BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Creativas Galegas - ECPv6.3.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://creativasgalegas.gal
X-WR-CALDESC:Events for Creativas Galegas
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20220327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20221030T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
TZID:Europe/Paris
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20220327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20221030T010000
END:STANDARD
TZID:UTC
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0000
TZOFFSETTO:+0000
TZNAME:UTC
DTSTART:20210101T000000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230606
DTEND;VALUE=DATE:20230618
DTSTAMP:20260422T154600
CREATED:20230605T083328Z
LAST-MODIFIED:20230605T083328Z
UID:10000032-1686009600-1687046399@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pintura ao óleo\, e algo mais _ El Escaparate de Bea
DESCRIPTION:Coa crise de 2008\, Beatriz quedou sen traballo. Un día\, ordenando na casa\, descubriu\, no fondo dun caixón\, o diario que lle regalou a súa avoa cando cumpriu os 8 anos. Abriu o tesouro e leu na primeira páxina: \n“Me llamo Beatriz Fraguas  y de mayor quiero ser pintora”. \nLembrouse entón\, de cal era a súa verdadeira paixón desde moi nena\, esa que tanto a relaxaba desde ben pequena\, e a facía perder a noción do tempo: a pintura. \nDecidiu recuperala para o seu presente\, e desfrutar das bondades que esta arte lle achegaba á súa vida. \nBea di que lle falta moito para chegar a ser unha gran profesional da pintura\, e humildemente\, defínese como unha grande afeccionada a esta arte que tantos bos momentos lle brinda. \nA outra gran paixón da artista é a música\, e a combinación de ámbalas artes\, crean\, no día a día de Bea\, momentos máxicos nos que nada mais existe\, nos que nada mais importa. \n“As catro estacións da vida” é unha colección de obras que están relacionadas coa belísima composición de Antonio Vivaldi. Melodías que a acompañaron ao longo de moitos bos e malos momentos. A súa parte favorita é a final\, o verán\, e aínda que a colección dos seus óleos falan das catro estacións\, os que versan sobre o estío\, teñen algo especial… \nÉ marabilloso pensar que a través do tempo\, a Bea nena reapareceu na súa vida para recordarlle\, á Bea adulta\, que estaba deixando atrás\, o que realmente a facía feliz: pintar. Grazas á cativa por recuperar á artista e hoxe poder desfrutar da súa obra. \nConvidámoste a visitar a súa colección no Mercado. Toma nota: \nTítulo da exposición: ‘As catro estacións da vida’\nAutora: Beatriz Fraguas\nMarca: El Escaparate de Bea\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 6 de xuño – 17 de xuño \n  \nInstagram: El Escaparate de Bea \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-pintura-ao-oleo-e-algo-mais-_-el-escaparate-de-bea/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/05/Cartel_Axenda.jpg-2.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230523
DTEND;VALUE=DATE:20230604
DTSTAMP:20260422T154600
CREATED:20230519T164915Z
LAST-MODIFIED:20230519T164915Z
UID:10000034-1684800000-1685836799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de obras de arte plástica _ Espantalla arte plástica
DESCRIPTION:Abrimos as portas para presentarvos unha nova exposición. A protagonista desta colección de obras é a nosa compañeira Mónica García. Nos escasos momentos libres que lle deixa a súa carreira de actriz\, Mónica fai pezas únicas\, á man\, moitas delas baseándose nas técnicas da cestería tradicional e creadas a partir de plástico reutilizado. \nO ano pasado\, sorprendeunos cunha intervención no escaparate do Mercado\, para presentarnos a súa marca: @espantalla arte plástica. A través dunha performance chea de humor e cores\, descubríanos as arrepiantes cifras de residuos plásticos que xeramos e como podemos convertelos en marabillosos pendentes e orixinais cestos\, contribuíndo así a reducir os tan contaminantes residuos plásticos. \nEstamos desexando ver con que nos vai sorprender nesta exposición!!! \nChegou a primavera e as hortas énchense de vida. A HORTA DA ESPANTALLA  xa está ateigada de flores. Hai flores de todas as cores e de moi diversas procedencias\, hainas que veñen de Verín e  Mondariz\, outras da China\, onde fabrican as multinacionais\, e algunhas mesmo foron recollidas por min en Tailandia. \nEsta horta tan especial quere ser unha homenaxe a todas as hortas\, dende as urbanas ás da aldea\, dende as máis aqueladiñas  ás máis caóticas\, e dende as de toda a vida ás máis innovadoras. Porque as hortas\, alén de ser provedoras de comida saborosa e saudable\, son espazos para esquecer as présas e conectar coa terra e coas persoas: as horticultoras veciñas que comparten saber e sementes\, as paseantas maiores que me dan consellos sobre cal é a boa  lúa para plantar ou colleitar\, e xa postas\, falan da vida; as máis urbanitas que admiran como obra a natureza e preguntan  por esta ou estoutra planta\, e a cativada\, claro\, que ten parada obrigada na miña horta para se interesar pola rechamante espantalla feita con refugallo plástico.  \nSon\, xa que logo\, as hortas símbolo de sustentabilidade e resiliencia: crean comunidade\, poden ser  terapia marabillosa\, contribúen a reducir desperdicios\, e conciénciannos da nosa responsabilidade co medio ambiente\, por non falar de que nas hortas da Almáciga temos os mellores solpores de Compostela ;). \n Ao final ter unha horta e reutilizar lixo plástico\, as miñas dúas “actividades extraprofesionais”;)\, son parte dunha mesma filosofía de vida: consumir de xeito responsable e ser o máis respectuosa posible co planeta! \n  \nINAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN: martes\, día 23 de maio\, ás 19:30 h!!! \n  \nTítulo da exposición: ‘A Horta da Espantalla’\nAutora: Mónica García\nMarca: Espantalla arte plástica\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 23 de maio – 3 de xuño \n  \nInstagram: @espantalla
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-obras-de-arte-plastica-_-espantalla-arte-plastica/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/05/Cartel_Axenda.jpg-1.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230509
DTEND;VALUE=DATE:20230521
DTSTAMP:20260422T154600
CREATED:20230504T154833Z
LAST-MODIFIED:20230504T154833Z
UID:10000036-1683590400-1684627199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pintura _ Cuire acuarelas
DESCRIPTION:Abrimos as portas a unha nova exposición de arte. A persoa que nos convida a coñecer a súa colección de obras é Sandra Cuiña. \nSandra ensina todo o seu traballo baixo a marca de Cuire acuarelas e así nos relata a súa traxectoria e as motivacións que a levaron a refuxiarse no universo da pintura: \n\nSon poucos os momentos que lembro da miña infancia sen uns lapis de cores e un blogue de debuxo nas mans. Os meus libros do colexio estaban repletos de deseños e bosquexos\, as miñas horas de lecer transcorrían entre ceras Manley e folios nos que deixaba voar a miña imaxinación\, porque debuxar\, enchíame e facíame feliz.\nNon deixaba pasar un verán sen ir a clases de pintura para mellorar a miña técnica. Aprendín a pintar con óleo\, disciplina que fun perfeccionando no meu peculiar estudo: o cuarto da lavadora.  \nA pintura convivía coa outra miña paixón: escribir. Así que\, cando chegou a hora de marcharse á universidade\, elixín a segunda\, quizais\, porque me parecía menos complicado labrarme un futuro nese mundo.  \nDurante moitos anos deixei practicamente o debuxo de lado. Mais todo iso cambiou cando chegou a pandemia. A ansiedade e o temor ao descoñecido fixo que recorrese a todo tipo de ferramentas para facer fronte á situación tan surrealista\, e a pintura\, volveu á miña vida en forma de acuarela.\nCando collía os meus pinceis\, esquecíame da Covid. As máscaras e o peche facíase un pouco máis levadeiro. Así regresou a pintura á miña vida e así naceu ‘Perdida en Compostela’\, unha exposición na que teñen un gran protagonismo as peregrinas\, porque na miña cabeza é imposible entender Santiago sen o Camiño\, que ao final se converte nunha metáfora da vida. E é que a gran maioría dos que percorren a Ruta fano en momentos de crise ou de procura de respostas\, que ao fin e ao cabo é o que todos facemos ao longo da nosa existencia. Ademais de peregrinas\, en ‘Perdida en Compostela’ tamén hai moitas mulleres de costas que\, como as camiñantes\, tamén buscan respostas; Marías 2.0\, que son unha versión renovada doutro dos símbolos da cidade: As Dúas en Punto; flores\, e todo aquilo que forma parte do meu universo picheleiro. \n\nConvidámosvos a coñecer a esta artista\, Sandra\, e o resultado dunha das súas paixóns\, a pintura. \nTítulo da exposición: ‘Perdida en Compostela’\nAutora: Sandra Cuiña\nMarca: Cuire acuarelas\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 9 – 20 de maio \n  \nInstagram: @cuireacuarelas \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-pintura-_-cuire-acuarelas/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/04/Cartel_Axenda.jpg-13.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230425
DTEND;VALUE=DATE:20230507
DTSTAMP:20260422T154600
CREATED:20230421T163006Z
LAST-MODIFIED:20230421T163006Z
UID:10000142-1682380800-1683417599@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pintura _ María Feijoo
DESCRIPTION:Baixo o título ‘A pintura é a miña linguaxe’\, María Feijóo amosa a súa colección de obras. \nEsta creativa emprega a pintura como medio de comunicación e o pincel como ferramenta de expresión. Ao son do seu trazo\, sobre lenzo\, seda ou algodón\, María expresa en cada pincelada\, unha emoción. \nPinto de maneira intuitiva. Case nunca teño unha folla de ruta. A pintura cobra vida no proceso de creación ao encontrarse con ese momento no que\, intuitivamente\, sei que camiño tomar\, libérome\, flúo e deixo que a pintura me guíe.\n \nLenzos\, panos de seda\, bolsos\, paraugas\, pulseiras…\, son só algúns exemplos do listado de produtos exclusivos nos que esta artesá converte as súas obras pictóricas. \nPezas únicas\, elegantes\, de calidade e 100% artesanais que podes atopar no Mercado Galego da Creatividade lucindo en todo o seu explendor. \n  \nTítulo da exposición: ‘A pintura é a miña linguaxe’\nAutora: María Feijóo\nMarca: Fjoo\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 25 de abril – 6 de maio \n  \nInstagram: feijoo_maría\nFacebook: María Feijóo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-pintura-_-maria-feijoo/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/04/Cartel_Axenda.jpg-12.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230417
DTEND;VALUE=DATE:20230423
DTSTAMP:20260422T154600
CREATED:20230417T095101Z
LAST-MODIFIED:20230417T095101Z
UID:10000038-1681689600-1682207999@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pintura _ Celia Pía
DESCRIPTION:Anunciamos a nova exposición que temos aberta no Mercado Galego da Creatividade! \nCelia Pía é a artista que nos abre as portas para ensinarnos a súa colección de obras. \nCo interese posto de cheo na vida e no ser humano\, Celia explora coa súa paleta de cores paisaxes próximas e alleas. \nEsta artista incansable e conciliadora de diferencias\, sérvese dunha narrativa integradora e contrastante de forte carácter autobiográfico para establecer un debate co público que se detén a observar as súas obras pictóricas. \n  \nTítulo da actividade: ‘Viaxe\, demonios e humanismo’\nAutora: Celia Pía\nMarca: Celia Pía\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 17 – 22 de abril \n  \nInstagram: @celiapiamusica.arte\nFacebook: Celia Pía
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-pintura-_-celia-pia/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/04/Cartel_Axenda.jpg-1.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230404
DTEND;VALUE=DATE:20230417
DTSTAMP:20260422T154600
CREATED:20230404T112457Z
LAST-MODIFIED:20230404T112457Z
UID:10000039-1680566400-1681689599@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de xoiaría con traballo en directo _ Soledad Mato
DESCRIPTION:Abrimos as portas dunha nova exposición\, a da nosa compañeira Soledad Mato.  \nSoledad é unha xoieira con gran traxectoria no mercado e cuxas pezas se caracterizan\, como vos contamos noutras ocasións\, pola combinación dos marabillosos minerais que a natureza nos proporciona coa prata que ela mesma traballa de xeito totalmente artesanal\, peza a peza. \nPor suposto que a súa xoiaría será a protagonista desta exposición mais Soledad quere empregar a mostra de traballo en directo para despedir\, coa honra que se merece\, ao que foi o seu compañeiro de batalla durante moitos anos\, o seu soprete.  \nO traballo artesán vai moi ligado á ferramenta e a miña ferramenta predilecta é o soprete.  \nCando iniciei o meu proxecto como artesá da xoiaría elixín como modelo de soprete\, un soprete con fol. Daquelas xa estaba desestimado pola maioría de xoieiros e xoieiras. Dicían que era máis complexo de traballar con el e que ocupa máis espazo. \nPara min\, foi e é\, a ferramenta perfecta. A súa chama pódese variar en cada momento cun leve movemento do pé.  \nMais chegou o momento de darlle a despedida que se merece ao que foi o meu compañeiro de traballo durante máis de trinta anos. Toca xubilalo e dar paso ao que vai ser o seu substituto. Unha ferramenta mais nova\, que conserva as mesmas características e que espero que me acompañe durante a derradeira etapa da miña vida profesional.  \nLonga vida á artesanía\, e longa vida á ferramenta manual!!! \nFermosa despedida a que Soledad brinda a este aparello tan especial para ela\, non si? É a maxia da artesanía\, das cousas feitas á man. \nNon te perdas o traballo desta creativa! \n  \nActividade: Exposición de xoiaría\nAutora: Soledad Mato\nMarca: Soledad Mato\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 4 – 15 de abril \n  \nInstagram: @soledadmato\nFacebook: Joyas únicas Soledad Mato
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-xoiaria-con-traballo-en-directo-_-soledad-mato/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/04/Cartel_Axenda.jpg.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230314
DTEND;VALUE=DATE:20230326
DTSTAMP:20260422T154600
CREATED:20230302T181131Z
LAST-MODIFIED:20230302T181131Z
UID:10000051-1678752000-1679788799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de fotografía transferida á madeira _ Madeira Zombi
DESCRIPTION:Fai tres anos que Ruth Beltrán creou o seu proxecto Madeira Zombi. \n\n\n\nFotógrafa de profesión\, decidiu darlle un xiro ao soporte sobre o que mostrar a súa obra. As pezas de madeira desbotadas polo mar pensou que eran un soporte que casaba moi ben coa súa fotografía. Así comezou a andaina de Madeira Zombi. \n\n\n\nRuth recupera estas vellas madeiras abandonadas e transfire manualmente sobre elas\, a súa propia obra fotográfica. Deste xeito consigue dotalas dunha nova vida e convertelas en arte. \n\n\n\nPara esta colección de obras\, emprega anacos de madeira desbotada polo mar\, cheos de historia\, que tiveron unha vida útil vinculada aos nosos oficios e paisaxes e son unha homenaxe á tradición mariñeira e ás historias de persoas e empresas que co seu esforzo vital fortaleceron o vínculo de Galicia co mar. \n\n\n\nEntre as fotografías que podemos ver nesta exposición atopamos inmortalizados momentos do pasado\, embarcacións\, industrias\, oficios ou momentos da propia vida da mariña. \n\n\n\nTodas son obras de arte únicas e irrepetibles\, xa que non hai dous anacos de madeira iguais. \n\n\n\n  \n\n\n\nTítulo da exposición: “Madeiras do Mar”Técnica: transferencia manual de fotografías á madeiraAutora: Ruth BeltránMarca: Madeira ZombiLugar da exposición: Mercado galego da creatividadeData: Do 14 –25 de marzo \n\n\n\n  \n\n\n\nInstagram: @maderazombi_ruthbeltran
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-fotografia-transferida-a-madeira-_-madeira-zombi/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/03/Cartel_Axenda.jpg-1.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230223T000000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230223T235959
DTSTAMP:20260422T154600
CREATED:20230223T205056Z
LAST-MODIFIED:20230223T205056Z
UID:10000054-1677110400-1677196799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición colectiva _ Rosalía de Castro
DESCRIPTION:Neste 23 de febreiro de 2023 queremos mencionar a unha das nosas grandes referentes do pobo galego\, María Rosalía Rita de Castro\, ou como é coñecida\, Rosalía de Castro (1837 – 1885). \n\n\n\nUnha das figuras emblemáticas do Rexurdimento Galego. Unha figura feminina que alzou a voz e foi escoitada nun eido no que só se escoitaban as voces dos homes intelectuais do momento. \n\n\n\nCasada en 1858 con Manuel Murguía e sendo escritores e poetas os dous\, tendo en conta o contexto histórico no que viviron\, fai pensar na forza que debía desprender ela para conseguir ter voz propia\, como Rosalía de Castro\, e non como a muller de Manuel Murguía. \n\n\n\nRosalía e Manuel tiveron 7 fillos:• Alejandra (1859 – 1937)• Aura (1868 – 1942)• Gala (1871 – 1964)• Ovidio (xemelgo de Gala\, 1871 – 1900)• Amara (1873 – 1921)• Adriano Honorato Alejandro (1875 – 1876)• Valentina nace morta en 1877 \n\n\n\nDe Adriano\, Aura e Amara\, pouco nos conta a historia. \n\n\n\nGala foi a mais lonxeva desta casta e a que axudou a restaurar a Casa da Matanza. \n\n\n\nOvidio\, a pesar da súa curta vida\, son moitas as obras que nos deixou e toda unha carreira artística recoñecida. Debuxante e pintor de carácter independente\, frecuentaba o Museo do Prado e a zona do Guadarrama para pintar o que mais lle gustaba\, paisaxes ao natural. \n\n\n\nNon correu a mesma sorte a súa irmá maior Alejandra\, pois sendo profesora de Ovidio e tendo por diante unha carreira artística prometedora\, é un exemplo mais desas mulleres que o talento foi agochado para converterse na coidadora da casa. Alejandra coidaba dos seus irmáns\, da súa nai cando o precisou\, e da casa dos seus pais\, rexeitando para isto unha carreira como debuxante e unha praza como restauradora no Museo do Prado. Si\, ilustrou moitas das obras que escribiu o seu pai\, e publicáronse en medios referentes naquel momento\, mais non están firmadas co seu nome\, Alejandra Murguía\, e non se coñecen\, nin se lle recoñece o valor como artista. \n\n\n\nNon podemos cambiar a historia\, mais hoxe queremos lembrarnos tamén dela. \n\n\n\nTodo isto es mais\, podedes atopalo na exposición que temos dende hoxe\, no Mercado Galego da Creatividade. Rosalía no centro da mesma e arroupándoa\, temos obras de escritores e escritoras galegas\, así como unha pequena representación de traxes da época. Todo isto ao son de poemas da autora. \n\n\n\nVen a vernos!
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-colectiva-_-rosalia-de-castro/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/02/Cartel_Axenda.jpg.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20221206
DTEND;VALUE=DATE:20221217
DTSTAMP:20260422T154600
CREATED:20221207T192152Z
LAST-MODIFIED:20221207T192152Z
UID:10000120-1670284800-1671235199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de produtos estampados artesanalmente _ amorote printing workshop
DESCRIPTION:Abrimos de novo o noso espazo de talleres e exposicións para acoller a obra de amorote printing work shop. Detrás desta firma está a nosa compañeira Sandra de Rego\, unha profesional do deseño gráfico que se atopou coas técnicas de estampación e xa nunca mais as deixou.\n\n“Ola! Eu son Sandra e amorote é un taller de estampación artesanal sobre téxtil\, papel e madeira.\nCon esta exposición de “Miña terra galega” quero amosar de cerca e en directo\, os segredos do meu traballo artesanal e creativo.\nA través das técnicas de impresión\, plasmo\, sobre diferentes soportes\, deseños inspirados  en Galicia. E aínda que a serigrafía artesanal\, é a técnica protagonista do meu taller\, emprego outras como son o gravado en releve.\nPoñendo sempre no centro das temáticas\, iconas da natureza e paisaxe galega\, creo imaxes cun estilo moi propio\, e tamén colaboro con outros artistas residentes en Galicia.”\n\nDesta creativa destacamos a súa aposta por traballar dende o respecto e o coidado do planeta. É por iso que emprega como base\, prendas de comercio xusto\, tecidos orgánicos\, pezas de reciclaxe e tintas con base de auga.\n\nSandra converteu o espazo expositivo do Mercado Galego da Creatividade\, nunha verdadeira tenda-taller de estampación\, na que traballar en directo e lucir en todo o seu esplendor as pezas da súa marca amorote. Podedes atopar desde taciñas\, camisetas\, láminas\, suadoiros…\, e un longo etcétera de artigos de decoración\, ben para o fogar ou para vestir.\n\nSe che parece máxico o proceso de estampar deseños que che gustan sobre produtos de diferentes texturas e materiais\, ven ao Mercado e achégate á exposición para que Sandra che descubra como funcionan e os segredos das distintas técnicas de impresión que ela emprega.\n\n \n\nTítulo da exposición: “Miña terra galega”\nTécnica: serigrafía artesanal\nAutora: Sandra de Rego\nMarca: amorote printing workshop\nLugar da exposición: Mercado galego da creatividade\nData: Do 6 – 16 de decembro\n\n \n\nInstagram: @amoroteprintingworkshop\nFacebook: Amorote printing workshop
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-produtos-estampados-artesanalmente-_-amorote-printing-workshop/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/12/WhatsApp-Image-2022-12-07-at-15.54.15.jpeg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Paris:20221115T080000
DTEND;TZID=Europe/Paris:20221126T170000
DTSTAMP:20260422T154600
CREATED:20221116T081952Z
LAST-MODIFIED:20221116T081952Z
UID:10000117-1668499200-1669482000@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pintura _ Pincelada de hada
DESCRIPTION:‘TEMPO’ é o nome baixo o cal imos ter\, no Mercado Galego da Creatividade\, a nova colección de obras de Maite Fajardo. \nCon que nos vai sorprender esta creativa desta vez? \nDeixámosvos aquí un avance do que ela mesma nos conta: \nPintar a tempo\, no  tempo e con tempo. Pintar… respectando o meu tempo. Sempre hai tempo de chegar a tempo. \nNesta terceira exposición quero reflectir o traballo feito froito de experiencias e coñecementos acadados durante estes dous últimos anos. Trátase dunha pintura de cores tranquilas\, cores que veñen á miña mente\, nacidas de experiencias e soños. Nesta nova achega ás miñas obras\, desexo mostrar a perspectiva dunha aprendiz de artesá que percorre un camiño sosegado ao carón da natureza. \nSabedora de que todo pasa por algo e para algo\, abrazo a pintura como un agasallo do destino. E así é como de forma causal\, que non casual\, creo as miñas pezas. Cada cadro leva un retallo que quero comparir da miña vida. \nO que verás é o que eu antes sentín.  \nMil grazas por mirar mais alá lo lenzo. \nPois xa sabes\, se queres deixarte emocionar por esta poeta que fala a través da pintura…\, ven a vernos no M \nTítulo da exposición: “TEMPO”\nTécnica: acrílico e acuarela\nAutora: Maite Fajardo\nMarca: Pincelada de hada\nLugar da exposición: Mercado galego da creatividade\nData: Do 15 – 26 de novembro \n  \nInstagram: @pinceladadehada\nFacebook: Maite Fajardo Rocha \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-pintura-_-pincelada-de-hada/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/10/WhatsApp-Image-2022-11-16-at-9.09.15-AM.jpeg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20221101
DTEND;VALUE=DATE:20221113
DTSTAMP:20260422T154600
CREATED:20221028T104020Z
LAST-MODIFIED:20221028T104020Z
UID:10000116-1667260800-1668297599@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de fotografía e ilustración _ Casal de Creación
DESCRIPTION:GALIZA PROFUNDA é unha exposición colectiva que vai facer pousada\, entre outros moitos sitios\, no Mercado Galego da Creatividade. Unha ollada á realidade do rural galego a través da ilustración e fotografía contemporáneas. \nAquí deixamos a presentación que elas mesmas nos achegan: \nA visión do rural galego brinca ás veces entre as imaxes certamente idealizadas que del conservamos de cando eramos cativos\, os prexuízos cara o mesmo pero tamén a confrontación fronte á idealización que supón voltar a el cunha ollada adulta. \nEsta mostra pretende\, dende a conciencia e visión crítica das artistas escollidas\, facer unha dignificación do mesmo fronte a unha visión clasista\, reaccionaria\, costumista e ata denigrante do rural galego que xerou co tempo un “autodio” cara o mesmo\, e por conseguinte\, cara a toda cultura galega.  Pois Galiza non se pode nunca desligar da súa ruralidade como país. Tal “autodio” foi fomentado polo escurantismo dictatorial ao longo dos seus corenta anos de duración\, mais segue perdurando aínda no imaxinario colectivo do Estado e entre parte dos propios galegos e galegas. Esta idea refléxase de forma explícita\, por exemplo\, na diglosia persistente. \nSe ben é certo que fronte a certas visións utópicas do rural galego que se poidan ter dende a cidade\, o día a día no mesmo alónxase desa idealización. Por iso tamén\, as pezas elixidas axúdannos a confrontar esa dimensión bucólica á realidade tan dura que pasaron os nosos avós e avoas\, especialmente as mulleres\, feito reflexado en pezas como a  de Lidia Cao ou nas lavandeiras do colaxe de Pampillo Store;  ou noitras profesión case exclusivamente femininas da man de Xiralúa. Mulleres bravas e homes que con todo en contra lograron erguerse e sobrevivir en tempos de miseria tal como a posguerra.  A Memoria Histórica tamén está presente na mostra cos frotagges de Rebeca Lar e xoga un pael chave para entendermos a actual concepción do país e os seus silencios. \nGALIZA PROFUNDA quere facernos reflexionar sobre a dicotomía entre a fermosura do rural xunto coa potencia e riqueza do mesmo e as causas para o seu difícil desenvolvemento. Cómo\, a pesares de termos todo a prol nosa\, o contexto social e político logrou que non avanzaramos nestes séculos todo o que mereciamos.  Reflexión esta última representada na obra que fecha a mostra: a ilustración de Pruden TT na súa colaboración con Acontravento. \nO peso do caciquismo e posterior franquismo  e a actual concepción da Galiza infravalorada no conxunto do Estado\, é aínda unha lousa que a pesares do tempo\, segue a alimentar esa idea de “autodio” aínda latente en parte da sociedade galega. \n  \nTítulo da exposición: ‘GALIZA PROFUNDA‘\nTécnica: ilustración e fotografía\nAutoras: \n\nLidia Cao\nPampillo Store\nMary de Lirios\nDeica Creacións\nAcontravento / Prudent TT\nCavaliño do Demo\nXiralúa\nAriadna Silva Fernández\nSabela Eiriz\nAlberte Peiteavel\nRosa de Cabanas\nRebeca Lar\nAlejandro Mosquera\nNeka (Artista convidada)\n\nEnmarcación creativa: Casal de Creación\nLugar da exposición: Mercado galego da creatividade\nData: Do 1 – 12 novembro
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-fotografia-e-ilustracion-_-casal-de-creacion/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/10/EXPOSICION-GALIZA-PROFUNDA.jpeg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20221018
DTEND;VALUE=DATE:20221030
DTSTAMP:20260422T154600
CREATED:20221014T144933Z
LAST-MODIFIED:20221014T144933Z
UID:10000113-1666051200-1667087999@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de escultura _ Napalmadaman
DESCRIPTION:Inauguramos unha nova exposición no Mercado. \nDesta vez abrimos as portas para marabillarnos\, en vivo e en directo\, co traballo Juan.  \nComo moitos e moitas sabedes\, é un compromiso compartido entre as moitas marcas deste colectivo\, reducir a cantidade de lixo que desbotamos para coidar o planeta que nos acolle e deixar a menor pegada posible. Cada quen no seu sector\, intentamos crear deseños orixinais a partir de materiais que de xeito habitual van ao lixo. Materiais que están en perfecto estado e que con un pouco de imaxinación poden ser empregados para crear algo útil e necesario\, e así evitarnos mercar outros novos\, para facer o mesmo\, e seguir xerando mais residuos. \nE por que recordamos isto? \nPorque a seguinte colección de obras caracterízase\, ademais de por orixinalidade e deseño\, polo compromiso e a responsabilidade de Juan cos materiais empregados á hora de traballar. \nCantos paquetes chegan aos nosos fogares a diario? Canto recheo ven nesa paquetería e vai directamente ao lixo\, estando en perfecto estado? E que podemos facer con el para empregalo en algo útil e non tiralo?\nEstas preguntas son as que fixo Juan antes de poñer en marcha a súa marca: Napalmadaman. E tamén se fixou en que un dos materiais mais abundantes como protector e illante é o polistireno expandido (coñecido popularmente como poliespan). Un material moi usado para embalar electrodomésticos\, materiais de obra…\, que chega impecable ao seu destino e así de intacto vai directo ao lixo. De aquí xorde a idea do noso compañeiro. \nDesde ese momento no que xorde a idea\, son moitos os e moi diferentes os produtos que Juan foi creando. Mais para esta exposición decidiu poñer como centro da mesma\, a luz\, e crear entorno a ela\, orixinais e marabillosos deseños de lámpadas a partir deste material reutilizado: o polistireno. \nEste creativo autodidacta\, xa leva mais de cinco anos co seu proxecto\, sustentado na reciclaxe de materiais e apostando por unha verdadeira economía circular. \nConvidámosvos a ver este seu último traballo\, a elegancia coa que xoga coa luz e como\, a partir dun bo deseño e moita creatividade\, converte o polistireno nunha lámpada exclusiva. \n  \nTítulo da exposición: “BRANCO”\nTécnica: corte de polistireno expandido con fío de ferroníquel ou fío de nicrom\, tamén coñecido como fío quente.\nAutor: Xoán Lens\nMarca: Napalmadaman\nLugar da exposición: Mercado galego da creatividade\nData: Do 18 – 29 de outubro \n  \nInstagram: @napalmadaman \nFacebook: @Napalmadaman
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-escultura-_-napalmadaman/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/10/EXPOSICION-4.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20221006
DTEND;VALUE=DATE:20221016
DTSTAMP:20260422T154600
CREATED:20221006T172642Z
LAST-MODIFIED:20221006T172642Z
UID:10000112-1665014400-1665878399@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición colectiva _ marcas Creativas Galegas
DESCRIPTION:Temos unha nova exposición no Mercado! \nEsta vez trátase dunha exposición colectiva de diferentes marcas Creativas Galegas. Unha exposición mixta para a que fixemos unha selección de obras de cada unha das firmas. \nDentro das pezas seleccionadas podemos atopar obra pictórica de Celia Pía\, María Feijoo e Marica da Berza. Tamén encontramos as vidreiras de Arlequina Design ou as esculturas de madeira de SonAgasallo. Como exemplo de ilustración temos na exposición os cadros de Quenindiola e seleccionamos para esta mostra os tapices de Belategui Regueiro. \nEscollemos tamén pezas de téxtil que son especiais para nós. Entre esas obras selectas están as da marca Pécora\, amorote\, Paripepop e complementos como os de Boro. \nQuixemos engadir as obras de Capixuta como exemplo de ata onde se pode chegar coa técnica da cestería. \nXa ves que temos unha ampla selección así que ven a visitarnos. \n  \nTítulo da exposición: “Exposición colectiva mixta”\nAutoras/es: marcas Creativas Galegas\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 6 – 15 de outubro
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-colectiva-_-marcas-creativas-galegas/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/10/WhatsApp-Image-2022-10-06-at-12.27.09-PM.jpeg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20220918
DTEND;VALUE=DATE:20221003
DTSTAMP:20260422T154600
CREATED:20220916T175512Z
LAST-MODIFIED:20220916T175512Z
UID:10000110-1663459200-1664755199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición 'a arte de tecer' _ Belategui Regueiro
DESCRIPTION:Baixo o título de ‘A arte de tecer’\,  Óscar e Luisa expoñen parte do seu traballo no Mercado Galego da Creatividade. \nEn 1984 achegáronse por primeira vez a un tear. Foi por inquietude persoal pero gustoulles tanto\, que dende entón non deixaron de profundar nesta arte e xa nunca mais se separaron dun tear. Tanto é así\, que con eles ven un tear ao Mercado. Así que si queredes velos traballar en directo\,  non tedes mais que achegarvos á nosa tenda. \nNo ano 2004 fundaron a marca Belategui Regueiro para facer desta arte o seu medio de vida. Unha marca que é toda unha homenaxe ás súas propias nais\,  pois Belategui é o segundo apelido da nai de Óscar e Regueiro é o segundo apelido da nai de Luisa. \nBaixo esta firma\, Óscar e Luisa crean prendas e complementos de moda e decoración con teas tecidas á man\, en teares de madeira\, como sempre se fixo en Galicia.\nUsan fibras de sempre como son o liño ou a lá\, e tamén empregan materiais non tan convencionais algúns deles\, para esta técnica\, como son: seda\, bambú\, alpaca\, coiro\, neopreno…\nSempre empregando as técnicas artesanais que enriquecen os tecidos. \nNa súa gama de traballos empregan as técnicas do tecido en teares de alto e baixo lizo\, a impresión botánica\, o tinguido artesanal e a técnica de tinguido manual xaponesa shibori. \nSe non coñeces o traballo de Óscar e Luisa\, non deixes de visitarnos. \n  \nTítulo da exposición: “A arte de tecer”\nTécnica: tecido en tear\, impresión botánica\, tinguido artesanal e shibori\nAutoraes da exposición: Luisa e Óscar\nMarca: Belategui Regueiro\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 18 de setembro – 2 de outubro \n  \nInstagram: belategui_regueiro\nFacebook: Belategui Regueiro
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-a-arte-de-tecer-_-belategui-regueiro/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/09/exposicion-belategui.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20220902
DTEND;VALUE=DATE:20220917
DTSTAMP:20260422T154600
CREATED:20220902T101625Z
LAST-MODIFIED:20220902T101625Z
UID:10000108-1662076800-1663372799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de 'arte enlatada' _ Vaidelatas
DESCRIPTION:Temos unha nova e orixinal exposición no Mercado. E como di o nome deste proxecto\, a cousa ‘vai de latas’. \nAraceli Blanco e Mar Castro son as creativas que están detrás desta marca: Vaidelatas. \nMar e Araceli representan ideas\, conceptos e escenas do mais singulares\, usando como escenario para elas\, latas de conserva. Crean pequenos universos dentro dun espazo tan reducido como é unha lata. A idea é moi orixinal\, non si? Pois o resultado é marabilloso. \nPartindo do produto base\, unha lata\, estas creadoras empezan a deseñar a idea que queren representar nela. Para representar ese concepto artístico\, empregan materiais como son as súas propias fotografías\, xa que ambas son profesionais desta arte\, e reutilizan diferentes materiais que van atopando e lles inspiran para montar a peza. \nComo podedes ver\, usan latas de conserva e outros materiais de diferentes texturas e orixen\, todo reciclado. Ese é o compromiso destas artesás\, darlle unha segunda vida ás cousas en vez de levalas directas ao lixo. \nO feito de que todo se represente en envases de conserva é a súa especial homenaxe a cantas mulleres traballaron\, traballan e seguirán traballando nas nosas conserveiras. Vai por elas! \nTítulo da exposición: “Vaidelatas”\nTécnica: collage\, fotografía…\, entre outras moitas artes\nAutoras da exposición: Araceli e Mar\nMarca: Vaidelatas\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 2 – 16 de setembro \nInstagram: @vaidelatas\nFacebook: Vaidelatas Compostela \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-arte-enlatada-_-vaidelatas/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/09/Cartel_Axenda.jpg.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20220817
DTEND;VALUE=DATE:20220901
DTSTAMP:20260422T154600
CREATED:20220817T154915Z
LAST-MODIFIED:20220817T154915Z
UID:10000106-1660694400-1661990399@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de arte téxtil _ Nobelo a nobelo
DESCRIPTION:Dicía Uxío Novoneyra\, nun dos seus poemas\, «nobelo a nobelo faise o mantelo». A María Gaiteiro gustoulle tanto a expresión\, e pareceulle que definía tan ben o seu traballo\, que decidiu collela emprestada para o nome do seu proxecto\, e para o título da exposición que temos aberta\, desde hoxe\, no Mercado Galego da Creatividade. \nDespois de formarse en corte e confección\, María abriu unha tenda de teas en A Estrada. Pouco a pouco\, esta costureira\, foi deixando fluír a súa faceta creativa\, deseñou unha liña de produtos propios e creou a súa firma ‘Nobelo a nobelo’. Nun primeiro momento facía pezas decorativas para a tenda\, mais ao ver que tiñan tanto éxito\, comezou a crear\, cos anaquiños das teas que ían quedando\, outros moitos produtos. \nSaíron así os primeiros bonequiños de algodón e liño\, feitos a partir de patróns dela. Despois viñeron as prendas de bordado á man para bebés e pasiño a pasiño\, as mochilas\, os bolsos\, as carteiras\, fundas varias\, e toda unha longa ringleira de produtos de creación propia. \nPara as súas creacións\, inspírase en pezas como o traxe tradicional galego e en cantas sabas e manteis antigos atopa. Encántalle a combinación de diferentes teas\, puntillas\, e a mestura destas con outros materiais como o coiro. Mais se en algo destaca María especialmente é nos bordados á man. Bordando é onde esta creativa mostra todo o seu potencial. \nPezas feitas á man\, con alma\, nas que cada puntada é un signo de vida en calma e autenticidade. Isto é o que ides atopar se visitades a súa exposición no Mercado. \nDescubre a esta artesá. \n  \nTítulo da exposición: “Nobelo a nobelo faise o mantelo”\nTécnica: costura e bordado tradicional\nAutora da exposición: María Gaiteiro\nMarca: Nobelo a nobelo\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 17 – 31 de agosto \nInstagram: @nobelo_a_nobelo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-arte-textil-_-nobelo-a-nobelo/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/08/cartel.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20220802
DTEND;VALUE=DATE:20220816
DTSTAMP:20260422T154600
CREATED:20220801T102743Z
LAST-MODIFIED:20220801T102743Z
UID:10000105-1659398400-1660607999@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de arte sobre madeira _ Taracea
DESCRIPTION:A taracea é unha técnica ancestral de artesanía sobre madeira. Podemos atopar os primeiros traballos desta arte en Mesopotamia\, 3000 a.C. Xurdiu como técnica de revestimento de mobles\, pavimentos\, paredes e para crear diferentes obxectos artísticos. \nEtimolóxica deriva do vocábulo árabe tarṣī que significa incrustación. E é que niso consiste esta técnica artística\, na incrustación sobre madeira de pequenas pezas\, de madeira de diferentes cores e texturas ou materiais como marfil\, nácar\, metal… O obxectivo final é crear pezas de gran beleza artística decoradas a base de figuras xeométricas. \nEsta técnica artística é a base de todo o traballo do noso compañeiro Antonio. De aí que o nome do seu proxecto e desta exposición sexa: ‘Taracea’. \nAproveitando a diversidade de cores e texturas que teñen\, ou coas que se colorean lixeiramente as diferentes láminas de madeiras\, Antonio elabora verdadeiras obras de arte debuxadas\, en vez de con lapis e cores\, cortando con coitela pequenos anacos destas láminas e dándolle forma ata conseguir debuxar o deseño que necesita.\nComo se dun crebacabezas se tratase\, pouco a pouco a unión destas pequenas pezas vai conformando as diferentes escenas e paisaxes dun cadro\, a decoración dunha lámpada marabillosa ou dun moble exclusivo\, entre outros moitos obxectos artísticos. \nCoñece o gran traballo deste creativo a través desta exposición e das súas RRSS. \n  \nTítulo da exposición: “Taracea”\nTécnica: taracea\nAutor: Antonio Ameneiros\nMarca: Taracea\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 2 – 15 de agosto \n  \nInstagram: @taracea.ameneiros
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-arte-sobre-madeira-_-taracea/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/07/WhatsApp-Image-2022-08-01-at-1.25.59-PM.jpeg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Paris:20220716T103000
DTEND;TZID=Europe/Paris:20220731T203000
DTSTAMP:20260422T154600
CREATED:20220719T124626Z
LAST-MODIFIED:20220719T124626Z
UID:10000102-1657967400-1659299400@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición 'Artista Invitado' _ BoSCQuexeir@s
DESCRIPTION:Inauguramos unha nova exposición no Mercado e abrimos unha nova proposta no espazo: ‘Artista Invitado’. \nEstreamos esta iniciativa do ‘Artista Invitado’ para\,  a través dela\, amosar o traballo de xente creativa\, que non está dentro do colectivo Creativas Galegas\, e da cal nos gusta o traballo que fai. \nComezan con esta nova iniciativa\, o grupo ‘BoSCQuexeir@s’. \nE quen son BoSCQuexeir@s? \nPois un grupo diverso\, cunha paixón común: o debuxo en compañía. \nDesde os seus comezos\, aló polo 2011\, reúnense como mínimo  unha vez á semana\, xeralmente na mañá dos sábados\, para debuxar na rúa e desfrutar departindo entre cadernos\, lapis\, acuarelas… (“e algunha que outra cervexa”). \nNa súa traxectoria como grupo\, xa participaron en proxectos como: a publicación dun libro de debuxos de Santiago\, colaboraron cos anciáns da Residencia Volta do Castro\, coa asociación Agadea e con outros grupos de Sketchcrawl de diferentes partes do mundo. \nTamén realizaron exposicións colectivas en lugares como: a Biblioteca Ánxel Casal\,  a Fundación Gonzalo Torrente Ballester\, a Cafetería Airas Nunes\, o Museo Masó en Bueu\, as Bodegas Nairoa en Ourense\, o Mosteiro de San Martiño Pinario… \nNesta exposición do Mercado Galego da Creatividade quixeron reflectir os vínculos coa nosa cidade\, proxectando as distintas visións dos seus recunchos\, tantas veces sentidos e paseados. \n“Visións íntimas e diversas\, coma diverso é o grupo que integramos en idades\, profesións\, afeccións\, técnicas e sentires. Un grupo aberto e multicultural\, co que podes contactar a través  da nosa páxina de Facebook ou do noso blog “Boscquejeros” se che interesa desfrutar debuxando con nós e compartindo momentos\, rúas e pinceis.” \n  \nTítulo da exposición: “Recantos de Santiago”\nTécnica: pintura e debuxo\nAutoras/es: BoSCQuejeros \n\n\n\n\n\nAdela T. Maroño\nNanda Cabaleiro\nNoemí Moisés\nYolanda Novo\nDiego Fiuza\nElena Cal\nMarta Moreira\nM. Isabel Llerena\nAntonia Soto\nPilar Barral\nOlga Lopez\nManoel Bonaval\nRosario Español\nMarga Santiago\nChus Arias\nJaqueline Cornejo\n\n\n\n\n\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 16 – 31 de xullo \n  \nBlog: BoSCQuejeros\nFacebook: boSCQuejeros
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-o-artista-invitado-_-boscquexeirs/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/07/Cartel_Axenda.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20220630
DTEND;VALUE=DATE:20220714
DTSTAMP:20260422T154600
CREATED:20220708T101422Z
LAST-MODIFIED:20220708T101422Z
UID:10000098-1656547200-1657756799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pintura ‘Mulleres transparentes’ _ Celia Pía
DESCRIPTION:‘Mulleres transparentes’ é o título da nova exposición que abrimos no Mercado. \n​“Laberintia\, Caosífora\, Aqüiralis…\, son tan só os nomes dalgunhas das mulleres​ que compoñen esta serie de estampas. \n​Nomes que acubillan a sustancia mesma​ da que está feita cada muller\, a relación consigo mesma e co mundo no que vive. \n​Transparente é aquela a través da que se ve con claridade. \nSer transparente é atreverse a mostrarse. \nCoñecerse\, ser dona de ti mesma\, exercer a liberdade. \nE estas son\, mulleres transparentes.” \nAsí nos presenta\, Celia Pía\, a colección de pinturas desta exposición na que resaltan\, con gran protagonismo\, a música\, as cores e as súas personaxes femininas\, transparentes\, bailando ao ritmo do son de cada lenzo. \n  \nTítulo da exposición: “Mulleres transparentes”\nTécnica: pintura\nAutora: Celia Pía\nMarca: Celia Pía\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 30 de xuño – 13 de xullo \n  \nInstagram: @celia_pia\nFacebook: @arteceliapia\nPinterest: @bilonguita \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-pintura-mulleres-transparentes-_-celia-pia/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/07/Plantilla_carteles-eventos-web2.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Paris:20220616T103000
DTEND;TZID=Europe/Paris:20220625T203000
DTSTAMP:20260422T154600
CREATED:20220616T094151Z
LAST-MODIFIED:20220616T094151Z
UID:10000097-1655375400-1656189000@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de xoiaría 'Peixes saíndo da auga' _ Soledad Mato
DESCRIPTION:Abrimos o espazo expositivo do Mercado para acoller a obra da nosa querida compañeira\, Soledad Mato. \nDesde o ano 1989\, esta xoieira está deseñando xoias cunha personalidade propia\, moi recoñecible e fiel á súa imaxe\, ao mesmo tempo que evolucionando o estilo cos tempos. Esta artesá de Oroso\, xa ten unha longa traxectoria de traballo coas mans\, orgullosa de facelo e de vivir do seu traballo. \nToda a súa xoiaría está feita con prata\, pedras semipreciosas e algún complemento feito de materiais como a pel ou o coiro. As pedras son as indubidables protagonistas da súa obra\, pois son as responsables de facer lucir as cores da propia natureza\, na súa obra. \nSoledad traballará en directo desde dentro da propia exposición e é unha oportunidade marabillosa para coñecer desde as entrañas\, o proceso creativo dunha xoieira\, desta xoieira\, Soleda Mato. \nTítulo da exposición: “Peixes saíndo da auga”\nTécnica: xoiaría\nAutora da exposición: Soledad Mato\nMarca: Soledad Mato\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 16 – 25 de xuño \nInstagram: @soledadmato
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/soledad-mato/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/06/Cartel_espo_soledad.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20211115
DTEND;VALUE=DATE:20211128
DTSTAMP:20260422T154600
CREATED:20211201T171050Z
LAST-MODIFIED:20211201T171050Z
UID:10000060-1636934400-1638057599@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición ‘IKIGAI’ _ Maite Fajardo
DESCRIPTION:Abrimos as portas do Mercado Galego da Creatividade para visitar a exposición ‘IKIGAI’. \nMaite Fajardo é a artista detrás da marca Pincelada de Hada\, e autora desta colección de pintura acrílica. \nA través destas obras\, Maite\, déixanos entrar a coñecer un pedaciño do seu rico mundo interior\, da súa intimidade. \nA exposición leva como título ‘IKIGAI’\, unha palabra que forma parte da filosofía de larga e feliz vida dos xaponeses. Con este fermoso termo da cultura xaponesa\, Maite sente que se identifica a súa obra. Fainos reflexionar sobre a importancia de identificar o que facemos ben e o que nos apaixona\, sabendo que aporta algo ao mundo. \nEn palabras de Maite:\n“Moitos e moitas pensamos (inclúome eu non hai tanto tempo) que non posuímos habilidades especiais\, o que é unha crenza equivocada\, xa que todos e todas temos un don natural que moitas veces queda oculto pola nosa aplastante vida de adulto\, e que só poderá saír se deixamos que flúa o neno que levamos dentro. Déixovos coa miña primeira exposición\, onde hai unha parte de min que nin eu mesma coñecía. Se con isto consigo emocionar a alguén\, haberei acadado o meu IKIGAI.” \nTítulo da exposición: “IKIGAI”\nAutora: Maite Fajardo\nTécnica da obra: acrílico sobre lenzo\, papel craft\, papel de aluminio e texturas con área e técnica de collage\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 15 – 27 de novembro\n\nNon perdas a oportunidade de coñecer esta marabillosa colección de pintura e á súa protagonista. \nFacebook: maite.fajardorocha\nInstagram: @pinceladadehada
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-pincelada-de-hada/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2021/12/Cartel_Axenda-1.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR