BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Creativas Galegas - ECPv6.3.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://creativasgalegas.gal
X-WR-CALDESC:Events for Creativas Galegas
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250901T173000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260731T193000
DTSTAMP:20260427T232519
CREATED:20240403T185022Z
LAST-MODIFIED:20250829T191033Z
UID:10000168-1756747800-1785526200@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller de calceta _ La con agarimo
DESCRIPTION:Gustaríache aprender a calcetar? \nQuizais evolucionar sobre a base que xa tes? \nOu facer unha peza determinada e necesitas axuda para eses puntos que se che resisten? \nSexan  cales sexan as túas razóns\, esperámoste no taller de calceta con Desi de La con Agarimo. \n  \nElixe o grupo que mellor che encaixa: \n\nGrupo de MARTES / Grupo de XOVES /  Grupo de VENRES.\n\n  \nActividade: Taller de calceta\nFormadora: Desiree Díaz\nMarca: La con Agarimo\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nHorario: 17:30 – 19:30 h\nCusto do taller: 40 € / mes \nReserva a túa praza aquí: 605 14 12 41 \n  \nCoñece o traballo de Desi:\nInstagram: @laconagarimo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-de-iniciacion-a-calceta-con-agullas-_-la-con-agarimo/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/04/Taller-web-.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260127T103000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260207T203000
DTSTAMP:20260427T232519
CREATED:20260212T163415Z
LAST-MODIFIED:20260212T174822Z
UID:10000300-1769509800-1770496200@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición Mercado Tarado
DESCRIPTION:Despois dun Nadal intenso\, no que todos e todas quedamos cun peto algo máis lixeiro\, volvemos abrir un dos nosos baúis favoritos: o das pezas especiais\, únicas e algo rebeldes.\nChega a 2ª edición do 𝐌𝐞𝐫𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐓𝐚𝐫𝐚𝐝𝐨 💙 \nAquí atoparás creacións artesanais que non volven á colección:\npezas con un pequeno defectiño\, prototipos que non chegaron a ver a luz\, ideas que cambiaron de rumbo ou últimas unidades xa descatalogadas.\nTodas teñen algo en común: están feitas con cariño\, horas de taller e historias que non merecen quedar gardadas nun caixón. \nSe che gusta atopar xoias únicas\, se desfrutas da artesanía auténtica ou queres aproveitar para levar algo especial a un prezo máis amable… este é o teu momento ✨ \nExposición: Mercado Tarado\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 27 de xaneiro – 7 de febreiro\nHorario:10:30 – 20:30 h \nCartel e texto: @amoroteuestampaxeartesanal \n#creativasgalegas #mercadogalegodacreatividade #artesaníagalega #feitoengalicia #comerciolocal #economíacircular #creatividade #marcasgalegas #artesanía #mercadotarado
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-mercado-tarado/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/02/mercado-taradao-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260210T103000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260221T203000
DTSTAMP:20260427T232519
CREATED:20260212T180659Z
LAST-MODIFIED:20260212T181010Z
UID:10000302-1770719400-1771705800@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de ilustración Tremelucir
DESCRIPTION:Acollemos unha nova exposición no Mercado Galego da Creatividade e nesta ocasión é a quenda de Tremelucir\, o proxecto artístico de Silvia Bello. \n“Voltar a casa” é unha exposición que nace da necesidade de reconstruír o fogar a través do debuxo. Un regreso á orixe\, á creación como refuxio emocional e como linguaxe para expresar o que ás veces non se sabe nomear. \nInspirada en Galicia\, na súa luz e na memoria afectiva da terra\, Tremelucir toma o seu nome dunha palabra case esquecida que fala dese brillo pequeno que aparece no mar cando o sol o toca. Parpadeos sutís que só se ven se se mira con calma. Para a autora\, foi tamén ese impulso íntimo que a levou a volver crear. \nAs obras que conforman a exposición están realizadas de maneira artesanal\, combinando acuarela sobre papel\, debuxo a man e caligrafía en tinta china. A imaxe dialoga coa palabra: frases populares\, expresións herdadas e fragmentos da cultura galega máis cotiá acompañan as ilustracións como ecos de memoria\, conectando o persoal co colectivo. \nEstas palabras non explican a obra\, acompañan. Funcionan como ancoras emocionais que fan do debuxo un espazo onde habitar\, unha pausa\, un lugar ao que volver. \n  \n📌 INFORMACIÓN DA EXPO \n▫️ Exposición: Voltar a casa \n▫️ Técnica: acuarela e tinta china \n▫️ Autora: Silvia Bello \n▫️ Marca: Tremelucir \n▫️ Lugar: Mercado Galego da Creatividade \n▫️ Datas: do 10 ao 21 de febreiro \n▫️ Horario: 10:30 – 20:30 h \n  \n🔶 Texto e cartel: @amoroteuestampaxeartesanal \n📲 Catálogo: WhatsApp Business +34 641 21 84 62 \n  \n#creativasgalegas #mercadogalegodacreatividade #tremelucir #artegalega #ilustracion #acuarela #artesania #creatividade #memoria #galicia #comerciolocal #culturagalega #arteconalma #feitoaman \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-ilustracion-tremelucir/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/02/tremelucir-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260224T103000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260307T203000
