BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Creativas Galegas - ECPv6.3.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Creativas Galegas
X-ORIGINAL-URL:https://creativasgalegas.gal
X-WR-CALDESC:Events for Creativas Galegas
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230829
DTEND;VALUE=DATE:20230911
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230828T085252Z
LAST-MODIFIED:20230828T085252Z
UID:10000021-1693267200-1694390399@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pezas de patchwork _ Annabel Martínez
DESCRIPTION:Abrimos unha nova exposición. Nesta ocasión queremos amosarvos o traballo da nosa compañeira Annabel Martínez\, cuxa marca leva o seu nome. \nA miña avoa enfiou o camiño das mulleres da súa descendencia e todas elas son modistas de profesión. \nA pesar de pertencer a esta saga e estar rodeada de teas\, retallos e fíos  desde moi pequena\, Annabel quixo emprender o seu propio camiño\, aproveitando toda a aprendizaxe familiar que foi absorbendo desde ben nena. \nTodo comezou vendo á súa irmá crear adornos de Nadal\, sen agulla\, coa técnica do patchwork. Ese día espertou o seu interese pola artesanía téxtil. Nace así a que será a súa paixón. \nEsta técnica artesanal xorde como unha necesidade de recuperar e reciclar tecidos para convertelos en novos artigos útiles tanto para vestirnos nós como para os nosos fogares. Annabel recuperou esta modalidade de costura artesanal para deseñar e confeccionar marabillosos bolsos e complementos con diferentes tecidos. Como a súa inspiración xorde da propia natureza\, atopamos nas súas pezas cores cálidas e tecidos naturais. \nPezas únicas\, atemporais\, feitas paseniñamente con moito agarimo e uns acabados con tal delicadeza de traballo que moitos dos seus bolsos son reversibles. \nNesta exposición imos ter a oportunidade de coñecer todo o seu percorrido como artesá\, desde a creación de fantásticos adornos de Nadal ata a súa colección de bolsos mais recente. \nSigo o fío que marcou o meu camiño! \n  \nTítulo da exposición: “Sigo o fío que marcou o meu camiño”\nTécnica: patchwork\nAutora da exposición: Ana Isabel Martínez\nMarca: Annabel Martínez\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 29 de agosto – 10 de setembro \n  \nInstagram: @annabel_martinez_ds \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-pezas-de-patchwork-_-annabel-martinez/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/08/Plantilla_carteles-eventos-web-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230822
DTEND;VALUE=DATE:20230823
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230807T131526Z
LAST-MODIFIED:20230807T131526Z
UID:10000022-1692662400-1692748799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Encontros Emprendedores _ Axenda Urbana 2030
DESCRIPTION:Continúan os Encontros Emprendedores no verán!\nDesta volta\, convidámosvos o martes 22 de agosto\, entre as 11:00 – 13:00 h\, no Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas).\nA asistencia é gratuíta\, previa inscrición neste formulario en liña: https://forms.gle/SYnB2bf1o3BAUxwZ7 \nEsta sesión xirará entorno á vivenda\, unha temática central na vida das persoas que temos a necesidade de repensar. Dada a amplitude e o interese social que xera esta temática\, Nieves Rodríguez compartirá a proposta da asociación Larlilás. Así mesmo\, contaremos coa participación de Iago Lestegás\, experto na temática da vivenda e a calidade de vida nas cidades tendo en conta o impacto do turismo. \nLarlilás é unha organización autoxestionada\, que ten o obxectivo de materializar un proxecto de vivenda comunitaria na vellez. A atención integral\, os coidados e a dignidade\, así como a construción dunha contorna aberta\, próxima e afectiva son algúns dos seus piares. \nDurante o Encontro Emprendedor abordaremos os inicios da iniciativa\, os pasos para organizarse\, as dificultades atopadas\, e tamén os acordos fundamentais para desenvolver un proxecto conxunto destas características. Un Encontro que nos interpela a repensar a vellez\, o benestar e os coidados\, así como as alternativas habitacionais ao longo do ciclo de vida. \nDurante a intervención de Iago Lestegás e de Nieves Rodríguez poderemos debater\, compartir e intercambiar\, polo que os animamos a participar neste novo Encontro Emprendedor. Creativas galegas ofrecerá un almorzo de produtos locais. \n  \nO sétimo Encontro Emprendedor: \n_ Obxectivo: Vivenda\n“A organización arredor da vivenda para un xubilar activo\, participativo e autoxestionado” \nCarme Casado Casado\nResponsable Promoción Económica en CERSIA Empresa (Concello de Santiago)\nContextualización breve da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela \nNieves Rodríguez\nLarlilás \nIago Lestegás\nArquitecto urbanista \n_Día: martes\, 22 de agosto de 2023.\n_Hora: 11.00 – 13.00 h.\n_Lugar: Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas). Rúa da Caldeirería\, 36 – Santiago. \nInscrición á xornada: https://forms.gle/SYnB2bf1o3BAUxwZ7 \nContacto: encontrosaxendaurbana2030@gmail.com
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/encontros-emprendedores-_-axenda-urbana-2030-5/
CATEGORIES:Eventos Colaborativos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/08/eventos-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230815
DTEND;VALUE=DATE:20230828
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230815T081325Z
LAST-MODIFIED:20230815T081325Z
UID:10000023-1692057600-1693180799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de gravados _ Noemí Moisés
DESCRIPTION:Noemí Moisés Méndez Benegassi Gamallo é a próxima artista en amosar a súa colección de gravados no espazo galería do Mercado. \nEn calidade de ‘Artista invitada’\, e baixo o título de “As que bailan”\, Noemí mostra unha serie de gravados realizados con diferentes técnicas artísticas como son: punta seca\, linografía\, litografía e carborundo. \n Son arquitecta de formación\, profesora de profesión e pintora de vocación. \nEsta colección de obras\, está inspirada en esculturas femininas de épocas primitivas (a maioría delas\, nas venus paleolíticas). Figuras cheas de forza que reflicten o poder do feminino. \nPara quen quere afondar un pouco mais no traballo de Noemí\,  aquí deixamos unha breve descrición das técnicas coas que traballou esta colección de láminas: \n\nGravado a punta seca: cun punzón fino e afiado rabuñamos á pulso\, unha placa metálica ou de acetato\, con maior ou menor presión segundo a intensidade de liña que queremos conseguir.\nLinografía: empregando unha matriz de linóleo\, facemos incisións con gubias para crear diferentes relevos que logo tinximos cun rodete. A tinta queda na superficie e ao colocar o papel ou soporte que queiramos gravar\, premendo sobre o linóleo a imaxe quedará impresa neste.\nGravado ao carborundo: o carborundo ou carborundum é un tipo de carburo de silicio de bastante dureza ( semella ao papel de lixa) que retén a tinta en maior ou menor medida segundo a aplicamos. Deste xeito podemos conseguir diferentes texturas no gravado de carácter areoso.\nLitografía: é unha técnica de estampaxe planográfica xa que se emprega unha pedra calcaria puída (ou placa metálica absorbente). Neste caso non hai incisión senón que se basea no rexeitamento químico entre a auga e a graxa. O debuxo realízase cun lapis graxo ou pinceis e tintas especiais. Tras aplicar unha solución de ácido nítrico e goma arábiga\, o debuxo queda fixado á pedra de forma estable. Ao humedecer a pedra\, cando aplicamos a tinta só se deposita na zona de debuxo (graxa) e non no resto (polo rexeitamento entre a auga e a graxa).\n\nQueres afondar mais nestas técnicas e ver o resultado delas no traballo desta profesional? \nDeixámosche aquí toda a información sobre a exposición: \n  \nTítulo da exposición: “As que bailan”\nTécnicas: gravado a punta seca\, linogravado\, litografía e carborundo.\nAutora da exposición: Noemí Moisés Méndez Benegassi Gamallo\nMarca: Noemí Moisés\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 15 de agosto – 27 de agosto \n  \nFacebook: Noemí Méndez \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-gravados-_-noemi-moises/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/08/Plantilla_carteles-eventos-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230806
DTEND;VALUE=DATE:20230821
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230721T175726Z
LAST-MODIFIED:20230721T175726Z
UID:10000024-1691280000-1692575999@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de Encadernación _ Legendary Tales Editions
DESCRIPTION:Neste mes de agosto acollemos\, no Mercado Galego de Creatividade\, un fantástico taller de encadernación de María Ramírez\, de Legendary Tales Editions. Nesta formación elaboraremos o noso propio block de notas. \nO obradoiro ten como obxectivos\, ensinarnos a: \n\nFacer un cosido de follas coa técnica da caneta francesa.\nEncadernar un block con tapa dura.\nColocar gardas para protexer o contido.\nE para darlle un toque final especial: decoraremos con motivos dourados\, lettering ou debuxos dourados con punta térmica e aplicaremos dourados nos cantos.\n\nEmpregaremos papel verxé de alta calidade para crear o corpo do noso libriño e remataremos cunha encadernación monocromo ou a dous tons\, segundo queiramos personalizalo. Imos ter ao noso dispor unha ampla variedade de papeis especiais que nos axudan nesa personalización. \nA duración do taller son tres sesións de tres horas. \nAquí deixamos mais detalles desta formación: \nTaller de: Encadernación dun block con tapa dura\nTécnica: decoración con lettering e debuxos con punta térmica e dourado das follas\nFormadora: María Ramírez\nMarca:  Legendary Tales Editions\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nDatas do taller: 6 / 13 / 20 de agosto\nHorario: 11:00 – 14:00 h\nCusto do taller: 75 € (todos os materiais incluídos) \n  \nReserva a túa praza aquí: https://www.legendarytaleseditions.art/products \nContacta coa formadora:\n_ Correo electrónico: legendarytaleseditions@gmail.com\n_ Teléfono: 644 949 390 \n  \nCoñece o traballo de María: \nInstagram: @legendary_tales_editions \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-encadernacion-_-legendary-tales-editions/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/07/Cartel_Axenda.jpg-2.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230801
DTEND;VALUE=DATE:20230814
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230801T064623Z
LAST-MODIFIED:20230801T064623Z
UID:10000025-1690848000-1691971199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición conxunta _ Studio Futakuchi
DESCRIPTION:Xa sabedes que o espazo expositivo do Mercado muda\, cada dúas semana\, a súa imaxe\, para vestirse cunha marca nova e coller toda a personalidade da mesma. A veces semella unha galería chea de obras pictóricas ou fotografías que nos convidan ao deleite e inmersión no universo que nos propón; outras veces convértese nunha verdadeira tenda-taller chea de vida e acción e coa cal podemos interactuar (incluso propoñer retos)\, aprender dos oficios que nese momento se están traballando en directo… Diso se trata\, de que cada dúas semanas o espazo mude e sorprenda! \nBoro\, Noelia B. Rodríguez e Antón Díaz\, son un grupo de profesionais multidisciplinares que conseguen unha simbiose moi interesante nas súas colaboracións de traballos conxuntos\, e serán os responsables de marabillarnos coa súa exposición de obras. \nDin que as mellores ideas xorden dos peores momentos. E nós\, como colectivo Ourensá de diferentes profesionais\, decidimos crear varios proxectos en paralelo durante a obrigada parada por mor da pandemia provocada pola Covid-19. \nProcedemos de diferentes eidos creativos: moda\, fotografía e ilustración. E neses momentos de pandemia\, fomos quen de traballar en equipo para desenrolar ideas que nun principio semellaban imposibles (causa do ritmo frenético de traballo e estrés ao que estabamos sometidos no día a día). \nCon esta mostra\, queremos ensinar\, entre outras moitas cousas\, o que no día a día non ensinamos nin contamos de viva voz á xente que entra neste Mercado: as nosas referencias\, os erros e moitos dos nosos traballos feitos. \nE a cantas persoas se acheguen a coñecer a nosa obra\, convidarlles a pensar que aínda que a vida nos leva a camiñar por sendeiros diferentes\, atopar o tempo para deseñar mundos conxuntos ten un valor incalculable. \nQueres coñecer o mundo que deseñaron conxuntamente estes profesionais? Non te perdas a riqueza da súa marabillosa simbiose. \n  \nTítulo da exposición: “FUTAKUCHI ONNA”\nTécnicas: estampación\, fotografía\, ilustración\, confección téxtil…\nAutores da exposición: Boro\, Noelia B. Rodríguez e Antón Díaz\nMarca: Futakuchi S.C.\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 1 de agosto – 13 de agosto \n  \nInstagram: @boro.tm\nInstagram: @salsagaucha \nFacebook: salsagaucha\nTwitter: BORO TM \nBlog: https://borotm.com/es/blog.html
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-conxunta-_-studio-futakuchi/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/07/Cartel_Axenda.jpg-3.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230718T100000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230718T100000
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230710T131651Z
LAST-MODIFIED:20230710T131651Z
UID:10000026-1689674400-1689674400@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Encontros Emprendedores _ Axenda Urbana 2030
DESCRIPTION:Pasado o ecuador dos Encontros Emprendedores\, en xullo abordamos o eixo da Economía Urbana. Poremos o foco nas conexións que existen entre iniciativas emprendedoras recoñecidas na cidade\, que destacan pola súa capacidade de cooperación e reforzo ao sector primario compostelá. Referímonos\, nesta ocasión\, ás iniciativas gastronómicas e de restauración vinculadas ao produto de proximidade na Praza de Abastos. \nO 6º Encontro Emprendedor contará coa participación de Iago Pazos\, chef con experiencia no emprendemento de iniciativas de restauración que xestiona Abastos 2.0\, unha iniciativa que demostra que a unión entre os produtos locais e unha oferta gastronómica de calidade son sinónimo de éxito. A Praza de Abastos\, como mercado da cidade\, cobrará especial importancia xa que simboliza o punto de unión entre o rural e o urbano. \nNo Encontro Emprendedor haberá espazo para a conversa e o intercambio sobre o ecosistema emprendedor local e a oferta local de produtos de calidade. O Mercado galego da Creatividade ofrecerá tamén un almorzo de produtos locais\, para fomentar o debate dende a proximidade. \n  \nO sexto Encontro Emprendedor: \n_ Obxectivo: Economía Urbana\n“A gastronomía e a restauración como valedores dos produtos locais” \nCarme Casado Casado\nResponsable Promoción Económica en CERSIA Empresa (Concello de Santiago)\nContextualización breve da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela \nIago Pazos\nAbastos 2.0 \n_Día: martes\, 18 de xullo de 2023.\n_Hora: 10.00 – 12.00 h.\n_Lugar: Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas). Rúa da Caldeirería\, 36 – Santiago. \nInscrición á xornada: https://forms.gle/G4Hi9qzGWsuGZGkK8 \nContacto: encontrosaxendaurbana2030@gmail.com \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/encontros-emprendedores-_-axenda-urbana-2030-4/
CATEGORIES:Eventos Colaborativos
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/07/Cartel_Axenda.jpg.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230718
DTEND;VALUE=DATE:20230731
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230719T123847Z
LAST-MODIFIED:20230719T123847Z
UID:10000027-1689638400-1690761599@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pezas tecidas en tear _ Belategui Regueiro
DESCRIPTION:De súpeto\, un día\, soou o teléfono: \n– Vostedes queren liño? \n– Sempre! \n– Teño catro bolsas de liño e dáme moita pena que ninguén as aproveite. Mais terían que vir a buscalas… \nO peor que podía pasar sería que fixésemos 100 km para atoparnos cun material que logo non puidésemos tecer (unha perda asumible)\, así que\, puxémonos en marcha. \nA viaxe ía escribindo na nosa memoria\, todo un diario de vivencias: fixemos unha excursión que non tiñamos previsto\, chegamos a un pazo ao que nunca poderiamos haber entrado sen unha escusa coma esta ( e ensináronnos ata o último curruncho)\, coñecemos a unha señora ben interesante… \nO que se nos anunciara como catro bolsas de liño\, era un montón de kg de liño traído de California nos anos 70\, estaba en perfecto estado de conservación e tiña un colorido espectacular. Aquilo foi como voltar a ser nenos e atopar o maior dos tesouros. Ese liño tiña o pouso da historia\, dunha longa viaxe e\,o mellor e o peor de todo\, a pesares de ser tanta cantidade\, só quedaba aquel.” \nPodemos imaxinar o bule bule durante esa viaxe de volta; o desexo de poñerse a traballar con aquel material e os nervios por decidir que pezas a crear que estivesen á altura de tal tesouro… \nConstruímos unha debandoira XXXL para converter en nobelos aquelas madeixas xigantes (longo traballo que aínda non rematamos a día de hoxe)\, reorganizamos o taller ata atopar o sitio axeitado para o tear\, baleiramos estantes e acomodamos a nova alfaia\, clasificamos toda a colección de liños por madeixas\, nobelos e cores… En fin\, transformamos con toda a ilusión\, o noso entorno de traballo. \nA nosa provedora de liño\, acabouse convertendo nunha persoa especial que entrou nas nosas vidas. Veu a visitarnos\, comemos xuntos\, desfrutou ata unha xornada de tinguido con índigo e ata nos trouxo plantas do seu xardín que hoxe forman parte do noso. \nEsta\, tan só é unha das moitas historias que se esconden tras as pezas de Belategui Regueiro\, a marca creada por Luísa e Óscar. \nPodemos imaxinar como foron dosificando ese liño ao longo do tempo (aínda o seguen facendo)\, e a pena por que un día será o último trociño que poderán tecer porque xa se está acabando. \nPezas exclusivas\, de calidade\, deseños orixinais\, todos eles tecidos en tear de madeira (os de toda a vida) e que podedes atopar na sala de exposicións do Mercado Galego da Creatividade. \nVen a vernos! \n  \nTítulo da exposición: “Tecendo historias”\nTécnica: prendas e complementos tecidos en tear de madeira\nAutores da exposición: Luísa e Óscar\nMarca: Belategui Regueiro\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 18 de xullo – 30 de xullo \n  \nInstagram: belategui_regueiro\nFacebook: Belategui Regueiro
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion_belategui-regueiro/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/07/Cartel_Axenda.jpg-1.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230706
DTEND;VALUE=DATE:20231006
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230629T093311Z
LAST-MODIFIED:20230629T093311Z
UID:10000028-1688601600-1696550399@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Roteiro Cooperativo por Santiago de Compostela
DESCRIPTION:O Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Cooperativas EspazoCoop promoven o ROTEIRO COOPERATIVO\, unha iniciativa que se desenvolve no marco do programa `Impulsando un ecosistema emprendedor na economía social´na que é a súa segunda edición\, dando continuidade á alianza que veñen desenvolvendo nos últimos anos para fomentar o modelo cooperativo na comarca de Santiago. \nA actividade\, que se inicia o próximo 6 de xullo\, consiste nunha ruta guiada por Santiago de Compostela para coñecer catro cooperativas da cidade e achegarse ao cooperativismo e á economía social. A través dela identifícanse cooperativas que están presentes no día a día da cidadanía\, ao tempo que se promociona o modelo cooperativo con proxectos viables\, realizando tamén un labor didáctico ao redor do autoemprego colectivo. \nEstes son os roteiros aos que se poderá asistir\, previa inscrición na seguinte ligazón: https://i.gal/roteirocooperativo. \n\nRoteiro 1: xoves 6 de xullo\, de 16:00 a 19:00 h.\nRoteiro 2: xoves 27 de xullo\, de 16:00 a 19:00 h.\nRoteiro 3: martes 26 de setembro\, de 16:00 a 19:00 h.\nRoteiro 4: xoves 5 de outubro\, de 16:00 a 19:00 h.\n\n(As prazas son limitadas a 15 persoas por grupo). \nCoñece o traballo e o potencial do cooperativismo nun roteiro por Santiago de Compostela. \nAs cooperativas que se visitarán e que participan no Roteiro Cooperativo son o cinema Númax\, o centro de ioga Almazen de Yoga\, a escola de música Conservatorio Histórico de Santiago e a tenda de Creativas Galegas (o Mercado Galego da Creatividade). \n  \nUnión de Cooperativas: EspazoCoop\nConcello de Santiago: http://www.santiagodecompostela.gal/ \n#SomosCoop #CooperativasGalegas \n  \nCoñece os proxectos de economía social desde dentro!\nEsperámoste para responder a todas esas dúbidas que rebolen entorno ás cooperativas. \nInscrición ao evento\, nesta ligazón: https://i.gal/roteirocooperativo.
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/roteiro-cooperativo-por-santiago-de-compostela/
CATEGORIES:Eventos Colaborativos
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/06/Cartel_Axenda.jpg-2.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230704
DTEND;VALUE=DATE:20230717
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230701T090310Z
LAST-MODIFIED:20230701T090310Z
UID:10000029-1688428800-1689551999@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pintura\, arte téxtil e complementos _ Marica da Berza
DESCRIPTION:Presentámosvos a seguinte exposición. Poderemos atopar desde obras de arte orixinais (acrílicos sobre lenzo)\, pezas téxtiles pintadas á man\, tapices e outros moitos obxectos atemporais que mesmo parecen saídos de baúis que foron coleccionando tesouros ao longo dos séculos. \nConce Isla é a responsable desta exposición de obras acollidas baixo a marca: Marica da Berza. \nA través das cores e os obxectos cotiás\, quere expresar as sensacións que ela mesma sente en momentos de tranquilidade\, calma e a seguridade. Sensacións que aparecen ao saírmos dun ritmo propio do barullo dunha cidade para atoparnos no campo coa natureza e a vida en calma; detense o tempo\, xorden multitude de aromas e cores\, escóitanse as conversas do reino animal… Intres nos que Conce conecta directamente coa aldea\, as vivencias nunha casa de campo e os recordos da súa infancia. \nO meu desexo é\, que nesta exposición\, cada visitante se sinta envolto nunha atmosfera cálida\, entrañable\, onde as cores e os materiais trasladen a cada quen\, aos seus días plenos de felicidade\, paz\, nos que o seu único obxectivo é contemplar\, sentir\, repousar e esquecerse do paso do tempo. \nNon te perdas esta colección de obras! \n  \nTítulo da exposición: “Verán no pobo”\nTécnica: pintura sobre tecidos\, lenzo e outros complementos\nAutora da exposición: Conce Isla\nMarca: Marica da Berza\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 4 de xullo – 16 de xullo \n  \nInstagram: marica_da_berza\nFacebook: Conce Isla
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-pintura-arte-textil-e-complementos-_-marica-da-berza/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/06/Cartel_Axenda.jpg-3.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230621
DTEND;VALUE=DATE:20230703
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230620T090742Z
LAST-MODIFIED:20230620T090742Z
UID:10000030-1687305600-1688342399@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pintura _ CabaLoula
DESCRIPTION:Lola Garcerá é unha valenciana que\, un bo día\, quedou namorada das brétemas do norte peninsular. Unha bruma que xoga ás mil marabillas ao compás dos mestos bosques verdes\, creando paisaxes inspiradoras de maxia\, lendas e misterio. Todo isto resultou ser o escenario perfecto para que Lola deixase voar a súa imaxinación e se inmiscuíse en todo un mundo de personaxes e historias fantásticas. \nComo boa artista\, a Lola resúltalle moito mais sinxelo expresarse\, a través do debuxo e da pintura\, en vez facelo con verbas: o que pensa\, o que sinte\, a súa visión particular do mundo\, a beleza de canto ve e as fantasías ás que a leva a combinación da súa afección polos lapis\, os pinceis e a mitoloxía. \nSon os cabalos os que ocupan unha posición privilexiada dentro da miña fascinación pola natureza. E non me produce ningún apuro cando alguén me pregunta: “que che gusta máis\, os cabalos ou o debuxo?”\nE por que escoller? \nAbrimos as portas dunha nova exposición para que descubras o traballo desta artista. Toda unha colección de óleos e acuarelas que viaxan entre  o retrato da realidade e a fantasía. \nToma nota!: \nTítulo da exposición: Fantasía e realidade\, dúas caras da moeda.\nTécnica: Óleo e acuarela.\nAutora: Lola Garcerá Marco.\nMarca: CabaLoula.\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 21 de xuño – 2 de xullo \nInstagram: @cabaoula\nFacebook: Lola Garcerá Marco\nBlog: lalolaga.blogspot.com
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-pintura-_-cabaloula/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/06/Cartel_Axenda.jpg-1.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230620T100000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230620T123000
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230615T160927Z
LAST-MODIFIED:20230615T160927Z
UID:10000031-1687255200-1687264200@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Encontros Emprendedores _ Axenda Urbana 2030
DESCRIPTION:A igualdade de oportunidades e a cohesión social centrarán a temática do 5º Encontro Emprendedor \nO ciclo de Encontros Emprendedores ten marcada a súa vindeira cita o día 20 de xuño\, ás 10h no Espazo galego da Creatividade. Os Encontros Emprendedores presentan iniciativas empresariais desenvoltas en Santiago\, que dan resposta aos retos identificados pola cidadanía de cara aos vindeiros anos. \nNesta ocasión\, o Encontro Emprendedor abordará a experiencia empresarial da consultoría Promove\, liderada en Compostela por tres mulleres que deciden emprender tras a crise de 2008. \nDa man de Fátima Roríguez poderemos coñecer máis polo miúdo este proxecto\, enfocado na promoción da igualdade e da xustiza social. Teremos a oportunidade de coñecer proxectos relacionados coa recuperación da memoria e identidade de mulleres rurais\, a promoción de boas prácticas empresariais en empresas compostelás\, ou os Campus emprendemento\, un proceso de formación práctica dirixido á mocidade. \nNunha segunda parte do Encontro Emprendedor resérvase un espazo de conversa onde intercambiar ideas e experiencias coas persoas asistentes. Así mesmo\, Creativas Galegas ofrecerá un almorzo de produtos galegos. \nAs inscricións están abertas e son de balde\, premendo neste enlace. \nEnlace: https://forms.gle/Sua4imSQYe5Dh1g58 \nIgualdade de oportunidades e cohesión social \n“Promovendo actitudes por un mundo mellor” \nFátima Rodríguez. Promove: proxectos e persoas \nMartes\, 20 de xuño de 2023 \nHora: 10.00 a 12.30 h \nEspazo: Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas). R/ Caldeirería 36 \nContacto: encontrosaxendaurbana2030@gmail.com
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/encontros-emprendedores-_-axenda-urbana-2030-3/
CATEGORIES:Eventos
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/06/Cartel_Axenda.jpg.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230606
DTEND;VALUE=DATE:20230618
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230605T083328Z
LAST-MODIFIED:20230605T083328Z
UID:10000032-1686009600-1687046399@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pintura ao óleo\, e algo mais _ El Escaparate de Bea
DESCRIPTION:Coa crise de 2008\, Beatriz quedou sen traballo. Un día\, ordenando na casa\, descubriu\, no fondo dun caixón\, o diario que lle regalou a súa avoa cando cumpriu os 8 anos. Abriu o tesouro e leu na primeira páxina: \n“Me llamo Beatriz Fraguas  y de mayor quiero ser pintora”. \nLembrouse entón\, de cal era a súa verdadeira paixón desde moi nena\, esa que tanto a relaxaba desde ben pequena\, e a facía perder a noción do tempo: a pintura. \nDecidiu recuperala para o seu presente\, e desfrutar das bondades que esta arte lle achegaba á súa vida. \nBea di que lle falta moito para chegar a ser unha gran profesional da pintura\, e humildemente\, defínese como unha grande afeccionada a esta arte que tantos bos momentos lle brinda. \nA outra gran paixón da artista é a música\, e a combinación de ámbalas artes\, crean\, no día a día de Bea\, momentos máxicos nos que nada mais existe\, nos que nada mais importa. \n“As catro estacións da vida” é unha colección de obras que están relacionadas coa belísima composición de Antonio Vivaldi. Melodías que a acompañaron ao longo de moitos bos e malos momentos. A súa parte favorita é a final\, o verán\, e aínda que a colección dos seus óleos falan das catro estacións\, os que versan sobre o estío\, teñen algo especial… \nÉ marabilloso pensar que a través do tempo\, a Bea nena reapareceu na súa vida para recordarlle\, á Bea adulta\, que estaba deixando atrás\, o que realmente a facía feliz: pintar. Grazas á cativa por recuperar á artista e hoxe poder desfrutar da súa obra. \nConvidámoste a visitar a súa colección no Mercado. Toma nota: \nTítulo da exposición: ‘As catro estacións da vida’\nAutora: Beatriz Fraguas\nMarca: El Escaparate de Bea\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 6 de xuño – 17 de xuño \n  \nInstagram: El Escaparate de Bea \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-pintura-ao-oleo-e-algo-mais-_-el-escaparate-de-bea/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/05/Cartel_Axenda.jpg-2.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230527T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230527T130000
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230511T100911Z
LAST-MODIFIED:20230511T100911Z
UID:10000033-1685185200-1685192400@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de elaboración de velas aromáticas _ BJ Candle
DESCRIPTION:Sentes curiosidade por saber como se fan as velas?\nBuscas unha actividade divertida?\nEste taller é para ti!\n\nAprenderás a facer unha vela aromática\, desde cero\, e da man da nosa experta en velas\, Elena de BJ Candle Studio.\nEla explicarache os distintos tipos de cera\, mechas e fragrancias\, como diferencialas e as claves para saber usar unhas ou outras.\n\nElena ten unha ampla experiencia na elaboración de velas aromáticas con cera de soia. Desde o seu estudio\, en Santiago de Compostela\, crea velas de estilo minimalista\, con aromas exclusivos\, e con ela poderás aprender a facelas ti!!!\n\nAo finalizar o taller levarás para a túa casa:\n– Unha vela feita por ti.\n– Un resumo do proceso\, paso a paso.\n– Unha lista de tendas e provedores en liña.\n\nApúntate e vive a experiencia de crear a túa propia vela.\n\n \n\nActividade: obradoiro de elaboración de velas aromáticas\nAutora: Elena\nMarca: BJ Candle Studio\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 27 de maio\nHorario: 11:00 – 13:00 h\nPrezo: 40 € (todos os materiais incluídos)\n\n \n\nSe queres coñecer máis sobre BJ Candle Studio\, fai clic aquí:\n\n\nWeb: BJ Candle Studio\nFacebook: BJ Candle Studio\nInstagram:@bjcandlestudio\nPinterest: @BJCandleStudio\nMerca o teu taller aquí Mercar
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-elaboracion-de-velas-aromaticas-_-bj-candle/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/11/Cartel_Axenda.jpg.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230523
DTEND;VALUE=DATE:20230604
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230519T164915Z
LAST-MODIFIED:20230519T164915Z
UID:10000034-1684800000-1685836799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de obras de arte plástica _ Espantalla arte plástica
DESCRIPTION:Abrimos as portas para presentarvos unha nova exposición. A protagonista desta colección de obras é a nosa compañeira Mónica García. Nos escasos momentos libres que lle deixa a súa carreira de actriz\, Mónica fai pezas únicas\, á man\, moitas delas baseándose nas técnicas da cestería tradicional e creadas a partir de plástico reutilizado. \nO ano pasado\, sorprendeunos cunha intervención no escaparate do Mercado\, para presentarnos a súa marca: @espantalla arte plástica. A través dunha performance chea de humor e cores\, descubríanos as arrepiantes cifras de residuos plásticos que xeramos e como podemos convertelos en marabillosos pendentes e orixinais cestos\, contribuíndo así a reducir os tan contaminantes residuos plásticos. \nEstamos desexando ver con que nos vai sorprender nesta exposición!!! \nChegou a primavera e as hortas énchense de vida. A HORTA DA ESPANTALLA  xa está ateigada de flores. Hai flores de todas as cores e de moi diversas procedencias\, hainas que veñen de Verín e  Mondariz\, outras da China\, onde fabrican as multinacionais\, e algunhas mesmo foron recollidas por min en Tailandia. \nEsta horta tan especial quere ser unha homenaxe a todas as hortas\, dende as urbanas ás da aldea\, dende as máis aqueladiñas  ás máis caóticas\, e dende as de toda a vida ás máis innovadoras. Porque as hortas\, alén de ser provedoras de comida saborosa e saudable\, son espazos para esquecer as présas e conectar coa terra e coas persoas: as horticultoras veciñas que comparten saber e sementes\, as paseantas maiores que me dan consellos sobre cal é a boa  lúa para plantar ou colleitar\, e xa postas\, falan da vida; as máis urbanitas que admiran como obra a natureza e preguntan  por esta ou estoutra planta\, e a cativada\, claro\, que ten parada obrigada na miña horta para se interesar pola rechamante espantalla feita con refugallo plástico.  \nSon\, xa que logo\, as hortas símbolo de sustentabilidade e resiliencia: crean comunidade\, poden ser  terapia marabillosa\, contribúen a reducir desperdicios\, e conciénciannos da nosa responsabilidade co medio ambiente\, por non falar de que nas hortas da Almáciga temos os mellores solpores de Compostela ;). \n Ao final ter unha horta e reutilizar lixo plástico\, as miñas dúas “actividades extraprofesionais”;)\, son parte dunha mesma filosofía de vida: consumir de xeito responsable e ser o máis respectuosa posible co planeta! \n  \nINAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN: martes\, día 23 de maio\, ás 19:30 h!!! \n  \nTítulo da exposición: ‘A Horta da Espantalla’\nAutora: Mónica García\nMarca: Espantalla arte plástica\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 23 de maio – 3 de xuño \n  \nInstagram: @espantalla
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-obras-de-arte-plastica-_-espantalla-arte-plastica/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/05/Cartel_Axenda.jpg-1.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230516T100000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230516T100000
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230512T161021Z
LAST-MODIFIED:20230512T161021Z
UID:10000035-1684231200-1684231200@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Encontros Emprendedores _ Axenda Urbana 2030
DESCRIPTION:Estimados e estimadas: continúa o ciclo de Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030! \nO cuarto Encontro abordará a economía circular como oportunidade para o emprendemento de iniciativas aliñadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Gala Nieves\, do proxecto Off Connection\, compartirá a súa iniciativa\, que procura dar unha segunda vida aos excedentes de stock de grandes marcas de roupa\, reducindo os residuos e apoiando ás economías locais e entidades ambientais\, a través do deseño e a artesanía.\nComo nos Encontros Emprendedores anteriores\, reservaremos un espazo participativo para que as persoas asistentes poidan compartir ideas\, e finalizaremos cun espazo informal para recargar forzas.\nSe queres participar\, aquí tes toda a información: \nEconomía circular\nOutra forma de producir é posible: reutilización\, transformación de produtos\, deseño e artesanía na moda\nMartes\, 16 de maio de 2023\nHora: de 10.00 a 12.00h\nEspazo: Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas). R/ Caldeirería 36\nInscrición á xornada: https://forms.gle/jizv94zPPiHGPeWF9 \nContacto: encontrosaxendaurbana2030@gmail.com
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/encontros-emprendedores-_-axenda-urbana-2030-2/
CATEGORIES:Eventos Colaborativos
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/05/Cartel_Axenda.jpg.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230509
DTEND;VALUE=DATE:20230521
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230504T154833Z
LAST-MODIFIED:20230504T154833Z
UID:10000036-1683590400-1684627199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pintura _ Cuire acuarelas
DESCRIPTION:Abrimos as portas a unha nova exposición de arte. A persoa que nos convida a coñecer a súa colección de obras é Sandra Cuiña. \nSandra ensina todo o seu traballo baixo a marca de Cuire acuarelas e así nos relata a súa traxectoria e as motivacións que a levaron a refuxiarse no universo da pintura: \n\nSon poucos os momentos que lembro da miña infancia sen uns lapis de cores e un blogue de debuxo nas mans. Os meus libros do colexio estaban repletos de deseños e bosquexos\, as miñas horas de lecer transcorrían entre ceras Manley e folios nos que deixaba voar a miña imaxinación\, porque debuxar\, enchíame e facíame feliz.\nNon deixaba pasar un verán sen ir a clases de pintura para mellorar a miña técnica. Aprendín a pintar con óleo\, disciplina que fun perfeccionando no meu peculiar estudo: o cuarto da lavadora.  \nA pintura convivía coa outra miña paixón: escribir. Así que\, cando chegou a hora de marcharse á universidade\, elixín a segunda\, quizais\, porque me parecía menos complicado labrarme un futuro nese mundo.  \nDurante moitos anos deixei practicamente o debuxo de lado. Mais todo iso cambiou cando chegou a pandemia. A ansiedade e o temor ao descoñecido fixo que recorrese a todo tipo de ferramentas para facer fronte á situación tan surrealista\, e a pintura\, volveu á miña vida en forma de acuarela.\nCando collía os meus pinceis\, esquecíame da Covid. As máscaras e o peche facíase un pouco máis levadeiro. Así regresou a pintura á miña vida e así naceu ‘Perdida en Compostela’\, unha exposición na que teñen un gran protagonismo as peregrinas\, porque na miña cabeza é imposible entender Santiago sen o Camiño\, que ao final se converte nunha metáfora da vida. E é que a gran maioría dos que percorren a Ruta fano en momentos de crise ou de procura de respostas\, que ao fin e ao cabo é o que todos facemos ao longo da nosa existencia. Ademais de peregrinas\, en ‘Perdida en Compostela’ tamén hai moitas mulleres de costas que\, como as camiñantes\, tamén buscan respostas; Marías 2.0\, que son unha versión renovada doutro dos símbolos da cidade: As Dúas en Punto; flores\, e todo aquilo que forma parte do meu universo picheleiro. \n\nConvidámosvos a coñecer a esta artista\, Sandra\, e o resultado dunha das súas paixóns\, a pintura. \nTítulo da exposición: ‘Perdida en Compostela’\nAutora: Sandra Cuiña\nMarca: Cuire acuarelas\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 9 – 20 de maio \n  \nInstagram: @cuireacuarelas \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-pintura-_-cuire-acuarelas/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/04/Cartel_Axenda.jpg-13.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230425T100000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230425T120000
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230406T113700Z
LAST-MODIFIED:20230406T113700Z
UID:10000037-1682416800-1682424000@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Encontros Emprendedores _ Axenda Urbana 2030
DESCRIPTION:Continúa o ciclo de Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030! \nO terceiro encontro emprendedor xirará arredor do reto global que supón o cambio climático e a resiliencia.  \nNesta ocasión contamos coa experiencia de Miguel Pardellas Santiago\, da cooperativa Feitoría Verde\, que nos contará a súa experiencia en proxectos como “Descarboniza\, que non é pouco!” e “Batefogo”.  \nDespois\, poremos en común propostas mediante unha dinámica participativa. \nQueres vir? Anota! \n  \nO terceiro Encontro Emprendedor: \n_ Obxectivo: Cambio Climático e Resiliencia.\n“A acción comunitaria para o coidado da contorna de Compostela” \nCarme Casado Casado\nResponsable Promoción Económica en CERSIA Empresa (Concello de Santiago)\nContextualización breve da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela \nMiguel Pardellas Santiago.\nCooperativa Feitoría Verde \nCompartiremos en colectivo as ideas arredor da temática a través dunha dinámica participativa. \n_Día: martes\, 25 de abril de 2023.\n_Hora: 10.00 – 12.00 h.\n_Lugar: Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas). Rúa da Caldeirería\, 36 – Santiago. \nInscrición á xornada: https://forms.gle/YcYsB7XWAVo299n88 \nContacto: encontrosaxendaurbana2030@gmail.com \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/encontros-emprendedores-_-axenda-urbana-2030/
CATEGORIES:Eventos Colaborativos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/04/Plantilla_carteles-eventos-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230425
DTEND;VALUE=DATE:20230507
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230421T163006Z
LAST-MODIFIED:20230421T163006Z
UID:10000142-1682380800-1683417599@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pintura _ María Feijoo
DESCRIPTION:Baixo o título ‘A pintura é a miña linguaxe’\, María Feijóo amosa a súa colección de obras. \nEsta creativa emprega a pintura como medio de comunicación e o pincel como ferramenta de expresión. Ao son do seu trazo\, sobre lenzo\, seda ou algodón\, María expresa en cada pincelada\, unha emoción. \nPinto de maneira intuitiva. Case nunca teño unha folla de ruta. A pintura cobra vida no proceso de creación ao encontrarse con ese momento no que\, intuitivamente\, sei que camiño tomar\, libérome\, flúo e deixo que a pintura me guíe.\n \nLenzos\, panos de seda\, bolsos\, paraugas\, pulseiras…\, son só algúns exemplos do listado de produtos exclusivos nos que esta artesá converte as súas obras pictóricas. \nPezas únicas\, elegantes\, de calidade e 100% artesanais que podes atopar no Mercado Galego da Creatividade lucindo en todo o seu explendor. \n  \nTítulo da exposición: ‘A pintura é a miña linguaxe’\nAutora: María Feijóo\nMarca: Fjoo\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 25 de abril – 6 de maio \n  \nInstagram: feijoo_maría\nFacebook: María Feijóo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-pintura-_-maria-feijoo/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/04/Cartel_Axenda.jpg-12.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230417
DTEND;VALUE=DATE:20230423
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230417T095101Z
LAST-MODIFIED:20230417T095101Z
UID:10000038-1681689600-1682207999@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pintura _ Celia Pía
DESCRIPTION:Anunciamos a nova exposición que temos aberta no Mercado Galego da Creatividade! \nCelia Pía é a artista que nos abre as portas para ensinarnos a súa colección de obras. \nCo interese posto de cheo na vida e no ser humano\, Celia explora coa súa paleta de cores paisaxes próximas e alleas. \nEsta artista incansable e conciliadora de diferencias\, sérvese dunha narrativa integradora e contrastante de forte carácter autobiográfico para establecer un debate co público que se detén a observar as súas obras pictóricas. \n  \nTítulo da actividade: ‘Viaxe\, demonios e humanismo’\nAutora: Celia Pía\nMarca: Celia Pía\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 17 – 22 de abril \n  \nInstagram: @celiapiamusica.arte\nFacebook: Celia Pía
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-pintura-_-celia-pia/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/04/Cartel_Axenda.jpg-1.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230404
DTEND;VALUE=DATE:20230417
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230404T112457Z
LAST-MODIFIED:20230404T112457Z
UID:10000039-1680566400-1681689599@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de xoiaría con traballo en directo _ Soledad Mato
DESCRIPTION:Abrimos as portas dunha nova exposición\, a da nosa compañeira Soledad Mato.  \nSoledad é unha xoieira con gran traxectoria no mercado e cuxas pezas se caracterizan\, como vos contamos noutras ocasións\, pola combinación dos marabillosos minerais que a natureza nos proporciona coa prata que ela mesma traballa de xeito totalmente artesanal\, peza a peza. \nPor suposto que a súa xoiaría será a protagonista desta exposición mais Soledad quere empregar a mostra de traballo en directo para despedir\, coa honra que se merece\, ao que foi o seu compañeiro de batalla durante moitos anos\, o seu soprete.  \nO traballo artesán vai moi ligado á ferramenta e a miña ferramenta predilecta é o soprete.  \nCando iniciei o meu proxecto como artesá da xoiaría elixín como modelo de soprete\, un soprete con fol. Daquelas xa estaba desestimado pola maioría de xoieiros e xoieiras. Dicían que era máis complexo de traballar con el e que ocupa máis espazo. \nPara min\, foi e é\, a ferramenta perfecta. A súa chama pódese variar en cada momento cun leve movemento do pé.  \nMais chegou o momento de darlle a despedida que se merece ao que foi o meu compañeiro de traballo durante máis de trinta anos. Toca xubilalo e dar paso ao que vai ser o seu substituto. Unha ferramenta mais nova\, que conserva as mesmas características e que espero que me acompañe durante a derradeira etapa da miña vida profesional.  \nLonga vida á artesanía\, e longa vida á ferramenta manual!!! \nFermosa despedida a que Soledad brinda a este aparello tan especial para ela\, non si? É a maxia da artesanía\, das cousas feitas á man. \nNon te perdas o traballo desta creativa! \n  \nActividade: Exposición de xoiaría\nAutora: Soledad Mato\nMarca: Soledad Mato\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 4 – 15 de abril \n  \nInstagram: @soledadmato\nFacebook: Joyas únicas Soledad Mato
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-xoiaria-con-traballo-en-directo-_-soledad-mato/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/04/Cartel_Axenda.jpg.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230401T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230401T133000
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230316T154954Z
LAST-MODIFIED:20230316T154954Z
UID:10000040-1680346800-1680355800@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de xoiaría _ Soledad Mato
DESCRIPTION:Xa coñecedes á nosa compañeira Soledad Mato e a súa paixón polos minerais\, pola historia e lugar de formación de cada pedra e os procesos xeolóxicos responsables da maxia das súas cores e formas nas que cristalizan. \nPara esta mostra de traballo en directo\, Soledad decidiu traballar cunha calcedonia de orixe galega\, un mineral de sílice moi relacionado co cuarzo aínda que non forma uns cristais tan desenrolados\, senón que son cristalizacións diminutas apenas apreciables. \nEmpregando como base a calcedonia\, con fíos de prata soldados uns a outros configurará a composición final dunha xoia. Como? Convidámoste a velo en directo na súa demostración de traballo en directo que terá lugar no Mercado con motivo dos Días Europeos da Artesanía 2023. \n  \nActividade: Escaparate Vivente de xoiaría\nAutora: Soledad Mato\nMarca: Soledad Mato\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 1 de abril\nHorario: 11:00 – 13:30 h \n  \nInstagram: @soledadmato\nFacebook: Joyas únicas Soledad Mato \n  \n@artesania_de_galicia\n@xuntadegalicia\n@camino_xacobeo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-xoiaria-_-soledad-mato-2/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/03/escaparate-soledad.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230401T043000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230401T193000
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230316T154101Z
LAST-MODIFIED:20230316T154101Z
UID:10000042-1680323400-1680377400@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de elaboración dunha peza de coiro _ Mocao Artesanía
DESCRIPTION:Traballaches algunha vez o coiro ata deseñar a partir del unha peza única feita por ti? Gustaríache facelo? \nMónica\, da marca Mocao Artesanía\, traballa coa pel de vaca curtida de xeito vexetal. A partir dela deseña e elabora incribles complementos exclusivos que podedes atopar baixo a súa marca Mocao. \nA través deste obradoiro vainos ensinar a darlle forma a unha peza de coiro ata crear a partir dela un complemento sinxelo como é un moedeiro. Un taller divertido no que aprenderemos a ver como a partir dunha pel temos que deseñar e cortar os patróns base que logo ensamblaremos para compoñer o moedeiro final buscado. \nSe tes a inquedanza de saber como se fai este traballo artesanal non dubides en inscribirte nesta formación chamando ou mandando un whatsapp\, ao teléfono: 605 14 12 41. \n  \nActividade: Taller de elaboración dun moedeiro de coiro\nAutora: Mónica Cao\nMarca: Mocao Artesanía\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData:  1 de abril\nHorario: 16:30 – 19:30 h\nReserva a túa praza no teléfono: 605 14 12 41 \n  \nInstagram: @mocaoartesania\nFacebook: MOCAO Artesanía \n  \n@artesania_de_galicia\n@xuntadegalicia\n@camino_xacobeo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-elaboracion-dunha-peza-de-coiro-_-mocao-artesania/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/03/taller-mocao.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230331T160000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230331T200000
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230316T154451Z
LAST-MODIFIED:20230316T154451Z
UID:10000041-1680278400-1680292800@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de Hapa Zome _ Boro
DESCRIPTION:A nosa compañeira Lorena Andrea\, da marca Boro\, proponnos\, con motivo dos Días Europeos da Artesanía\, un taller de Hapa Zome. \nEn que consiste?\nA Hapa Zome é unha técnica sinxela e divertida de Eco Print. \nPor que elixiu Lora esta actividade?\nPorque é un taller que se pode facer en familia e compartindo a tarde cos mais pequenos e pequenas da casa. \nQue imos facer?\nTrataremos de crear unha composición de materiais recollidos da natureza (flores\, plantas…) e pasar as cores destes á tela a base de marteladas. \nAprenderemos a facer unha composición harmónica e conseguir un resultado que despois poidamos conservar e lavar. \nApetéceche este taller con Lora?\nInscríbete chamando ou mandando un whatsapp\, ao teléfono: 605 14 12 41. \n  \nActividade: Taller de Hapa Zome (eco PRINT)\nAutora: Lorena Andrea González\nMarca: Boro\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 31 de marzo\nHorario:\n1ª sesión: 16:00 – 18:00 h\n2ª sesión: 18:00 – 20:00 h \nReserva a túa praza no teléfono: 605 14 12 41 \n  \nInstagram: @boro.tm\nTwitter: Boro TM \n  \n@artesania_de_galicia\n@xuntadegalicia\n@camino_xacobeo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-hapa-zome-_-boro/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/03/taller-lora.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230331T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230331T133000
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230316T155227Z
LAST-MODIFIED:20230316T155227Z
UID:10000043-1680260400-1680269400@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de xoaría _ Asuntos Imaxinarios
DESCRIPTION:Con motivo dos Días Europeos da Artesanía\, Diana de Asuntos Imaxinarios vai facer tamén unha mostra do seu traballo en directo. \nEsta xoieira quere amosarnos diversas técnicas de forxado para elaborar as súas pezas. Poderemos ver como Diana corta formas en láminas de cobre con tesoira ou con cortadora de círculos\, como abranda o metal con lume de soprete para poder darlle forma co martelo sobre unha bigornia e sobre embutidores de madeira de varios tamaños. \nCon todo este traballo ensinaranos finalmente como compoñer a xoia para elaborar uns pendentes e un colgante.\nTemos que sinalar que esta creativa non abandona os seus principios de responsabilidade co planeta e por iso emprega sempre que pode\, materiais que reducen o impacto ecolóxico do seu oficio. \nQueres ver de cerca o traballo desta artista experta en manipular diferentes metais para crear xoias?\nVen a vela no directo: \n  \nActividade: Escaparate Vivente de xoiaría\nAutora: Diana Fraiz\nMarca: Asuntos Imaxinarios\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 31 de marzo\nHorario: 11:00 – 13:30 h \n  \nInstagram: @asuntosimaxinarios\nFacebook: @Asuntos Imaxinarios\nPinterest: Asuntos Imaxinarios \n  \n@artesania_de_galicia\n@xuntadegalicia\n@camino_xacobeo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-xoaria-_-asuntos-imaxinarios/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/03/escaparate-diana.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230330T160000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230330T200000
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230316T154729Z
LAST-MODIFIED:20230316T154729Z
UID:10000044-1680192000-1680206400@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de papelismo _ D Rositas
DESCRIPTION:Charo é a escultora que elabora\, a partir do papel de libros vellos estragados\, as obras de arte que atopamos baixo a súa marca D Rositas. \nCon este taller Charo vainos ensinar os segredos de como dobrar o papel dun libro ata conseguir facer un vaso a partir das súas follas. E unha vez que temos o vaso\, tamén nos mostrará como facer a flor. \nComo resultado final deste obradoiro\, cada persoa levará consigo un vaso e unha flor feitos de papel\, como os da imaxe do cartel. \nAs persoas que teñan un libro a partir do cal lle gustaría facer estas esculturas\, poden traelo\, tendo en conta que como mínimo debe ter un total de 250 páxinas. Quen non teña un libro pensado\, Charo proporciónalle un. \nQue che parece a idea? Toma nota e inscríbete neste taller chamando\, ou mandando un whatsapp\, ao teléfono: 605 14 12 41. \n  \nActividade: Taller de elaboración dun vaso e unha flor de papel\nAutora: Charo Remo\nMarca: D Rositas\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 30 de marzo\nHorario: 16:00 – 20:00 h\nReserva a túa praza no teléfono: 605 14 12 41 \n  \nInstagram: @d_rositas\nFacebook: D Rositas Artesanía en Papel \n  \n@artesania_de_galicia\n@xuntadegalicia\n@camino_xacobeo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-papelismo-_-d-rositas/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/03/taller-charo.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230330T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230330T133000
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230316T155520Z
LAST-MODIFIED:20230316T155520Z
UID:10000045-1680174000-1680183000@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de puntos de calceta _ La con Agarimo
DESCRIPTION:Xa coñecedes á nosa compañeira Desiree da firma La con Agarimo. \nAs agullas e a la son as súas compañeiras de vida. É difícil atopala sen estes elementos nas súas mans (e sen unha cunca de café preto\, todo sexa dito). \nEste tradicional oficio que nos recorda ás nosas avoas tecendo roupa para toda a familia\, moito se fala nos últimos tempos dos seus beneficios terapéuticos. Cada vez mais persoas practican esta técnica artesanal para manter e mellorar a saúde mental. Mantén as mans activas\, a mente áxil e reduce o estrés. E ao final do proceso temos como resultado unha marabillosa prenda para vestirnos\, algo que sempre axuda a autoestima. \nDesiree converteu este oficio no seu medio de vida. Entre as peciñas que elabora podemos atopar prendas para bebés\, para xente adulta e un montón de complementos que nos axudan a facerlle fronte ao frío. \nQueres ver como traballa a nosa compañeira?\nCon motivo dos Días Europeos da Artesanía podemos vela traballando en directo a través do seu Escaparate Vivente. Anota: \n  \nActividade: Escaparate Vivente de calceta\nAutora:  Desiree Díaz Mallo\nMarca: La con agarimo\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 30 de marzo\nHorario: 11:00 – 13:30 h \n  \nInstagram: @laconagarimo\nFacebook: @La con Agarimo \n  \n@artesania_de_galicia\n@xuntadegalicia\n@camino_xacobeo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-puntos-de-calceta-_-la-con-agarimo/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/03/escaparate-desi.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230329T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230329T133000
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230310T134436Z
LAST-MODIFIED:20230310T134436Z
UID:10000046-1680087600-1680096600@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de confección téxtil _ Nobelo a nobelo
DESCRIPTION:María\, da marca Nobelo a nobelo\, é a nosa experta en bordado artesanal. Empregando a súa aprendizaxe e destrezas\, cunha agulla e fíos de cores\, crea auténticas obras de arte sobre pezas téxtiles que ela mesma deseña e confecciona cosendo á man ou coa axuda dunha máquina de coser. Esta é a faceta que mais nos mostra e a nós a que mais nos gusta ver. Mais desta volta vainos ensinar o proceso de confección e cosido da peza. \nPara a nosa compañeira María\, ver retallos de tela non é ver sobrantes para tirar ao lixo\, senón un montón de texturas e cores de diferentes tecidos que se poden combinar entre si para facer unha peza xenial e exclusiva. \nA través deste Escaparate Vivente\, con motivo dos Días Europeos da Artesanía 2023\, vai ensinar como a partir de retallos téxtiles\, elabora carteiras únicas\, irrepetibles. Verémola traballar coa máquina de coser en vivo e en directo\, no propio escaparate do Mercado. \nVen a vela e pregúntalle cantas curiosidades teñas sobre o seu traballo. \nToma nota: \n  \nActividade: Escaparate Vivente de costura creativa\nAutora:  María Gaiteiro\nMarca: Nobelo a nobelo\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 29 de marzo\nHorario: 11:00 – 13:30 h \n  \nInstagram: @nobelo_a_nobelo\nFacebook: Nobelo a nobelo\, tecidos\, merceria \n  \n@artesania_de_galicia\n@xuntadegalicia\n@camino_xacobeo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-confeccion-textil-_-nobelo-a-nobelo/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/03/escaparate-nobelo.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230328T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230328T133000
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230310T125551Z
LAST-MODIFIED:20230310T125551Z
UID:10000048-1680001200-1680010200@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de pintura creativa sobre coiro _ Dona Formiguinha
DESCRIPTION:Nerea\, da marca Dona Formiguinha\, é unha artesá da Estrada que traballa o coiro. \nAparte de ser unha das persoas integrantes deste colectivo Creativas Galegas e ter o seu produto á venda no Mercado Galego da Creatividade\, tamén ten unha tenda-obradoiro no seu pobo\, A Estrada (Rúa de Don Nicolás\, nº 12). Desde alí\, coa axuda da súa compañeira Carmen\, deseña e confecciona artigos de coiro coas súas propias mans. \nSe por algo se caracterizan as súas pezas é polo uso de peles de moitas cores (para darlle vida\, personalidade e frescura aos complementos) e utiliza peles de curtido natural ou vexetal (curtido da pel con taninos que se producen naturalmente na codia de árbores como o castiñeiro\, o carballo\, o cereixo\, o quebracho…\, en vez de con cromo\, que permite un curtido mais rápido pero moi contaminante). \nQueres coñecer curiosidades sobre o traballo desta artesá?\nPois inauguramos os Días Europeos da Artesanía 2023 co seu Escaparate Vivente. Nesta demostración de traballo en directo vainos ensinar a pintar a man alzada\, con pincel\, un debuxo sobre as pezas de coiro que ela mesma elabora. Para iso vai unhas pinturas específicas. \nQueres saber mais?\nVen a vela no directo e ela mesma che conta encantada os procesos do seu traballo. \n  \nActividade: Escaparate Vivente de pintura sobre peza de coiro\nAutora:  Nerea Herrera\nMarca: Dona Formiguinha\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 28 de marzo\nHorario: 11:00 – 13:30 h \n  \nInstagram: @donaformiguinha_galicia\nFacebook: @Dona Formiguinha \n  \n@artesania_de_galicia\n@xuntadegalicia\n@camino_xacobeo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-pintura-creativa-sobre-coiro-_-dona-formiguinha/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/03/escaparate-nerea.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230327
DTEND;VALUE=DATE:20230403
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230316T160938Z
LAST-MODIFIED:20230316T160938Z
UID:10000047-1679875200-1680479999@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Días Europeos da Artesanía
DESCRIPTION:A celebración dos Días Europeos da Artesanía ten lugar do 27 de marzo ao 2 de abril. \nEsta iniciativa está promovida pola Escola de Organización Industrial (EOI)\, a través da súa área de promoción da artesanía (Fundesarte)\, e pola Organización de Artesanos de España (Oficio e Arte). \nO obxectivo destes Días da Artesanía é mostrar as singularidades dos procesos de traballo nos diferentes eidos e oficios da artesanía. Coñecer as ferramentas que se empregan a día de hoxe\, por que\, a filosofía que marca o traballo final dunha persoa que continúa os oficios e tradicións dun pobo\,  os materiais que utiliza\, como se vai reformulando e adaptando no tempo… Para iso\, ao longo dunha semana\, celébranse en diferentes puntos\, actividades de balde\, abertas a todo o público\, para que calquera persoa curiosa se poida achegar e coñecer a estes profesionais do traballo feito á man. \nCreativas Galegas súmase a estas demostracións de traballo en directo a través dos Escaparates Viventes e os talleres que imos impartir da man de diferentes profesionais. \nOnde?\nNo Mercado Galego da Creatividade 🎨 \nCon estas actividades demostrativas queremos visibilizar a gran riqueza de oficios que se manteñen vivos ao longo do tempo\, o valor que ten a artesanía e á xente profesional que está detrás da conservación das nosas artes e tradicións. \nCada vez mais persoas estamos cansas da estandarización de canto consumimos e buscamos a innovación\, a exclusividade\, o deseño\, a calidade\, que nos sorprendan e as experiencias de compra únicas\, próximas e humanas. Isto é algo só a artesanía e os comercios locais podemos ofrecer. \nNon te perdas a nosa axenda de actividades! \n@artesania_de_galicia\n@xuntadegalicia\n@camino_xacobeo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/dias-europeos-da-artesania/
CATEGORIES:Eventos
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/03/cartel-dias-artesania.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230321T100000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230321T120000
DTSTAMP:20260428T210437
CREATED:20230316T162144Z
LAST-MODIFIED:20230316T162144Z
UID:10000049-1679392800-1679400000@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Encontros Emprendedores _ Axenda Urbana 2030
DESCRIPTION:Continúa o ciclo de Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030! 🥳 \nNeste segundo encontro abordaremos o modelo de cidade do futuro\, da man das reflexións e experiencia de Mercedes Vázquez Bartomeu\, historiadora e veciña do barrio de San Pedro\, e Luciano González Alfaya\, arquitecto e planificador de estratexias territoriais para a transformación urbana sostible. \nMediante unha conversa desde ámbalas perspectivas\, poremos en común diversos aspectos que constrúen a cidade dende a participación cidadá e a ordenación do territorio 🤝 \nQueres participar?\nAnota! \n  \nO segundo Encontro Emprendedor: \n_ Obxectivo: O modelo de cidade do futuro. \nCarme Casado Casado\nResponsable Promoción Económica en CERSIA Empresa (Concello de Santiago)\nContextualización breve da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela \nMercedes Vázquez Bartomeu\nHistoriadora e veciña de Compostela \nLuciano González Alfaya\nArquitecto e planificador de estratexias territoriais\n \nCompartiremos en colectivo as ideas arredor da temática a través dunha dinámica participativa. \n_Día: martes\, 21 de marzo de 2023.\n_Hora: 10.00 – 12.00 h.\n_Lugar: Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas). Rúa da Caldeirería\, 36 – Santiago. \nInscrición á xornada: https://forms.gle/fgak9d2PoKPJnrwx6 \nContacto: encontrosaxendaurbana2030@gmail.com
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/encontros-emprendedores_axenda-urbana-2030-2/
CATEGORIES:Eventos
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/03/Cartel_Axenda.jpg-10.png
END:VEVENT
END:VCALENDAR