BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Creativas Galegas - ECPv6.3.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Creativas Galegas
X-ORIGINAL-URL:https://creativasgalegas.gal
X-WR-CALDESC:Events for Creativas Galegas
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20231121
DTEND;VALUE=DATE:20231204
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20231120T184929Z
LAST-MODIFIED:20231120T184929Z
UID:10000145-1700524800-1701647999@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pintura _ Jaqueline Elizabeth
DESCRIPTION:Baixo o título de ‘Mosaicos’ expón Jaqueline a súa nova colección de acuarelas. Un conxunto de pinturas que nos  nun mergulle nun microcosmos de cor e formas suxestivas e persoais. \nSubliña\, a través das súas acuarelas\, a importancia dos pequenos detalles como base imprescindible sobre a que se sustenta cada momento da vida.  \n“Cada representación\, como cada latexo do corazón\, dá vida ao conxunto que forma o mosaico final da colección. Unha composición de formas xeométricas e imaxes evocadoras que nos falan de conceptos como a unión ou a proximidade.\nEste conxunto\, esta exhibición\, é unha invitación a celebrar a vida a través das cores\, das formas e da beleza.” \nTítulo da exposición: ‘Mosaicos’\nTécnica: acuarela\nAutora: Jaqueline Elizabeth\nMarca: Jaqueline Elizabeth\nLugar da exposición: Mercado galego da Creatividade\nData: 21 de novembro – 3 de decembro
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-pintura-_-jaqueline-elizabeth/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/11/EXPOSICION-Jackeline-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231118T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231118T130000
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20231101T163725Z
LAST-MODIFIED:20231101T163725Z
UID:10000012-1700305200-1700312400@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de elaboración dunha vela aromática _ BJ Candle Studio
DESCRIPTION:Aprende a crear a túa propia vela aromática neste taller e pasa un rato divertido! \nNel ensinarémosche a facer unha vela desde o cero da man de Elena de BJ Candle Studio. \nElena explicarache os distintos tipos de cera\, mechas e fragrancias. Veremos como diferencialas e as claves para usar unhas ou outras. \nElena ten unha ampla experiencia na elaboración de velas aromáticas con cera de soia. E desde o seu estudio en Santiago de Compostela crea velas de estilo minimalista con fragrancias exclusivas\, e que agora ti tamén poderás a facer!!! \nAo finalizar levaraste: \n\nUnha vela feita por ti.\nUn resumen do proceso paso a paso.\nUnha lista de tendas e provedores en liña.\n\nApúntate e vive a experiencia de crear a túa propia vela! \nActividade: Taller de elaboración dunha vela aromática\nAutora: Elena Mahía\nMarca: BJ Candle Studio\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 18 de  novembro\nHorario: 11:00 – 13:00 h\nPrezo:40 € (todos os materiais incluídos) \nMerca o teu taller aquí Mercar  \n  \nSe queres coñecer máis sobre BJ Candle Studio\, fai clic aquí: \nWeb: https://www.etsy.com/shop/bjcandlestudio/\nFacebook: BJ Candle Studio\nInstagram: @bjcandlestudio\nPinterest: @BJCandleStudio
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-elaboracion-dunha-vela-aromatica-_-bj-candle-studio/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/11/Foto-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231111T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231111T143000
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20231101T121906Z
LAST-MODIFIED:20231101T121906Z
UID:10000013-1699700400-1699713000@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de creación dun selo artesanal para estampar sobre papel ou téxtil _ amorote printing workshop
DESCRIPTION:En que consiste o block printing? \nÉ unha das técnica de estampaxe manual mais tradicionais e versátil e consiste estampar unha tea ou o papel por exemplo cun selo de madeira. \nE que imos facer neste obradoiro? \nAparte de desfrutar dunha xornada traballando coas nosas propias mans\, aprenderemos nocións básicas de deseño e creación dun selo para estampar sobre distintos soportes. Coñeceremos algunhas das marabillosas posibilidades e aplicacións que ten esta técnica. \nFamiliarizarémonos cos materiais básicos que se empregan nesta técnica. \nAprenderemos a diferenciar os diferentes tipos de estampados: posicional\, allover\, lineal… \nFalaremos das diferentes tintas que atopamos no mercado e as mais axeitadas segundo as aplicacións que lle queremos dar. \nDesfrutaremos estampando co noso propio selo creado no taller e cunha ou varias cores. \nAo final do obradoiro levarás o teu selo deseñado por ti e unha peza téxtil e papel impresa co estampado que ti lle queiras dar. \nDuración do obradoiro: \nEsta formación ten unha duración 3\,5 horas para que nos dea tempo a aprender todos os pasos necesarios para reproducir os deseños de cada participante. \nQue debes saber de antemán para inscribirte no taller? \nNon é necesario saber debuxar nin ter coñecementos básicos de técnicas de impresión sobre diferentes soportes. \nO taller está recomendado para persoas de mais de 12 anos que teñen a inquietude de crear os seus propios deseños e estampalos. \n  \nActividade: taller de creación de un selo artesanal para estampar sobre papel e téxtil\nAutora: Sandra de Rego\nMarca: amorote printing workshop\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 11 de  novembro\nHorario: 11:00 – 14:30 h\nPrezo: 45 € (todos os materiais incluídos) \nReserva a túa praza chamando ao teléfono: 664 66 91 33 / 605 141 241 \nCoñece a Sandra e á súa marca: amorote printing workshop: \nWeb: https://amorote.com/\nFacebook: Amorote printing workshop\nInstagram: @amoroteprintingworkshop
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-creacion-dun-selo-artesanal-para-estampar-sobre-papel-ou-textil-_-amorote-printing-workshop/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/11/imaxe-web-copia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20231024
DTEND;VALUE=DATE:20231105
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20231021T201236Z
LAST-MODIFIED:20231021T201236Z
UID:10000014-1698105600-1699142399@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de escultura de poriestireno _ Napalmadaman
DESCRIPTION:Inauguramos unha nova exposición no Mercado. Unha vez mais\, abrimos as portas para marabillarnos\, en vivo e en directo\, co traballo do noso compañeiro Juan.  \nXa vos contamos noutras ocasións\, o compromiso deste creativo á hora de reducir a cantidade de lixo que desbotamos\, coidar o planeta e conseguir deixar a menor pegada posible nel. \nE como o consegue? \nAs súas coleccións de obras caracterízanse\, ademais de por orixinalidade e deseño\, polo compromiso e a responsabilidade de Juan de traballar reciclando materiais como o polistireno expandido ou cortiza branca. \nCantos paquetes chegan aos nosos fogares a diario? Canto recheo ven nesa paquetería e vai directamente ao lixo\, estando en perfecto estado? E que podemos facer con el para empregalo en algo útil e non tiralo?\nEstas preguntas son as que fixo Juan antes de poñer en marcha a súa marca: Napalmadaman. E tamén se fixou en que un dos materiais mais abundantes como protector e illante é o polistireno expandido (coñecido popularmente como poliespan). Un material moi usado para embalar electrodomésticos\, materiais de obra…\, que chega impecable ao seu destino e así de intacto vai directo ao lixo. De aquí xorde a idea do proxecto. \nDesde ese momento no que xorde a inspiración\, son moitos os e moi diferentes os produtos que Juan foi creando. Mais sempre poñendo como material base para cada un deles o polistireno expandido\, e a luz\, como protagonista dos mesmos. \nEste creativo autodidacta\, xa leva mais de seis anos co seu proxecto\, sustentado na reciclaxe de materiais e apostando por unha verdadeira economía circular. \nConvidámosvos a ver este seu último traballo\, a elegancia coa que xoga coa luz e como\, a partir dun bo deseño e moita creatividade\, converte o polistireno nunha escultura de deseño exclusivo. \n  \nTítulo da exposición: “Icopor”\nTécnica: corte de polistireno expandido coa técnica do fío quente para crear os obxectos coas formas que queremos. Con rascadeira de arame\, pistolas de aire quente e coitelas\, dálle a textura final buscada.\nAutor: Juan Lens\nMarca: Napalmadaman\nLugar da exposición: Mercado galego da Creatividade\nData: 24 de outubro – 4 de novembro \n  \nInstagram: @napalmadaman \nFacebook: @Napalmadaman \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-escultura-de-poriestireno-_-napalmadaman/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/10/Web-expo-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231021T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231021T140000
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20231009T204901Z
LAST-MODIFIED:20231009T204901Z
UID:10000015-1697886000-1697896800@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de elaboración de baixela de terrazo con ecoresina _ Matinée Club Creative
DESCRIPTION:Achegamos unha nova proposta de taller. \nAs responsables da idea e da formación son as nosas compañeiras: Olalla Borrego e Claire- Marie Aubert. Dúas creativas que teñen como propósito ensinarnos a elaborar unha bandexa de terrazo a partir de ecoresina. \nNesta experiencia mergullarémonos en técnicas básicas do deseño para aprender a crear diferentes obxectos decorativos e sen necesidade de forno. Aprenderemos a traballar coa resina para facer texturas e darlle a forma que queremos ás nosas pezas. \nAprenderemos a: \n\nUsar a resina mineral\, un compoñente libre de tóxicos e con base de auga.\nMesturar pigmentos para a paleta de cores que desexamos conseguir.\nCrear as texturas do terrazo (chips).\nPreparar un molde para crear pezas como a nosa bandexa e outros obxectos.\nSecado e lixado.\nAplicar un fixador.\n\nAo final do taller\, levarás unha peza\, creada desde cero\, coas túas propias mans! \n  \nAquí deixamos mais detalles desta formación: \nTaller de: Creación de bandexa de terrazo con ecoresina\nTécnica: mistura de compoñentes\, pigmento e texturas para a creación dunha bandexa con molde\nFormadoras: Olalla Borrego e Claire-Marie Aubert\nMarca: Matinée Club Creative\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas do taller: 21 de outubro\nHorario: 11:00 – 14:00 h\nCusto do taller: 60 € (todos os materiais incluídos) \n  \nReserva a túa praza escribindo un correo electrónico a: hola.matineeclub@gmail.com \nContacta coas formadoras:\n_ Correo electrónico: hola.matineeclub@gmail.com\n_ Teléfono: +34 652217804 / +34 722458939 \n  \nCoñece o traballo de @matinee_creativeclub \nInstagram: @maitane_creativeclub \n \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-elaboracion-de-baixela-de-terrazo-con-ecoresina-_-matinee-club-creative/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/10/bandexa.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231017T100000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231017T120000
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20231003T214504Z
LAST-MODIFIED:20231003T214504Z
UID:10000016-1697536800-1697544000@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Encontros Emprendedores _ Axenda Urbana 2030
DESCRIPTION:A Gobernanza é un eixo transversal ao longo da Axenda Urbana 2030\, que ten por obxectivo promover a participación social e cidadá sobre as cuestións de interese para a veciñanza. \nO ciclo de Encontros Emprendedores celebra a súa penúltima xuntanza o martes 17 de outubro\, ás 10h\, no Espazo Galego da Creatividade. Do mesmo xeito que en anteriores citas\, o Encontro Emprendedor enmarcarase nunha experiencia empresarial que pon en práctica o eixo da gobernanza\, tanto na súa estrutura como na actividade que desenvolve. \nNesta ocasión\, Coop57 Galiza dará a coñecer a súa organización coas persoas asistentes. Coop57 Galiza é unha cooperativa formada por persoas e entidades que ofrece servizos financeiros éticos e solidarios\, co obxectivo principal de contribuír para a transformación social positiva da economía e da sociedade. \nComo entidade\, Coop57 Galiza pon en práctica os valores de democracia interna\, participación e auto-organización\, prestando servizos dende o ano 2009. \nUnha vez compartida a actividade de Coop57\, desenvolverase un espazo participativo no que as persoas asistentes reflexionen sobre a gobernanza e a participación social. Como en cada Encontro Emprendedor\, Creativas Galegas ofrecerá un almorzo con produtos galegos. \n  \nO noveno Encontro Emprendedor: \n_ Obxectivo: A Gobernanza\n“Coop57 Galiza: rede de persoas e entidades por uns servizos financeiros éticos e solidarios” \nCarme Casado Casado\nResponsable Promoción Económica en CERSIA Empresa (Concello de Santiago)\nContextualización breve da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela \nAntón Insua López\nCoop57 Galiza \n_Día: martes\, 17 de outubro de 2023.\n_Hora: 10.00 – 12.00 h.\n_Lugar: Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas). Rúa da Caldeirería\, 36 – Santiago. \nInscrición á xornada: https://forms.gle/e3KmT7zXCbXznxY3A \nContacto: encontrosaxendaurbana2030@gmail.com \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/encontros-emprendedores-_-axenda-urbana-2030-7/
CATEGORIES:Eventos Colaborativos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/10/Cartel-Web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20231010
DTEND;VALUE=DATE:20231022
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20231010T163430Z
LAST-MODIFIED:20231010T163430Z
UID:10000017-1696896000-1697932799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de xoiaría botánica artesanal _ Malas Herbas
DESCRIPTION:Malas Herbas é a marca de Miguel e Paula. Neste proxecto de xoiaría botánica artesanal\, como o seu nome indica\, as consideradas malas herbas\, teñen un protagonismo especial. Mais\, por que? \nAs malas herbas crecen omnipresentes en todos os lugares do planeta e molesten a quen molesten\, contribúen á identidade dun lugar e fano cunha actitude irreverente fronte ao mundo. É esa actitude e fortaleza o que nos motiva a soñar con outras realidades\, e a crear as nosas pezas dunha forma consciente e respectuosa co entorno e a natureza. \nIncluso se falamos dunha dimensión social\, son para nós exemplo e reivindicación de todo aquilo que existe\, aínda que de vez en cando incomode. \nMarabíllanos a súa beleza pura e salvaxe. Por iso as nosas xoias deben resaltar a súa fermosura natural\, tanto estética como artística. \nCoa Natureza por bandeira\, e sen maior afán que o de desenvolver unha vida plena\, perseguimos a beleza por todo o planeta\, alá onde se queira esconder. Ás veces mesmo a atopamos… \nEmpregando diferentes técnicas artesanais\, Paula e Miguel\, combinan elementos como follas\, froitos\, setas… con resinas e metais\,  e crean pezas únicas reflexo da beldade da propia natureza. \nTras bailar e vagar polo mundo erraticamente\, decidiron aunar os seus recursos para crear este proxecto. Servíronse para iso dos seus estudos e vivenzas nos eidos das artes e a bioloxía\, e nace así: ‘Malas Herbas’. \n  \nTítulo da exposición: ‘A través das Malas Herbas’\nTécnicas de traballo: Macramé\, recollida e procesamento de elementos da natureza\, emprego de resinas epoxi e resinas UV e combinación de todo isto con metais como a prata ou o latón.\nAutores da exposición: Miguel Martínez Parada e Paula Navarro Moreno.\nMarca: Malas Herbas.\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade.\nData: 10 – 21 de setembro. \n  \nInstagram: @malasherbasartesania\nFacebook: Malas Herbas 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-xoiaria-botanica-artesanal-_-malas-herbas/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/10/web-expo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230926
DTEND;VALUE=DATE:20231008
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20230925T100051Z
LAST-MODIFIED:20230925T100051Z
UID:10000143-1695686400-1696723199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pintura _ Silvia G. Armesto
DESCRIPTION:“Paisaxes e figuras” é o título que acompaña a colección de obras de Silvia G. Armesto\, desde os seus inicios na Facultade de Belas Artes de Barcelona. Desde entón\, Silvia suma ás súas costas unha longa traxectoria de reflexións a través da pintura figurativo-expresionista. \nRepresentando paisaxes e figuras\, a artista atopou a linguaxe idónea coa que expresar as súas visións\, experiencias e emocións. Para iso\, sérvese de técnicas como o óleo\, a acuarela\, o acrílico ou o debuxo a carbón. \nParte desas paisaxes\, protagonistas das súas pinturas\, están inspiradas en lugares emblemáticos para a pintora como é Cervantes (Lugo)\, pola súa orixe materna. Unha zona xeográfica pertencente aos Ancares\, cuxas xentes\, camiñantes das súas aldeas\, son persoeiros principais do seu imaxinario. \nUnha obra pictórica\, paisaxística e humanista\, onde o mar Mediterráneo e o océano Atlántico\, tan diferentes e poderosos\, gozan de forte presencia. \nNesta colección de pinturas\, amosarei un percorrido polas obras realizadas no último ano. Incluirei ademáis\, obras doutras décadas co fin de completar a mensaxe e a lectura das miñas emocións e o meu pracer por pintar e pensar. \nAs miñas obras reflicten a miña constancia no silencioso mundo da pintura. Unha arte que\, independentemente do seu éxito\, desexo contribuír a súa difusión e presentala como o que realmente é: un profundo diálogo do/a artista consigo mesmo/a e unha reflexión deste/a sobre os elementos e as circunstancias que o/a rodean. \n  \nTítulo da exposición: “Paisaxes e figuras”\nTécnicas: óleo\, acuarela\, debuxo a carbón e tintas\nAutora da exposición: Silvia G. Armesto\nMarca: Silvia G. Armesto\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 26 de setembro – 7 de outubro \n  \nInstagram: @silvia.g.armesto\nFacebook: Silvia G. Armesto
