensadas doutras estacións.\n· Tempo libre para compoñer o teu propio deseño sobre pano de seda.\n· Ao mediodía farase a cocción ao vapor para que pola tarde poidas descubrir o deseño botánico que creaches no teu pano de seda.\n· Lavamos e pasamos o ferro.\n· Entrega do pano coa explicación da técnica empregada. \n  \n𝐀𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞: 𝐓𝐚𝐥𝐥𝐞𝐫 𝐝𝐞 𝐢𝐧𝐢𝐜𝐢𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐚𝐨 𝐞𝐜𝐨𝐩𝐫𝐢𝐧𝐭\nMarca: @hiar_artesania\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 29 de novembro\nHorario: 11:00 – 14:00 h e 16:30 – 19:00 h\nPrezo: 120 € \n  \nMerca o teu taller aquí Mercar  \nEste obradoiro é para quen busca unha experiencia creativa sen necesidade de experiencia previa. Só fai falta estar presente\, compoñer con calma… e deixar que a natureza complete a obra.
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-iniciacion-ao-ecoprint-_-hiar-artesania/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/10/Taller-ecoprint-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20251118
DTEND;VALUE=DATE:20251201
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20251121T140550Z
LAST-MODIFIED:20251121T140550Z
UID:10000275-1763424000-1764547199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición colectiva _ Mercado Tarado
DESCRIPTION:Queres atopar artigos imperfectamente exclusivos\, sacados do baúl do ‘veremos que fago contigo algún día’ que todo artesán/á ten —se di que non\, minte ou non é artesán/á—\, pezas feitas á man con historia propia e obras á venda a demasiado bo prezo? \nBenvidos e benvidas ao noso 𝐌𝐞𝐫𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐓𝐚𝐫𝐚𝐝𝐨: unha chea de produtos artesanais e artísticos nos que o prezo\, a imperfección e a singular historia durante o proceso de creación\, marcan a súa exclusividade! \nEsa peza que saíu do forno cunha personalidade tan única e irrepetible que debe seguir o seu propio camiño\, fóra da colección.\nEse prototipo ao que lle regalamos tantas e tantas horas da nosa vida e non acabou de satisfacer os nosos egos.\nEsa talla que quedou soíña e nos acompaña cada feira coa ilusión do primeiro día por atopar un novo fogar. \nQueres coñecer esas peciñas que forman parte da colección privada da/do artista que por mais voltas que lle dea\, xamais cumprirán as expectativas do seu maxín creador? \nBenvido/a ao marabilloso universo das pezas agochadas das nosas creativas galegas. Abrimos o baúl dos prototipos\, das taras\, das decepcións infinitas para poñelas á venda. Pezas exclusivas artesanais a prezos de bazar! \nExposición: Mercado Tarado\nObxectivo: aliviar a carga emocional do baúl das taras\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 18 – 30 de novembro\nHorario: 10:30 – 20:30 h
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-colectiva-_-mercado-tarado/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/11/Mercado-tarado-copia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251108T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251122T140000
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20251022T180359Z
LAST-MODIFIED:20251022T180446Z
UID:10000271-1762599600-1763820000@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de encadernación _ María Ramírez
DESCRIPTION:María Ramírez imparte a súa V edición de taller de encadernación para que te leves a túa libreta personalizada. \nNeste obradoiro aprenderemos a coser con cadeneta\, a facer unha encadernación con tapa dura\, a dourar os cantos do noso caderno e a decoralo co deseño que nós elixamos debuxándoo co lapis térmico. \nEn imaxes deixamos algún exemplo de libretiñas feitas noutros talleres. \nQueres vir facer a túa? Toma nota: \n  \n𝐀𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞: 𝐓𝐚𝐥𝐥𝐞𝐫 𝐝𝐞 𝐞𝐧𝐜𝐚𝐝𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧\nMarca: @afaceria\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 8 / 15 / 22 de novembro\nHorario: 11:00 – 14:00 h\nPrezo: 85 € \n  \nMerca o teu taller aquí: Mercar  \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/23037/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/10/plantilla-1080x1350x72ppp-IGweb_-tALLERES-copia-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20251104
DTEND;VALUE=DATE:20251116
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20251103T210059Z
LAST-MODIFIED:20251103T210059Z
UID:10000273-1762214400-1763251199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de xoiaría _ Ana Benito
DESCRIPTION:Acollemos unha nova exposición na tenda para mostrarvos o traballo de Ana Benito Vinós\, unha xoieira de Compostela con medio corazón mexicano. É por iso que ambas culturas están presentes en cada unha das súas pezas: \nEla mesma se nos presenta: \n“Se me tivese que describir\, diría que son bióloga de corazón e xoieira de paixón; que son amante dos animais e da natureza; que me gusta coñecer lugares\, xente\, comida\, costumes; que agradezo e atesouro ser de dous países\, porque nacín e crecín en México\, pero as miñas raíces son todas de España; que a vida me parece un transitar fascinante e que sempre crin que é un agasallo poder facer o que a unha lle gusta e apaixona. \nAs xoias e as pedras chamáronme a atención desde que teño memoria. Outra fascinación que teño son as ferramentas. O meu pai regaloume os meus primeiros alicates (que aínda conservo) e algúns fíos e chapas de latón\, alpaca e cobre; foi nese momento que se me abriu o mundo de crear cousas que están na miña cabeza. \nA miña inspiración é o mar e as montañas. Reproducir as curvas da natureza\, as asimetrías\, as espirais…\, todo iso está reflectido nas miñas pezas.” \nPezas únicas de xoiaría que vos recomendamos visitar. Toma nota! \n  \nExposición: Xoias da natureza\nTécnicas empregadas: técnicas tradicionais de xoiaría\nAutora: Ana Benito Vinós\nNome da marca: Ana Benito\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 4 – 15 de novembro\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo de Ana:\nInstagram: @ana_benito_joyera \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-xoiaria-_-ana-benito/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/11/plantilla-1080x1350x72ppp-IGweb_-tALLERES-copia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20251021
DTEND;VALUE=DATE:20251102
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20251022T150154Z
LAST-MODIFIED:20251103T190121Z
UID:10000269-1761004800-1762041599@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición _ Ruxe design
DESCRIPTION:Jenny é a quinta xeración de colareiras de O Grove. As mulleres da vila recollían as conchas que o mar deixaba atrás\, uníanas con fío e elaboraban divertidos colares que logo vendían na Illa da Toxa a visitantes fascinados co traballo final destas artesás. De tales raíces nace a inquietude da nosa compañeira por crear beleza coas mans\, por investigar novos xeitos de como aproveitar os recursos que a natureza nos dá para crear novos lenzos\, coas nosas propias cores e texturas. \nE podedes imaxinar como deste berce nace Jenny\, un bulebule\, un fervedoiro de ideas\, un fuxefuxe que sempre está aprendendo novos xeitos e técnicas de creación artesanal; unha mente que non para de innovar e unhas mans que non deixan de moldear. Por iso\, entre o seu traballo\, atopamos varias coleccións: \nSUCA\, en honor á súa avoa\, é o nome da colección de pezas elaboradas artesanalmente coas conchas do mar. \nMARMA é o nome que reciben as obras que crea artesanalmente con resina mineral ecolóxica. Están inspiradas no terrazo e contan cunha ampla variedade de cores\, formas e mesturas. \nALMA\, son pezas que xorden da súa paixón por coñecer os minerais naturais e convertelos en arte para lucir. \nTERRA nace do seu amor pola cerámica. Unha paixón que a conquistou dende os seus inicios e a levou a mergullarse en aventuras e aprendizaxes que non parecen ter fin. \nDe todas estas coleccións podes ver exemplos a través desta exposición. \nToma nota: \n  \nExposición: ‘Ruxe desing’\nTécnicas empregadas: cerámica\, conchas mariñas\, resina ecolóxica\nAutora: Jennifer Martínez\nNome da marca: Ruxedesign\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 21 de outubro – 1 de novembro\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n \nFotografías de: @labarral
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-_-ruxe-design/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/10/Expo-Ruxe.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20251007
DTEND;VALUE=DATE:20251019
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20251013T171809Z
LAST-MODIFIED:20251013T174904Z
UID:10000265-1759795200-1760831999@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de cerámica _ Piros Heija
DESCRIPTION:Abrimos a nosa sala de exposicións para ensinarvos o traballo de Piros Héjja\, unha apaixonada da cerámica. Esta creativa húngara\, establecida en Compostela dende hai un tempo\, namorouse do barro dende o primeiro momento en que as súas mans traballaron con este material. Sentiu como espertaba a súa creatividade e como estimulaba o seu impulso a crear obxectos coas súas propias mans. Empezou coa técnica do torno e mais adiante explorou pouco a pouco o moldeado á man. \nNesta exposición imos ver as súas pezas mais recentes. Son obras creadas xa en Galicia e inspiradas na súa experiencia vital na cidade de Santiago. A proximidade coa natureza\, co océano ou a simboloxía das viaxes de peregrinación á Compostela\, son fonte de inspiración para Piros. É por iso que en moitas pezas está presente o símbolo da concha. \nCada obxecto conta unha pequena historia e rememora vivencias da súa propia peregrinación\, que aínda que pasaron mais de doce anos\, sempre están moi presentes as sensacións e emocións vividas durante esa viaxe tan profunda e espiritual. \nQueres coñecer como esta creativa representa Galicia\, á súa xente\, as tradicións e a cultura galega a través das súas pezas de cerámica?\nVen a visitar a colección completa! \n  \nExposición: ‘O Camiño en cerámica\, 12 anos despois’\nTécnicas empregadas: cerámica\nAutora: Piros Hejja\nNome da marca: Piri Cerámica\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 7 – 18 de outubro\nHorario: 10:30 – 20:30 h
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-ceramica-_-piros-heija/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/10/web-expo-Piros.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250923
DTEND;VALUE=DATE:20251005
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20251003T165642Z
LAST-MODIFIED:20251003T165712Z
UID:10000245-1758585600-1759622399@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de arte abstracta _ O Teu GUSTO
DESCRIPTION:Bea Barril\, interiorista de profesión e vocación\, é a deseñadora e creadora das pezas que están baixo a marca: O Teu GUSTO. \nDesde ben pequeniña\, a esta creativa gustáballe “poñer orde e mellorar a estética dos espazos que visitaba e a rodeaban”. Mais tiña que ser aproveitando os elementos que xa había nel\, ou recuperando outros agochados no faiado. Sempre mantivo unha filosofía de recuperar\, reutilizar e dar segundas vidas e oportunidades ás pezas que decoran un lugar\, deste xeito seguen contando e continuando a historia desa estancia. \nA través desta exposición no Mercado\, Bea amosa toda a súa colección de pezas decorativas e artísticas pintadas á man con acrílico e intervindo as obras con técnicas artesanais antigas como son a manipulación do papel para elaborar o papel maché. Engade refugallos de papel e outros materiais e combínaos con cola\, xeso ou escaiola para darlle consistencia e texturas ás obras ademais de permitirlle a reciclaxe de materiais que doutro xeito irían ó lixo. \nPapel usado\, cordas\, tecido téxtiless\, plásticos…\, todos eles reciclados\, son compoñentes principais do acabado final da obra.\nTamén poderemos atopar deseños e ilustracións inspirados en personaxes referentes da cultura galega e compostelá como son: Castelao\, Rosalía de Castro ou As 2 Marías. \n  \nTítulo da exposición: ‘Decorando estancias ao Teu Gusto’\nTécnicas empregadas: acuarela e incrustacións de materiais reciclados\nAutora: Bea Barril\nNome da marca: O Teu GUSTO\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 23 de setembro – 4 de outubro\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo desta creativa:\nInstagram: @oteugusto
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-arte-abstracta-_-o-teu-gusto/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/10/Web-Expo-O-teu-gusto.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250909
DTEND;VALUE=DATE:20250922
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20250908T154747Z
LAST-MODIFIED:20250908T154841Z
UID:10000244-1757376000-1758499199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de ilustración _ Komorevi
DESCRIPTION:Komorevi é a sinatura artística da ilustradora e muralista compostelá\, Eva Agra (Santiago de Compostela\, 1990). Case unha década dedicada profesionamente á ilustración e comunicando dende que ten uso de razón mediante o trazo do lapis e do pincel. \nA igualdade de xénero\, a diversidade\, a xustiza social\, a comunidade e o coidado nos procesos creativos son os fíos condutores que guían os seus trazos e que agroman nas súas oras de xeito transversal. \n“A ilustración de Komorevi navega entre a inocencia\, a fantasía e a escuridade creando unha narrativa que fala de transformar as vulnerabilidades en fortalezas\, e de compartir medos e historias que nos conecten unhes a outres dende as nosas ‘rarezas’.” \nE acompañando á ilustración de Komorevi contamos coas marabillosas pezas de Juan Napalmadaman. Sempre é un pracer ter as súas lámpadas de porespán reciclado iluminando a nosa sala de exposicións. De Juan tan só adiantar que ten novidades de formatos e aínda que desta vez temos unha pequeniña mostra\, son pezas xeniais. \nVen a vernos! \n  \nTítulo da exposición: O raro é ser ‘normal’\nTécnicas empregadas: ilustración dixital e técnicas mixtas (acuarela\, acrílico\, lapis de cores\, grafito…).\nAutora: Eva Agra\nNome da marca: Komorevi\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 9 – 21 de setembro\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece a esta ilustradora:\nInstagram: @komorevi.art
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-ilustracion-_-komorevi/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/09/Exposicion-komorevi.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250826
DTEND;VALUE=DATE:20250908
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20250825T163406Z
LAST-MODIFIED:20250825T163406Z
UID:10000243-1756166400-1757289599@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de obra pictórica e feltrado de la e seda _ María Monsalve
DESCRIPTION:Xa temos preparada a nova exposición na sala de exhibicións do noso Mercado. Esta vez a protagonista é María Monsalve. Velaquí as palabras coas que ela mesma se presenta e fala da súa obra e paixóns: \n«Pintora de profesión\, cambiei o lenzo pola seda e o óleo pola la meiriña.  Encontrei no Nuno felting\, e esa combinación da seda e a la\, unha nova linguaxe cargada de textura\, espazos e baleiros que non só nos atraen visualmente senón que parecen acariciar o noso corpo e a nosa mirada\, cativándonos case hipnoticamente. \nCon esta nova maneira de pintar e construír establécese un espazo para crear a través das transparencias\, as cores e as texturas\, un cosmos cheo de emocións que trasladan\, a través da abstracción\, a natureza en todo o seu esplendor.» \nAdemais do seu traballo pictórico\, tamén se poden ver pequenas esculturas de paxaros autóctonos feitos coa técnica do needle felting. \n  \nExposición: ‘Wool abstraction’\nTécnicas empregadas: Nuno felting. La sobre seda.\nAutora: María Monsalve\nNome da marca: María Monsalve Studio\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 26 de agosto – 7 de setembro\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo de María:\nInstagram: @mariamonsalvestudio \nFacebook: Monsalve Chico