DTSTAMP:20260427T232519
CREATED:20260223T193658Z
LAST-MODIFIED:20260224T105751Z
UID:10000304-1771929000-1772915400@creativasgalegas.gal
SUMMARY:⭐ Exposición · TUUINX e AmDeCô⭐  ARTE EN COSTURA & NATUREZA EN VIDRO 
DESCRIPTION:No Mercado Galego da Creatividade recibimos a TUUINX\, o proxecto das irmás deseñadoras Sixing Xu e Siyi Xu\, unha marca que fusiona moda\, ilustración e artesanía nun diálogo entre culturas. \nA súa obra nace da observación da natureza e da relación entre arte e peza útil. Cada prenda e cada obxecto son concibidos como algo duradeiro: cortes sinxelos e libres\, tecidos naturais e detalles feitos a man a través de bordados\, estampados e ilustracións en acuarela. \nNesta exposición poderase descubrir tamén a súa colaboración con AmDeCô\, unha serie de vaixelas de cristal únicas acompañadas de teas ilustradas e prints exclusivos. Pezas pequenas en tamaño pero grandes en historia\, onde tradición e contemporaneidade conviven con delicadeza. \nTUUINX aposta por unha moda ética e consciente: poucas unidades\, produción local e identidade propia. Non seguen tendencias\, crean linguaxe. \n  \n📌 INFORMACIÓN DA EXPO \n▫️ Exposición: Natureza en vidro & Arte en costura \n▫️ Técnicas: confección artesanal\, bordado\, estampación téxtil\, ilustración e decoupage \n▫️ Autoras: Sixing Xu\, Siyi Xu e Amparo García \n▫️ Marca: TUUINX e AmDeCô \n▫️ Lugar: Mercado Galego da Creatividade \n▫️ Datas: 24 de febreiro ao 7 de marzo \n▫️ Horario: 10:30 – 20:30 h \n  \n📲 @tuuinx_fashion ; @amdeco_ \n🌐 www.tuuinx.com
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-%c2%b7-tuuinx-%e2%ad%90-natureza-en-vidro-arte-en-costura/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/02/expo-arco-y-twix.jpg.jpeg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260310T103000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260321T203000
DTSTAMP:20260427T232519
CREATED:20260309T193828Z
LAST-MODIFIED:20260310T105650Z
UID:10000307-1773138600-1774125000@creativasgalegas.gal
SUMMARY:⭐ Exposición · Especial Día do Pai ⭐  DETALLES CON CARÁCTER\, FEITOS A MAN
DESCRIPTION:No Mercado Galego da Creatividade celebramos o Día do Pai cunha exposición especial que reúne unha selección de pezas pensadas para eles: obxectos con personalidade\, creados por marcas do colectivo que traballan desde a artesanía\, o deseño e o coidado polos materiais. \nNesta mostra atoparás propostas masculinas que van desde a estampaxe téxtil\, ilustración\, cerámica\, coiro\, deseño ou decoración\, todas cun denominador común: están feitas con calma\, con intención e co valor de quen crea coas súas mans. \nUnha oportunidade para descubrir agasallos diferentes\, afastados do industrial\, e apostar por pezas únicas que contan historia. Porque ás veces o mellor detalle é aquel que leva detrás unha idea\, unha man artesá e un pequeno anaco de creatividade galega. \n📌 INFORMACIÓN DA EXPO\n ▫️ Exposición: Especial Día do Pai\n ▫️ Contido: selección de artigos masculinos de marcas do colectivo\n ▫️ Técnicas: estampaxe\, ilustración\, cerámica\, coiro\, téxtil e artesanía contemporánea\n ▫️ Lugar: Mercado Galego da Creatividade\n ▫️ Datas: 10 ao 21 de marzo\n ▫️ Horario: 10:30 – 20:30 h \n#creativasgalegas #mercadogalegodacreatividade #diadopai #deseñogalego #artesaniagalega #feitoaman #agasallosconalma #comerciolocal #creatividade #regalosdiferentes 💙
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-especial-dia-do-pai/
LOCATION:Mercado Galego da Creatividade\, Caldeirería 36\, Santiago de Compostela\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/03/expo-dia-pai.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260324T103000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260404T203000
DTSTAMP:20260427T232519
CREATED:20260323T203959Z
LAST-MODIFIED:20260323T203959Z
UID:10000311-1774348200-1775334600@creativasgalegas.gal
SUMMARY:⭐ Exposición · Nekojitanee Illustrations ⭐
DESCRIPTION:AS DÚAS BEIRAS DO SOL \nNo Mercado Galego da Creatividade recibimos a Vanessa Rodríguez\, a ilustradora detrás de Nekojitanee\, un proxecto que conecta Galicia e Xapón a través da arte\, a materia e o tempo. \nA súa obra nace da unión entre tradición e experiencia vital. Tras máis dunha década no país do sol nacente\, regresa ao rural ourensán para crear dende Viana do Bolo\, onde desenvolve pezas que falan de territorio\, memoria e proceso. \nO seu traballo destaca polo uso de técnicas tradicionais como a pintura en tea\, o pirogravado e a creación de tintas a partir de pigmentos naturais. Cada peza está feita con calma\, respectando os tempos e explorando a relación directa co material. \nNesta exposición poderanse descubrir obras que dialogan entre dúas culturas: tintas sobre papel de caligrafía\, madeira pirogravada e tea pintada a man. Un universo onde o artesanal se converte en linguaxe. \nNekojitanee aposta por unha práctica consciente: sostibilidade\, produción no rural e defensa da artesanía fronte á produción masiva. Destaca tamén o seu proxecto Terras\, centrado na creación de pigmentos naturais a partir de minerais e botánicos locais. \n📌 INFORMACIÓN DA EXPO\n ▫️ Exposición: As dúas beiras do sol\n ▫️ Técnicas: pintura en tea\, pirogravado e tintas minerais naturais\n ▫️ Autora: Vanessa Rodríguez\n ▫️ Marca: Nekojitanee Illustrations\n ▫️ Lugar: Mercado Galego da Creatividade\n ▫️ Datas: do 24 de marzo ao 4 de abril\n ▫️ Horario: 10:30 – 20:30 h \n📲 @nekojitanee
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/%e2%ad%90-exposicion-%c2%b7-nekojitanee-illustrations-%e2%ad%90/
LOCATION:Mercado Galego da Creatividade\, Caldeirería 36\, Santiago de Compostela\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/03/expo-nekojitane.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20260328
DTEND;VALUE=DATE:20260329
DTSTAMP:20260427T232519
CREATED:20260303T082431Z
LAST-MODIFIED:20260303T082431Z
UID:10000305-1774656000-1774742399@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller infantil amigo paxariño
DESCRIPTION:Entre fíos e cores nacen pequenos compañeiros cheos de tenrura 🐦✨ \nNo obradoiro “Amigo paxariño” crearemos un paxariño de pompón: suave\, colorido e único. Un espazo para experimentar coa textura\, xogar coa cor e desfrutar dun intre de calma creativa. Porque cando as mans crean\, o corazón tamén medra 💛 \nUn taller pensado para mini artistas con ganas de imaxinar\, aprender e levar para casa un amiguiño feito por elas e eles. \nRequisitos para poder participar:\n 👉 A partir de 6 anos. \nActividade: Obradoiro infantil “Amigo paxariño”\n Imparte: La con Agarimo\n Lugar: Mercado Galego da Creatividade\, Caldeirería 36\, Santiago de Compostela.\n Data: 28 de marzo de 2026\n Horario a escoller: 11:00 – 13:00  ou de: 17:00 – 19:00 \nTodo o material incluído. \n#creativasgalegas #mercadogalegodacreatividade #marcascreativas #galicia #santiago #compostela #comerciolocal #deseño #deseñogalego #artesanía #artesaníadegalicia #arte #culturagalega #economíasocial #economíacircular #talleresinfantís #creatividadeinfantil
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-infantil-amigo-paxarino/
LOCATION:Mercado Galego da Creatividade\, Caldeirería 36\, Santiago de Compostela\, Spain
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/03/Taller_amigo_paxarino_peq.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260407T103000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260418T203000
DTSTAMP:20260427T232519
CREATED:20260406T204748Z
LAST-MODIFIED:20260406T204748Z
UID:10000318-1775557800-1776544200@creativasgalegas.gal
SUMMARY:⭐ Exposición · LAÍÑO ⭐
DESCRIPTION:TRAZOS DE LAÍÑO \n  \nNo Mercado Galego da Creatividade recibimos a LAÍÑO\, nome artístico de Salvador Figueira Laiño\, cunha colección de debuxos que nacen directamente da súa vida\, dos seus pensamentos e das reaccións do día a día. \n  \nA exposición reúne unha serie de 29 pezas realizadas con rotuladores calibrados e lápices de cores sobre papel. Debuxos que van dende os máis sinxelos ata os máis elaborados\, pero que comparten unha mesma esencia: todos gardan un significado persoal. \n  \nCada trazo é unha forma de expresar o vivido\, unha maneira de transformar emocións e momentos cotiáns en imaxes. Pequenas escenas que capturan instantes\, reflexións e estados de ánimo\, converténdose nun relato visual íntimo e honesto. \n  \nUnha exposición que pon en valor o debuxo como ferramenta directa\, sen artificios\, onde a man e a idea van da man para contar o que ás veces custa dicir con palabras ✍️ \n  \n📌 INFORMACIÓN DA EXPO \n▫️ Exposición: Trazos de LAÍÑO \n▫️ Autor: Salvador Figueira Laiño \n▫️ Técnica: rotuladores calibrados e lápices de cores sobre papel \n▫️ Lugar: Mercado Galego da Creatividade \n▫️ Datas: do 7 ao 18 de abril \n▫️ Horario: 10:30 – 20:30 h \n▫️ Contacto co artista: 649 398 544 \n  \nCartel e texto: @amoroteuestampaxeartesanal 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/%e2%ad%90-exposicion-%c2%b7-laino-%e2%ad%90/
LOCATION:Mercado Galego da Creatividade\, Caldeirería 36\, Santiago de Compostela\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/04/EXPO-LAINO.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260408T160000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260408T200000
DTSTAMP:20260427T232519
CREATED:20260328T093043Z
LAST-MODIFIED:20260327T123646Z
UID:10000312-1775664000-1775678400@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Actividade dos Días Europeos da Artesanía ⭐ Obradoiro de Miyuki con Mica
DESCRIPTION:Obradoiro de Miyuki con Mica \nDurante os Días Europeos da Artesanía recibimos no Mercado Galego da Creatividade a Mica\, que nos achegará ao delicado mundo do bordado con contas de Miyuki. \nNeste obradoiro aprenderemos a crear pequenas pezas bordadas sobre aros de aceiro\, empregando contas de Miyuki e mostacillas de vidro para dar forma a unha composición única. Cada persoa participante poderá experimentar coa técnica e deseñar a súa propia peza\, elaborando uns pendentes ou un colgante de deseño libre. \nUn encontro creativo para descubrir unha técnica minuciosa e relaxante\, onde cada conta vai construíndo a peza pouco a pouco ata crear unha pequena xoia feita coas propias mans. \nAnota a data desta actividade: \n📌 8 de abril · 16:00 a 20:00 h\n 📍 Mercado Galego da Creatividade (Santiago de Compostela) \n 👧 A partir de 16 anos \n✍️ Inscricións 👉 605 14 12 41 \nUnha actividade patrocinada por @artesania_de_galicia e @xuntadegalicia dentro do marco dos Días Europeos da Artesanía\, unha iniciativa promovida por @eoischool e a súa área de promoción da artesanía @fundesarte\, xunto a @oficioyarte e @jemaofficiel. \n🔶 Cartel e texto: @amoroteuestampaxeartesanal \n#creativasgalegas #mercadogalegodacreatividade #marcascreativas #compostela #santiagodecompostela #galicia #artesaníadegalicia #xuntadegalicia #diaseuropeosdaartesanía #díasdaartesanía #oficios #metiersdart #europeancraftdays #fundesarte #spain #europa #culture #savoirfaire #JEMA2026 #festivaldearte #artesaniaespañola #maestría #maestriaartesanal #oficiostradicionales ✨
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/actividade-dos-dias-europeos-da-artesania-%e2%ad%90-obradoiro-de-miyuki-con-mica/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/03/Taller_Dias_Europeos_Mica.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260409T160000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260409T180000
DTSTAMP:20260427T232519
CREATED:20260328T093039Z
LAST-MODIFIED:20260327T124332Z
UID:10000313-1775750400-1775757600@creativasgalegas.gal
SUMMARY:⭐ Actividade dos Días Europeos da Artesanía ⭐  ELABORACIÓN DUN ANEL EN PRATA · COLECCIÓN “ESPUMA DE MAR”
DESCRIPTION:ELABORACIÓN DUN ANEL EN PRATA · COLECCIÓN “ESPUMA DE MAR” \nDurante os Días Europeos da Artesanía recibimos no Mercado Galego da Creatividade a Sonia Arnaiz\, que nos achegará ao proceso artesanal da creación dunha peza de ourivería. \nNeste obradoiro participaremos no proceso de elaboración dun anel en prata 925 inspirado na colección “Espuma de Mar”. Traballaremos o metal de forma manual\, dándolle forma e creando volume mediante pequenas esferas fundidas de prata\, empregando as ferramentas propias dun taller de ourivería. \nUnha experiencia para coñecer de preto o oficio ourive\, onde técnica\, precisión e sensibilidade se poñen ao servizo do deseño para dar lugar a unha peza única feita coas propias mans. \n📌 INFORMACIÓN DA ACTIVIDADE\n ▫️ Data: Xoves 9 de abril\n ▫️ Horario: 16:00 – 18:00 h ou 18:00 – 20:00 h\n ▫️ Lugar: Mercado Galego da Creatividade (Santiago de Compostela)\n ▫️ Idade: A partir de 18 anos\n ▫️ Inscricións: 605 14 12 41 \nUnha actividade patrocinada por @artesania_de_galicia e @xuntadegalicia dentro do marco dos Días Europeos da Artesanía\, unha iniciativa promovida por @eoischool e a súa área de promoción da artesanía @fundesarte\, xunto a @oficioyarte e @jemaofficiel. \n🔶 Cartel e texto: @amoroteuestampaxeartesanal \n#creativasgalegas #mercadogalegodacreatividade #marcascreativas #compostela #santiagodecompostela #galicia #artesaniadegalicia #xuntadegalicia #diaseuropeosdaartesanía #díasdaartesanía #oficios #metiersdart #europeancraftdays #fundesarte #culture #savoirfaire #JEMA2026 #artesaniaespañola #ourivería #oficiostradicionais #soniaarnaiz ✨
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/%e2%ad%90-actividade-dos-dias-europeos-da-artesania-%e2%ad%90-elaboracion-dun-anel-en-prata-%c2%b7-coleccion-espuma-de-mar/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/03/Cartel_Dias_Europeos_Sonia_Arnaiz.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260410T103000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260410T143000
DTSTAMP:20260427T232519
CREATED:20260328T093010Z
LAST-MODIFIED:20260327T124827Z
UID:10000314-1775817000-1775831400@creativasgalegas.gal
SUMMARY:⭐ Actividade dos Días Europeos da Artesanía ⭐ ELABORACIÓN DUN TOCADO DE CRISTAIS CON TÉCNICA DE ALAMBRISMO
DESCRIPTION:ELABORACIÓN DUN TOCADO DE CRISTAIS CON TÉCNICA DE ALAMBRISMO \nDurante os Días Europeos da Artesanía recibimos no Mercado Galego da Creatividade a Natalia\, de Hana Noboshi\, que nos achegará ao proceso creativo da elaboración dun tocado artesanal. \nNeste obradoiro aprenderemos a crear un tocado de cristais montado lateralmente nunha diadema\, empregando a técnica de alambrismo aplicada á sombreirería. Ao longo da sesión descubriremos como manipular o arame\, colocar os cristais e fixalos mediante xiros precisos para construír unha composición equilibrada\, con volume e un acabado coidado. \nAo rematar o taller\, cada participante levará para casa un tocado lixeiro\, flexible e brillante\, feito coas súas propias mans e listo para usar como accesorio. \nAnota a data desta actividade: \n📌 Venres 10 de abril · de 10:30 a 14:30 h\n📍 Mercado Galego da Creatividade · Santiago de Compostela\n👤 A partir de 18 anos \n✍️ Inscricións 👉 605 14 12 41 \nUnha actividade patrocinada por @artesania_de_galicia e @xuntadegalicia dentro do marco dos Días Europeos da Artesanía\, unha iniciativa promovida por @eoischool e a súa área de promoción da artesanía @fundesarte\, xunto a @oficioyarte e @jemaofficiel. \n🔶 Cartel e texto: @amoroteuestampaxeartesanal \n#creativasgalegas #mercadogalegodacreatividade #marcascreativas #santiagodecompostela #galicia #artesaníadegalicia #xuntadegalicia #diaseuropeosdaartesanía #díasdaartesanía #oficios #metiersdart #europeancraftdays #fundesarte #culture #savoirfaire #JEMA2026 #artesaniaespañola #sombreirería #alambrismo #hananoboshi ✨
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/%e2%ad%90-actividade-dos-dias-europeos-da-artesania-%e2%ad%90-elaboracion-dun-tocado-de-cristais-con-tecnica-de-alambrismo/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/03/Taller_Dias_Europeos_Hana.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260410T160000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260410T200000
DTSTAMP:20260427T232519
CREATED:20260328T093029Z
LAST-MODIFIED:20260327T130213Z
UID:10000315-1775836800-1775851200@creativasgalegas.gal
SUMMARY:⭐ Actividade dos Días Europeos da Artesanía ⭐ Elaboración dunhas alpargatas cosidas a mán
DESCRIPTION:Elaboración dunhas alpargatas cosidas a mán \nDurante os Días Europeos da Artesanía recibimos no Mercado Galego da Creatividade a Nerea\, de Dona Formiguinha\, que nos achegará ao proceso artesanal de creación dun calzado tradicional. \nNeste obradoiro coñeceremos paso a paso como se elaboran unhas alpargatas\, combinando diferentes fases do oficio. Primeiro realizaremos o corte das pezas empregando plantillas preparadas previamente. Despois pasaremos ao aparado\, onde se preparan e axustan as tiras e a taloneira para dar forma ao calzado. \nFinalmente chegaremos á parte máis especial do proceso: o cosido artesanal\, aprendendo a técnica do punto a man para unir a pel coa sola de xute. Un momento tranquilo e moi satisfactorio onde cada punto constrúe a peza pouco a pouco. \nUnha oportunidade para descubrir de preto un oficio tradicional e levar para casa unha peza feita coas propias mans. \nAnota a data desta actividade: \n📌 Venres 10 · de 16:00 a 20:00 h\n 📍 Mercado Galego da Creatividade (Compostela)\n 👧 A partir de 12 anos \n✍️ Inscricións 👉 605 14 12 41 \nUnha actividade patrocinada por @artesania_de_galicia e @xuntadegalicia dentro do marco dos Días Europeos da Artesanía\, unha iniciativa promovida por @eoischool e a súa área de promoción da artesanía @fundesarte\, xunto a @oficioyarte e @jemaofficiel. \n🔶 Cartel e texto: @amoroteuestampaxeartesanal \n#creativasgalegas #mercadogalegodacreatividade #marcascreativas #compostela #santiagodecompostela #galicia #artesaníadegalicia #xuntadegalicia #diaseuropeosdaartesanía #díasdaartesanía #oficios #metiersdart #europeancraftdays #fundesarte #culture #savoirfaire #JEMA2026 #artesaniaespañola #oficiostradicionales #donaformiguiña ✨
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/%e2%ad%90-actividade-dos-dias-europeos-da-artesania-%e2%ad%90-elaboracion-dunhas-alpargatas-cosidas-a-man/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/03/Taller_Dias_Europeos_Dona_Formiguinha.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260410T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260410T193000
DTSTAMP:20260427T232519
CREATED:20260330T203622Z
LAST-MODIFIED:20260330T203942Z
UID:10000317-1775840400-1775849400@creativasgalegas.gal
SUMMARY:𝐄𝐬𝐜𝐚𝐩𝐚𝐫𝐚𝐭𝐞 𝐕𝐢𝐯𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐝𝐞 @amoraartesania
DESCRIPTION:Amora Artesanía achega ao Mercado Galego da Creatividade o oficio da encadernación artesanal\, un proceso paciente e cheo de detalle onde cada libro se constrúe paso a paso coas mans. \nDurante este Escaparate Vivente o público poderá observar en directo como se realiza o proceso de encadernado: a preparación das follas\, o cosido e o montaxe final que dá forma a unha peza única. Unha oportunidade para descubrir de preto un oficio tradicional e entender todo o traballo que hai detrás dun caderno feito de maneira artesanal. \nSe che gusta coñecer os oficios e os procesos do feito a man\, anota a data desta actividade: \n📌 Venres 10 de abril · 17:00 – 19:30 h\n 📍 Mercado Galego da Creatividade · Santiago de Compostela \nUnha actividade patrocinada por @artesania_de_galicia e @xuntadegalicia dentro do marco dos Días Europeos da Artesanía\, unha iniciativa promovida por @eoischool e a súa área de promoción da artesanía @fundesarte xunto a @oficioyarte e @jemaofficiel. \n🔶 Cartel e texto: @amoroteuestampaxeartesanal
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/%f0%9d%90%84%f0%9d%90%ac%f0%9d%90%9c%f0%9d%90%9a%f0%9d%90%a9%f0%9d%90%9a%f0%9d%90%ab%f0%9d%90%9a%f0%9d%90%ad%f0%9d%90%9e-%f0%9d%90%95%f0%9d%90%a2%f0%9d%90%af%f0%9d%90%9e%f0%9d%90%a7%f0%9d%90%ad/
LOCATION:Mercado Galego da Creatividade\, Caldeirería 36\, Santiago de Compostela\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/03/ESCARP-AMORA.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260411T160000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260411T200000
DTSTAMP:20260427T232519
CREATED:20260328T093055Z
LAST-MODIFIED:20260327T130719Z
UID:10000316-1775923200-1775937600@creativasgalegas.gal
SUMMARY:⭐ Actividade dos Días Europeos da Artesanía ⭐ ELABORACIÓN DUNHA GARGANTILLA DE ALGODÓN CON TÉCNICA I-CORDEL
DESCRIPTION:ELABORACIÓN DUNHA GARGANTILLA DE ALGODÓN CON TÉCNICA I-CORDEL \nDurante os Días Europeos da Artesanía recibimos no Mercado Galego da Creatividade a Desirée\, de La con Agarimo\, que nos achegará ao mundo da calceta artesanal. \nNeste obradoiro aprenderemos a crear unha gargantilla lixeira e elegante de algodón\, empregando a técnica do i-cordel con agullas de dobre punta. Ao longo da sesión descubriremos como realizar a técnica completa\, como crear volume e textura e como rematar a peza para que teña un acabado coidado e profesional. \nUn taller pensado para desfrutar do proceso\, aprender unha nova técnica e levar para casa a túa propia peza feita a man. \nAnota a data desta actividade: \n📌 Sábado 11 · de 16:00 a 20:00 h\n📍 Mercado Galego da Creatividade · Santiago de Compostela\n👧 A partir de 10 anos \n✍️ Inscricións 👉 605 14 12 41 \nUnha actividade patrocinada por @artesania_de_galicia e @xuntadegalicia dentro do marco dos Días Europeos da Artesanía\, unha iniciativa promovida por @eoischool e a súa área de promoción da artesanía @fundesarte\, xunto a @oficioyarte e @jemaofficiel. \n🔶 Cartel e texto: @amoroteuestampaxeartesanal \n#creativasgalegas #mercadogalegodacreatividade #marcascreativas #santiagodecompostela #galicia #artesaníadegalicia #xuntadegalicia #diaseuropeosdaartesanía #díasdaartesanía #oficios #calceta #laconagarimo #metiersdart #europeancraftdays #fundesarte #culture #savoirfaire #JEMA2026 #artesaniaespañola #feitoaman #oficiostradicionais ✨
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/%e2%ad%90-actividade-dos-dias-europeos-da-artesania-%e2%ad%90-elaboracion-dunha-gargantilla-de-algodon-con-tecnica-i-cordel/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/03/Taller_Dias_Europeos_La_con_Agarimo.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260418T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260418T190000
DTSTAMP:20260427T232519
CREATED:20260310T221558Z
LAST-MODIFIED:20260310T221558Z
UID:10000308-1776531600-1776538800@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Taller infantil · Mini Studio Creativo
DESCRIPTION:Entre cores\, formas e imaxinación nace un pequeno laboratorio de creación ✨\nNo Mini Studio Creativo os pequenos explorarán a forma\, a cor e a composición mentres modelan as súas propias pezas con arcilla polimérica. \nDurante o obradoiro experimentarán coa técnica de modelado\, combinando cores e texturas para crear pequenas pezas únicas. Un espazo para imaxinar\, probar e crear coas mans\, onde cada participante poderá dar forma ás súas propias ideas. \nAo rematar o taller levarán para casa a súa creación: uns pendentes\, un anel\, un chaveiro ou un abalorio\, feitos por eles mesmos. Porque cando as mans crean\, tamén medra a creatividade 💛 \nUn taller pensado para mini artistas con ganas de experimentar e descubrir o pracer de facer cousas coas mans. \nRequisitos para poder participar:\n👉 De 6 a 12 anos. \nActividade: Obradoiro infantil “Mini Studio Creativo”\nImparte: Sonia Arnaiz\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\, Caldeirería 36\, Santiago de Compostela\nData: 18 de abril de 2026\nHorario: 17:00 – 19:00\nPrezo: 20 €\nTodo o material incluído \n#creativasgalegas #mercadogalegodacreatividade #marcascreativas #galicia #santiago #compostela #comerciolocal #deseño #deseñogalego #artesanía #artesaníadegalicia #arte #culturagalega #economíasocial #economíacircular #talleresinfantís #creatividadeinfantil
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/taller-infantil-%c2%b7-mini-studio-creativo/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/03/taller_mini_studio_creativo_sonia_peq.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260421T103000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260502T203000
DTSTAMP:20260427T232519
CREATED:20260420T204039Z
LAST-MODIFIED:20260420T204039Z
UID:10000334-1776767400-1777753800@creativasgalegas.gal
SUMMARY:⭐ Exposición · Mulleres con cousas na cabeza ⭐  “Debuxosdeminutos” · Belinda Besada Vergara
DESCRIPTION:No Mercado Galego da Creatividade abrimos un espazo para parar… e mirar con calma. \n“Debuxosdeminutos” é un proxecto que nace do impulso máis íntimo: o debuxo automático como fío condutor dun proceso que non busca resultado\, senón verdade. Liñas que emerxen sen plan previo\, que flúen sobre o papel e que\, case sen avisar\, se converten en rostros de mulleres. \nAs obras de Mulleres con cousas na cabeza constrúense a partir de trazos delicados e continuos\, acompañados en ocasións por acuarela\, que aporta matices suaves e emoción. Ferramentas sinxelas —papel\, tinta\, cor— para dar forma a algo complexo: o pensamento\, a emoción\, a identidade. \nAs caras aparecen envoltas en nubes de curvas entrelazadas\, densas ou lixeiras\, como se o cabelo fose tamén idea\, lembranza\, sentimento. Mulleres que pensan\, que senten\, que sosteñen varias historias ao mesmo tempo. Ás veces chegan soas\, outras en forma de maternidades… e outras\, xuntas. \nEste proxecto xorde dun momento vital profundo\, case como unha revelación: cando todo o que habitaba dentro toma forma e pide saír. Un exercicio de conexión coa propia mirada\, coa imaxinación e coa necesidade de crear sen filtros. \nA exposición recolle unha selección de debuxos dos últimos dous anos\, pezas únicas que falan de proceso\, de tempo e de emoción. Pequenas ou grandes\, todas teñen algo en común: forman parte da semente dun proxecto que segue medrando e transformándose. \nUnha invitación a deter o ritmo\, a observar e a deixar que estas miradas tamén falen de ti. \n📌 INFORMACIÓN DA EXPO\n ▫️ Exposición: “Debuxosdeminutos”\n ▫️ Marca: Mulleres con cousas na cabeza\n ▫️ Lugar: Mercado Galego da Creatividade\n ▫️ Data: do 21 de abril ao 2 de maio\n ▫️ Horario: de 10:30 a 20:30 \n🔗 Síguea en Instagram: @mulleresconcousasnacabeza
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/mulleres-con-cousas-na-cabeza/
LOCATION:Mercado Galego da Creatividade\, Caldeirería 36\, Santiago de Compostela\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/04/Mulleres.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260424T173000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260424T190000
DTSTAMP:20260427T232519
CREATED:20260407T083515Z
LAST-MODIFIED:20260407T083515Z
UID:10000319-1777051800-1777057200@creativasgalegas.gal
SUMMARY:⭐ Obradoiro · Álbum de fotos acordeón ⭐
DESCRIPTION:Entre recordos\, papel e pequenas historias nace un álbum único feito coas túas propias mans ✨ \nNeste obradoiro crearemos un álbum de fotos en formato acordeón empregando cartulina\, aprendendo paso a paso como construír a estrutura e darlle forma a unha peza pensada para gardar momentos especiais. Traballaremos o pregado\, a composición e pequenos detalles que fan que cada álbum teña personalidade propia. \nUn espazo para crear con calma\, xogar co papel e dar vida a un obxecto cheo de significado\, onde poderás pegar mini fotos por ambos lados e levar contigo unha pequena colección de recordos feita a man 💛 \nRequisitos para poder participar:\n 👉 De 8 a 15 anos \nActividade: Obradoiro “Álbum de fotos acordeón” (Monográfico · 1\,5 h)\n Lugar: Mercado Galego da Creatividade\, Caldeirería 36\, Santiago de Compostela\n 📅 Data: 24 de abril de 2026\n 🕐 Horario: 17:30 – 19:00\n 💶 Prezo: 20 € (IVE incluído · materiais incluídos)\n 📲 Reservas: 605 14 12 41 \n#creativasgalegas #mercadogalegodacreatividade #talleres #artesanía #feitoamao #scrapbooking #creatividade #santiago #compostela
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/%e2%ad%90-obradoiro-%c2%b7-album-de-fotos-acordeon-%e2%ad%90/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/04/cartel_obradoiro_Amora.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260425T103000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260425T143000
DTSTAMP:20260427T232519
CREATED:20260318T181332Z
LAST-MODIFIED:20260318T181332Z
UID:10000309-1777113000-1777127400@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Obradoiro · Deseño e creación dun pano en estampación dixital
DESCRIPTION:Entre debuxo\, cor e tecido nace unha peza única feita desde a túa propia imaxinación ✨ \nNeste obradoiro exploraremos o proceso de creación dun pano téxtil partindo do debuxo manual sobre papel. Traballaremos a composición\, a cor e a relación entre ilustración\, patrón e superficie téxtil\, descubrindo como unha idea pode transformarse nunha peza real. \nNon é necesario ter experiencia previa en debuxo: o obradoiro está pensado como un espazo de experimentación\, proba e descubrimento\, onde cada participante poderá investigar o seu propio estilo mentres goza do proceso creativo. \nDurante a sesión desenvolverase un deseño persoal que posteriormente será dixitalizado e preparado para a súa estampación en seda. Unhas tres semanas despois\, cada participante recibirá o seu propio pano de seda (aprox. 50 × 50 cm) impreso co deseño creado no obradoiro. Porque poucas cousas son tan especiais como levar posto algo que naceu das túas propias mans 💛 \nRequisitos para poder participar:\n👉 Non se precisan coñecementos previos \nActividade: Obradoiro “Deseño e creación dun pano en estampación dixital”\nImparte: Sandra Parguiña (@sandraparguina)\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\, Caldeirería 36\, Santiago de Compostela\n📅 Data: 25 de abril de 2026\n🕐 Horario: 10:30 – 14:30\n💶 Prezo: 60 € (materiais incluídos) \n📲 Reservas: 605 14 12 41 \n#creativasgalegas #mercadogalegodacreatividade #talleres #deseñotextil #estampacion #seda #creatividade #deseñogalego #artesanía #santiago #compostela
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/obradoiro-%c2%b7-deseno-e-creacion-dun-pano-en-estampacion-dixital/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/03/Taller_pano_seda_sandra_parguina.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260502T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260502T130000
DTSTAMP:20260427T232519
CREATED:20260320T110056Z
LAST-MODIFIED:20260318T190551Z
UID:10000310-1777719600-1777726800@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Obradoiro · Iniciación ao lettering ou caligrafía artística
DESCRIPTION:Entre tinta\, trazos e paciencia nace a beleza da escrita feita a man ✨ \nNeste obradoiro de iniciación aprenderemos as bases do lettering e da caligrafía artística empregando ferramentas tradicionais e modernas. Durante a sesión faremos un pequeno achegamento ás leis do deseño aplicadas á tipografía creativa e coñeceremos técnicas de ornamentación como o fileteado ou a inspiración da tipografía miniada medieval. \nA través da práctica cada participante experimentará cos trazos e composicións ata crear a súa primeira pequena obra caligráfica\, feita coas súas propias mans. Un espazo para aprender\, probar e gozar do proceso de escribir con calma 💛 \nRequisitos para poder participar:\n 👉 A partir de 8 anos \nActividade: Obradoiro “Iniciación ao lettering ou caligrafía artística”\n Imparte: Nekojitanee Illustrations (@nekojitanee)\n Lugar: Mercado Galego da Creatividade\, Caldeirería 36\, Santiago de Compostela\n 📅 Data: 2 de maio de 2026\n 🕐 Horario: 11:00 – 13:00\n 💶 Prezo: 40 € (materiais incluídos) \n📲 Reservas: 605 14 12 41 \n#creativasgalegas #mercadogalegodacreatividade #lettering #caligrafía #talleres #santiago #compostela #deseñogalego #artesanía #creatividade
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/obradoiro-%c2%b7-iniciacion-ao-lettering-ou-caligrafia-artistica/
CATEGORIES:Talleres
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/03/Taller_iniciacion_lettering.png
END:VEVENT
END:VCALENDAR