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-pintura-_-silvia-g-armesto/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/09/Plantilla_carteles-eventos-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230923T160000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231007T190000
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20230921T151635Z
LAST-MODIFIED:20230921T151635Z
UID:10000144-1695484800-1696705200@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de Encadernación _ Legendary Tales Editions
DESCRIPTION:Seguimos tendo solicitudes deste taller así que de novo\, María\, organiza unha edición do obradoiro de encadernación. Legendary Tales Editions é a marca que o imparte. \nO obxectivo desta formación é aprender a elaborar o noso propio block de notas de tapa dura. \nAprenderemos a: \n\nFacer un cosido de follas coa técnica da caneta francesa.\nEncadernación dun block de tapa dura.\nDouraremos as follas.\nColocar gardas para protexer o contido.\nE a dar o toque final especial: decoraremos con motivos dourados\, lettering ou debuxos dourados con punta térmica.\n\nEmpregaremos papel de alta calidade para crear o corpo do noso libriño e remataremos cunha encadernación monocromo ou a dous tons\, segundo queiramos personalizalo. Imos ter ao noso dispor unha ampla variedade de papeis especiais que nos axudan nesa personalización. \nA duración do taller son tres sesións de tres horas. \n  \nAquí deixamos mais detalles desta formación: \nTaller de: Encadernación dun block con tapa dura\nTécnica: decoración con lettering e debuxos con punta térmica e dourado das follas\nFormadora: María Ramírez\nMarca:  Legendary Tales Editions\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nDatas do taller (duración de 3 días): sábado\, 23 de setembro / 30 de setembro / 7 de outubro\nHorario: 16:00 – 19:00 h\nCusto do taller: 85 € (todos os materiais incluídos) \n  \nReserva a túa praza aquí: https://www.legendarytaleseditions.art \nContacta coa formadora:\n_ Correo electrónico: legendarytaleseditions@gmail.com\n_ Teléfono: 644 949 390 \n  \nCoñece o traballo de María: \nInstagram: @legendary_tales_editions \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-encadernacion-_-legendary-tales-editions-3/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/09/Plantilla_carteles-eventos-web-5.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230923T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231007T140000
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20230906T170153Z
LAST-MODIFIED:20230906T170153Z
UID:10000018-1695466800-1696687200@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de Encadernación _ Legendary Tales Editions
DESCRIPTION:Polo éxito que tivo\, e as solicitudes que nos achegastes para organizar unha nova edición\, acollemos de novo no Mercado o taller de encadernación de María Ramírez\, de Legendary Tales Editions. \nEste obradoiro ten como obxectivo aprender a elaborar o noso propio block de notas de tapa dura. \nAprenderemos a: \n\nFacer un cosido de follas coa técnica da caneta francesa.\nEncadernación dun block de tapa dura.\nDouraremos as follas.\nColocar gardas para protexer o contido.\nE a dar o toque final especial: decoraremos con motivos dourados\, lettering ou debuxos dourados con punta térmica.\n\nEmpregaremos papel de alta calidade para crear o corpo do noso libriño e remataremos cunha encadernación monocromo ou a dous tons\, segundo queiramos personalizalo. Imos ter ao noso dispor unha ampla variedade de papeis especiais que nos axudan nesa personalización. \nA duración do taller son tres sesións de tres horas. \n  \nAquí deixamos mais detalles desta formación: \nTaller de: Encadernación dun block con tapa dura\nTécnica: decoración con lettering e debuxos con punta térmica e dourado das follas\nFormadora: María Ramírez\nMarca:  Legendary Tales Editions\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nDatas do taller (duración de 3 días): sábado\, 23 de setembro / 30 de setembro / 7 de outubro\nHorario: 11:00 – 14:00 h\nCusto do taller: 85 € (todos os materiais incluídos) \n  \nReserva a túa praza aquí: https://www.legendarytaleseditions.art \nContacta coa formadora:\n_ Correo electrónico: legendarytaleseditions@gmail.com\n_ Teléfono: 644 949 390 \n  \nCoñece o traballo de María: \nInstagram: @legendary_tales_editions \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-encadernacion-_-legendary-tales-editions-2/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/09/Plantilla_carteles-eventos-web-3.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230919T100000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230919T120000
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20230906T100038Z
LAST-MODIFIED:20230906T100038Z
UID:10000019-1695117600-1695124800@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Encontros Emprendedores _ Axenda Urbana 2030
DESCRIPTION:O ciclo de Encontros Emprendedores celebra a súa vindeira xuntanza o día 19 de setembro\, ás 10:00 h\, no Mercado Galego da Creatividade. Os Encontros Emprendedores presentan iniciativas innovadoras en liña cos eixos da Axenda Urbana 2030\, que dan resposta aos retos identificados pola cidadanía de cara aos vindeiros anos. \nEn setembro presentarase a iniciativa “El camino ESS”\, un proxecto de cooperación dentro e fóra de Galicia para repensar un turismo máis sostible e responsable cos territorios e as persoas. REAS Galicia compartirá coas persoas asistentes esta proposta de turismo alternativo que aspira a fortalecer o tecido cooperativo ao longo do territorio. \nEl camino ESS está a impulsar unha rede de iniciativas cooperativas que facilitará a sustentabilidade no tempo dun turismo alternativo\, no que as persoas e o desenvolvemento responsable do territorio estean no centro. Ademais\, apóstase por potenciar a Economía Solidaria\, dándolle visibilidade a través do sector turístico. Proxectos culturais locais\, medioambientais\, cooperativas de desenvolvemento ou de creación artesá serán algunhas das iniciativas empresariais que compoñen esta rede\, que sacará partido do mundo dixital para amplificar o seu alcance. \nUnha vez desenvolta a presentación\, proponse un espazo participativo no que as persoas asistentes reflexionemos sobre a necesidade de sacar partido das ferramentas dixitais para propoñer alternativas sostibles e respectuosas cos territorios. Como en cada Encontro\, Creativas Galegas ofrecerá un almorzo con produtos galegos. \n  \nO oitavo Encontro Emprendedor: \n_ Obxectivo: Era dixital\n“El Camino ESS”: unha rede de iniciativas da Economía Social e Solidaria para un turismo sostible e responsable” \nCarme Casado Casado\nResponsable Promoción Económica en CERSIA Empresa (Concello de Santiago)\nContextualización breve da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela \nRaquel Calleja e Lucía Santiago\nREAS Galicia \n_Día: martes\, 19 de setembro de 2023.\n_Hora: 10.00 – 12.00 h.\n_Lugar: Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas). Rúa da Caldeirería\, 36 – Santiago. \nInscrición á xornada: https://forms.gle/JMakaHRaWhd4aUw36 \nContacto: encontrosaxendaurbana2030@gmail.com \n  \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/encontros-emprendedores-_-axenda-urbana-2030-6/
CATEGORIES:Eventos Colaborativos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/09/Plantilla_carteles-eventos-web-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230912
DTEND;VALUE=DATE:20230925
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20230911T100007Z
LAST-MODIFIED:20230911T100007Z
UID:10000020-1694476800-1695599999@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de deseño e impresión 3D con madeira _ Miramoura
DESCRIPTION:Álex e Carmen\, son as persoas que están detrás da marca Miramoura. Deseño\, innovación e responsabilidade\, son os adxectivos que mellor definen este proxecto. \nMiramoura é unha marca de produtos deseñados e producidos de xeito consciente e responsable. Fusionamos calidade\, técnica e innovación\, para deseñar obxectos funcionais e duradeiros que podemos empregar en tendas e fogares. Cremos que é preciso un modelo de consumo máis sostible\, no que as cousas duran máis\, son reparables e versátiles. \nO noso día a día está cheo de elementos como táboas de cortar\, bandexas\, cadeiras\, tallos\, mesas e pequenos utensilios que enchen os nosos escritorios\, estantes e mesados da cociña. Algúns deles son complexos\, tecnolóxicos\, e outros\, son tan simples como unha culler de madeira. Obxectos que son decorativos ou funcionais (e idealmente\, ambos). \nDefendemos encher os nosos fogares e comercios de cousas útiles\, fáciles de usar e fabricadas de forma responsable. Ata que conseguimos isto\, preocupámonos por incorporar materiais locais\, recuperados ou de baixo impacto medioambiental\, deseños duradeiros e unha estética agradable. Gústanos dar o toque de personalización\, algo que facilitan técnicas como a impresión 3D e que acabou converténdose na nosa gran aliada. \nMiramoura xurdiu das necesidades que atopamos nós mesmos e os clientes dos diferentes servizos que presta a nosa cooperativa\, Despunte. Principalmente son profesionais ou axencias de comunicación e decoradoras que nos falaban da necesidade de produtos sinxelos\, duradeiros\, elaborados con mimo e personalizables; pequenos mobles funcionais\, de materiais moi concretos e con posibilidade de conseguilos sen recorrer a solucións moi custosas ou á compra en liña e de baixa calidade. \nObservamos dous aspectos clave: o primeiro\, a importancia dos materiais. A madeira tiña un papel protagonista en case todos os proxectos e sempre se complementaba con alternativas de baixo impacto medioambiental. O segundo\, a personalización. \nComezamos con pedidos personalizados e fomos en paralelo construíndo un catálogo de pequenos mobles para tendas e fogares conscientes. Encántanos participar en iniciativas creativas coas que seguir desenvolvendo ideas coma: o Desafío de Innovación Frugal Francis no marco do programa H2020. \nTodos os nosos produtos están deseñados e fabricados preto de Santiago\, no noso propio taller\, e sobre todo\, a partir de madeira\, materiais recuperados ou rescatados e filamento vexetal como é o PLA. Algúns artigos están listos para mercar: bandexas\, expositores\, tallos\, mesas auxiliares… Outros\, xorden de encargos personalizados\, tanto para fogares como para establecementos\, por parte de particulares ou profesionais que nos establecen novos retos e deseños. Esta é a nosa parte favorita! \n  \nTítulo da exposición: Madeira e impresión 3D\, unha combinación irresistible!\nTécnicas: deseño 3D\, impresión 3D\, carpintaría de madeira\, reciclaxe.\nAutores da exposición: Alejandro García Soto e Carmen Araquistain Portela (Despunte).\nMarca: Miramoura.\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade.\nData: 12 – 24 de setembro. \n  \nInstagram: @miramoura.despunte
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-deseno-e-impresion-3d-con-madeira-_-miramoura/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/09/Miramoura.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230829
DTEND;VALUE=DATE:20230911
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20230828T085252Z
LAST-MODIFIED:20230828T085252Z
UID:10000021-1693267200-1694390399@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pezas de patchwork _ Annabel Martínez
DESCRIPTION:Abrimos unha nova exposición. Nesta ocasión queremos amosarvos o traballo da nosa compañeira Annabel Martínez\, cuxa marca leva o seu nome. \nA miña avoa enfiou o camiño das mulleres da súa descendencia e todas elas son modistas de profesión. \nA pesar de pertencer a esta saga e estar rodeada de teas\, retallos e fíos  desde moi pequena\, Annabel quixo emprender o seu propio camiño\, aproveitando toda a aprendizaxe familiar que foi absorbendo desde ben nena. \nTodo comezou vendo á súa irmá crear adornos de Nadal\, sen agulla\, coa técnica do patchwork. Ese día espertou o seu interese pola artesanía téxtil. Nace así a que será a súa paixón. \nEsta técnica artesanal xorde como unha necesidade de recuperar e reciclar tecidos para convertelos en novos artigos útiles tanto para vestirnos nós como para os nosos fogares. Annabel recuperou esta modalidade de costura artesanal para deseñar e confeccionar marabillosos bolsos e complementos con diferentes tecidos. Como a súa inspiración xorde da propia natureza\, atopamos nas súas pezas cores cálidas e tecidos naturais. \nPezas únicas\, atemporais\, feitas paseniñamente con moito agarimo e uns acabados con tal delicadeza de traballo que moitos dos seus bolsos son reversibles. \nNesta exposición imos ter a oportunidade de coñecer todo o seu percorrido como artesá\, desde a creación de fantásticos adornos de Nadal ata a súa colección de bolsos mais recente. \nSigo o fío que marcou o meu camiño! \n  \nTítulo da exposición: “Sigo o fío que marcou o meu camiño”\nTécnica: patchwork\nAutora da exposición: Ana Isabel Martínez\nMarca: Annabel Martínez\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 29 de agosto – 10 de setembro \n  \nInstagram: @annabel_martinez_ds \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-pezas-de-patchwork-_-annabel-martinez/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/08/Plantilla_carteles-eventos-web-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230822
DTEND;VALUE=DATE:20230823
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20230807T131526Z
LAST-MODIFIED:20230807T131526Z
UID:10000022-1692662400-1692748799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Encontros Emprendedores _ Axenda Urbana 2030
DESCRIPTION:Continúan os Encontros Emprendedores no verán!\nDesta volta\, convidámosvos o martes 22 de agosto\, entre as 11:00 – 13:00 h\, no Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas).\nA asistencia é gratuíta\, previa inscrición neste formulario en liña: https://forms.gle/SYnB2bf1o3BAUxwZ7 \nEsta sesión xirará entorno á vivenda\, unha temática central na vida das persoas que temos a necesidade de repensar. Dada a amplitude e o interese social que xera esta temática\, Nieves Rodríguez compartirá a proposta da asociación Larlilás. Así mesmo\, contaremos coa participación de Iago Lestegás\, experto na temática da vivenda e a calidade de vida nas cidades tendo en conta o impacto do turismo. \nLarlilás é unha organización autoxestionada\, que ten o obxectivo de materializar un proxecto de vivenda comunitaria na vellez. A atención integral\, os coidados e a dignidade\, así como a construción dunha contorna aberta\, próxima e afectiva son algúns dos seus piares. \nDurante o Encontro Emprendedor abordaremos os inicios da iniciativa\, os pasos para organizarse\, as dificultades atopadas\, e tamén os acordos fundamentais para desenvolver un proxecto conxunto destas características. Un Encontro que nos interpela a repensar a vellez\, o benestar e os coidados\, así como as alternativas habitacionais ao longo do ciclo de vida. \nDurante a intervención de Iago Lestegás e de Nieves Rodríguez poderemos debater\, compartir e intercambiar\, polo que os animamos a participar neste novo Encontro Emprendedor. Creativas galegas ofrecerá un almorzo de produtos locais. \n  \nO sétimo Encontro Emprendedor: \n_ Obxectivo: Vivenda\n“A organización arredor da vivenda para un xubilar activo\, participativo e autoxestionado” \nCarme Casado Casado\nResponsable Promoción Económica en CERSIA Empresa (Concello de Santiago)\nContextualización breve da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela \nNieves Rodríguez\nLarlilás \nIago Lestegás\nArquitecto urbanista \n_Día: martes\, 22 de agosto de 2023.\n_Hora: 11.00 – 13.00 h.\n_Lugar: Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas). Rúa da Caldeirería\, 36 – Santiago. \nInscrición á xornada: https://forms.gle/SYnB2bf1o3BAUxwZ7 \nContacto: encontrosaxendaurbana2030@gmail.com
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/encontros-emprendedores-_-axenda-urbana-2030-5/
CATEGORIES:Eventos Colaborativos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/08/eventos-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230815
DTEND;VALUE=DATE:20230828
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20230815T081325Z
LAST-MODIFIED:20230815T081325Z
UID:10000023-1692057600-1693180799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de gravados _ Noemí Moisés
DESCRIPTION:Noemí Moisés Méndez Benegassi Gamallo é a próxima artista en amosar a súa colección de gravados no espazo galería do Mercado. \nEn calidade de ‘Artista invitada’\, e baixo o título de “As que bailan”\, Noemí mostra unha serie de gravados realizados con diferentes técnicas artísticas como son: punta seca\, linografía\, litografía e carborundo. \n Son arquitecta de formación\, profesora de profesión e pintora de vocación. \nEsta colección de obras\, está inspirada en esculturas femininas de épocas primitivas (a maioría delas\, nas venus paleolíticas). Figuras cheas de forza que reflicten o poder do feminino. \nPara quen quere afondar un pouco mais no traballo de Noemí\,  aquí deixamos unha breve descrición das técnicas coas que traballou esta colección de láminas: \n\nGravado a punta seca: cun punzón fino e afiado rabuñamos á pulso\, unha placa metálica ou de acetato\, con maior ou menor presión segundo a intensidade de liña que queremos conseguir.\nLinografía: empregando unha matriz de linóleo\, facemos incisións con gubias para crear diferentes relevos que logo tinximos cun rodete. A tinta queda na superficie e ao colocar o papel ou soporte que queiramos gravar\, premendo sobre o linóleo a imaxe quedará impresa neste.\nGravado ao carborundo: o carborundo ou carborundum é un tipo de carburo de silicio de bastante dureza ( semella ao papel de lixa) que retén a tinta en maior ou menor medida segundo a aplicamos. Deste xeito podemos conseguir diferentes texturas no gravado de carácter areoso.\nLitografía: é unha técnica de estampaxe planográfica xa que se emprega unha pedra calcaria puída (ou placa metálica absorbente). Neste caso non hai incisión senón que se basea no rexeitamento químico entre a auga e a graxa. O debuxo realízase cun lapis graxo ou pinceis e tintas especiais. Tras aplicar unha solución de ácido nítrico e goma arábiga\, o debuxo queda fixado á pedra de forma estable. Ao humedecer a pedra\, cando aplicamos a tinta só se deposita na zona de debuxo (graxa) e non no resto (polo rexeitamento entre a auga e a graxa).\n\nQueres afondar mais nestas técnicas e ver o resultado delas no traballo desta profesional? \nDeixámosche aquí toda a información sobre a exposición: \n  \nTítulo da exposición: “As que bailan”\nTécnicas: gravado a punta seca\, linogravado\, litografía e carborundo.\nAutora da exposición: Noemí Moisés Méndez Benegassi Gamallo\nMarca: Noemí Moisés\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 15 de agosto – 27 de agosto \n  \nFacebook: Noemí Méndez \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-gravados-_-noemi-moises/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/08/Plantilla_carteles-eventos-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230806
DTEND;VALUE=DATE:20230821
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20230721T175726Z
LAST-MODIFIED:20230721T175726Z
UID:10000024-1691280000-1692575999@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de Encadernación _ Legendary Tales Editions
DESCRIPTION:Neste mes de agosto acollemos\, no Mercado Galego de Creatividade\, un fantástico taller de encadernación de María Ramírez\, de Legendary Tales Editions. Nesta formación elaboraremos o noso propio block de notas. \nO obradoiro ten como obxectivos\, ensinarnos a: \n\nFacer un cosido de follas coa técnica da caneta francesa.\nEncadernar un block con tapa dura.\nColocar gardas para protexer o contido.\nE para darlle un toque final especial: decoraremos con motivos dourados\, lettering ou debuxos dourados con punta térmica e aplicaremos dourados nos cantos.\n\nEmpregaremos papel verxé de alta calidade para crear o corpo do noso libriño e remataremos cunha encadernación monocromo ou a dous tons\, segundo queiramos personalizalo. Imos ter ao noso dispor unha ampla variedade de papeis especiais que nos axudan nesa personalización. \nA duración do taller son tres sesións de tres horas. \nAquí deixamos mais detalles desta formación: \nTaller de: Encadernación dun block con tapa dura\nTécnica: decoración con lettering e debuxos con punta térmica e dourado das follas\nFormadora: María Ramírez\nMarca:  Legendary Tales Editions\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nDatas do taller: 6 / 13 / 20 de agosto\nHorario: 11:00 – 14:00 h\nCusto do taller: 75 € (todos os materiais incluídos) \n  \nReserva a túa praza aquí: https://www.legendarytaleseditions.art/products \nContacta coa formadora:\n_ Correo electrónico: legendarytaleseditions@gmail.com\n_ Teléfono: 644 949 390 \n  \nCoñece o traballo de María: \nInstagram: @legendary_tales_editions \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-encadernacion-_-legendary-tales-editions/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/07/Cartel_Axenda.jpg-2.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230801
DTEND;VALUE=DATE:20230814
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20230801T064623Z
LAST-MODIFIED:20230801T064623Z
UID:10000025-1690848000-1691971199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición conxunta _ Studio Futakuchi
DESCRIPTION:Xa sabedes que o espazo expositivo do Mercado muda\, cada dúas semana\, a súa imaxe\, para vestirse cunha marca nova e coller toda a personalidade da mesma. A veces semella unha galería chea de obras pictóricas ou fotografías que nos convidan ao deleite e inmersión no universo que nos propón; outras veces convértese nunha verdadeira tenda-taller chea de vida e acción e coa cal podemos interactuar (incluso propoñer retos)\, aprender dos oficios que nese momento se están traballando en directo… Diso se trata\, de que cada dúas semanas o espazo mude e sorprenda! \nBoro\, Noelia B. Rodríguez e Antón Díaz\, son un grupo de profesionais multidisciplinares que conseguen unha simbiose moi interesante nas súas colaboracións de traballos conxuntos\, e serán os responsables de marabillarnos coa súa exposición de obras. \nDin que as mellores ideas xorden dos peores momentos. E nós\, como colectivo Ourensá de diferentes profesionais\, decidimos crear varios proxectos en paralelo durante a obrigada parada por mor da pandemia provocada pola Covid-19. \nProcedemos de diferentes eidos creativos: moda\, fotografía e ilustración. E neses momentos de pandemia\, fomos quen de traballar en equipo para desenrolar ideas que nun principio semellaban imposibles (causa do ritmo frenético de traballo e estrés ao que estabamos sometidos no día a día). \nCon esta mostra\, queremos ensinar\, entre outras moitas cousas\, o que no día a día non ensinamos nin contamos de viva voz á xente que entra neste Mercado: as nosas referencias\, os erros e moitos dos nosos traballos feitos. \nE a cantas persoas se acheguen a coñecer a nosa obra\, convidarlles a pensar que aínda que a vida nos leva a camiñar por sendeiros diferentes\, atopar o tempo para deseñar mundos conxuntos ten un valor incalculable. \nQueres coñecer o mundo que deseñaron conxuntamente estes profesionais? Non te perdas a riqueza da súa marabillosa simbiose. \n  \nTítulo da exposición: “FUTAKUCHI ONNA”\nTécnicas: estampación\, fotografía\, ilustración\, confección téxtil…\nAutores da exposición: Boro\, Noelia B. Rodríguez e Antón Díaz\nMarca: Futakuchi S.C.\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 1 de agosto – 13 de agosto \n  \nInstagram: @boro.tm\nInstagram: @salsagaucha \nFacebook: salsagaucha\nTwitter: BORO TM \nBlog: https://borotm.com/es/blog.html
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-conxunta-_-studio-futakuchi/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/07/Cartel_Axenda.jpg-3.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230718T100000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230718T100000
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20230710T131651Z
LAST-MODIFIED:20230710T131651Z
UID:10000026-1689674400-1689674400@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Encontros Emprendedores _ Axenda Urbana 2030
DESCRIPTION:Pasado o ecuador dos Encontros Emprendedores\, en xullo abordamos o eixo da Economía Urbana. Poremos o foco nas conexións que existen entre iniciativas emprendedoras recoñecidas na cidade\, que destacan pola súa capacidade de cooperación e reforzo ao sector primario compostelá. Referímonos\, nesta ocasión\, ás iniciativas gastronómicas e de restauración vinculadas ao produto de proximidade na Praza de Abastos. \nO 6º Encontro Emprendedor contará coa participación de Iago Pazos\, chef con experiencia no emprendemento de iniciativas de restauración que xestiona Abastos 2.0\, unha iniciativa que demostra que a unión entre os produtos locais e unha oferta gastronómica de calidade son sinónimo de éxito. A Praza de Abastos\, como mercado da cidade\, cobrará especial importancia xa que simboliza o punto de unión entre o rural e o urbano. \nNo Encontro Emprendedor haberá espazo para a conversa e o intercambio sobre o ecosistema emprendedor local e a oferta local de produtos de calidade. O Mercado galego da Creatividade ofrecerá tamén un almorzo de produtos locais\, para fomentar o debate dende a proximidade. \n  \nO sexto Encontro Emprendedor: \n_ Obxectivo: Economía Urbana\n“A gastronomía e a restauración como valedores dos produtos locais” \nCarme Casado Casado\nResponsable Promoción Económica en CERSIA Empresa (Concello de Santiago)\nContextualización breve da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela \nIago Pazos\nAbastos 2.0 \n_Día: martes\, 18 de xullo de 2023.\n_Hora: 10.00 – 12.00 h.\n_Lugar: Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas). Rúa da Caldeirería\, 36 – Santiago. \nInscrición á xornada: https://forms.gle/G4Hi9qzGWsuGZGkK8 \nContacto: encontrosaxendaurbana2030@gmail.com \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/encontros-emprendedores-_-axenda-urbana-2030-4/
CATEGORIES:Eventos Colaborativos
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/07/Cartel_Axenda.jpg.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230718
DTEND;VALUE=DATE:20230731
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20230719T123847Z
LAST-MODIFIED:20230719T123847Z
UID:10000027-1689638400-1690761599@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pezas tecidas en tear _ Belategui Regueiro
DESCRIPTION:De súpeto\, un día\, soou o teléfono: \n– Vostedes queren liño? \n– Sempre! \n– Teño catro bolsas de liño e dáme moita pena que ninguén as aproveite. Mais terían que vir a buscalas… \nO peor que podía pasar sería que fixésemos 100 km para atoparnos cun material que logo non puidésemos tecer (unha perda asumible)\, así que\, puxémonos en marcha. \nA viaxe ía escribindo na nosa memoria\, todo un diario de vivencias: fixemos unha excursión que non tiñamos previsto\, chegamos a un pazo ao que nunca poderiamos haber entrado sen unha escusa coma esta ( e ensináronnos ata o último curruncho)\, coñecemos a unha señora ben interesante… \nO que se nos anunciara como catro bolsas de liño\, era un montón de kg de liño traído de California nos anos 70\, estaba en perfecto estado de conservación e tiña un colorido espectacular. Aquilo foi como voltar a ser nenos e atopar o maior dos tesouros. Ese liño tiña o pouso da historia\, dunha longa viaxe e\,o mellor e o peor de todo\, a pesares de ser tanta cantidade\, só quedaba aquel.” \nPodemos imaxinar o bule bule durante esa viaxe de volta; o desexo de poñerse a traballar con aquel material e os nervios por decidir que pezas a crear que estivesen á altura de tal tesouro… \nConstruímos unha debandoira XXXL para converter en nobelos aquelas madeixas xigantes (longo traballo que aínda non rematamos a día de hoxe)\, reorganizamos o taller ata atopar o sitio axeitado para o tear\, baleiramos estantes e acomodamos a nova alfaia\, clasificamos toda a colección de liños por madeixas\, nobelos e cores… En fin\, transformamos con toda a ilusión\, o noso entorno de traballo. \nA nosa provedora de liño\, acabouse convertendo nunha persoa especial que entrou nas nosas vidas. Veu a visitarnos\, comemos xuntos\, desfrutou ata unha xornada de tinguido con índigo e ata nos trouxo plantas do seu xardín que hoxe forman parte do noso. \nEsta\, tan só é unha das moitas historias que se esconden tras as pezas de Belategui Regueiro\, a marca creada por Luísa e Óscar. \nPodemos imaxinar como foron dosificando ese liño ao longo do tempo (aínda o seguen facendo)\, e a pena por que un día será o último trociño que poderán tecer porque xa se está acabando. \nPezas exclusivas\, de calidade\, deseños orixinais\, todos eles tecidos en tear de madeira (os de toda a vida) e que podedes atopar na sala de exposicións do Mercado Galego da Creatividade. \nVen a vernos! \n  \nTítulo da exposición: “Tecendo historias”\nTécnica: prendas e complementos tecidos en tear de madeira\nAutores da exposición: Luísa e Óscar\nMarca: Belategui Regueiro\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 18 de xullo – 30 de xullo \n  \nInstagram: belategui_regueiro\nFacebook: Belategui Regueiro
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion_belategui-regueiro/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/07/Cartel_Axenda.jpg-1.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230706
DTEND;VALUE=DATE:20231006
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20230629T093311Z
LAST-MODIFIED:20230629T093311Z
UID:10000028-1688601600-1696550399@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Roteiro Cooperativo por Santiago de Compostela
DESCRIPTION:O Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Cooperativas EspazoCoop promoven o ROTEIRO COOPERATIVO\, unha iniciativa que se desenvolve no marco do programa `Impulsando un ecosistema emprendedor na economía social´na que é a súa segunda edición\, dando continuidade á alianza que veñen desenvolvendo nos últimos anos para fomentar o modelo cooperativo na comarca de Santiago. \nA actividade\, que se inicia o próximo 6 de xullo\, consiste nunha ruta guiada por Santiago de Compostela para coñecer catro cooperativas da cidade e achegarse ao cooperativismo e á economía social. A través dela identifícanse cooperativas que están presentes no día a día da cidadanía\, ao tempo que se promociona o modelo cooperativo con proxectos viables\, realizando tamén un labor didáctico ao redor do autoemprego colectivo. \nEstes son os roteiros aos que se poderá asistir\, previa inscrición na seguinte ligazón: https://i.gal/roteirocooperativo. \n\nRoteiro 1: xoves 6 de xullo\, de 16:00 a 19:00 h.\nRoteiro 2: xoves 27 de xullo\, de 16:00 a 19:00 h.\nRoteiro 3: martes 26 de setembro\, de 16:00 a 19:00 h.\nRoteiro 4: xoves 5 de outubro\, de 16:00 a 19:00 h.\n\n(As prazas son limitadas a 15 persoas por grupo). \nCoñece o traballo e o potencial do cooperativismo nun roteiro por Santiago de Compostela. \nAs cooperativas que se visitarán e que participan no Roteiro Cooperativo son o cinema Númax\, o centro de ioga Almazen de Yoga\, a escola de música Conservatorio Histórico de Santiago e a tenda de Creativas Galegas (o Mercado Galego da Creatividade). \n  \nUnión de Cooperativas: EspazoCoop\nConcello de Santiago: http://www.santiagodecompostela.gal/ \n#SomosCoop #CooperativasGalegas \n  \nCoñece os proxectos de economía social desde dentro!\nEsperámoste para responder a todas esas dúbidas que rebolen entorno ás cooperativas. \nInscrición ao evento\, nesta ligazón: https://i.gal/roteirocooperativo.
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/roteiro-cooperativo-por-santiago-de-compostela/
CATEGORIES:Eventos Colaborativos
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/06/Cartel_Axenda.jpg-2.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230704
DTEND;VALUE=DATE:20230717
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20230701T090310Z
LAST-MODIFIED:20230701T090310Z
UID:10000029-1688428800-1689551999@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pintura\, arte téxtil e complementos _ Marica da Berza
DESCRIPTION:Presentámosvos a seguinte exposición. Poderemos atopar desde obras de arte orixinais (acrílicos sobre lenzo)\, pezas téxtiles pintadas á man\, tapices e outros moitos obxectos atemporais que mesmo parecen saídos de baúis que foron coleccionando tesouros ao longo dos séculos. \nConce Isla é a responsable desta exposición de obras acollidas baixo a marca: Marica da Berza. \nA través das cores e os obxectos cotiás\, quere expresar as sensacións que ela mesma sente en momentos de tranquilidade\, calma e a seguridade. Sensacións que aparecen ao saírmos dun ritmo propio do barullo dunha cidade para atoparnos no campo coa natureza e a vida en calma; detense o tempo\, xorden multitude de aromas e cores\, escóitanse as conversas do reino animal… Intres nos que Conce conecta directamente coa aldea\, as vivencias nunha casa de campo e os recordos da súa infancia. \nO meu desexo é\, que nesta exposición\, cada visitante se sinta envolto nunha atmosfera cálida\, entrañable\, onde as cores e os materiais trasladen a cada quen\, aos seus días plenos de felicidade\, paz\, nos que o seu único obxectivo é contemplar\, sentir\, repousar e esquecerse do paso do tempo. \nNon te perdas esta colección de obras! \n  \nTítulo da exposición: “Verán no pobo”\nTécnica: pintura sobre tecidos\, lenzo e outros complementos\nAutora da exposición: Conce Isla\nMarca: Marica da Berza\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 4 de xullo – 16 de xullo \n  \nInstagram: marica_da_berza\nFacebook: Conce Isla
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-pintura-arte-textil-e-complementos-_-marica-da-berza/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/06/Cartel_Axenda.jpg-3.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230621
DTEND;VALUE=DATE:20230703
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20230620T090742Z
LAST-MODIFIED:20230620T090742Z
UID:10000030-1687305600-1688342399@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pintura _ CabaLoula
DESCRIPTION:Lola Garcerá é unha valenciana que\, un bo día\, quedou namorada das brétemas do norte peninsular. Unha bruma que xoga ás mil marabillas ao compás dos mestos bosques verdes\, creando paisaxes inspiradoras de maxia\, lendas e misterio. Todo isto resultou ser o escenario perfecto para que Lola deixase voar a súa imaxinación e se inmiscuíse en todo un mundo de personaxes e historias fantásticas. \nComo boa artista\, a Lola resúltalle moito mais sinxelo expresarse\, a través do debuxo e da pintura\, en vez facelo con verbas: o que pensa\, o que sinte\, a súa visión particular do mundo\, a beleza de canto ve e as fantasías ás que a leva a combinación da súa afección polos lapis\, os pinceis e a mitoloxía. \nSon os cabalos os que ocupan unha posición privilexiada dentro da miña fascinación pola natureza. E non me produce ningún apuro cando alguén me pregunta: “que che gusta máis\, os cabalos ou o debuxo?”\nE por que escoller? \nAbrimos as portas dunha nova exposición para que descubras o traballo desta artista. Toda unha colección de óleos e acuarelas que viaxan entre  o retrato da realidade e a fantasía. \nToma nota!: \nTítulo da exposición: Fantasía e realidade\, dúas caras da moeda.\nTécnica: Óleo e acuarela.\nAutora: Lola Garcerá Marco.\nMarca: CabaLoula.\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 21 de xuño – 2 de xullo \nInstagram: @cabaoula\nFacebook: Lola Garcerá Marco\nBlog: lalolaga.blogspot.com
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-pintura-_-cabaloula/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/06/Cartel_Axenda.jpg-1.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230620T100000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230620T123000
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20230615T160927Z
LAST-MODIFIED:20230615T160927Z
UID:10000031-1687255200-1687264200@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Encontros Emprendedores _ Axenda Urbana 2030
DESCRIPTION:A igualdade de oportunidades e a cohesión social centrarán a temática do 5º Encontro Emprendedor \nO ciclo de Encontros Emprendedores ten marcada a súa vindeira cita o día 20 de xuño\, ás 10h no Espazo galego da Creatividade. Os Encontros Emprendedores presentan iniciativas empresariais desenvoltas en Santiago\, que dan resposta aos retos identificados pola cidadanía de cara aos vindeiros anos. \nNesta ocasión\, o Encontro Emprendedor abordará a experiencia empresarial da consultoría Promove\, liderada en Compostela por tres mulleres que deciden emprender tras a crise de 2008. \nDa man de Fátima Roríguez poderemos coñecer máis polo miúdo este proxecto\, enfocado na promoción da igualdade e da xustiza social. Teremos a oportunidade de coñecer proxectos relacionados coa recuperación da memoria e identidade de mulleres rurais\, a promoción de boas prácticas empresariais en empresas compostelás\, ou os Campus emprendemento\, un proceso de formación práctica dirixido á mocidade. \nNunha segunda parte do Encontro Emprendedor resérvase un espazo de conversa onde intercambiar ideas e experiencias coas persoas asistentes. Así mesmo\, Creativas Galegas ofrecerá un almorzo de produtos galegos. \nAs inscricións están abertas e son de balde\, premendo neste enlace. \nEnlace: https://forms.gle/Sua4imSQYe5Dh1g58 \nIgualdade de oportunidades e cohesión social \n“Promovendo actitudes por un mundo mellor” \nFátima Rodríguez. Promove: proxectos e persoas \nMartes\, 20 de xuño de 2023 \nHora: 10.00 a 12.30 h \nEspazo: Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas). R/ Caldeirería 36 \nContacto: encontrosaxendaurbana2030@gmail.com
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/encontros-emprendedores-_-axenda-urbana-2030-3/
CATEGORIES:Eventos
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/06/Cartel_Axenda.jpg.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230606
DTEND;VALUE=DATE:20230618
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20230605T083328Z
LAST-MODIFIED:20230605T083328Z
UID:10000032-1686009600-1687046399@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pintura ao óleo\, e algo mais _ El Escaparate de Bea
DESCRIPTION:Coa crise de 2008\, Beatriz quedou sen traballo. Un día\, ordenando na casa\, descubriu\, no fondo dun caixón\, o diario que lle regalou a súa avoa cando cumpriu os 8 anos. Abriu o tesouro e leu na primeira páxina: \n“Me llamo Beatriz Fraguas  y de mayor quiero ser pintora”. \nLembrouse entón\, de cal era a súa verdadeira paixón desde moi nena\, esa que tanto a relaxaba desde ben pequena\, e a facía perder a noción do tempo: a pintura. \nDecidiu recuperala para o seu presente\, e desfrutar das bondades que esta arte lle achegaba á súa vida. \nBea di que lle falta moito para chegar a ser unha gran profesional da pintura\, e humildemente\, defínese como unha grande afeccionada a esta arte que tantos bos momentos lle brinda. \nA outra gran paixón da artista é a música\, e a combinación de ámbalas artes\, crean\, no día a día de Bea\, momentos máxicos nos que nada mais existe\, nos que nada mais importa. \n“As catro estacións da vida” é unha colección de obras que están relacionadas coa belísima composición de Antonio Vivaldi. Melodías que a acompañaron ao longo de moitos bos e malos momentos. A súa parte favorita é a final\, o verán\, e aínda que a colección dos seus óleos falan das catro estacións\, os que versan sobre o estío\, teñen algo especial… \nÉ marabilloso pensar que a través do tempo\, a Bea nena reapareceu na súa vida para recordarlle\, á Bea adulta\, que estaba deixando atrás\, o que realmente a facía feliz: pintar. Grazas á cativa por recuperar á artista e hoxe poder desfrutar da súa obra. \nConvidámoste a visitar a súa colección no Mercado. Toma nota: \nTítulo da exposición: ‘As catro estacións da vida’\nAutora: Beatriz Fraguas\nMarca: El Escaparate de Bea\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 6 de xuño – 17 de xuño \n  \nInstagram: El Escaparate de Bea \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-pintura-ao-oleo-e-algo-mais-_-el-escaparate-de-bea/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/05/Cartel_Axenda.jpg-2.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230527T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230527T130000
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20230511T100911Z
LAST-MODIFIED:20230511T100911Z
UID:10000033-1685185200-1685192400@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de elaboración de velas aromáticas _ BJ Candle
DESCRIPTION:Sentes curiosidade por saber como se fan as velas?\nBuscas unha actividade divertida?\nEste taller é para ti!\n\nAprenderás a facer unha vela aromática\, desde cero\, e da man da nosa experta en velas\, Elena de BJ Candle Studio.\nEla explicarache os distintos tipos de cera\, mechas e fragrancias\, como diferencialas e as claves para saber usar unhas ou outras.\n\nElena ten unha ampla experiencia na elaboración de velas aromáticas con cera de soia. Desde o seu estudio\, en Santiago de Compostela\, crea velas de estilo minimalista\, con aromas exclusivos\, e con ela poderás aprender a facelas ti!!!\n\nAo finalizar o taller levarás para a túa casa:\n– Unha vela feita por ti.\n– Un resumo do proceso\, paso a paso.\n– Unha lista de tendas e provedores en liña.\n\nApúntate e vive a experiencia de crear a túa propia vela.\n\n \n\nActividade: obradoiro de elaboración de velas aromáticas\nAutora: Elena\nMarca: BJ Candle Studio\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 27 de maio\nHorario: 11:00 – 13:00 h\nPrezo: 40 € (todos os materiais incluídos)\n\n \n\nSe queres coñecer máis sobre BJ Candle Studio\, fai clic aquí:\n\n\nWeb: BJ Candle Studio\nFacebook: BJ Candle Studio\nInstagram:@bjcandlestudio\nPinterest: @BJCandleStudio\nMerca o teu taller aquí Mercar
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-elaboracion-de-velas-aromaticas-_-bj-candle/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/11/Cartel_Axenda.jpg.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230523
DTEND;VALUE=DATE:20230604
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20230519T164915Z
LAST-MODIFIED:20230519T164915Z
UID:10000034-1684800000-1685836799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de obras de arte plástica _ Espantalla arte plástica
DESCRIPTION:Abrimos as portas para presentarvos unha nova exposición. A protagonista desta colección de obras é a nosa compañeira Mónica García. Nos escasos momentos libres que lle deixa a súa carreira de actriz\, Mónica fai pezas únicas\, á man\, moitas delas baseándose nas técnicas da cestería tradicional e creadas a partir de plástico reutilizado. \nO ano pasado\, sorprendeunos cunha intervención no escaparate do Mercado\, para presentarnos a súa marca: @espantalla arte plástica. A través dunha performance chea de humor e cores\, descubríanos as arrepiantes cifras de residuos plásticos que xeramos e como podemos convertelos en marabillosos pendentes e orixinais cestos\, contribuíndo así a reducir os tan contaminantes residuos plásticos. \nEstamos desexando ver con que nos vai sorprender nesta exposición!!! \nChegou a primavera e as hortas énchense de vida. A HORTA DA ESPANTALLA  xa está ateigada de flores. Hai flores de todas as cores e de moi diversas procedencias\, hainas que veñen de Verín e  Mondariz\, outras da China\, onde fabrican as multinacionais\, e algunhas mesmo foron recollidas por min en Tailandia. \nEsta horta tan especial quere ser unha homenaxe a todas as hortas\, dende as urbanas ás da aldea\, dende as máis aqueladiñas  ás máis caóticas\, e dende as de toda a vida ás máis innovadoras. Porque as hortas\, alén de ser provedoras de comida saborosa e saudable\, son espazos para esquecer as présas e conectar coa terra e coas persoas: as horticultoras veciñas que comparten saber e sementes\, as paseantas maiores que me dan consellos sobre cal é a boa  lúa para plantar ou colleitar\, e xa postas\, falan da vida; as máis urbanitas que admiran como obra a natureza e preguntan  por esta ou estoutra planta\, e a cativada\, claro\, que ten parada obrigada na miña horta para se interesar pola rechamante espantalla feita con refugallo plástico.  \nSon\, xa que logo\, as hortas símbolo de sustentabilidade e resiliencia: crean comunidade\, poden ser  terapia marabillosa\, contribúen a reducir desperdicios\, e conciénciannos da nosa responsabilidade co medio ambiente\, por non falar de que nas hortas da Almáciga temos os mellores solpores de Compostela ;). \n Ao final ter unha horta e reutilizar lixo plástico\, as miñas dúas “actividades extraprofesionais”;)\, son parte dunha mesma filosofía de vida: consumir de xeito responsable e ser o máis respectuosa posible co planeta! \n  \nINAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN: martes\, día 23 de maio\, ás 19:30 h!!! \n  \nTítulo da exposición: ‘A Horta da Espantalla’\nAutora: Mónica García\nMarca: Espantalla arte plástica\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 23 de maio – 3 de xuño \n  \nInstagram: @espantalla
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-obras-de-arte-plastica-_-espantalla-arte-plastica/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/05/Cartel_Axenda.jpg-1.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230516T100000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230516T100000
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20230512T161021Z
LAST-MODIFIED:20230512T161021Z
UID:10000035-1684231200-1684231200@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Encontros Emprendedores _ Axenda Urbana 2030
DESCRIPTION:Estimados e estimadas: continúa o ciclo de Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030! \nO cuarto Encontro abordará a economía circular como oportunidade para o emprendemento de iniciativas aliñadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Gala Nieves\, do proxecto Off Connection\, compartirá a súa iniciativa\, que procura dar unha segunda vida aos excedentes de stock de grandes marcas de roupa\, reducindo os residuos e apoiando ás economías locais e entidades ambientais\, a través do deseño e a artesanía.\nComo nos Encontros Emprendedores anteriores\, reservaremos un espazo participativo para que as persoas asistentes poidan compartir ideas\, e finalizaremos cun espazo informal para recargar forzas.\nSe queres participar\, aquí tes toda a información: \nEconomía circular\nOutra forma de producir é posible: reutilización\, transformación de produtos\, deseño e artesanía na moda\nMartes\, 16 de maio de 2023\nHora: de 10.00 a 12.00h\nEspazo: Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas). R/ Caldeirería 36\nInscrición á xornada: https://forms.gle/jizv94zPPiHGPeWF9 \nContacto: encontrosaxendaurbana2030@gmail.com
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/encontros-emprendedores-_-axenda-urbana-2030-2/
CATEGORIES:Eventos Colaborativos
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/05/Cartel_Axenda.jpg.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230509
DTEND;VALUE=DATE:20230521
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20230504T154833Z
LAST-MODIFIED:20230504T154833Z
UID:10000036-1683590400-1684627199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pintura _ Cuire acuarelas
DESCRIPTION:Abrimos as portas a unha nova exposición de arte. A persoa que nos convida a coñecer a súa colección de obras é Sandra Cuiña. \nSandra ensina todo o seu traballo baixo a marca de Cuire acuarelas e así nos relata a súa traxectoria e as motivacións que a levaron a refuxiarse no universo da pintura: \n\nSon poucos os momentos que lembro da miña infancia sen uns lapis de cores e un blogue de debuxo nas mans. Os meus libros do colexio estaban repletos de deseños e bosquexos\, as miñas horas de lecer transcorrían entre ceras Manley e folios nos que deixaba voar a miña imaxinación\, porque debuxar\, enchíame e facíame feliz.\nNon deixaba pasar un verán sen ir a clases de pintura para mellorar a miña técnica. Aprendín a pintar con óleo\, disciplina que fun perfeccionando no meu peculiar estudo: o cuarto da lavadora.  \nA pintura convivía coa outra miña paixón: escribir. Así que\, cando chegou a hora de marcharse á universidade\, elixín a segunda\, quizais\, porque me parecía menos complicado labrarme un futuro nese mundo.  \nDurante moitos anos deixei practicamente o debuxo de lado. Mais todo iso cambiou cando chegou a pandemia. A ansiedade e o temor ao descoñecido fixo que recorrese a todo tipo de ferramentas para facer fronte á situación tan surrealista\, e a pintura\, volveu á miña vida en forma de acuarela.\nCando collía os meus pinceis\, esquecíame da Covid. As máscaras e o peche facíase un pouco máis levadeiro. Así regresou a pintura á miña vida e así naceu ‘Perdida en Compostela’\, unha exposición na que teñen un gran protagonismo as peregrinas\, porque na miña cabeza é imposible entender Santiago sen o Camiño\, que ao final se converte nunha metáfora da vida. E é que a gran maioría dos que percorren a Ruta fano en momentos de crise ou de procura de respostas\, que ao fin e ao cabo é o que todos facemos ao longo da nosa existencia. Ademais de peregrinas\, en ‘Perdida en Compostela’ tamén hai moitas mulleres de costas que\, como as camiñantes\, tamén buscan respostas; Marías 2.0\, que son unha versión renovada doutro dos símbolos da cidade: As Dúas en Punto; flores\, e todo aquilo que forma parte do meu universo picheleiro. \n\nConvidámosvos a coñecer a esta artista\, Sandra\, e o resultado dunha das súas paixóns\, a pintura. \nTítulo da exposición: ‘Perdida en Compostela’\nAutora: Sandra Cuiña\nMarca: Cuire acuarelas\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 9 – 20 de maio \n  \nInstagram: @cuireacuarelas \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-pintura-_-cuire-acuarelas/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/04/Cartel_Axenda.jpg-13.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230425T100000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230425T120000
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20230406T113700Z
LAST-MODIFIED:20230406T113700Z
UID:10000037-1682416800-1682424000@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Encontros Emprendedores _ Axenda Urbana 2030
DESCRIPTION:Continúa o ciclo de Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030! \nO terceiro encontro emprendedor xirará arredor do reto global que supón o cambio climático e a resiliencia.  \nNesta ocasión contamos coa experiencia de Miguel Pardellas Santiago\, da cooperativa Feitoría Verde\, que nos contará a súa experiencia en proxectos como “Descarboniza\, que non é pouco!” e “Batefogo”.  \nDespois\, poremos en común propostas mediante unha dinámica participativa. \nQueres vir? Anota! \n  \nO terceiro Encontro Emprendedor: \n_ Obxectivo: Cambio Climático e Resiliencia.\n“A acción comunitaria para o coidado da contorna de Compostela” \nCarme Casado Casado\nResponsable Promoción Económica en CERSIA Empresa (Concello de Santiago)\nContextualización breve da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela \nMiguel Pardellas Santiago.\nCooperativa Feitoría Verde \nCompartiremos en colectivo as ideas arredor da temática a través dunha dinámica participativa. \n_Día: martes\, 25 de abril de 2023.\n_Hora: 10.00 – 12.00 h.\n_Lugar: Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas). Rúa da Caldeirería\, 36 – Santiago. \nInscrición á xornada: https://forms.gle/YcYsB7XWAVo299n88 \nContacto: encontrosaxendaurbana2030@gmail.com \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/encontros-emprendedores-_-axenda-urbana-2030/
CATEGORIES:Eventos Colaborativos
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/04/Plantilla_carteles-eventos-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230425
DTEND;VALUE=DATE:20230507
DTSTAMP:20260428T193718
CREATED:20230421T163006Z
LAST-MODIFIED:20230421T163006Z
UID:10000142-1682380800-1683417599@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pintura _ María Feijoo
DESCRIPTION:Baixo o título ‘A pintura é a miña linguaxe’\, María Feijóo amosa a súa colección de obras. \nEsta creativa emprega a pintura como medio de comunicación e o pincel como ferramenta de expresión. Ao son do seu trazo\, sobre lenzo\, seda ou algodón\, María expresa en cada pincelada\, unha emoción. \nPinto de maneira intuitiva. Case nunca teño unha folla de ruta. A pintura cobra vida no proceso de creación ao encontrarse con ese momento no que\, intuitivamente\, sei que camiño tomar\, libérome\, flúo e deixo que a pintura me guíe.\n \nLenzos\, panos de seda\, bolsos\, paraugas\, pulseiras…\, son só algúns exemplos do listado de produtos exclusivos nos que esta artesá converte as súas obras pictóricas. \nPezas únicas\, elegantes\, de calidade e 100% artesanais que podes atopar no Mercado Galego da Creatividade lucindo en todo o seu explendor. \n  \nTítulo da exposición: ‘A pintura é a miña linguaxe’\nAutora: María Feijóo\nMarca: Fjoo\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 25 de abril – 6 de maio \n  \nInstagram: feijoo_maría\nFacebook: María Feijóo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-pintura-_-maria-feijoo/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/04/Cartel_Axenda.jpg-12.png
END:VEVENT
END:VCALENDAR