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-obra-pictorica-e-feltrado-de-la-e-seda-_-maria-monsalve/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/08/Cartel-Maria-Monsalve.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250812
DTEND;VALUE=DATE:20250825
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20250813T125610Z
LAST-MODIFIED:20250813T125610Z
UID:10000242-1754956800-1756079999@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de acuarela _ Cuire Acuarela
DESCRIPTION:‘Galegas’ xa é a terceira exposición de Sandra Cuiña e a súa marca\, Cuire Acuarela. Nela fai unha homenaxe ás Cantareiras\, mulleres da terra ás que este ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas polo seu papel fundamental na conservación e transformación oral de parte da nosa cultura galega. \nNesta exposición podes atopar pintura en acuarela que versa sobre estas Cantareiras. Obras orixinais\, reproducións\, diferentes tamaños de lenzos\, e ata reproducións en soporte téxtil como bolsa ou camiseta. \nAcompañando ás Cantareiras están outras obras de Cuire Acuarelas que homenaxean a mulleres que forman parte da nosa historia como son: Rosalía de Castro ou As Dúas Marías. Iconas galegas que Sandra representa sobre lenzo e pintando coas acuarelas. \nTen moitas mais obras\, pero imos deixar que te sorprendan cando nos fagas a visita á sala de exposicións. \n  \nExposición: ‘Galegas’\nTécnicas empregadas: pintura con acuarela\nAutora: Sandra Cuiña\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 12 – 24 de agosto\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo de Sandra:\nInstagram: @cuireacuarela  
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-acuarela-_-cuire-acuarela/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/08/Cuire.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250729
DTEND;VALUE=DATE:20250811
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20250729T094258Z
LAST-MODIFIED:20250729T094658Z
UID:10000241-1753747200-1754870399@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de xoiaría _ Sonia Arnaiz
DESCRIPTION:Abrímoslle as portas a unha nova creativa para que luza o seu produto en todo o seu esplendor. Esta vez\, amosamos o traballo da nosa xoieira Sonia Arnaiz. \n“O meu traballo como xoieira parte dunha concepción artística da xoiería\, que entendo como escultura portátil: pezas únicas\, feitas á man\, que transmiten emoción e personalidade. As obras que expoño nesta mostra están inspiradas no mar e nas formas orgánicas que nel habitan —ondas\, corais\, movementos fluídos— reinterpretadas desde unha linguaxe contemporánea e persoal. \nCada peza é irrepetible. Traballo en prata e combino distintos acabados —mate\, oxidado e branqueado— cunha aplicación moi coidada de pan de ouro de 22 quilates. A colección que presento quere conectar coa esencia do natural e transformar o metal nun elemento vivo. \nDurante os días da exposición estarei traballando en directo\, amosando o proceso artesanal: a importancia do oficio\, a delicadeza do traballo manual e a creatividade que require cada paso. É unha oportunidade para achegar a xoiería de autor á xente\, desde dentro\, poñendo en valor o feito á man\, o tempo e a alma que hai detrás de cada peza.” \nPois xa sabes\, atopa o traballo de Sonia na nosa sala de exposicións. \n  \nExposición: ‘Esculturas que se levan: xoiería viva en prata e ouro’\nTécnicas empregadas: Traballo en prata con técnicas tradicionais de xoiería como segueteado\, soldadura\, limado\, pulido\, texturizado e acabados manuais (prata oxidada\, mateada e branqueada). Aplicación de folla de pan d’ouro de 22 quilates para acadar efectos de luz e contraste\nAutora: Sonia Arnaiz\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 29 xullo – 10 agosto\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo de Sonia:\nInstagram: @sonia_arnaiz
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-xoiaria-_-sonia-arnaiz/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/07/Expo-sonia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250715
DTEND;VALUE=DATE:20250728
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20250714T080430Z
LAST-MODIFIED:20250714T080430Z
UID:10000240-1752537600-1753660799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de ilustración _ Raquel Montero
DESCRIPTION:Raquel Montero é unha artista gráfica nada en Cambre. Esta creadora\, formada en Belas Artes\, especializouse en técnicas como a risografía\, a tecedoría\,  a applicación téxtil e o modelado manual. \nRaquel forma parte do Estudo Boh fundado xunto co ilustrador italiano Simone Virgini\, en 2022. Xuntos desenvolven un universo gráfico compartido\, inspirado no fantasy e nos contos de fadas. Empregan como sinal de identidade cores brillantes e parten de formas sintéticas. Podemos atopar as súas obras en feiras especializadas de ilustración e autoedición\, tanto nacionais como internacionais. Mais agora tes a oportunidade de velos\, durante dúas semanas\, no noso Mercado. \nNesta exposición poderás ver a súa última serie de tapices feitos coa técnica de appliqué. Son pezas realizadas durante a súa residencia artística en Noruega. Tamén atoparás a obra gráfica propia de Raquel\, de Simone e de Boh. \n  \nExposición: ‘Natureza híbrida’\nTécnicas empregadas: applicación téxtil\, risografía\, serigrafía\, impresión dixital e modelado manual\nAutores: Raquel Montero\, Simone Virgini e Boh adventures\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 15 – 27 de xullo\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o seu traballo:\nInstagram: @raquelmontero_\, @simonevirgini\, @boh.adventures
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-ilustracion-_-raquel-montero-2/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/07/Expo-Raquel-Montero.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250701
DTEND;VALUE=DATE:20250714
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20250702T151648Z
LAST-MODIFIED:20250702T153437Z
UID:10000239-1751328000-1752451199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de Con un poco de papel
DESCRIPTION:Eva e María son dúas irmás e dúas das cabezas mais inquedas que coñecemos. A súa posibilidade de adaptación para personalizar calquera idea que se che ocorra é inmensa. Traballan o papel —de aí o nome da súa marca—\, a madeira\, o metacrilato\, o téxtil\, as técnicas do corte e gravado láser\, o gancho\, a caligrafía… \nPor iso nesta exposición atoparemos pezas téxtiles como complementos para bebés\, bixutería\, cadernos con variedade de técnicas de encadernación\, álbums de scrapbooking\, e múltiples produtos para diferentes eventos como aniversarios\, bautizos\, comuñóns… \nSe queres inspiración para o teu evento ven a inspirarte con estas dúas creativas e si buscas cucadiñas\, Con un poco de papel é a túa marca de cabeceira. \n  \nActividade: Exposición de Con un poco de papel\nAutoras: Eva e María\nMarca: Con un poco de papel\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 1 – 12 de xullo\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo destas creativas:\nInstagram: @conunpocodepapell
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-con-un-poco-de-papel/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/07/plantilla-1080x1350x72ppp-IGweb_-tALLERES-copia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250617
DTEND;VALUE=DATE:20250629
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20250702T150811Z
LAST-MODIFIED:20250702T154647Z
UID:10000238-1750118400-1751155199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de xoiaría _ Soledad Mato
DESCRIPTION:🔹Gústanche as xoias e tes curiosidade polo oficio da ourivaría compostelá? \n🔹Apetéceche coñecer as diferentes técnicas e procesos que se esconden detrás dunha xoia elaborada artesanalmente? \n🔹Tes inquedanza por entender onde está o valor de cada peza? \nSe respondes que si a algunha destas preguntas temos preparada a exposición perfecta que vai responder a todas as túas dúbidas\, ademais de compracer o teu gusto. \nExposición de xoiaría con Soledad Mato e traballo en directo todos os días coa propia autora das pezas. Un luxo que podes atopar\, desde mañá\, no Mercado Galego da Creatividade. \nVen a vernos! \n  \nActividade: Xogando coa prata\nAutora: Soledad Mato\nMarca: Soledad Mato\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 1 – 12 de xullo\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo destas creativas:\nInstagram: @soledadmato
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-xoiaria-_-soledad-mato-2/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/07/plantilla-1080x1350x72ppp-IGweb_-tALLERES-copia-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250514T163000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250514T193000
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20250418T161736Z
LAST-MODIFIED:20250418T161736Z
UID:10000236-1747240200-1747251000@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de macramé _ Malas Herbas Artesanía
DESCRIPTION:Ven a elaborar con Paula\, de Malas Herbas Artesanía\, o teu tapiz de macramé. \nConfeccionaremos un tapiz de macramé aprendendo a tecer cos diferentes nós desta técnica. \n  \nToma nota: \nActividade: Taller de macramé\nAutoras: Paula Navarro\nMarca: Malas Herbas Artesanía\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 14 de maio\nHorario: 16:30 – 19:30 h\nPrezo: 50€ \nMerca o teu taller aquí: Reservar \nCoñece o traballo de Paula:\nInstagram: @malasherbasartesania \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-macrame-_-malas-herbas-artesania-2/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/04/Paula.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250510T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250510T140000
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20250418T151329Z
LAST-MODIFIED:20250418T151411Z
UID:10000232-1746874800-1746885600@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de Zentangle _ Elisabet Hillerud
DESCRIPTION:Descubre a arte meditativa Zentangle e conecta contigo mesmo/a e coa natureza! \nTemos connosco a guía perfecta para aprender este arte\, relaxar a mente e desfrutar creando pezas artísticas que nunca imaxinamos ser capaces de crear: Elisabel Hillerud. \nO Zentangle é un método de debuxo relaxante e accesible para todos\, no que os patróns repetitivos se combinan para crear composicións sorprendentes. Non é preciso saber debuxar nin preocuparse polos pasos que nos van dando para guiarnos. Trátase de permitirnos soltar o control e simplemente\, desfrutar do momento presente. \nNeste taller\, utilizaremos o Zentangle para conectar coa natureza e con nós mesmos/as\, observando os cambios sutís desta época do ano e incorporándoos nas nosas creacións. A través dos trazos sinxelos e a acuarela\, combinaremos patróns botánicos e xeométricos para deseñar un mosaico que reflicta a beleza dos cambios na natureza. \nCrearemos un espazo perfecto para desconectar\, experimentar e deixarse levar pola creatividade\, sen presións. \n  \nAnímate a descubrir o Zentangle e o/a teu/túa artista interior. Toma nota: \nActividade: Taller de Zentangle\nImparte: Elisabet Hillerud\nMarca: Zengoala\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 10 de maio\nHorario: 11:00 – 14:00 h\nPrezo: 49€\nInclúe unha bolsiña de material personalizada con arquivos de suxestións para poder practicar na nós mesmos/as na casa. \nReserva o teu taller aquí: Reservar \n  \nCoñece o traballo de Elisabet:\nInstagram: @zengoala
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-zentangle-_-elisabet-hillerud/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/04/Zentangle-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250509T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250509T193000
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20250418T153512Z
LAST-MODIFIED:20250418T153512Z
UID:10000235-1746810000-1746819000@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de scrapbooking _ Con un poco de papel
DESCRIPTION:Gustaríache aprender a elaborar esta caixiña xoieiro ao carón de Con un poco de papel? \nDescubre as marabillas que podes facer cun pouco de papel\, cartóns e tea\, e leva contigo esta caixiña feita por ti. \n  \nActividade: Taller de scrapbooking\nAutoras: Eva e María\nMarca: Con un poco de papel\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 9 de maio\nHorario: 17:00 – 19:30 h\nPrezo: 35€ \nMerca o teu taller aquí: Reservar \nCoñece o traballo de Con un poco de papel:\nInstagram: @conunpocodepapell\nFacebook: Con Un Poco de Papel
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-scrapbooking-_-con-un-poco-de-papel/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/04/Taller-de-scrapbooking.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250503T163000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250503T193000
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20250418T145323Z
LAST-MODIFIED:20250418T153008Z
UID:10000233-1746289800-1746300600@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de macramé _ Con un poco de papel
DESCRIPTION:Ven a crear o teu bolso de macramé neste obradoiro impartido por Con un poco de papel. \nUnha peza de fío de algodón e divertida para lucir este verán. \n  \nActividade: Taller de macramé\nAutoras: Eva e María\nMarca: Con un poco de papel\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 3 de maio\nHorario: 16:30 – 19:30 h\nPrezo: 50€ \nMerca o teu taller aquí: Reservar \nCoñece o traballo de Con un poco de papel:\nInstagram: @conunpocodepapell\nFacebook: Con Un Poco de Papel
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-macrame-_-con-un-poco-de-papel/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/04/Taller-de-macrame.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250502T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250516T200000
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20250418T152548Z
LAST-MODIFIED:20250418T154244Z
UID:10000234-1746205200-1747425600@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de cartonaxe _ Con un poco de papel
DESCRIPTION:Ven a elaborar o teu propio receitario coa técnica de cartonaxe xunto a Con un poco de papel. \nAprenderemos os coñecementos básicos para montar unha caixa desde cero e usando para isto cartón. \n  \nActividade: Taller de cartonaxe\nAutoras: Eva e María\nMarca: Con un poco de papel\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 2 de maio\nHorario: 17:00 – 20:00 h\nPrezo: 45€ \nMerca o teu taller aquí: Reservar \nCoñece o traballo de Con un poco de papel:\nInstagram: @conunpocodepapell\nFacebook: Con Un Poco de Papel
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-cartonaxe-_-con-un-poco-de-papel/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/04/Taller-de-cartonaxe-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250422
DTEND;VALUE=DATE:20250504
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20250429T164639Z
LAST-MODIFIED:20250627T173105Z
UID:10000237-1745280000-1746316799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de ilustración _ Quenindiola
DESCRIPTION:Baseadas nas formas bidimensionais do Románico Galego\, Quenindiola crea o seu propio código para reinterpretar as iconas da nosa cultura e patrimonio. \nCatro cores son as que enchen os baleiros entre as liñas: o vermello da Cruz de Santiago\, o azul de Galicia e o negro e o branco para contrastar. \nComo soporte das súas creacións usan sobre todo tea\, e como técnica de estampaxe\, a serigrafía. \nE para rematar\, o toque final\, o deseño ten relevo para que o tacto tamén estea implicado no desfrute destas pezas. \nToma nota: \nExposición: Camiño a Compostela\nMarca: Quenindiola\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 22 de abril – 3 de maio\nHorario: 16:30 – 19:30 h
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-ilustracion-_-quenindiola/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/04/Exposicion-Quenindiola.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250419T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250419T190000
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20250212T115057Z
LAST-MODIFIED:20250314T102840Z
UID:10000215-1745082000-1745089200@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de pintar selos _ Con un poco de papel
DESCRIPTION:Xa que tivo moi boa acollida\, facemos unha II edición do taller de pintura de selos.  Colorear\, estampar e darlle un toque diferente aos nosos materiais de traballo é\, aparte de divertido e entretido\, terapéutico e moi agradecido en canto aos acabados que nos permite. \nAínda que é unha técnica sinxela\, require do coñecemento dos materiais para conseguir o resultado que buscamos. \nNesta xornada\, acompañadas de María e Eva de Con un poco de papel\, imos traballar con rotuladores de alcol para pintar os selos ata conseguir o produto final: un punto de libro ou marcapáxinas. \n  \nAnímaste a pintar selos connosco? Toma nota: \nActividade: Taller para pintar selos e estampar punto de libro con eles\nAutoras: Eva e María\nMarca: Con un poco de papel\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 19 de abril\nHorario: 17:00 – 19:00 h\nTaller gratuito \n  \nReserva o teu taller aquí: Reservar \n  \nCoñece o traballo de Con un poco de papel:\nInstagram: @conunpocodepapell\nFacebook: Con Un Poco de Papel \n  \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-pintar-selos/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/02/Selos-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250412T043000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250412T203000
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20250310T230024Z
LAST-MODIFIED:20250311T191302Z
UID:10000220-1744432200-1744489800@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de iniciación á xoiería _ Sonia Arnaiz
DESCRIPTION:A xoiería de Sonia Arnaiz está baseada nas formas da natureza\, terrestre e marítima. Así divide as súas coleccións\, polas formas da súa fonte de inspiración. \nÉ por iso que che propón estas temáticas da imaxe para que ti elixas\, a peza e forma a crear. \nQue imos facer neste obradoiro?\nUn anel\, un broche ou uns pendentes. Ti elixes. \nQue imos aprender?\nNeste taller de iniciación á xoiería imos coñecer: \n\nAs ferramentas e materiais básicos da xoiaría: familiarízate coas ferramentas básicas empregadas e con como traballar con materiais como o latón ou a alpaca.\nAs técnicas de corte e limado: aprende a cortar e dar forma ao metal coa máxima precisión.\nOs texturizados e os acabados: descubre como aplicar texturas e como facer os acabados das xoias.\nMontaxe e ensamblaxe das pezas que compoñen a xoia profesional.\n\n*Usaremos latón dourado o alpaca. Se queres traballar con prata consúltanos o prezo do taller. \n  \nActividade: Taller de xoiería\nAutora: Sonia Arnaiz\nMarca: Sonia Arnaiz\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 12 de abril\nHorario: 16:30 – 20:30 h\nCusto do taller: 65 € \n  \nMerca o teu taller aquí: Mercar  \n  \nCoñece o traballo de Sonia:\nInstagram: @sonia_arnaiz
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-iniciacion-a-xoieria-_-sonia-arnaiz/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/03/Web-Sonia-Arnaiz.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250411T163000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250411T203000
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20250320T110539Z
LAST-MODIFIED:20250320T110615Z
UID:10000225-1744389000-1744403400@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de elaboración de xoias con resina mineral _ Ruxe design
DESCRIPTION:Gustaríache pasar unha tarde divertida connosco facendo os teus propios pendentes e colgantes? Elixindo as cores\, as formas e as pezas que queres crear. \nE sabes o mellor? Que despois podes facelas na túa propia casa\, sen necesidade de ferramentas especiais. \nRequisitos para poder participar:\n🔸Ter 10 anos ou mais. \n  \nToma nota:\nActividade: Taller de elaboración de pezas de bixutería con resina mineral\nAutora: Jennifer Martínez\nMarca: Ruxe design\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 11 de abril\nHorario: 16:30 – 20:30\nCusto do taller: 65€ \nTodos os materiais están incluídos. \n  \nMerca o teu taller aquí: Mercar \n \n  \nCoñece o traballo de Jenny:\nInstagram: @ruxedesign
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-elaboracion-de-xoias-con-resina-minelal-_-ruxe-design/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/03/Ruxe-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250408
DTEND;VALUE=DATE:20250420
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20250418T140726Z
LAST-MODIFIED:20250418T140827Z
UID:10000231-1744070400-1745107199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de gravado _ Andrés Touceda
DESCRIPTION:Temos unha nova exposición de ‘Artista Invitado’ : Andrés Touceda. \nDesde o momento cero que coñecemos a Andrés tivemos claro que queriamos ser altofalante do seu traballo e durante as dúas semanas que comparte espazo connosco\, aprender del canto poidamos. \nO seu amor pola pesca con mosca levouno a converterse nun atador de moscas e educador ambiental —segundo nos di  el\,  semiprofesional—. \nDe 2008 – 2014 fun colaborador da revista Dánica\, especializada en pesca con mosca. \nEn 2015 entrei na escola de artes e oficios de Vigo para estudar encadernación e serigrafía. \nEn 2018 tivo o seu primeiro contacto co gravado\, no obradoiro de Xavier de Sousa\, e desde entón\, nunca deixou de lado este formato de expresión das súas ideas e deseños. Utiliza\, sobre todo\, o linogravado e a punta seca. \nO tema principal do meu traballo xorde da miña experiencia como pescador con mosca e da observación da natureza que rodea ó río. \nA experiencia e os coñecementos de Andrés son moi amplos e poderiamos dedicar todo un libro a contalos\, mais queremos que sexa el mesmo que conte\, en vivo e en directo a súa traxectoria vital. \n  \nTítulo da exposición: ‘Un Camiño de Tinta ao Pé do Río’\nAutor: Andrés Touceda\nTécnicas: escultura\, gravado a punta seca e linogravado\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 8 – 19 de abril
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-escultura-e-gravado-_-andres-touceda/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/04/Expo-Andres.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250405T160000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250405T183000
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20250318T122503Z
LAST-MODIFIED:20250318T122840Z
UID:10000224-1743868800-1743877800@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de marroquinería _ MOCAO Artesanía
DESCRIPTION:Mónica  é a persoa  que está detrás deste obradoiro de Artesanía de Galicia\, unha marca especializada no traballo de marroquinería e cuxos produtos se comercializan baixo o nome de MOCAO Artesanía. \nDurante este Escaparate Vivente podemos ver\, en vivo e en directo\, diferentes procesos do traballo de produtos de marroquinería. \nEs desas persoas que queda embelesada cando ve a alguén facendo traballo artesanal coas súas mans? Anota a data desta actividade: \n📌Sábado\, día 5 de abril\, de 16.00 a 18.30 horas\n📍No Mercado Galego da Creatividade (Compostela) \n  \n✨Actividade patrocinada  por Artesanía de Galicia\, entidade da Consellería de Emprego\, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. \n  \n      \n  \nEsta actividade enmárcase dentro dos Días Europeos da Artesanía\, unha iniciativa promovida pola Escola de Organización Industrial (EOI) e a súa área de promoción da artesanía Fundesarte xunto á Organización de Artesáns de España\, oficioyarte\, e @jemaofficiel.
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-marroquineria-_-mocao-artesania-3/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/03/Web-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250405T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250405T140000
DTSTAMP:20260427T122949
CREATED:20250328T195053Z
LAST-MODIFIED:20250328T195053Z
UID:10000226-1743850800-1743861600@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de marroquinería _ MOCAO Artesanía
DESCRIPTION:Mónica  é a persoa  que está detrás deste obradoiro de Artesanía de Galicia\, unha marca especializada no traballo de marroquinería e cuxos produtos se comercializan baixo o nome de MOCAO Artesanía. \nDurante este taller\, cada participante elaborará a súa propia carteira de coiro. \n  \nAnota a data desta actividade: \n📌Sábado\, día 5 de abril\, de 11.00 a 14.0 horas\n📍No Mercado Galego da Creatividade (Compostela) \n  \nReserva a túa praza aquí: 605 14 12 41\n \n  \n✨Actividade GRATUÍTA\, patrocinada  por Artesanía de Galicia\, entidade da Consellería de Emprego\, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. \n  \n      \n  \nEsta actividade enmárcase dentro dos Días Europeos da Artesanía\, unha iniciativa promovida pola Escola de Organización Industrial (EOI) e a súa área de promoción da artesanía Fundesarte xunto á Organización de Artesáns de España\, oficioyarte\, e @jemaofficiel.
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-marroquineria-_-mocao-artesania-2/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/03/Web_Taller-MOCAO.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR