BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Creativas Galegas - ECPv6.3.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Creativas Galegas
X-ORIGINAL-URL:https://creativasgalegas.gal
X-WR-CALDESC:Events for Creativas Galegas
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Paris
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20220327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20221030T010000
END:STANDARD
TZID:UTC
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0000
TZOFFSETTO:+0000
TZNAME:UTC
DTSTART:20210101T000000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20221018
DTEND;VALUE=DATE:20221030
DTSTAMP:20260913T083810
CREATED:20221014T144933Z
LAST-MODIFIED:20221014T144933Z
UID:10000113-1666051200-1667087999@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de escultura _ Napalmadaman
DESCRIPTION:Inauguramos unha nova exposición no Mercado. \nDesta vez abrimos as portas para marabillarnos\, en vivo e en directo\, co traballo Juan.  \nComo moitos e moitas sabedes\, é un compromiso compartido entre as moitas marcas deste colectivo\, reducir a cantidade de lixo que desbotamos para coidar o planeta que nos acolle e deixar a menor pegada posible. Cada quen no seu sector\, intentamos crear deseños orixinais a partir de materiais que de xeito habitual van ao lixo. Materiais que están en perfecto estado e que con un pouco de imaxinación poden ser empregados para crear algo útil e necesario\, e así evitarnos mercar outros novos\, para facer o mesmo\, e seguir xerando mais residuos. \nE por que recordamos isto? \nPorque a seguinte colección de obras caracterízase\, ademais de por orixinalidade e deseño\, polo compromiso e a responsabilidade de Juan cos materiais empregados á hora de traballar. \nCantos paquetes chegan aos nosos fogares a diario? Canto recheo ven nesa paquetería e vai directamente ao lixo\, estando en perfecto estado? E que podemos facer con el para empregalo en algo útil e non tiralo?\nEstas preguntas son as que fixo Juan antes de poñer en marcha a súa marca: Napalmadaman. E tamén se fixou en que un dos materiais mais abundantes como protector e illante é o polistireno expandido (coñecido popularmente como poliespan). Un material moi usado para embalar electrodomésticos\, materiais de obra…\, que chega impecable ao seu destino e así de intacto vai directo ao lixo. De aquí xorde a idea do noso compañeiro. \nDesde ese momento no que xorde a idea\, son moitos os e moi diferentes os produtos que Juan foi creando. Mais para esta exposición decidiu poñer como centro da mesma\, a luz\, e crear entorno a ela\, orixinais e marabillosos deseños de lámpadas a partir deste material reutilizado: o polistireno. \nEste creativo autodidacta\, xa leva mais de cinco anos co seu proxecto\, sustentado na reciclaxe de materiais e apostando por unha verdadeira economía circular. \nConvidámosvos a ver este seu último traballo\, a elegancia coa que xoga coa luz e como\, a partir dun bo deseño e moita creatividade\, converte o polistireno nunha lámpada exclusiva. \n  \nTítulo da exposición: “BRANCO”\nTécnica: corte de polistireno expandido con fío de ferroníquel ou fío de nicrom\, tamén coñecido como fío quente.\nAutor: Xoán Lens\nMarca: Napalmadaman\nLugar da exposición: Mercado galego da creatividade\nData: Do 18 – 29 de outubro \n  \nInstagram: @napalmadaman \nFacebook: @Napalmadaman
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-escultura-_-napalmadaman/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/10/EXPOSICION-4.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20221006
DTEND;VALUE=DATE:20221016
DTSTAMP:20260913T083810
CREATED:20221006T172642Z
LAST-MODIFIED:20221006T172642Z
UID:10000112-1665014400-1665878399@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición colectiva _ marcas Creativas Galegas
DESCRIPTION:Temos unha nova exposición no Mercado! \nEsta vez trátase dunha exposición colectiva de diferentes marcas Creativas Galegas. Unha exposición mixta para a que fixemos unha selección de obras de cada unha das firmas. \nDentro das pezas seleccionadas podemos atopar obra pictórica de Celia Pía\, María Feijoo e Marica da Berza. Tamén encontramos as vidreiras de Arlequina Design ou as esculturas de madeira de SonAgasallo. Como exemplo de ilustración temos na exposición os cadros de Quenindiola e seleccionamos para esta mostra os tapices de Belategui Regueiro. \nEscollemos tamén pezas de téxtil que son especiais para nós. Entre esas obras selectas están as da marca Pécora\, amorote\, Paripepop e complementos como os de Boro. \nQuixemos engadir as obras de Capixuta como exemplo de ata onde se pode chegar coa técnica da cestería. \nXa ves que temos unha ampla selección así que ven a visitarnos. \n  \nTítulo da exposición: “Exposición colectiva mixta”\nAutoras/es: marcas Creativas Galegas\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 6 – 15 de outubro
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-colectiva-_-marcas-creativas-galegas/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/10/WhatsApp-Image-2022-10-06-at-12.27.09-PM.jpeg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20220918
DTEND;VALUE=DATE:20221003
DTSTAMP:20260913T083810
CREATED:20220916T175512Z
LAST-MODIFIED:20220916T175512Z
UID:10000110-1663459200-1664755199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición 'a arte de tecer' _ Belategui Regueiro
DESCRIPTION:Baixo o título de ‘A arte de tecer’\,  Óscar e Luisa expoñen parte do seu traballo no Mercado Galego da Creatividade. \nEn 1984 achegáronse por primeira vez a un tear. Foi por inquietude persoal pero gustoulles tanto\, que dende entón non deixaron de profundar nesta arte e xa nunca mais se separaron dun tear. Tanto é así\, que con eles ven un tear ao Mercado. Así que si queredes velos traballar en directo\,  non tedes mais que achegarvos á nosa tenda. \nNo ano 2004 fundaron a marca Belategui Regueiro para facer desta arte o seu medio de vida. Unha marca que é toda unha homenaxe ás súas propias nais\,  pois Belategui é o segundo apelido da nai de Óscar e Regueiro é o segundo apelido da nai de Luisa. \nBaixo esta firma\, Óscar e Luisa crean prendas e complementos de moda e decoración con teas tecidas á man\, en teares de madeira\, como sempre se fixo en Galicia.\nUsan fibras de sempre como son o liño ou a lá\, e tamén empregan materiais non tan convencionais algúns deles\, para esta técnica\, como son: seda\, bambú\, alpaca\, coiro\, neopreno…\nSempre empregando as técnicas artesanais que enriquecen os tecidos. \nNa súa gama de traballos empregan as técnicas do tecido en teares de alto e baixo lizo\, a impresión botánica\, o tinguido artesanal e a técnica de tinguido manual xaponesa shibori. \nSe non coñeces o traballo de Óscar e Luisa\, non deixes de visitarnos. \n  \nTítulo da exposición: “A arte de tecer”\nTécnica: tecido en tear\, impresión botánica\, tinguido artesanal e shibori\nAutoraes da exposición: Luisa e Óscar\nMarca: Belategui Regueiro\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 18 de setembro – 2 de outubro \n  \nInstagram: belategui_regueiro\nFacebook: Belategui Regueiro
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-a-arte-de-tecer-_-belategui-regueiro/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/09/exposicion-belategui.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20220902
DTEND;VALUE=DATE:20220917
DTSTAMP:20260913T083810
CREATED:20220902T101625Z
LAST-MODIFIED:20220902T101625Z
UID:10000108-1662076800-1663372799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de 'arte enlatada' _ Vaidelatas
DESCRIPTION:Temos unha nova e orixinal exposición no Mercado. E como di o nome deste proxecto\, a cousa ‘vai de latas’. \nAraceli Blanco e Mar Castro son as creativas que están detrás desta marca: Vaidelatas. \nMar e Araceli representan ideas\, conceptos e escenas do mais singulares\, usando como escenario para elas\, latas de conserva. Crean pequenos universos dentro dun espazo tan reducido como é unha lata. A idea é moi orixinal\, non si? Pois o resultado é marabilloso. \nPartindo do produto base\, unha lata\, estas creadoras empezan a deseñar a idea que queren representar nela. Para representar ese concepto artístico\, empregan materiais como son as súas propias fotografías\, xa que ambas son profesionais desta arte\, e reutilizan diferentes materiais que van atopando e lles inspiran para montar a peza. \nComo podedes ver\, usan latas de conserva e outros materiais de diferentes texturas e orixen\, todo reciclado. Ese é o compromiso destas artesás\, darlle unha segunda vida ás cousas en vez de levalas directas ao lixo. \nO feito de que todo se represente en envases de conserva é a súa especial homenaxe a cantas mulleres traballaron\, traballan e seguirán traballando nas nosas conserveiras. Vai por elas! \nTítulo da exposición: “Vaidelatas”\nTécnica: collage\, fotografía…\, entre outras moitas artes\nAutoras da exposición: Araceli e Mar\nMarca: Vaidelatas\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 2 – 16 de setembro \nInstagram: @vaidelatas\nFacebook: Vaidelatas Compostela \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-arte-enlatada-_-vaidelatas/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/09/Cartel_Axenda.jpg.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20220817
DTEND;VALUE=DATE:20220901
DTSTAMP:20260913T083810
CREATED:20220817T154915Z
LAST-MODIFIED:20220817T154915Z
UID:10000106-1660694400-1661990399@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de arte téxtil _ Nobelo a nobelo
DESCRIPTION:Dicía Uxío Novoneyra\, nun dos seus poemas\, «nobelo a nobelo faise o mantelo». A María Gaiteiro gustoulle tanto a expresión\, e pareceulle que definía tan ben o seu traballo\, que decidiu collela emprestada para o nome do seu proxecto\, e para o título da exposición que temos aberta\, desde hoxe\, no Mercado Galego da Creatividade. \nDespois de formarse en corte e confección\, María abriu unha tenda de teas en A Estrada. Pouco a pouco\, esta costureira\, foi deixando fluír a súa faceta creativa\, deseñou unha liña de produtos propios e creou a súa firma ‘Nobelo a nobelo’. Nun primeiro momento facía pezas decorativas para a tenda\, mais ao ver que tiñan tanto éxito\, comezou a crear\, cos anaquiños das teas que ían quedando\, outros moitos produtos. \nSaíron así os primeiros bonequiños de algodón e liño\, feitos a partir de patróns dela. Despois viñeron as prendas de bordado á man para bebés e pasiño a pasiño\, as mochilas\, os bolsos\, as carteiras\, fundas varias\, e toda unha longa ringleira de produtos de creación propia. \nPara as súas creacións\, inspírase en pezas como o traxe tradicional galego e en cantas sabas e manteis antigos atopa. Encántalle a combinación de diferentes teas\, puntillas\, e a mestura destas con outros materiais como o coiro. Mais se en algo destaca María especialmente é nos bordados á man. Bordando é onde esta creativa mostra todo o seu potencial. \nPezas feitas á man\, con alma\, nas que cada puntada é un signo de vida en calma e autenticidade. Isto é o que ides atopar se visitades a súa exposición no Mercado. \nDescubre a esta artesá. \n  \nTítulo da exposición: “Nobelo a nobelo faise o mantelo”\nTécnica: costura e bordado tradicional\nAutora da exposición: María Gaiteiro\nMarca: Nobelo a nobelo\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 17 – 31 de agosto \nInstagram: @nobelo_a_nobelo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-arte-textil-_-nobelo-a-nobelo/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/08/cartel.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20220802
DTEND;VALUE=DATE:20220816
DTSTAMP:20260913T083810
CREATED:20220801T102743Z
LAST-MODIFIED:20220801T102743Z
UID:10000105-1659398400-1660607999@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de arte sobre madeira _ Taracea
DESCRIPTION:A taracea é unha técnica ancestral de artesanía sobre madeira. Podemos atopar os primeiros traballos desta arte en Mesopotamia\, 3000 a.C. Xurdiu como técnica de revestimento de mobles\, pavimentos\, paredes e para crear diferentes obxectos artísticos. \nEtimolóxica deriva do vocábulo árabe tarṣī que significa incrustación. E é que niso consiste esta técnica artística\, na incrustación sobre madeira de pequenas pezas\, de madeira de diferentes cores e texturas ou materiais como marfil\, nácar\, metal… O obxectivo final é crear pezas de gran beleza artística decoradas a base de figuras xeométricas. \nEsta técnica artística é a base de todo o traballo do noso compañeiro Antonio. De aí que o nome do seu proxecto e desta exposición sexa: ‘Taracea’. \nAproveitando a diversidade de cores e texturas que teñen\, ou coas que se colorean lixeiramente as diferentes láminas de madeiras\, Antonio elabora verdadeiras obras de arte debuxadas\, en vez de con lapis e cores\, cortando con coitela pequenos anacos destas láminas e dándolle forma ata conseguir debuxar o deseño que necesita.\nComo se dun crebacabezas se tratase\, pouco a pouco a unión destas pequenas pezas vai conformando as diferentes escenas e paisaxes dun cadro\, a decoración dunha lámpada marabillosa ou dun moble exclusivo\, entre outros moitos obxectos artísticos. \nCoñece o gran traballo deste creativo a través desta exposición e das súas RRSS. \n  \nTítulo da exposición: “Taracea”\nTécnica: taracea\nAutor: Antonio Ameneiros\nMarca: Taracea\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 2 – 15 de agosto \n  \nInstagram: @taracea.ameneiros
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-arte-sobre-madeira-_-taracea/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/07/WhatsApp-Image-2022-08-01-at-1.25.59-PM.jpeg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Paris:20220716T103000
DTEND;TZID=Europe/Paris:20220731T203000
DTSTAMP:20260913T083810
CREATED:20220719T124626Z
LAST-MODIFIED:20220719T124626Z
UID:10000102-1657967400-1659299400@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición 'Artista Invitado' _ BoSCQuexeir@s
DESCRIPTION:Inauguramos unha nova exposición no Mercado e abrimos unha nova proposta no espazo: ‘Artista Invitado’. \nEstreamos esta iniciativa do ‘Artista Invitado’ para\,  a través dela\, amosar o traballo de xente creativa\, que non está dentro do colectivo Creativas Galegas\, e da cal nos gusta o traballo que fai. \nComezan con esta nova iniciativa\, o grupo ‘BoSCQuexeir@s’. \nE quen son BoSCQuexeir@s? \nPois un grupo diverso\, cunha paixón común: o debuxo en compañía. \nDesde os seus comezos\, aló polo 2011\, reúnense como mínimo  unha vez á semana\, xeralmente na mañá dos sábados\, para debuxar na rúa e desfrutar departindo entre cadernos\, lapis\, acuarelas… (“e algunha que outra cervexa”). \nNa súa traxectoria como grupo\, xa participaron en proxectos como: a publicación dun libro de debuxos de Santiago\, colaboraron cos anciáns da Residencia Volta do Castro\, coa asociación Agadea e con outros grupos de Sketchcrawl de diferentes partes do mundo. \nTamén realizaron exposicións colectivas en lugares como: a Biblioteca Ánxel Casal\,  a Fundación Gonzalo Torrente Ballester\, a Cafetería Airas Nunes\, o Museo Masó en Bueu\, as Bodegas Nairoa en Ourense\, o Mosteiro de San Martiño Pinario… \nNesta exposición do Mercado Galego da Creatividade quixeron reflectir os vínculos coa nosa cidade\, proxectando as distintas visións dos seus recunchos\, tantas veces sentidos e paseados. \n“Visións íntimas e diversas\, coma diverso é o grupo que integramos en idades\, profesións\, afeccións\, técnicas e sentires. Un grupo aberto e multicultural\, co que podes contactar a través  da nosa páxina de Facebook ou do noso blog “Boscquejeros” se che interesa desfrutar debuxando con nós e compartindo momentos\, rúas e pinceis.” \n  \nTítulo da exposición: “Recantos de Santiago”\nTécnica: pintura e debuxo\nAutoras/es: BoSCQuejeros \n\n\n\n\n\nAdela T. Maroño\nNanda Cabaleiro\nNoemí Moisés\nYolanda Novo\nDiego Fiuza\nElena Cal\nMarta Moreira\nM. Isabel Llerena\nAntonia Soto\nPilar Barral\nOlga Lopez\nManoel Bonaval\nRosario Español\nMarga Santiago\nChus Arias\nJaqueline Cornejo\n\n\n\n\n\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 16 – 31 de xullo \n  \nBlog: BoSCQuejeros\nFacebook: boSCQuejeros
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-o-artista-invitado-_-boscquexeirs/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/07/Cartel_Axenda.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20220630
DTEND;VALUE=DATE:20220714
DTSTAMP:20260913T083810
CREATED:20220708T101422Z
LAST-MODIFIED:20220708T101422Z
UID:10000098-1656547200-1657756799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pintura ‘Mulleres transparentes’ _ Celia Pía
DESCRIPTION:‘Mulleres transparentes’ é o título da nova exposición que abrimos no Mercado. \n​“Laberintia\, Caosífora\, Aqüiralis…\, son tan só os nomes dalgunhas das mulleres​ que compoñen esta serie de estampas. \n​Nomes que acubillan a sustancia mesma​ da que está feita cada muller\, a relación consigo mesma e co mundo no que vive. \n​Transparente é aquela a través da que se ve con claridade. \nSer transparente é atreverse a mostrarse. \nCoñecerse\, ser dona de ti mesma\, exercer a liberdade. \nE estas son\, mulleres transparentes.” \nAsí nos presenta\, Celia Pía\, a colección de pinturas desta exposición na que resaltan\, con gran protagonismo\, a música\, as cores e as súas personaxes femininas\, transparentes\, bailando ao ritmo do son de cada lenzo. \n  \nTítulo da exposición: “Mulleres transparentes”\nTécnica: pintura\nAutora: Celia Pía\nMarca: Celia Pía\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 30 de xuño – 13 de xullo \n  \nInstagram: @celia_pia\nFacebook: @arteceliapia\nPinterest: @bilonguita \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-pintura-mulleres-transparentes-_-celia-pia/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/07/Plantilla_carteles-eventos-web2.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Paris:20220616T103000
DTEND;TZID=Europe/Paris:20220625T203000
DTSTAMP:20260913T083810
CREATED:20220616T094151Z
LAST-MODIFIED:20220616T094151Z
UID:10000097-1655375400-1656189000@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de xoiaría 'Peixes saíndo da auga' _ Soledad Mato
DESCRIPTION:Abrimos o espazo expositivo do Mercado para acoller a obra da nosa querida compañeira\, Soledad Mato. \nDesde o ano 1989\, esta xoieira está deseñando xoias cunha personalidade propia\, moi recoñecible e fiel á súa imaxe\, ao mesmo tempo que evolucionando o estilo cos tempos. Esta artesá de Oroso\, xa ten unha longa traxectoria de traballo coas mans\, orgullosa de facelo e de vivir do seu traballo. \nToda a súa xoiaría está feita con prata\, pedras semipreciosas e algún complemento feito de materiais como a pel ou o coiro. As pedras son as indubidables protagonistas da súa obra\, pois son as responsables de facer lucir as cores da propia natureza\, na súa obra. \nSoledad traballará en directo desde dentro da propia exposición e é unha oportunidade marabillosa para coñecer desde as entrañas\, o proceso creativo dunha xoieira\, desta xoieira\, Soleda Mato. \nTítulo da exposición: “Peixes saíndo da auga”\nTécnica: xoiaría\nAutora da exposición: Soledad Mato\nMarca: Soledad Mato\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 16 – 25 de xuño \nInstagram: @soledadmato
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/soledad-mato/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/06/Cartel_espo_soledad.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20211115
DTEND;VALUE=DATE:20211128
DTSTAMP:20260913T083810
CREATED:20211201T171050Z
LAST-MODIFIED:20211201T171050Z
UID:10000060-1636934400-1638057599@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición ‘IKIGAI’ _ Maite Fajardo
DESCRIPTION:Abrimos as portas do Mercado Galego da Creatividade para visitar a exposición ‘IKIGAI’. \nMaite Fajardo é a artista detrás da marca Pincelada de Hada\, e autora desta colección de pintura acrílica. \nA través destas obras\, Maite\, déixanos entrar a coñecer un pedaciño do seu rico mundo interior\, da súa intimidade. \nA exposición leva como título ‘IKIGAI’\, unha palabra que forma parte da filosofía de larga e feliz vida dos xaponeses. Con este fermoso termo da cultura xaponesa\, Maite sente que se identifica a súa obra. Fainos reflexionar sobre a importancia de identificar o que facemos ben e o que nos apaixona\, sabendo que aporta algo ao mundo. \nEn palabras de Maite:\n“Moitos e moitas pensamos (inclúome eu non hai tanto tempo) que non posuímos habilidades especiais\, o que é unha crenza equivocada\, xa que todos e todas temos un don natural que moitas veces queda oculto pola nosa aplastante vida de adulto\, e que só poderá saír se deixamos que flúa o neno que levamos dentro. Déixovos coa miña primeira exposición\, onde hai unha parte de min que nin eu mesma coñecía. Se con isto consigo emocionar a alguén\, haberei acadado o meu IKIGAI.” \nTítulo da exposición: “IKIGAI”\nAutora: Maite Fajardo\nTécnica da obra: acrílico sobre lenzo\, papel craft\, papel de aluminio e texturas con área e técnica de collage\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 15 – 27 de novembro\n\nNon perdas a oportunidade de coñecer esta marabillosa colección de pintura e á súa protagonista. \nFacebook: maite.fajardorocha\nInstagram: @pinceladadehada
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-pincelada-de-hada/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2021/12/Cartel_Axenda-1.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR