BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Creativas Galegas - ECPv6.3.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://creativasgalegas.gal
X-WR-CALDESC:Events for Creativas Galegas
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250617
DTEND;VALUE=DATE:20250629
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20250702T150811Z
LAST-MODIFIED:20250702T154647Z
UID:10000238-1750118400-1751155199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de xoiaría _ Soledad Mato
DESCRIPTION:🔹Gústanche as xoias e tes curiosidade polo oficio da ourivaría compostelá? \n🔹Apetéceche coñecer as diferentes técnicas e procesos que se esconden detrás dunha xoia elaborada artesanalmente? \n🔹Tes inquedanza por entender onde está o valor de cada peza? \nSe respondes que si a algunha destas preguntas temos preparada a exposición perfecta que vai responder a todas as túas dúbidas\, ademais de compracer o teu gusto. \nExposición de xoiaría con Soledad Mato e traballo en directo todos os días coa propia autora das pezas. Un luxo que podes atopar\, desde mañá\, no Mercado Galego da Creatividade. \nVen a vernos! \n  \nActividade: Xogando coa prata\nAutora: Soledad Mato\nMarca: Soledad Mato\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 1 – 12 de xullo\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo destas creativas:\nInstagram: @soledadmato
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-xoiaria-_-soledad-mato-2/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/07/plantilla-1080x1350x72ppp-IGweb_-tALLERES-copia-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250422
DTEND;VALUE=DATE:20250504
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20250429T164639Z
LAST-MODIFIED:20250627T173105Z
UID:10000237-1745280000-1746316799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de ilustración _ Quenindiola
DESCRIPTION:Baseadas nas formas bidimensionais do Románico Galego\, Quenindiola crea o seu propio código para reinterpretar as iconas da nosa cultura e patrimonio. \nCatro cores son as que enchen os baleiros entre as liñas: o vermello da Cruz de Santiago\, o azul de Galicia e o negro e o branco para contrastar. \nComo soporte das súas creacións usan sobre todo tea\, e como técnica de estampaxe\, a serigrafía. \nE para rematar\, o toque final\, o deseño ten relevo para que o tacto tamén estea implicado no desfrute destas pezas. \nToma nota: \nExposición: Camiño a Compostela\nMarca: Quenindiola\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 22 de abril – 3 de maio\nHorario: 16:30 – 19:30 h
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-ilustracion-_-quenindiola/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/04/Exposicion-Quenindiola.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250408
DTEND;VALUE=DATE:20250420
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20250418T140726Z
LAST-MODIFIED:20250418T140827Z
UID:10000231-1744070400-1745107199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de gravado _ Andrés Touceda
DESCRIPTION:Temos unha nova exposición de ‘Artista Invitado’ : Andrés Touceda. \nDesde o momento cero que coñecemos a Andrés tivemos claro que queriamos ser altofalante do seu traballo e durante as dúas semanas que comparte espazo connosco\, aprender del canto poidamos. \nO seu amor pola pesca con mosca levouno a converterse nun atador de moscas e educador ambiental —segundo nos di  el\,  semiprofesional—. \nDe 2008 – 2014 fun colaborador da revista Dánica\, especializada en pesca con mosca. \nEn 2015 entrei na escola de artes e oficios de Vigo para estudar encadernación e serigrafía. \nEn 2018 tivo o seu primeiro contacto co gravado\, no obradoiro de Xavier de Sousa\, e desde entón\, nunca deixou de lado este formato de expresión das súas ideas e deseños. Utiliza\, sobre todo\, o linogravado e a punta seca. \nO tema principal do meu traballo xorde da miña experiencia como pescador con mosca e da observación da natureza que rodea ó río. \nA experiencia e os coñecementos de Andrés son moi amplos e poderiamos dedicar todo un libro a contalos\, mais queremos que sexa el mesmo que conte\, en vivo e en directo a súa traxectoria vital. \n  \nTítulo da exposición: ‘Un Camiño de Tinta ao Pé do Río’\nAutor: Andrés Touceda\nTécnicas: escultura\, gravado a punta seca e linogravado\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 8 – 19 de abril
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-escultura-e-gravado-_-andres-touceda/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/04/Expo-Andres.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250325
DTEND;VALUE=DATE:20250406
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20250324T193452Z
LAST-MODIFIED:20250324T195126Z
UID:10000230-1742860800-1743897599@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de ilustración _ Paripepop
DESCRIPTION:Inauguramos unha nova exposición para lucir o traballo dunha das nosas marcas mais travesas: Paripepop. \nEstes son os cabos soltos dunha revolución que xamais se produciu. E toda revolución ten os seus protagonistas. E todo protagonista ten un punto débil. E todo punto débil deixa una marca. E toda marca é un sinal sobre una superficie\, real ou imaxinaria. E diso vai esta exposición coa que tropezaches (quizais por casualidade\, quizais porque ela te atopou a ti):  de ilustrar esas revolucións mentais que quizais nunca se produciron\, pero coas que non podemos deixar de fantasear. \nTítulo da exposición: ‘Revolución imaxinaria’\nTécnica: ilustración\nMarca: Paripepop\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 25 de marzo – 5 de abril \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-ilustracion-_-paripepop/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/03/paripepop-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250311
DTEND;VALUE=DATE:20250323
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20250310T211416Z
LAST-MODIFIED:20250310T211507Z
UID:10000219-1741651200-1742687999@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de complementos e pezas de papelería _ Con un poco de papel
DESCRIPTION:O papel é a semente que dá vida ao proxecto ‘Con un poco de papel‘ de Eva e María\, dúas irmás emprendedoras e unidas polo feito á man\, o traballo creativo e a inquedanza de descubrir cantas cousas se poden crear partindo tan só dun anaquiño de papel. \nMais a imaxinación destas dúas creadoras non ten fin e as súas mans tampouco atopan límites\, así que despois do papel viñeron materiais como a tea\, o metacrilato\, a madeira… \nSe cun pouco de papel poden crear infinitos produtos…\, imaxínate o mundo de creación que poden conseguir se parte tamén doutros materiais que van incorporados\, pouco a pouco\, á lista de materiais básicos cos cales traballar! \nPois todo este mundo de creacións propias\, personalizadas e personalizables\, elaboradas coas mans de Eva e María\, podes coñecelo durante as próximas dúas semanas na exposición que temos en marcha: \n  \nTítulo da exposición: ‘Mil ideas’\nTécnicas: encadernación\, scrapbook\, confección\, gravado e corte láser\, lettering…\nAutoras: Eva e María López\nMarca: Con un poco de papel\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 11 – 22 de marzo \n  \nCoñece o seu traballo:\nInstagram: @conunpocodepapell
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-complementos-e-pezas-de-papeleria-_-con-un-poco-de-papel/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/03/web-con-un-poco-de-papel.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250225
DTEND;VALUE=DATE:20250309
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20250224T130828Z
LAST-MODIFIED:20250224T130828Z
UID:10000218-1740441600-1741478399@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de bixutería _ Arbusto Mahara
DESCRIPTION:Inspirada na natureza que a rodea e as historias que lle contan as persoas achegadas\, Yulia\, baixo a marca Arbusto Mahara\, comezou a crear as súas peciñas de bixutería con contas ou mostacillas. \nUnha fusión dos trucos das técnicas tradicionais cos das contemporáneas\, cores\, texturas e movemento son a base das súas creacións. A diversidade de formas e cores que proporcionan as contas e os fíos que as unen compoñen o armazón das mesmas. \nBixutería e complementos divertidos perfectos para alegrar os nosos outfit. \nTítulo da exposición: ‘Raíces e Horizontes’\nTécnica: bixutería con mostacilla\nAutora: Yulia Ovchinnikova\nMarca: Arbusto Mahara\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 25 de febreiro – 8 de marzo \nCoñece o traballo de Arbusto Mahara:\nInstagram: @arbusto_mahara
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-bixuteria-_-arbusto-mahara/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/02/Expo-Arbusto-Mahara.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250211
DTEND;VALUE=DATE:20250223
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20250208T190509Z
LAST-MODIFIED:20250211T130024Z
UID:10000214-1739232000-1740268799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de acrílicos _ Jaqueline Elizabeth
DESCRIPTION:Jaqueline quere amosarnos a súa nova colección de acrílicos a través da exposición ‘O Xardín’. \nO por que deste título cóntanolo ela mesma: \nNun momento\, o xardín pode cambialo todo.\nGozar dunha experiencia que pode transformar o teu estado\, a túa visión\, o teu sentimento interior é esperanzador.\nUn xardín faite ser consciente da beleza que existe na natureza e ver como ese ambiente manifesta un poder sobrenatural capaz de transmitirlle ao teu ser\, sensacións do mais agradables\, paz\, plenitude\, felicidade\, esperanza\, beleza\, calor e liberdade. O cheiro do aire envólvete e dáche descanso; o canto dos paxaros elévate a unha dimensión máis alá da linguaxe cotiá.  Nel podemos atopar infinitas formas\, cores\, sabores\, marabillosos misterios que poden dar vida…\nO xardín é un lugar para gozar\, contemplar\, descansar\, recrear e recibir ese algo especial que non se atopa en ningures. Por iso quixen abordar este tema ata certo punto nos lenzos que podes atopar.\nConvídovos a gozar dunha experiencia renovadora. \nPois convite feito para que veñades a desfrutar deste xardín con encanto! \n  \nTítulo da exposición: ‘O Xardín’\nTécnica: pintura acrílica\nAutora: Jaqueline Elizabeth\nMarca: Jaqueline Elizabeth\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 11 – 22 de febreiro \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-acrilicos-_-jaqueline-elizabeth/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/02/Jaqueline-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250110
DTEND;VALUE=DATE:20250201
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20250118T181738Z
LAST-MODIFIED:20250122T152428Z
UID:10000206-1736467200-1738367999@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición sombreirería artesanal_ Julia Vilariño
DESCRIPTION:Sombreiros de festa\, de diferentes cores\, tecidos\, formas e complementos decorativos.\nSombreiros clásicos\, de amplas ás\, forrados con pano portugués e rematados con cintas que dan o broche final á peza.\nSombreiros de ás anchas e cortas\, de copas altas e baixas.\nGorras.\nBoinas de la de ovella galega fiada por @ttmareque.\nSombreiros urbanos\, con toque galego e feltros de la.\nSombreiros con bordado ao aire\, colaboración con @zeltiaaoaire.\nReinterpretacións da monteira galega cun toque aos anos 20.\nTurbantes de feltro inspirados nos panos do traxe rexional\, moldeados á man para conseguir o efecto das engurras do pano e flocos de fío de perlé.\nTocados inspirados no traxe rexional galego. \nNada se lle resiste a Julia Vilariño na arte da sombreirería artesanal tradicional. \nTítulo da exposición: “Sombreirería Artesanal tradicional”\nAutora: Julia Vilariño\nMarca: Julia Vilariño\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 10 – 31 xaneiro\nHorario: 10:30 – 20:30 h \nCoñece o traballo de Julia:\nInstagram: @julia_vilarino
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-sombreireria-artesanal_-julia-vilarino/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/01/Cartel-julia-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20241126
DTEND;VALUE=DATE:20241209
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20241126T151737Z
LAST-MODIFIED:20241126T152151Z
UID:10000188-1732579200-1733702399@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de escultura de madeira _ SonAgasallo
DESCRIPTION:Sorprendemos cunha nova exposición na segunda planta da tenda: a colección de esculturas de madeira elaboradas por Ruth e José Manuel da marca SonAgasallo. \nAsí nos falan desta colección de obras: \nPorque nos gusta a natureza e as segundas oportunidades…   \nDe aquí xorde a motivación de todo o noso traballo\, de reutilizar pezas de madeira para artisticamente darlles unha segunda vida converténdoas en arte. Sempre estamos na procura continua de crear novas formas e reinventarnos\, imitando o bo facer da natureza que consegue rexenerarse a si mesma. \nO material base co que traballamos é a madeira. Con ela elaboramos esculturas\, pezas de decoración en múltiples formatos e complementos únicos. Todas elas son obras orixinais\, irrepetibles e inspiradas na natureza que nos rodea e os seres vivos que nela habitan. \nCada creación desta exposición leva\, aparte de moitas horas de duro traballo e meticulosa dedicación\, un anaquiño da nosa alma\, e un chisco de maxia. Elementos que nos gustaría achegarvos durante a visita á mesma. \nUnha colección que ten como protagonistas aos nosos Tahumis\, uns seres máxicos creados por nós mesmos como ferramenta educativa\, para axudarnos a falar coas crianzas sobre o valor da natureza\, o respecto que lle debemos a todos os seres vivos cos que convivimos nela\, a loita contra a contaminación\, a ecoloxía ou a sostibilidade. Podes atopar os Tahumis en diferentes tamaños  e rodeados de seres vivos cos que cohabitan. \nEstes seres máxicos viven no Monte Tahúme —en Porto do Son—\, de aí o seu nome. Protexen o seu monte das inclemencias e principalmente\, das accións do ser humano  como son os incendios\, a deforestación\, a contaminación… Non solemos velos á luz do día\, xa que cando algún se despista e é alumeado polo sol\, transformarase en humano e pasa a vivir entre nós\, nas aldeas das ladeiras do monte. \nEsperamos conseguir transmitirvos\, a través dos Tahumis\, un pouquiño da maxia da natureza que nos rodea. \n  \nTítulo da exposición: “Os Thaumis”\nAutores: Ruth e José Manuel\nMarca: SonAgasallo\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 26 de novembro – 8 de decembro\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo destes creativos:\nInstagram: @sonagasallo\nFacebook: SonAgasallo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/21274/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/11/Plantilla_carteles-eventos-web-copia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20241015
DTEND;VALUE=DATE:20241027
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20241015T123910Z
LAST-MODIFIED:20241015T124206Z
UID:10000186-1728950400-1729987199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición ilustración e pintura _ Paula Paradela
DESCRIPTION:Paula Paradela é a autora da exposición que podes atopar no Mercado Galego da Creatividade. \nEla mesma nos fala da súa traxectoria e a colección que nos presenta: \nTraxectoria:\nPaula Paradela\, Santiago de Compostela\, 1968.\nHistoriadora da Arte Moderna e Contemporánea.\nPintora e Ilustradora.\nDirectora do espazo creativo Ultramarte\, La Casita Azul. \nDesde nena\, recoñézome coma creadora\, explorando e descubrindo novos mundos a través das Artes. Teño unha longa traxectoria coma pintora\, muralista\, deseñadora de mobles e roupa\, restauradora e docente de artes plásticas en escolas\, bibliotecas e actividades de tempo libre.\nComa ilustradora\, publiquei varios contos para nenos\, revistas de divulgación artística e\, recentemente\, un tarot de xogo que presentei no Mercado Galego da Creatividade en 2021.\nNa faceta de docente de artes plásticas\, os meus alumnos levan acadado máis de corenta premios e mencións artísticas.\nTraballei con diferentes pedagoxías alternativas\, coma Montessori e o School Enrichment Model\, e na unidade da USC de Psicoloxía de altas capacidades. \nHoxe acompaño a xentes de todas as idades a atopar\, co xogo das cores\, diferentes camiños artísticos\, dando prioridade a un maior desenvolvemento dunha educación emocional e creativa no espazo Ultramarte\, La Casa Azul\, ás aforas de Compostela\, en Roxos.\nPintar é pura poesía; non se explica nin se entende desde a mente. A linguaxe imaxinal\, ou linguaxe de imaxes\, abre novas vías para a práctica innovadora da intelixencia emocional. \nMostra:\nConsta de colaxes feitos con pezas de debuxos dos nenos que asisten á escola de arte Ultramarte\, La Casita Azul. Naceron a partir da reciclaxe de centos de debuxos: anacos de soles amarelos\, azuis de mares ou verdes de montañas\, que se foron xuntando a modo de patchwork para crear composicións unidas a un fío común: o amor pola natureza e os obxectos que acompañan o labor cotidiano no fogar\, coma sifóns\, licuadoras e mulleres comendo ou cociñando. \nA partir da reciclaxe de papel de prensa e cartón\, presento tamén obxectos que acompañan a mostra\, elaborados coa técnica de papel maché da colección chamada “Sin Xeito”. Está inspirada na literatura poética do naturalista Gerald Durrell e na estancia coa súa familia na illa de Corfú\, Grecia.\nAs festas abertas ao mar con obxectos do cotiá evócanme a obra de Matisse e Duffy\, dous grandes mestres do lirismo naïf.\n \nPresentación da exposición:\n📍Quedada de debuxo co grupo de urban sketchers de Santiago\, Bosquejeros\, no propio espazo expositivo.\nSábado\, 19 de outubro\, ás 12:00 h \n📍 Nazareth López\, escritora e xornalista\, estará tamén no espazo expositivo e falaremos da mostra en círculo\, con entrevista.\nSábado\, 19 de outubro\, ás 19:00 h \n  \nTítulo da exposición: “Colaxes fronte ao mar”\nTécnica: Collage e gouache sobre papel / papel maché\nAutora: Paula Paradela\nMarca: Ultramarte\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 15 – 26 de outubro\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo de Paula:\nInstagram: @ultramarteart\nFacebook: Ultramarte \n    
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-ilustracion-e-pintura-_-paula-paradela/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/10/Expo-Paula.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240904
DTEND;VALUE=DATE:20240916
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20240904T124135Z
LAST-MODIFIED:20240904T124319Z
UID:10000184-1725408000-1726444799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de téxtil e complementos tecidos en tear _ Belategui Regueiro
DESCRIPTION:‘A arte de tecer’ é a exposición que\, desde hoxe\, podes atopar na sala de exposicións do Mercado. Luisa e Óscar son as persoas que están detrás desta exhibición de pezas feitas en tear de madeira\, e da firma Belategui Regueiro. \nQuixo o destino\, que alá polo ano 1984\, estes  dous creativos se atopasen cun tear. Foi un encontro resultado da súa inquietude persoal\, mais gustoulles tanto o que se conseguía facer con el\, que desde enton\, a súa vida e traballo xira entorno a esta xoia da artesanía galega. Xamais deixan de profundar na aprendizaxe e especialización desta arte de tecer con materiais do mais diversos. \nNo ano 2004 fundaron a marca Belategui Regueiro para facer desta arte o seu medio de vida. Unha marca que é toda unha homenaxe ás súas propias nais\,  pois Belategui é o segundo apelido da nai de Óscar e Regueiro é o segundo apelido da nai de Luisa. \nBaixo esta firma\, Óscar e Luisa crean prendas e complementos de moda e decoración con teas tecidas á man en teares de madeira. Empregan as fibras de sempre como son o liño ou a lá\, e tamén outras\, non tan convencionais\, como son: seda\, bambú\, alpaca\, coiro\, neopreno\, caucho…\nMais sempre empregando as técnicas artesanais que fan único a cada tecido. \nNa súa gama de traballos tamén engaden a impresión botánica\, o tinguido artesanal e a técnica de tinguido manual xaponesa shibori. \nSe non coñeces o traballo de Óscar e Luisa\, non deixes de visitarnos. Ah\, e durante a súa exposición estarán traballando no escaparate cun dos seus teares. Ven a vernos! \n  \nTítulo da exposición: “A arte de tecer”\nTécnica: tecido en tear\, impresión botánica\, tinguido artesanal e shibori\nAutores da exposición: Luisa e Óscar\nMarca: Belategui Regueiro\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 4 – 15 de setembro \n  \nCoñece o traballo da firma a través das súas RRSS:\nInstagram: belategui_regueiro\nFacebook: Belategui Regueiro
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-textil-e-complementos-tecidos-en-tear-_-belategui-regueiro/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/09/Cartel-Expo-Belategui.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240820
DTEND;VALUE=DATE:20240902
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20240819T114204Z
LAST-MODIFIED:20240819T120806Z
UID:10000183-1724112000-1725235199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de ilustración _ Raquel Montero
DESCRIPTION:Temos unha nova exposición no Mercado e desta vez da man da ilustradora Raquel Montero. \nQue podemos atopar?\nPois unha mostra do percorrido artístico da autora a través de diferentes obras e formatos: tapices\, esculturas\, fanzines\, láminas\, debuxos orixinais… Obras creadas inspirándose nos contos de fadas clásicos e mundos fantásticos. \nQuen é Raquel Montero? Deixámosvos\, nas súas propias verbas\, a presentación que nos achega dela mesma: \nSon debuxante\, ilustradora e artesá nada en Cambre\, A Coruña. Estudei Belas Artes na Universitat Politécnica de València e máis adiante cursei o Master en Ilustración Profesional na Escola Barreira Arte+Diseño. \nEntre as miñas creacións podemos destacar láminas\, tapices\, fanzines\, imáns\,… Con elas interésame romper tabús anticuados\, traspasar límites e abordar temas como a diversidade\, a inclusión\, o amor e a amizade\, achegándome sempre a eles de xeito lúdico e apto para todas as idades. \nEmprego unha gran variedade de técnicas na miña práctica artística\, comezando sempre co debuxo tradicional e logo estampando con serigrafía\, risografía\, impresión dixital\, tecendo á man ou modelando e pintando de xeito artesanal. As miñas obras\, aínda que diversas entre si\, son moi recoñecibles polas súas cores brillantes. \nActualmente traballa por encargo e participa en feiras de autoedición nacionais (Tenderete\, Graf\, Funfunfun\, Autoban…) e internacionais (Sprint Milano\, Crack Festival\, Ratata…). \nE agora no Mercado Galego da Creatividade! \n  \nExposición de ilustración\nAutora: Raquel Montero\nTécnicas empregadas: serigrafía\, risografía\, teceduría\, modelado\, costura…\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 20 de agosto – 1 de stembro\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo desta ilustradora:\nInstagram: @raquelmontero_ \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-ilustracion-_-raquel-montero/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/08/Cartel-expo-Raquel.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240806
DTEND;VALUE=DATE:20240819
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20240805T100346Z
LAST-MODIFIED:20240805T100346Z
UID:10000180-1722902400-1724025599@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de acuarelas _ Cuire Acuarelas
DESCRIPTION:🐟🖌️Sandra Cuiña preséntanos unha nova mostra do traballo que realiza baixo a marca Cuire Acuarelas e coa que plasma diferentes figuras da cultura galega\, da nosa gastronomía ou das peregrinas que chegan a Compostela. \nAs acuarelas son as súas aliadas na elaboración das ilustracións das Marías\, das súas interpretacións de Rosalía de Castro ou das sardiñas e troitas que verte en soportes téxtiles ou de papel. \nAo longo de dúas semanas\, no Mercado Galego da Creatividade haberá unha selección das creacións que a acompañan dende que comezou con este proxecto. \nNon a perdas! \n  \nTítulo da exposición: “Miscelánea”\nProxecto: Cuire Acuarelas\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 6 de agosto – 18 de agosto\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nSigue o traballo da pintora:\nInstagram: @cuireacuarelas\nFacebook: Yo no soy una it girl\nTik Tok: @yonosoyunitgirl \n  \n  \n  \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-acuarelas-_-cuire-acuarelas/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/08/cartel-expo-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240723
DTEND;VALUE=DATE:20240805
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20240719T163549Z
LAST-MODIFIED:20240719T163549Z
UID:10000179-1721692800-1722815999@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de tatuaxe e moda alternativa _ Futakuchi coworking
DESCRIPTION:Nesta ocasión\, chega ao Mercado Galego da Creatividade unha mostra na que conflúen técnicas tradicionais (como o bordado e a serigrafía artesanal) e modernas (como a impresión 3D ou tuftinggun) que dan como resultado o traballo colaborativo que Lora González realiza con artistas do mundo do tattoo. \nPezas únicas vinculadas á moda alternativa que esta compañeira elabora de forma artesanal dende o colectivo Futakuchi coworking ou as marcas @boro.tm e @salsagaucha. \nNon perdas a ocasión de visitar a exposición desta deseñadora e desfruta do seu traballo en directo! \n  \nTítulo da exposición: “1948 Irezumi”\nProxecto: Boro\nAutora: Lora González\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 23 de xullo – 4 de agosto\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nSigue o traballo desta creadora:\nInstagram: @boro.tm\nFacebook: salsagaucha \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-tatuaxe-e-moda-alternativa-_-futakuchi-coworking/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/07/Cartel-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240709
DTEND;VALUE=DATE:20240722
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20240709T090239Z
LAST-MODIFIED:20240717T102805Z
UID:10000178-1720483200-1721606399@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición produtos artesanais solidarios _ Asociación Avante
DESCRIPTION:Acollemos unha nova exposición ao abeiro do proxecto @12comercios12sensibilidadess de Compostela 🌟\n \nDurante este mes\, o protagonista desta campaña é o Mercado Galego da Creatividade e a sensibilidade vai para Avante Asociación. Unha asociación que traballa con persoas con discapacidade e cos seus familiares\, para defender os seus dereitos e intereses.\n \nHoxe comeza esta exposición na planta baixa do noso Mercado\, onde haberá unha mostra dos traballos que fan as persoas usuarias da asociación e tamén estarán traballando en directo os días 10\, 12\, 15\, 17 e 19 de xullo de 11.30 a 16.00h. \nVen a ver o seu traballo\, pónlles cara e apoia ó seu esforzo mercando os seus produtos artesanais. \n  \nTítulo da exposición: “Produtos artesanais Avante Asociación”\nProxecto: Asociación Avante\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 9 de xullo – 21 de xullo\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo da Asociación AVANTE\nInstagram: @avanteasociación\nFacebook: Asociación Avante \nCoñece aos 12 comercios e ás 12 sensibilidades que visibilizamos ao longo deste 2024: \nInstagram: @12comercios12sensibilidades\nFacebook: 12 Comercios 12 Sensibilidades \nCERSIA empresa: 12 Comercios 12 Sensibilidades \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-avante/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/07/Cartel_Axenda.jpg-1.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240701
DTEND;VALUE=DATE:20240708
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20240703T115709Z
LAST-MODIFIED:20240717T100745Z
UID:10000177-1719792000-1720396799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pintura _ El Escaparate de Bea
DESCRIPTION:Da man de Beatriz Fraguas chega a seguinte exposición\, coa natureza e o mar como fontes de inspiración 🌊 \nEsta artista achéganos unha mostra na que as protagonistas son a pintura a base de óleos e acrílicos en soportes de madeira ou lenzos e a costura mediante teas cunha gama de cores que acompasan coa natureza. \nAo longo de dúas semanas\, as creacións de Bea\, quen considera que “a vida é fermosa se a miras con paixón”\, estarán agardando por todas na planta baixa do Mercado Galego da Creatividade! \nTítulo da exposición: “As miñas paixóns”\nAutora: Bea Fraguas\nMarca: El escaparate de Bea\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 1 de xullo – 7 de xullo\nHorario: 10:30 – 20:30 h \nCoñece o traballo de Beatriz:\nInstagram: @bea_fraguas
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-el-escaparate-de-beatriz/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/07/Cartel_Axenda.jpg.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240611
DTEND;VALUE=DATE:20240623
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20240610T190256Z
LAST-MODIFIED:20240717T100412Z
UID:10000176-1718064000-1719100799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de estampación artesanal _ Amor ó teu
DESCRIPTION:Amor ó teu estampaxe artesanal é a marca de Sandra de Rego\, a quen coñecemos por #Amorote e que agora nos quere redescubrir o seu traballo baixo un novo nome\, pero co mesmo agarimo pola nosa terra e polo medio ambiente de sempre. \nDurante as próximas semanas poderedes ver de preto no Mercado Galego da Creatividadede as estampacións que esta artesá elabora inspirándose en Galicia en soportes como papel\, téxtil cerámica ou latón. \nAnímate a visitala e a celebrar esta nova etapa\, pois ademais\, ten varias sorpresas: \n“Teremos os selos de Amor ó Teu\, para que poidas levar unha postaliña estampada por ti mesmo/a. Tamén ofreceremos talleres ao longo da semana próxima\, que iremos anunciando nos próximos días. E para os máis curiosos\, temos preparada algunha sorpresiña que só descubrirás se te achegas pola tenda”. \nTítulo da exposición: “Amor ó Teu”\nAutora: Sandra de Rego\nMarca: Amor ó Teu\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 11 de xuño – 22 de xuño\nHorario: 10:30 – 20:30 h \nCoñece o traballo de Sandra:\nInstagram: @amoroteuestampaxesartesanal\nFacebook: @amoroteuestampaxeartesanal \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-amor-o-teu-estampaxe-artesanal/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/06/Cartel_Axenda.jpg.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240528
DTEND;VALUE=DATE:20240609
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20240527T164624Z
LAST-MODIFIED:20240527T164624Z
UID:10000174-1716854400-1717891199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de xoiaría _ Soledad Mato
DESCRIPTION:Soledad Mato e o poder da xeometría e as cores 💎 \nDende hoxe\, o Mercado Galego da Creatividade conta coa presenza de Soledad Mato\, unha artesá que leva un longo percorrido dedicándose á xoiaría. \nNesta exposición\, a creadora pon de manifesto as formas xeométricas e unha ampla gama de cores que son insignia de todas as súas creacións. \nA prata e as pedras naturais son as protagonistas do seu proxecto no que Soledad Mato\, ademais de traballar este prezado metal\, selecciona cada pedra e busca facer con esta unión\, unha peza única. \nNos vindeiros quince días poderedes deleitarvos coas pezas que elabora esta compañeira e tamén co seu traballo en directo. \n  \nTítulo da exposición: “Xeometría e cor”\nAutora: Soledad Mato\nMarca: Soledad Mato\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 28 de maio – 8 de xuño\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo de Soledad:\nInstagram: @soledadmato\nFacebook: Soledad Mato
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-xoiaria-_-soledad-mato/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/05/web-cartel.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240514
DTEND;VALUE=DATE:20240526
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20240513T190209Z
LAST-MODIFIED:20240513T190209Z
UID:10000173-1715644800-1716681599@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de xoiaría _ Khepri Arte
DESCRIPTION:Khepri Arte é a marca de Igancio Ansín. A súa fascinación pola civilización do Antigo Exipto é fonte de inspiración para a creación da súa xoiaría. É por iso que toma da súa simboloxía\, o nome da marca. \nJepri (Khepri)\, na mitoloxía exipcia\, é o deus Sol\, símbolo de constante transformación\, de crearse a si mesmo e da vida eterna. Cada mañá o Sol renacía\, repetindo un ritual de nacemento e morte\, de luz e escuridade\, que representaba para os antigos exipcios a eterna rexeneración do mundo\, e das almas que o habitan. Khepri representa o «chegar a ser (por un mesmo)»\, a creación e o cambio constante nunha viaxe de ida e volta sen fin. \nAsí nos presenta Ignacio a súa propia obra: \nXoiaría artística galega e talla de pedras inspirada na civilización do Antigo Exipto. Colección composta por pezas únicas talladas minuciosamente a man en materiais como plata\, ouro e minerais preciosos. Escaravellos e outros elementos do imaxinario exipcio son incorporados e engastados mediante técnicas tradicionais en aneis e colgantes exclusivos. \nNon perdas a oportunidade de coñecer o traballo deste artesá. \n  \nTítulo da exposición:«O Antigo Exipto\, fonte de inspiración»\nAutor: Ignacio Ansín\nMarca: Khepri Arte\nTécnica: talla de pedras e metais para elaborar xoiaría\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 14 – 25 de maio\nHorario: 10:30 – 20:30 h
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-xoiaria-_-khepri-arte/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/05/Cartel-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240430
DTEND;VALUE=DATE:20240512
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20240429T153247Z
LAST-MODIFIED:20240501T151445Z
UID:10000172-1714435200-1715471999@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de ourivaría _ Acivro Xoias
DESCRIPTION:O noso mercado acolle a obra de Chus Iglesias onde\, ademais de descubrir as alfaias que elabora baixo a súa marca Acivro Xoias\, poderedes desfrutar vendo os seus procesos de creación. \nDeixámosvos as verbas coas que ela mesma nos amosa o seu traballo: \nBenvidas á ourivaría compostelá do século XXI\, ao universo Acivro Xoias. \nInspirada na cultura galega\, a literatura\, a pintura e a natureza\, Chus realiza unha xoiería contemporánea que axunta tradición e modernidade\, traballando a prata coas técnicas tradicionais da ourivaría de Compostela froito da docencia dos mestres Ricardo Rivas e Julio Lado. \nA marca persegue a beleza das súas creacións dun xeito responsable e sostible a través da recuperación e reutilización de materiais\, traballando de forma lenta e coidada e dando unha segunda vida ás culleres e culleróns antigos de prata que se transformarán en brazaletes ou colares\, mantendo a súa identidade. \nNas dúas semanas de exposición poderedes desfrutar vendo a Chus traballar en vivo e achegarvos á maxia deste oficio tradicional intimamente ligado á historia de Compostela. \nTítulo da exposición: “Emocións”\nAutora: Chus Iglesias\nMarca: Acivro Xoias\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 30 de abril – 11 de maio\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece a obra de Acivro Xoias:\nInstagram: @acivroxoias\nFacebook: Acivro xoias
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-ourivaria-_-acivro-xoias/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/04/Cartel-web-4.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240402
DTEND;VALUE=DATE:20240414
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20240401T122418Z
LAST-MODIFIED:20240501T152137Z
UID:10000167-1712016000-1713052799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de estampado botánico _ Alizari atêlier botánico
DESCRIPTION:Temos as portas abertas do noso espazo expositivo para amosar o traballo de Belén Merelas e o seu Alizari atêlier botánico. \nAlizari é unha simbiose entre a botánica e o mundo téxtil. Mediante tinturas naturais de diferentes fontes biolóxicas\, dende plantas ata fungos\, creamos estampados únicos que se poden aplicar a distintos produtos de deseño cunha identidade única e eco-consciente. \nComo bióloga\, Belén estudaba as respostas defensivas das plantas fronte patóxenos e parasitos. Moitas das moléculas implicadas en defensa vexetal son compostos que se empregan na preparación de fibras naturais ou que serven para tinguir. Cando comezou a comprender a diversidade de moléculas colorantes que nos rodean viu un mundo cheo de posibilidades. \nNo seu xardín cultiva especies de plantas tintorias esquecidas en Europa que emprega para tinguir e estampar e explorar as fontes colorantes da flora galega. As tinturas naturais permítenlle obter unha ampla variedade de cores que aplica soas ou de forma conxunta co estampado botánico. Nesta técnica coloca follas\, flores\, raíces ou cortizas sobre a tea e\, por medio da humidade\, calor e presión adecuadas conséguese unha transferencia directa das moléculas colorantes das plantas sobre a tea. \nAs fibras usadas nesta técnica son 100 % de orixe natural\, principalmente algodón\, liño\, seda\, la e cáñamo\, polo que son biodegradables e non producen residuos tóxicos derivados do petróleo. \nAlizari é unha alternativa á industria téxtil de produción rápida e efémera. Representa un cambio no sector ao tratarse dun proceso lento\, no cal se require o coñecemento dos recursos empregados\, o estudo de receitas históricas\, así como a experimentación e a procura de novas fontes tintorias na flora local\, o que pon en valor a biodiversidade\, os recursos botánicos da zona e os procesos artesanais de creación. (Belén Merelas). \n  \nTítulo da exposición: “Cores Botánicas”\nAutora: Belén Merelas\nMarca: Alizari atêlier botánico\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 2 – 13 de abril\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo de Belén:\nInstagram: @alizari_atelier
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-estampado-botanico-_-alizari-atelier-botanico/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/04/web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240319
DTEND;VALUE=DATE:20240331
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20240319T160404Z
LAST-MODIFIED:20240319T160404Z
UID:10000162-1710806400-1711843199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de fotografía _ Xaime Cortizo
DESCRIPTION:Temos as portas abertas do noso espazo expositivo para amosar o traballo do fotógrafo: Xaime Cortizo. \nFotógrafo profesional e deseñador visual\, con más de 15 anos de experiencia no mundo da fotografía e a comunicación visual. \nXaime desenrola e proxecta a imaxe de artistas\, persoas emprendedoras\, empresas\, proxectos ou eventos diversos. \nNo plano artístico interésalle afondar na beleza cotiá\, captala e mostrala a través dunha mirada optimista e con emoción\, guiado pola luz\, a materia prima da fotografía. \n“Case trinta anos de forma de mirar\, buscando cada día beleza e harmonía neste mundo convulso e á vez fermoso no que nos tocou vivir. Unha escolma que amosa desde algunhas das primeira imaxes analóxicas\, positivadas xa no anterior século\, ata paisaxes e perspectivas que tentan transmitir a esencia do fotografado\, percibindo e contactando co que está enfronte de min\, a maxia do instante.  \nNestas dúas semanas traslado o meu estudio\, que habitualmente está na Praza de Galicia\, a uns centos de metros máis arriba\, nesta rúa da Caldeirería\, eixo natural de Compostela\, en Creativas Galegas\, epicentro da creatividade galega.  \nAgárdovos aquí! “ \nTítulo da exposición: “Fotografía en esencia”\nAutor:  Xaime Cortizo\nMarca: Xaime Cortizo\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 19 – 30 de marzo\nHorario: 10:30 – 20:30 h \nCoñece o traballo de Xaime:\nInstagram: @xaimecortizo\nFacebook: Xaime Cortizo Fotografía Comunicación Visual
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-fotografia-_-xaime-cortizo/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/03/Xaime.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240305
DTEND;VALUE=DATE:20240317
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20240304T174045Z
LAST-MODIFIED:20240304T174045Z
UID:10000153-1709596800-1710633599@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de xoiaría _  pekeña.com
DESCRIPTION:Victoria Eugenia Constenla é a artesá que está detrás da marca Pekeña.com. Unha firma que elabora xoias a partir de materiais como prata\, latón ou cobre\, e combinando estes con pedras semipreciosas naturais\, baños de ouro\, perlas\, fósiles… Todas elas son pezas únicas e feitas á man pola propia autora. \nVictoria vive actualmente no campo\, en contacto constante coa natureza\, así que non é de estrañar que esta sexa\, en gran medida\, a súa fonte de inspiración\, e que nas xoias da súa nova colección poidamos recoñecer elementos e formas naturais. \nBaixo o título de “O noso tesouro\, a nosa natureza”\, Vitoria quere expresar o que significan para ela as pequenas cousas do campo e da costa galega: o son do vento entre as árbores\, o piar dos paxaros\, as follas secas baixo as pisadas\, a brisa do mar\, as olas que rompen contra as rocas\, as formas e cores das cunchas do mar\, as algas… Todo isto crea a atmosfera perfecta para que Victoria Eugenia siga creando verdadeiras xoias inspiradas na natureza que a rodea. \nTítulo da exposición: ‘O noso tesouro\, a nosa natureza’\nAutora:  Victoria E. Constenla\nMarca: Pekeña.com\nTécnicas: xoiaría artesanal (laminado\, soldado\, texturizado\, gravado\, moldeado\, limado\, lixado\, pulido…)\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 5 – 16 de marzo \nCoñece e sigue o seu traballo:\nWeb: https://pekeña.com/\nnstagram: @pekenajoya \nI
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-xoiaria-_-pekena-com/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/03/Cartel-Web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240220
DTEND;VALUE=DATE:20240303
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20240219T115124Z
LAST-MODIFIED:20240219T115124Z
UID:10000150-1708387200-1709423999@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de ilustración e acuarela _ EAILUSTRA
DESCRIPTION:EAILUSTRA é o proxecto que iniciaron dúas irmáns pontevedresas\, Eider e Aroa. \nAroa é a das ideas e defínese a si mesma como unha apaixonada da natureza con tecnofobia.\n“Encántame separarme un intre do grupo para ver como o resto de membros interactúan\, rin\, falan e brincan. Eses intres fanme sentir moi feliz.” \nEider é quen pinta\, e baixo esa aparencia tímida\, din que se esconde unha gran personalidade que se vai facendo presente a medida que vai xurdindo a confianza.\n“Merquei unha mesa de mesturas para facer de DJ nas festas que facemos na miña aldea cos amigos.” \nEAILUSTRA xorde pensando nos beneficios que as estas dúas creativas presumen de haber desfrutado por nacer e crecer nunha aldea. De aquí a frase: “Medrar n’aldea”.\nEsas experiencias están representadas a través das temáticas sobre as que versan as súas ilustracións e acuarelas: o amor e defensa da nosa lingua\, a cultura\, as tradicións ou a natureza. E todo isto reproducido en obxectos como cuncas\, bolsas\, bloques\, camisetas\, suadoiros… \nEntre as coleccións de produtos que teñen\, hai unha moi especial: as láminas. Están feitas a partir do papel de libretas e axendas xa usadas. Elaboran un novo papel\, incrústanlle as sementes que elas mesmas recollen (de alfábega e margarida) e finalmente\, píntanas e ilústranas á man. Son pezas pensadas para volver á terra pechando así o seu ciclo de reciclaxe.\n“Mais non son obras destinadas a ser esquecidas\, pois medrarán como unha fermosa planta que será memoria da persoa que nola agasallou.” \nVen a ver o traballo destas creativas: \nTítulo da exposición: ‘Eu medrei n´aldea’\nAutores: Aroa Espiña García e Eider Espiña García\nMarca: EAILUSTRA\nTécnica: ilustración e acuarela\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 20 de febreiro – 2 marzo \nCoñece e sigue o seu traballo:\nWeb: https://eailustra.es/\nInstagram: @eailustra
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-ilustracion-e-acuarela-_-eailustra/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/02/Cartel-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240205
DTEND;VALUE=DATE:20240218
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20240205T121432Z
LAST-MODIFIED:20240205T121432Z
UID:10000149-1707091200-1708214399@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pintura _ Paula Lago
DESCRIPTION:Inauguramos a sala de exposicións do Mercado Galego da Creatividade para este 2024. \nCada dúas semanas coñeceremos a obra completa dun/dunha artista diferente\, a súa marca\, e teremos a oportunidade de velo/a como traballa en directo\, as técnicas que emprega\, con que ferramentas\, os materiais que usa\, a súa filosofía de traballo e os por que das súa obra. \nInaugura Paula Lago\, cunha colección de óleos sobre madeira e papel. \nNada en Atios (O Porriño)\, Paula licénciase en Arquitectura pola Universidade da Coruña e amplía a súa formación no campo do Debuxo Artístico e a Pintura na Escola de Artes e Oficios de Vigo. No 2019 establece o seu propio estudio\, onde compaxina o exercicio da arquitectura co seu papel como artista plástica.  A súa obra pictórica transita entre a figuración e a abstracción\, salientando tanto a realidade física do corpo humano como o seu valor psicolóxico. Na exposición “Alén” presenta unha escolma dalgúns dos seus retratos máis queridos\, rostros e figuras que emerxen como recordos difusos e que convidan ao ollo a procurar algo máis alá do que ve.  \nTítulo da exposición: ‘Alén’\nAutora: Paula Lago\nMarca: Paula Lago\nTécnica: óleo sobre madeira e papel\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 5 – 17 de febreiro \nCoñece e sigue o traballo de Paula:\nWeb: https://paulalago.com/\nFacebook: Paula Lago\nInstagram: @paula_lago
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-pintura-_-paula-lago/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/02/Cartaz.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20231121
DTEND;VALUE=DATE:20231204
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20231120T184929Z
LAST-MODIFIED:20231120T184929Z
UID:10000145-1700524800-1701647999@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pintura _ Jaqueline Elizabeth
DESCRIPTION:Baixo o título de ‘Mosaicos’ expón Jaqueline a súa nova colección de acuarelas. Un conxunto de pinturas que nos  nun mergulle nun microcosmos de cor e formas suxestivas e persoais. \nSubliña\, a través das súas acuarelas\, a importancia dos pequenos detalles como base imprescindible sobre a que se sustenta cada momento da vida.  \n“Cada representación\, como cada latexo do corazón\, dá vida ao conxunto que forma o mosaico final da colección. Unha composición de formas xeométricas e imaxes evocadoras que nos falan de conceptos como a unión ou a proximidade.\nEste conxunto\, esta exhibición\, é unha invitación a celebrar a vida a través das cores\, das formas e da beleza.” \nTítulo da exposición: ‘Mosaicos’\nTécnica: acuarela\nAutora: Jaqueline Elizabeth\nMarca: Jaqueline Elizabeth\nLugar da exposición: Mercado galego da Creatividade\nData: 21 de novembro – 3 de decembro
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-pintura-_-jaqueline-elizabeth/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/11/EXPOSICION-Jackeline-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20231024
DTEND;VALUE=DATE:20231105
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20231021T201236Z
LAST-MODIFIED:20231021T201236Z
UID:10000014-1698105600-1699142399@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de escultura de poriestireno _ Napalmadaman
DESCRIPTION:Inauguramos unha nova exposición no Mercado. Unha vez mais\, abrimos as portas para marabillarnos\, en vivo e en directo\, co traballo do noso compañeiro Juan.  \nXa vos contamos noutras ocasións\, o compromiso deste creativo á hora de reducir a cantidade de lixo que desbotamos\, coidar o planeta e conseguir deixar a menor pegada posible nel. \nE como o consegue? \nAs súas coleccións de obras caracterízanse\, ademais de por orixinalidade e deseño\, polo compromiso e a responsabilidade de Juan de traballar reciclando materiais como o polistireno expandido ou cortiza branca. \nCantos paquetes chegan aos nosos fogares a diario? Canto recheo ven nesa paquetería e vai directamente ao lixo\, estando en perfecto estado? E que podemos facer con el para empregalo en algo útil e non tiralo?\nEstas preguntas son as que fixo Juan antes de poñer en marcha a súa marca: Napalmadaman. E tamén se fixou en que un dos materiais mais abundantes como protector e illante é o polistireno expandido (coñecido popularmente como poliespan). Un material moi usado para embalar electrodomésticos\, materiais de obra…\, que chega impecable ao seu destino e así de intacto vai directo ao lixo. De aquí xorde a idea do proxecto. \nDesde ese momento no que xorde a inspiración\, son moitos os e moi diferentes os produtos que Juan foi creando. Mais sempre poñendo como material base para cada un deles o polistireno expandido\, e a luz\, como protagonista dos mesmos. \nEste creativo autodidacta\, xa leva mais de seis anos co seu proxecto\, sustentado na reciclaxe de materiais e apostando por unha verdadeira economía circular. \nConvidámosvos a ver este seu último traballo\, a elegancia coa que xoga coa luz e como\, a partir dun bo deseño e moita creatividade\, converte o polistireno nunha escultura de deseño exclusivo. \n  \nTítulo da exposición: “Icopor”\nTécnica: corte de polistireno expandido coa técnica do fío quente para crear os obxectos coas formas que queremos. Con rascadeira de arame\, pistolas de aire quente e coitelas\, dálle a textura final buscada.\nAutor: Juan Lens\nMarca: Napalmadaman\nLugar da exposición: Mercado galego da Creatividade\nData: 24 de outubro – 4 de novembro \n  \nInstagram: @napalmadaman \nFacebook: @Napalmadaman \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-escultura-de-poriestireno-_-napalmadaman/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/10/Web-expo-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20231010
DTEND;VALUE=DATE:20231022
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20231010T163430Z
LAST-MODIFIED:20231010T163430Z
UID:10000017-1696896000-1697932799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de xoiaría botánica artesanal _ Malas Herbas
DESCRIPTION:Malas Herbas é a marca de Miguel e Paula. Neste proxecto de xoiaría botánica artesanal\, como o seu nome indica\, as consideradas malas herbas\, teñen un protagonismo especial. Mais\, por que? \nAs malas herbas crecen omnipresentes en todos os lugares do planeta e molesten a quen molesten\, contribúen á identidade dun lugar e fano cunha actitude irreverente fronte ao mundo. É esa actitude e fortaleza o que nos motiva a soñar con outras realidades\, e a crear as nosas pezas dunha forma consciente e respectuosa co entorno e a natureza. \nIncluso se falamos dunha dimensión social\, son para nós exemplo e reivindicación de todo aquilo que existe\, aínda que de vez en cando incomode. \nMarabíllanos a súa beleza pura e salvaxe. Por iso as nosas xoias deben resaltar a súa fermosura natural\, tanto estética como artística. \nCoa Natureza por bandeira\, e sen maior afán que o de desenvolver unha vida plena\, perseguimos a beleza por todo o planeta\, alá onde se queira esconder. Ás veces mesmo a atopamos… \nEmpregando diferentes técnicas artesanais\, Paula e Miguel\, combinan elementos como follas\, froitos\, setas… con resinas e metais\,  e crean pezas únicas reflexo da beldade da propia natureza. \nTras bailar e vagar polo mundo erraticamente\, decidiron aunar os seus recursos para crear este proxecto. Servíronse para iso dos seus estudos e vivenzas nos eidos das artes e a bioloxía\, e nace así: ‘Malas Herbas’. \n  \nTítulo da exposición: ‘A través das Malas Herbas’\nTécnicas de traballo: Macramé\, recollida e procesamento de elementos da natureza\, emprego de resinas epoxi e resinas UV e combinación de todo isto con metais como a prata ou o latón.\nAutores da exposición: Miguel Martínez Parada e Paula Navarro Moreno.\nMarca: Malas Herbas.\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade.\nData: 10 – 21 de setembro. \n  \nInstagram: @malasherbasartesania\nFacebook: Malas Herbas 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-xoiaria-botanica-artesanal-_-malas-herbas/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/10/web-expo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230926
DTEND;VALUE=DATE:20231008
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20230925T100051Z
LAST-MODIFIED:20230925T100051Z
UID:10000143-1695686400-1696723199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pintura _ Silvia G. Armesto
DESCRIPTION:“Paisaxes e figuras” é o título que acompaña a colección de obras de Silvia G. Armesto\, desde os seus inicios na Facultade de Belas Artes de Barcelona. Desde entón\, Silvia suma ás súas costas unha longa traxectoria de reflexións a través da pintura figurativo-expresionista. \nRepresentando paisaxes e figuras\, a artista atopou a linguaxe idónea coa que expresar as súas visións\, experiencias e emocións. Para iso\, sérvese de técnicas como o óleo\, a acuarela\, o acrílico ou o debuxo a carbón. \nParte desas paisaxes\, protagonistas das súas pinturas\, están inspiradas en lugares emblemáticos para a pintora como é Cervantes (Lugo)\, pola súa orixe materna. Unha zona xeográfica pertencente aos Ancares\, cuxas xentes\, camiñantes das súas aldeas\, son persoeiros principais do seu imaxinario. \nUnha obra pictórica\, paisaxística e humanista\, onde o mar Mediterráneo e o océano Atlántico\, tan diferentes e poderosos\, gozan de forte presencia. \nNesta colección de pinturas\, amosarei un percorrido polas obras realizadas no último ano. Incluirei ademáis\, obras doutras décadas co fin de completar a mensaxe e a lectura das miñas emocións e o meu pracer por pintar e pensar. \nAs miñas obras reflicten a miña constancia no silencioso mundo da pintura. Unha arte que\, independentemente do seu éxito\, desexo contribuír a súa difusión e presentala como o que realmente é: un profundo diálogo do/a artista consigo mesmo/a e unha reflexión deste/a sobre os elementos e as circunstancias que o/a rodean. \n  \nTítulo da exposición: “Paisaxes e figuras”\nTécnicas: óleo\, acuarela\, debuxo a carbón e tintas\nAutora da exposición: Silvia G. Armesto\nMarca: Silvia G. Armesto\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 26 de setembro – 7 de outubro \n  \nInstagram: @silvia.g.armesto\nFacebook: Silvia G. Armesto
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-pintura-_-silvia-g-armesto/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/09/Plantilla_carteles-eventos-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230912
DTEND;VALUE=DATE:20230925
DTSTAMP:20260418T213659
CREATED:20230911T100007Z
LAST-MODIFIED:20230911T100007Z
UID:10000020-1694476800-1695599999@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de deseño e impresión 3D con madeira _ Miramoura
DESCRIPTION:Álex e Carmen\, son as persoas que están detrás da marca Miramoura. Deseño\, innovación e responsabilidade\, son os adxectivos que mellor definen este proxecto. \nMiramoura é unha marca de produtos deseñados e producidos de xeito consciente e responsable. Fusionamos calidade\, técnica e innovación\, para deseñar obxectos funcionais e duradeiros que podemos empregar en tendas e fogares. Cremos que é preciso un modelo de consumo máis sostible\, no que as cousas duran máis\, son reparables e versátiles. \nO noso día a día está cheo de elementos como táboas de cortar\, bandexas\, cadeiras\, tallos\, mesas e pequenos utensilios que enchen os nosos escritorios\, estantes e mesados da cociña. Algúns deles son complexos\, tecnolóxicos\, e outros\, son tan simples como unha culler de madeira. Obxectos que son decorativos ou funcionais (e idealmente\, ambos). \nDefendemos encher os nosos fogares e comercios de cousas útiles\, fáciles de usar e fabricadas de forma responsable. Ata que conseguimos isto\, preocupámonos por incorporar materiais locais\, recuperados ou de baixo impacto medioambiental\, deseños duradeiros e unha estética agradable. Gústanos dar o toque de personalización\, algo que facilitan técnicas como a impresión 3D e que acabou converténdose na nosa gran aliada. \nMiramoura xurdiu das necesidades que atopamos nós mesmos e os clientes dos diferentes servizos que presta a nosa cooperativa\, Despunte. Principalmente son profesionais ou axencias de comunicación e decoradoras que nos falaban da necesidade de produtos sinxelos\, duradeiros\, elaborados con mimo e personalizables; pequenos mobles funcionais\, de materiais moi concretos e con posibilidade de conseguilos sen recorrer a solucións moi custosas ou á compra en liña e de baixa calidade. \nObservamos dous aspectos clave: o primeiro\, a importancia dos materiais. A madeira tiña un papel protagonista en case todos os proxectos e sempre se complementaba con alternativas de baixo impacto medioambiental. O segundo\, a personalización. \nComezamos con pedidos personalizados e fomos en paralelo construíndo un catálogo de pequenos mobles para tendas e fogares conscientes. Encántanos participar en iniciativas creativas coas que seguir desenvolvendo ideas coma: o Desafío de Innovación Frugal Francis no marco do programa H2020. \nTodos os nosos produtos están deseñados e fabricados preto de Santiago\, no noso propio taller\, e sobre todo\, a partir de madeira\, materiais recuperados ou rescatados e filamento vexetal como é o PLA. Algúns artigos están listos para mercar: bandexas\, expositores\, tallos\, mesas auxiliares… Outros\, xorden de encargos personalizados\, tanto para fogares como para establecementos\, por parte de particulares ou profesionais que nos establecen novos retos e deseños. Esta é a nosa parte favorita! \n  \nTítulo da exposición: Madeira e impresión 3D\, unha combinación irresistible!\nTécnicas: deseño 3D\, impresión 3D\, carpintaría de madeira\, reciclaxe.\nAutores da exposición: Alejandro García Soto e Carmen Araquistain Portela (Despunte).\nMarca: Miramoura.\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade.\nData: 12 – 24 de setembro. \n  \nInstagram: @miramoura.despunte
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-deseno-e-impresion-3d-con-madeira-_-miramoura/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/09/Miramoura.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR