BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Creativas Galegas - ECPv6.3.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://creativasgalegas.gal
X-WR-CALDESC:Events for Creativas Galegas
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260127T103000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260207T203000
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20260212T163415Z
LAST-MODIFIED:20260212T174822Z
UID:10000300-1769509800-1770496200@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición Mercado Tarado
DESCRIPTION:Despois dun Nadal intenso\, no que todos e todas quedamos cun peto algo máis lixeiro\, volvemos abrir un dos nosos baúis favoritos: o das pezas especiais\, únicas e algo rebeldes.\nChega a 2ª edición do 𝐌𝐞𝐫𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐓𝐚𝐫𝐚𝐝𝐨 💙 \nAquí atoparás creacións artesanais que non volven á colección:\npezas con un pequeno defectiño\, prototipos que non chegaron a ver a luz\, ideas que cambiaron de rumbo ou últimas unidades xa descatalogadas.\nTodas teñen algo en común: están feitas con cariño\, horas de taller e historias que non merecen quedar gardadas nun caixón. \nSe che gusta atopar xoias únicas\, se desfrutas da artesanía auténtica ou queres aproveitar para levar algo especial a un prezo máis amable… este é o teu momento ✨ \nExposición: Mercado Tarado\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 27 de xaneiro – 7 de febreiro\nHorario:10:30 – 20:30 h \nCartel e texto: @amoroteuestampaxeartesanal \n#creativasgalegas #mercadogalegodacreatividade #artesaníagalega #feitoengalicia #comerciolocal #economíacircular #creatividade #marcasgalegas #artesanía #mercadotarado
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-mercado-tarado/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/02/mercado-taradao-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20251118
DTEND;VALUE=DATE:20251201
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20251121T140550Z
LAST-MODIFIED:20251121T140550Z
UID:10000275-1763424000-1764547199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición colectiva _ Mercado Tarado
DESCRIPTION:Queres atopar artigos imperfectamente exclusivos\, sacados do baúl do ‘veremos que fago contigo algún día’ que todo artesán/á ten —se di que non\, minte ou non é artesán/á—\, pezas feitas á man con historia propia e obras á venda a demasiado bo prezo? \nBenvidos e benvidas ao noso 𝐌𝐞𝐫𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐓𝐚𝐫𝐚𝐝𝐨: unha chea de produtos artesanais e artísticos nos que o prezo\, a imperfección e a singular historia durante o proceso de creación\, marcan a súa exclusividade! \nEsa peza que saíu do forno cunha personalidade tan única e irrepetible que debe seguir o seu propio camiño\, fóra da colección.\nEse prototipo ao que lle regalamos tantas e tantas horas da nosa vida e non acabou de satisfacer os nosos egos.\nEsa talla que quedou soíña e nos acompaña cada feira coa ilusión do primeiro día por atopar un novo fogar. \nQueres coñecer esas peciñas que forman parte da colección privada da/do artista que por mais voltas que lle dea\, xamais cumprirán as expectativas do seu maxín creador? \nBenvido/a ao marabilloso universo das pezas agochadas das nosas creativas galegas. Abrimos o baúl dos prototipos\, das taras\, das decepcións infinitas para poñelas á venda. Pezas exclusivas artesanais a prezos de bazar! \nExposición: Mercado Tarado\nObxectivo: aliviar a carga emocional do baúl das taras\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 18 – 30 de novembro\nHorario: 10:30 – 20:30 h
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-colectiva-_-mercado-tarado/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/11/Mercado-tarado-copia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20251104
DTEND;VALUE=DATE:20251116
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20251103T210059Z
LAST-MODIFIED:20251103T210059Z
UID:10000273-1762214400-1763251199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de xoiaría _ Ana Benito
DESCRIPTION:Acollemos unha nova exposición na tenda para mostrarvos o traballo de Ana Benito Vinós\, unha xoieira de Compostela con medio corazón mexicano. É por iso que ambas culturas están presentes en cada unha das súas pezas: \nEla mesma se nos presenta: \n“Se me tivese que describir\, diría que son bióloga de corazón e xoieira de paixón; que son amante dos animais e da natureza; que me gusta coñecer lugares\, xente\, comida\, costumes; que agradezo e atesouro ser de dous países\, porque nacín e crecín en México\, pero as miñas raíces son todas de España; que a vida me parece un transitar fascinante e que sempre crin que é un agasallo poder facer o que a unha lle gusta e apaixona. \nAs xoias e as pedras chamáronme a atención desde que teño memoria. Outra fascinación que teño son as ferramentas. O meu pai regaloume os meus primeiros alicates (que aínda conservo) e algúns fíos e chapas de latón\, alpaca e cobre; foi nese momento que se me abriu o mundo de crear cousas que están na miña cabeza. \nA miña inspiración é o mar e as montañas. Reproducir as curvas da natureza\, as asimetrías\, as espirais…\, todo iso está reflectido nas miñas pezas.” \nPezas únicas de xoiaría que vos recomendamos visitar. Toma nota! \n  \nExposición: Xoias da natureza\nTécnicas empregadas: técnicas tradicionais de xoiaría\nAutora: Ana Benito Vinós\nNome da marca: Ana Benito\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 4 – 15 de novembro\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo de Ana:\nInstagram: @ana_benito_joyera \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-xoiaria-_-ana-benito/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/11/plantilla-1080x1350x72ppp-IGweb_-tALLERES-copia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20251021
DTEND;VALUE=DATE:20251102
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20251022T150154Z
LAST-MODIFIED:20251103T190121Z
UID:10000269-1761004800-1762041599@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición _ Ruxe design
DESCRIPTION:Jenny é a quinta xeración de colareiras de O Grove. As mulleres da vila recollían as conchas que o mar deixaba atrás\, uníanas con fío e elaboraban divertidos colares que logo vendían na Illa da Toxa a visitantes fascinados co traballo final destas artesás. De tales raíces nace a inquietude da nosa compañeira por crear beleza coas mans\, por investigar novos xeitos de como aproveitar os recursos que a natureza nos dá para crear novos lenzos\, coas nosas propias cores e texturas. \nE podedes imaxinar como deste berce nace Jenny\, un bulebule\, un fervedoiro de ideas\, un fuxefuxe que sempre está aprendendo novos xeitos e técnicas de creación artesanal; unha mente que non para de innovar e unhas mans que non deixan de moldear. Por iso\, entre o seu traballo\, atopamos varias coleccións: \nSUCA\, en honor á súa avoa\, é o nome da colección de pezas elaboradas artesanalmente coas conchas do mar. \nMARMA é o nome que reciben as obras que crea artesanalmente con resina mineral ecolóxica. Están inspiradas no terrazo e contan cunha ampla variedade de cores\, formas e mesturas. \nALMA\, son pezas que xorden da súa paixón por coñecer os minerais naturais e convertelos en arte para lucir. \nTERRA nace do seu amor pola cerámica. Unha paixón que a conquistou dende os seus inicios e a levou a mergullarse en aventuras e aprendizaxes que non parecen ter fin. \nDe todas estas coleccións podes ver exemplos a través desta exposición. \nToma nota: \n  \nExposición: ‘Ruxe desing’\nTécnicas empregadas: cerámica\, conchas mariñas\, resina ecolóxica\nAutora: Jennifer Martínez\nNome da marca: Ruxedesign\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 21 de outubro – 1 de novembro\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n \nFotografías de: @labarral
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-_-ruxe-design/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/10/Expo-Ruxe.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20251007
DTEND;VALUE=DATE:20251019
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20251013T171809Z
LAST-MODIFIED:20251013T174904Z
UID:10000265-1759795200-1760831999@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de cerámica _ Piros Heija
DESCRIPTION:Abrimos a nosa sala de exposicións para ensinarvos o traballo de Piros Héjja\, unha apaixonada da cerámica. Esta creativa húngara\, establecida en Compostela dende hai un tempo\, namorouse do barro dende o primeiro momento en que as súas mans traballaron con este material. Sentiu como espertaba a súa creatividade e como estimulaba o seu impulso a crear obxectos coas súas propias mans. Empezou coa técnica do torno e mais adiante explorou pouco a pouco o moldeado á man. \nNesta exposición imos ver as súas pezas mais recentes. Son obras creadas xa en Galicia e inspiradas na súa experiencia vital na cidade de Santiago. A proximidade coa natureza\, co océano ou a simboloxía das viaxes de peregrinación á Compostela\, son fonte de inspiración para Piros. É por iso que en moitas pezas está presente o símbolo da concha. \nCada obxecto conta unha pequena historia e rememora vivencias da súa propia peregrinación\, que aínda que pasaron mais de doce anos\, sempre están moi presentes as sensacións e emocións vividas durante esa viaxe tan profunda e espiritual. \nQueres coñecer como esta creativa representa Galicia\, á súa xente\, as tradicións e a cultura galega a través das súas pezas de cerámica?\nVen a visitar a colección completa! \n  \nExposición: ‘O Camiño en cerámica\, 12 anos despois’\nTécnicas empregadas: cerámica\nAutora: Piros Hejja\nNome da marca: Piri Cerámica\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 7 – 18 de outubro\nHorario: 10:30 – 20:30 h
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-ceramica-_-piros-heija/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/10/web-expo-Piros.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250923
DTEND;VALUE=DATE:20251005
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20251003T165642Z
LAST-MODIFIED:20251003T165712Z
UID:10000245-1758585600-1759622399@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de arte abstracta _ O Teu GUSTO
DESCRIPTION:Bea Barril\, interiorista de profesión e vocación\, é a deseñadora e creadora das pezas que están baixo a marca: O Teu GUSTO. \nDesde ben pequeniña\, a esta creativa gustáballe “poñer orde e mellorar a estética dos espazos que visitaba e a rodeaban”. Mais tiña que ser aproveitando os elementos que xa había nel\, ou recuperando outros agochados no faiado. Sempre mantivo unha filosofía de recuperar\, reutilizar e dar segundas vidas e oportunidades ás pezas que decoran un lugar\, deste xeito seguen contando e continuando a historia desa estancia. \nA través desta exposición no Mercado\, Bea amosa toda a súa colección de pezas decorativas e artísticas pintadas á man con acrílico e intervindo as obras con técnicas artesanais antigas como son a manipulación do papel para elaborar o papel maché. Engade refugallos de papel e outros materiais e combínaos con cola\, xeso ou escaiola para darlle consistencia e texturas ás obras ademais de permitirlle a reciclaxe de materiais que doutro xeito irían ó lixo. \nPapel usado\, cordas\, tecido téxtiless\, plásticos…\, todos eles reciclados\, son compoñentes principais do acabado final da obra.\nTamén poderemos atopar deseños e ilustracións inspirados en personaxes referentes da cultura galega e compostelá como son: Castelao\, Rosalía de Castro ou As 2 Marías. \n  \nTítulo da exposición: ‘Decorando estancias ao Teu Gusto’\nTécnicas empregadas: acuarela e incrustacións de materiais reciclados\nAutora: Bea Barril\nNome da marca: O Teu GUSTO\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 23 de setembro – 4 de outubro\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo desta creativa:\nInstagram: @oteugusto
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-arte-abstracta-_-o-teu-gusto/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/10/Web-Expo-O-teu-gusto.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250909
DTEND;VALUE=DATE:20250922
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20250908T154747Z
LAST-MODIFIED:20250908T154841Z
UID:10000244-1757376000-1758499199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de ilustración _ Komorevi
DESCRIPTION:Komorevi é a sinatura artística da ilustradora e muralista compostelá\, Eva Agra (Santiago de Compostela\, 1990). Case unha década dedicada profesionamente á ilustración e comunicando dende que ten uso de razón mediante o trazo do lapis e do pincel. \nA igualdade de xénero\, a diversidade\, a xustiza social\, a comunidade e o coidado nos procesos creativos son os fíos condutores que guían os seus trazos e que agroman nas súas oras de xeito transversal. \n“A ilustración de Komorevi navega entre a inocencia\, a fantasía e a escuridade creando unha narrativa que fala de transformar as vulnerabilidades en fortalezas\, e de compartir medos e historias que nos conecten unhes a outres dende as nosas ‘rarezas’.” \nE acompañando á ilustración de Komorevi contamos coas marabillosas pezas de Juan Napalmadaman. Sempre é un pracer ter as súas lámpadas de porespán reciclado iluminando a nosa sala de exposicións. De Juan tan só adiantar que ten novidades de formatos e aínda que desta vez temos unha pequeniña mostra\, son pezas xeniais. \nVen a vernos! \n  \nTítulo da exposición: O raro é ser ‘normal’\nTécnicas empregadas: ilustración dixital e técnicas mixtas (acuarela\, acrílico\, lapis de cores\, grafito…).\nAutora: Eva Agra\nNome da marca: Komorevi\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 9 – 21 de setembro\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece a esta ilustradora:\nInstagram: @komorevi.art
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-ilustracion-_-komorevi/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/09/Exposicion-komorevi.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250826
DTEND;VALUE=DATE:20250908
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20250825T163406Z
LAST-MODIFIED:20250825T163406Z
UID:10000243-1756166400-1757289599@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de obra pictórica e feltrado de la e seda _ María Monsalve
DESCRIPTION:Xa temos preparada a nova exposición na sala de exhibicións do noso Mercado. Esta vez a protagonista é María Monsalve. Velaquí as palabras coas que ela mesma se presenta e fala da súa obra e paixóns: \n«Pintora de profesión\, cambiei o lenzo pola seda e o óleo pola la meiriña.  Encontrei no Nuno felting\, e esa combinación da seda e a la\, unha nova linguaxe cargada de textura\, espazos e baleiros que non só nos atraen visualmente senón que parecen acariciar o noso corpo e a nosa mirada\, cativándonos case hipnoticamente. \nCon esta nova maneira de pintar e construír establécese un espazo para crear a través das transparencias\, as cores e as texturas\, un cosmos cheo de emocións que trasladan\, a través da abstracción\, a natureza en todo o seu esplendor.» \nAdemais do seu traballo pictórico\, tamén se poden ver pequenas esculturas de paxaros autóctonos feitos coa técnica do needle felting. \n  \nExposición: ‘Wool abstraction’\nTécnicas empregadas: Nuno felting. La sobre seda.\nAutora: María Monsalve\nNome da marca: María Monsalve Studio\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 26 de agosto – 7 de setembro\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo de María:\nInstagram: @mariamonsalvestudio \nFacebook: Monsalve Chico
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-obra-pictorica-e-feltrado-de-la-e-seda-_-maria-monsalve/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/08/Cartel-Maria-Monsalve.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250812
DTEND;VALUE=DATE:20250825
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20250813T125610Z
LAST-MODIFIED:20250813T125610Z
UID:10000242-1754956800-1756079999@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de acuarela _ Cuire Acuarela
DESCRIPTION:‘Galegas’ xa é a terceira exposición de Sandra Cuiña e a súa marca\, Cuire Acuarela. Nela fai unha homenaxe ás Cantareiras\, mulleres da terra ás que este ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas polo seu papel fundamental na conservación e transformación oral de parte da nosa cultura galega. \nNesta exposición podes atopar pintura en acuarela que versa sobre estas Cantareiras. Obras orixinais\, reproducións\, diferentes tamaños de lenzos\, e ata reproducións en soporte téxtil como bolsa ou camiseta. \nAcompañando ás Cantareiras están outras obras de Cuire Acuarelas que homenaxean a mulleres que forman parte da nosa historia como son: Rosalía de Castro ou As Dúas Marías. Iconas galegas que Sandra representa sobre lenzo e pintando coas acuarelas. \nTen moitas mais obras\, pero imos deixar que te sorprendan cando nos fagas a visita á sala de exposicións. \n  \nExposición: ‘Galegas’\nTécnicas empregadas: pintura con acuarela\nAutora: Sandra Cuiña\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 12 – 24 de agosto\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo de Sandra:\nInstagram: @cuireacuarela  
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-acuarela-_-cuire-acuarela/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/08/Cuire.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250729
DTEND;VALUE=DATE:20250811
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20250729T094258Z
LAST-MODIFIED:20250729T094658Z
UID:10000241-1753747200-1754870399@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de xoiaría _ Sonia Arnaiz
DESCRIPTION:Abrímoslle as portas a unha nova creativa para que luza o seu produto en todo o seu esplendor. Esta vez\, amosamos o traballo da nosa xoieira Sonia Arnaiz. \n“O meu traballo como xoieira parte dunha concepción artística da xoiería\, que entendo como escultura portátil: pezas únicas\, feitas á man\, que transmiten emoción e personalidade. As obras que expoño nesta mostra están inspiradas no mar e nas formas orgánicas que nel habitan —ondas\, corais\, movementos fluídos— reinterpretadas desde unha linguaxe contemporánea e persoal. \nCada peza é irrepetible. Traballo en prata e combino distintos acabados —mate\, oxidado e branqueado— cunha aplicación moi coidada de pan de ouro de 22 quilates. A colección que presento quere conectar coa esencia do natural e transformar o metal nun elemento vivo. \nDurante os días da exposición estarei traballando en directo\, amosando o proceso artesanal: a importancia do oficio\, a delicadeza do traballo manual e a creatividade que require cada paso. É unha oportunidade para achegar a xoiería de autor á xente\, desde dentro\, poñendo en valor o feito á man\, o tempo e a alma que hai detrás de cada peza.” \nPois xa sabes\, atopa o traballo de Sonia na nosa sala de exposicións. \n  \nExposición: ‘Esculturas que se levan: xoiería viva en prata e ouro’\nTécnicas empregadas: Traballo en prata con técnicas tradicionais de xoiería como segueteado\, soldadura\, limado\, pulido\, texturizado e acabados manuais (prata oxidada\, mateada e branqueada). Aplicación de folla de pan d’ouro de 22 quilates para acadar efectos de luz e contraste\nAutora: Sonia Arnaiz\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 29 xullo – 10 agosto\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo de Sonia:\nInstagram: @sonia_arnaiz
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-xoiaria-_-sonia-arnaiz/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/07/Expo-sonia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250715
DTEND;VALUE=DATE:20250728
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20250714T080430Z
LAST-MODIFIED:20250714T080430Z
UID:10000240-1752537600-1753660799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de ilustración _ Raquel Montero
DESCRIPTION:Raquel Montero é unha artista gráfica nada en Cambre. Esta creadora\, formada en Belas Artes\, especializouse en técnicas como a risografía\, a tecedoría\,  a applicación téxtil e o modelado manual. \nRaquel forma parte do Estudo Boh fundado xunto co ilustrador italiano Simone Virgini\, en 2022. Xuntos desenvolven un universo gráfico compartido\, inspirado no fantasy e nos contos de fadas. Empregan como sinal de identidade cores brillantes e parten de formas sintéticas. Podemos atopar as súas obras en feiras especializadas de ilustración e autoedición\, tanto nacionais como internacionais. Mais agora tes a oportunidade de velos\, durante dúas semanas\, no noso Mercado. \nNesta exposición poderás ver a súa última serie de tapices feitos coa técnica de appliqué. Son pezas realizadas durante a súa residencia artística en Noruega. Tamén atoparás a obra gráfica propia de Raquel\, de Simone e de Boh. \n  \nExposición: ‘Natureza híbrida’\nTécnicas empregadas: applicación téxtil\, risografía\, serigrafía\, impresión dixital e modelado manual\nAutores: Raquel Montero\, Simone Virgini e Boh adventures\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 15 – 27 de xullo\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o seu traballo:\nInstagram: @raquelmontero_\, @simonevirgini\, @boh.adventures
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-ilustracion-_-raquel-montero-2/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/07/Expo-Raquel-Montero.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250701
DTEND;VALUE=DATE:20250714
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20250702T151648Z
LAST-MODIFIED:20250702T153437Z
UID:10000239-1751328000-1752451199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de Con un poco de papel
DESCRIPTION:Eva e María son dúas irmás e dúas das cabezas mais inquedas que coñecemos. A súa posibilidade de adaptación para personalizar calquera idea que se che ocorra é inmensa. Traballan o papel —de aí o nome da súa marca—\, a madeira\, o metacrilato\, o téxtil\, as técnicas do corte e gravado láser\, o gancho\, a caligrafía… \nPor iso nesta exposición atoparemos pezas téxtiles como complementos para bebés\, bixutería\, cadernos con variedade de técnicas de encadernación\, álbums de scrapbooking\, e múltiples produtos para diferentes eventos como aniversarios\, bautizos\, comuñóns… \nSe queres inspiración para o teu evento ven a inspirarte con estas dúas creativas e si buscas cucadiñas\, Con un poco de papel é a túa marca de cabeceira. \n  \nActividade: Exposición de Con un poco de papel\nAutoras: Eva e María\nMarca: Con un poco de papel\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 1 – 12 de xullo\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo destas creativas:\nInstagram: @conunpocodepapell
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-con-un-poco-de-papel/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/07/plantilla-1080x1350x72ppp-IGweb_-tALLERES-copia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250617
DTEND;VALUE=DATE:20250629
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20250702T150811Z
LAST-MODIFIED:20250702T154647Z
UID:10000238-1750118400-1751155199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de xoiaría _ Soledad Mato
DESCRIPTION:🔹Gústanche as xoias e tes curiosidade polo oficio da ourivaría compostelá? \n🔹Apetéceche coñecer as diferentes técnicas e procesos que se esconden detrás dunha xoia elaborada artesanalmente? \n🔹Tes inquedanza por entender onde está o valor de cada peza? \nSe respondes que si a algunha destas preguntas temos preparada a exposición perfecta que vai responder a todas as túas dúbidas\, ademais de compracer o teu gusto. \nExposición de xoiaría con Soledad Mato e traballo en directo todos os días coa propia autora das pezas. Un luxo que podes atopar\, desde mañá\, no Mercado Galego da Creatividade. \nVen a vernos! \n  \nActividade: Xogando coa prata\nAutora: Soledad Mato\nMarca: Soledad Mato\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 1 – 12 de xullo\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo destas creativas:\nInstagram: @soledadmato
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-xoiaria-_-soledad-mato-2/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/07/plantilla-1080x1350x72ppp-IGweb_-tALLERES-copia-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250422
DTEND;VALUE=DATE:20250504
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20250429T164639Z
LAST-MODIFIED:20250627T173105Z
UID:10000237-1745280000-1746316799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de ilustración _ Quenindiola
DESCRIPTION:Baseadas nas formas bidimensionais do Románico Galego\, Quenindiola crea o seu propio código para reinterpretar as iconas da nosa cultura e patrimonio. \nCatro cores son as que enchen os baleiros entre as liñas: o vermello da Cruz de Santiago\, o azul de Galicia e o negro e o branco para contrastar. \nComo soporte das súas creacións usan sobre todo tea\, e como técnica de estampaxe\, a serigrafía. \nE para rematar\, o toque final\, o deseño ten relevo para que o tacto tamén estea implicado no desfrute destas pezas. \nToma nota: \nExposición: Camiño a Compostela\nMarca: Quenindiola\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 22 de abril – 3 de maio\nHorario: 16:30 – 19:30 h
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-ilustracion-_-quenindiola/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/04/Exposicion-Quenindiola.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250408
DTEND;VALUE=DATE:20250420
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20250418T140726Z
LAST-MODIFIED:20250418T140827Z
UID:10000231-1744070400-1745107199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de gravado _ Andrés Touceda
DESCRIPTION:Temos unha nova exposición de ‘Artista Invitado’ : Andrés Touceda. \nDesde o momento cero que coñecemos a Andrés tivemos claro que queriamos ser altofalante do seu traballo e durante as dúas semanas que comparte espazo connosco\, aprender del canto poidamos. \nO seu amor pola pesca con mosca levouno a converterse nun atador de moscas e educador ambiental —segundo nos di  el\,  semiprofesional—. \nDe 2008 – 2014 fun colaborador da revista Dánica\, especializada en pesca con mosca. \nEn 2015 entrei na escola de artes e oficios de Vigo para estudar encadernación e serigrafía. \nEn 2018 tivo o seu primeiro contacto co gravado\, no obradoiro de Xavier de Sousa\, e desde entón\, nunca deixou de lado este formato de expresión das súas ideas e deseños. Utiliza\, sobre todo\, o linogravado e a punta seca. \nO tema principal do meu traballo xorde da miña experiencia como pescador con mosca e da observación da natureza que rodea ó río. \nA experiencia e os coñecementos de Andrés son moi amplos e poderiamos dedicar todo un libro a contalos\, mais queremos que sexa el mesmo que conte\, en vivo e en directo a súa traxectoria vital. \n  \nTítulo da exposición: ‘Un Camiño de Tinta ao Pé do Río’\nAutor: Andrés Touceda\nTécnicas: escultura\, gravado a punta seca e linogravado\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 8 – 19 de abril
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-escultura-e-gravado-_-andres-touceda/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/04/Expo-Andres.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250325
DTEND;VALUE=DATE:20250406
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20250324T193452Z
LAST-MODIFIED:20250324T195126Z
UID:10000230-1742860800-1743897599@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de ilustración _ Paripepop
DESCRIPTION:Inauguramos unha nova exposición para lucir o traballo dunha das nosas marcas mais travesas: Paripepop. \nEstes son os cabos soltos dunha revolución que xamais se produciu. E toda revolución ten os seus protagonistas. E todo protagonista ten un punto débil. E todo punto débil deixa una marca. E toda marca é un sinal sobre una superficie\, real ou imaxinaria. E diso vai esta exposición coa que tropezaches (quizais por casualidade\, quizais porque ela te atopou a ti):  de ilustrar esas revolucións mentais que quizais nunca se produciron\, pero coas que non podemos deixar de fantasear. \nTítulo da exposición: ‘Revolución imaxinaria’\nTécnica: ilustración\nMarca: Paripepop\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 25 de marzo – 5 de abril \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-ilustracion-_-paripepop/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/03/paripepop-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250311
DTEND;VALUE=DATE:20250323
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20250310T211416Z
LAST-MODIFIED:20250310T211507Z
UID:10000219-1741651200-1742687999@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de complementos e pezas de papelería _ Con un poco de papel
DESCRIPTION:O papel é a semente que dá vida ao proxecto ‘Con un poco de papel‘ de Eva e María\, dúas irmás emprendedoras e unidas polo feito á man\, o traballo creativo e a inquedanza de descubrir cantas cousas se poden crear partindo tan só dun anaquiño de papel. \nMais a imaxinación destas dúas creadoras non ten fin e as súas mans tampouco atopan límites\, así que despois do papel viñeron materiais como a tea\, o metacrilato\, a madeira… \nSe cun pouco de papel poden crear infinitos produtos…\, imaxínate o mundo de creación que poden conseguir se parte tamén doutros materiais que van incorporados\, pouco a pouco\, á lista de materiais básicos cos cales traballar! \nPois todo este mundo de creacións propias\, personalizadas e personalizables\, elaboradas coas mans de Eva e María\, podes coñecelo durante as próximas dúas semanas na exposición que temos en marcha: \n  \nTítulo da exposición: ‘Mil ideas’\nTécnicas: encadernación\, scrapbook\, confección\, gravado e corte láser\, lettering…\nAutoras: Eva e María López\nMarca: Con un poco de papel\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 11 – 22 de marzo \n  \nCoñece o seu traballo:\nInstagram: @conunpocodepapell
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-complementos-e-pezas-de-papeleria-_-con-un-poco-de-papel/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/03/web-con-un-poco-de-papel.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250225
DTEND;VALUE=DATE:20250309
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20250224T130828Z
LAST-MODIFIED:20250224T130828Z
UID:10000218-1740441600-1741478399@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de bixutería _ Arbusto Mahara
DESCRIPTION:Inspirada na natureza que a rodea e as historias que lle contan as persoas achegadas\, Yulia\, baixo a marca Arbusto Mahara\, comezou a crear as súas peciñas de bixutería con contas ou mostacillas. \nUnha fusión dos trucos das técnicas tradicionais cos das contemporáneas\, cores\, texturas e movemento son a base das súas creacións. A diversidade de formas e cores que proporcionan as contas e os fíos que as unen compoñen o armazón das mesmas. \nBixutería e complementos divertidos perfectos para alegrar os nosos outfit. \nTítulo da exposición: ‘Raíces e Horizontes’\nTécnica: bixutería con mostacilla\nAutora: Yulia Ovchinnikova\nMarca: Arbusto Mahara\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 25 de febreiro – 8 de marzo \nCoñece o traballo de Arbusto Mahara:\nInstagram: @arbusto_mahara
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-bixuteria-_-arbusto-mahara/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/02/Expo-Arbusto-Mahara.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250211
DTEND;VALUE=DATE:20250223
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20250208T190509Z
LAST-MODIFIED:20250211T130024Z
UID:10000214-1739232000-1740268799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de acrílicos _ Jaqueline Elizabeth
DESCRIPTION:Jaqueline quere amosarnos a súa nova colección de acrílicos a través da exposición ‘O Xardín’. \nO por que deste título cóntanolo ela mesma: \nNun momento\, o xardín pode cambialo todo.\nGozar dunha experiencia que pode transformar o teu estado\, a túa visión\, o teu sentimento interior é esperanzador.\nUn xardín faite ser consciente da beleza que existe na natureza e ver como ese ambiente manifesta un poder sobrenatural capaz de transmitirlle ao teu ser\, sensacións do mais agradables\, paz\, plenitude\, felicidade\, esperanza\, beleza\, calor e liberdade. O cheiro do aire envólvete e dáche descanso; o canto dos paxaros elévate a unha dimensión máis alá da linguaxe cotiá.  Nel podemos atopar infinitas formas\, cores\, sabores\, marabillosos misterios que poden dar vida…\nO xardín é un lugar para gozar\, contemplar\, descansar\, recrear e recibir ese algo especial que non se atopa en ningures. Por iso quixen abordar este tema ata certo punto nos lenzos que podes atopar.\nConvídovos a gozar dunha experiencia renovadora. \nPois convite feito para que veñades a desfrutar deste xardín con encanto! \n  \nTítulo da exposición: ‘O Xardín’\nTécnica: pintura acrílica\nAutora: Jaqueline Elizabeth\nMarca: Jaqueline Elizabeth\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 11 – 22 de febreiro \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-acrilicos-_-jaqueline-elizabeth/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/02/Jaqueline-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20250110
DTEND;VALUE=DATE:20250201
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20250118T181738Z
LAST-MODIFIED:20250122T152428Z
UID:10000206-1736467200-1738367999@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición sombreirería artesanal_ Julia Vilariño
DESCRIPTION:Sombreiros de festa\, de diferentes cores\, tecidos\, formas e complementos decorativos.\nSombreiros clásicos\, de amplas ás\, forrados con pano portugués e rematados con cintas que dan o broche final á peza.\nSombreiros de ás anchas e cortas\, de copas altas e baixas.\nGorras.\nBoinas de la de ovella galega fiada por @ttmareque.\nSombreiros urbanos\, con toque galego e feltros de la.\nSombreiros con bordado ao aire\, colaboración con @zeltiaaoaire.\nReinterpretacións da monteira galega cun toque aos anos 20.\nTurbantes de feltro inspirados nos panos do traxe rexional\, moldeados á man para conseguir o efecto das engurras do pano e flocos de fío de perlé.\nTocados inspirados no traxe rexional galego. \nNada se lle resiste a Julia Vilariño na arte da sombreirería artesanal tradicional. \nTítulo da exposición: “Sombreirería Artesanal tradicional”\nAutora: Julia Vilariño\nMarca: Julia Vilariño\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 10 – 31 xaneiro\nHorario: 10:30 – 20:30 h \nCoñece o traballo de Julia:\nInstagram: @julia_vilarino
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-sombreireria-artesanal_-julia-vilarino/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/01/Cartel-julia-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20241126
DTEND;VALUE=DATE:20241209
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20241126T151737Z
LAST-MODIFIED:20241126T152151Z
UID:10000188-1732579200-1733702399@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de escultura de madeira _ SonAgasallo
DESCRIPTION:Sorprendemos cunha nova exposición na segunda planta da tenda: a colección de esculturas de madeira elaboradas por Ruth e José Manuel da marca SonAgasallo. \nAsí nos falan desta colección de obras: \nPorque nos gusta a natureza e as segundas oportunidades…   \nDe aquí xorde a motivación de todo o noso traballo\, de reutilizar pezas de madeira para artisticamente darlles unha segunda vida converténdoas en arte. Sempre estamos na procura continua de crear novas formas e reinventarnos\, imitando o bo facer da natureza que consegue rexenerarse a si mesma. \nO material base co que traballamos é a madeira. Con ela elaboramos esculturas\, pezas de decoración en múltiples formatos e complementos únicos. Todas elas son obras orixinais\, irrepetibles e inspiradas na natureza que nos rodea e os seres vivos que nela habitan. \nCada creación desta exposición leva\, aparte de moitas horas de duro traballo e meticulosa dedicación\, un anaquiño da nosa alma\, e un chisco de maxia. Elementos que nos gustaría achegarvos durante a visita á mesma. \nUnha colección que ten como protagonistas aos nosos Tahumis\, uns seres máxicos creados por nós mesmos como ferramenta educativa\, para axudarnos a falar coas crianzas sobre o valor da natureza\, o respecto que lle debemos a todos os seres vivos cos que convivimos nela\, a loita contra a contaminación\, a ecoloxía ou a sostibilidade. Podes atopar os Tahumis en diferentes tamaños  e rodeados de seres vivos cos que cohabitan. \nEstes seres máxicos viven no Monte Tahúme —en Porto do Son—\, de aí o seu nome. Protexen o seu monte das inclemencias e principalmente\, das accións do ser humano  como son os incendios\, a deforestación\, a contaminación… Non solemos velos á luz do día\, xa que cando algún se despista e é alumeado polo sol\, transformarase en humano e pasa a vivir entre nós\, nas aldeas das ladeiras do monte. \nEsperamos conseguir transmitirvos\, a través dos Tahumis\, un pouquiño da maxia da natureza que nos rodea. \n  \nTítulo da exposición: “Os Thaumis”\nAutores: Ruth e José Manuel\nMarca: SonAgasallo\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 26 de novembro – 8 de decembro\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo destes creativos:\nInstagram: @sonagasallo\nFacebook: SonAgasallo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/21274/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/11/Plantilla_carteles-eventos-web-copia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20241015
DTEND;VALUE=DATE:20241027
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20241015T123910Z
LAST-MODIFIED:20241015T124206Z
UID:10000186-1728950400-1729987199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición ilustración e pintura _ Paula Paradela
DESCRIPTION:Paula Paradela é a autora da exposición que podes atopar no Mercado Galego da Creatividade. \nEla mesma nos fala da súa traxectoria e a colección que nos presenta: \nTraxectoria:\nPaula Paradela\, Santiago de Compostela\, 1968.\nHistoriadora da Arte Moderna e Contemporánea.\nPintora e Ilustradora.\nDirectora do espazo creativo Ultramarte\, La Casita Azul. \nDesde nena\, recoñézome coma creadora\, explorando e descubrindo novos mundos a través das Artes. Teño unha longa traxectoria coma pintora\, muralista\, deseñadora de mobles e roupa\, restauradora e docente de artes plásticas en escolas\, bibliotecas e actividades de tempo libre.\nComa ilustradora\, publiquei varios contos para nenos\, revistas de divulgación artística e\, recentemente\, un tarot de xogo que presentei no Mercado Galego da Creatividade en 2021.\nNa faceta de docente de artes plásticas\, os meus alumnos levan acadado máis de corenta premios e mencións artísticas.\nTraballei con diferentes pedagoxías alternativas\, coma Montessori e o School Enrichment Model\, e na unidade da USC de Psicoloxía de altas capacidades. \nHoxe acompaño a xentes de todas as idades a atopar\, co xogo das cores\, diferentes camiños artísticos\, dando prioridade a un maior desenvolvemento dunha educación emocional e creativa no espazo Ultramarte\, La Casa Azul\, ás aforas de Compostela\, en Roxos.\nPintar é pura poesía; non se explica nin se entende desde a mente. A linguaxe imaxinal\, ou linguaxe de imaxes\, abre novas vías para a práctica innovadora da intelixencia emocional. \nMostra:\nConsta de colaxes feitos con pezas de debuxos dos nenos que asisten á escola de arte Ultramarte\, La Casita Azul. Naceron a partir da reciclaxe de centos de debuxos: anacos de soles amarelos\, azuis de mares ou verdes de montañas\, que se foron xuntando a modo de patchwork para crear composicións unidas a un fío común: o amor pola natureza e os obxectos que acompañan o labor cotidiano no fogar\, coma sifóns\, licuadoras e mulleres comendo ou cociñando. \nA partir da reciclaxe de papel de prensa e cartón\, presento tamén obxectos que acompañan a mostra\, elaborados coa técnica de papel maché da colección chamada “Sin Xeito”. Está inspirada na literatura poética do naturalista Gerald Durrell e na estancia coa súa familia na illa de Corfú\, Grecia.\nAs festas abertas ao mar con obxectos do cotiá evócanme a obra de Matisse e Duffy\, dous grandes mestres do lirismo naïf.\n \nPresentación da exposición:\n📍Quedada de debuxo co grupo de urban sketchers de Santiago\, Bosquejeros\, no propio espazo expositivo.\nSábado\, 19 de outubro\, ás 12:00 h \n📍 Nazareth López\, escritora e xornalista\, estará tamén no espazo expositivo e falaremos da mostra en círculo\, con entrevista.\nSábado\, 19 de outubro\, ás 19:00 h \n  \nTítulo da exposición: “Colaxes fronte ao mar”\nTécnica: Collage e gouache sobre papel / papel maché\nAutora: Paula Paradela\nMarca: Ultramarte\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 15 – 26 de outubro\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo de Paula:\nInstagram: @ultramarteart\nFacebook: Ultramarte \n    
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-ilustracion-e-pintura-_-paula-paradela/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/10/Expo-Paula.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240904
DTEND;VALUE=DATE:20240916
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20240904T124135Z
LAST-MODIFIED:20240904T124319Z
UID:10000184-1725408000-1726444799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de téxtil e complementos tecidos en tear _ Belategui Regueiro
DESCRIPTION:‘A arte de tecer’ é a exposición que\, desde hoxe\, podes atopar na sala de exposicións do Mercado. Luisa e Óscar son as persoas que están detrás desta exhibición de pezas feitas en tear de madeira\, e da firma Belategui Regueiro. \nQuixo o destino\, que alá polo ano 1984\, estes  dous creativos se atopasen cun tear. Foi un encontro resultado da súa inquietude persoal\, mais gustoulles tanto o que se conseguía facer con el\, que desde enton\, a súa vida e traballo xira entorno a esta xoia da artesanía galega. Xamais deixan de profundar na aprendizaxe e especialización desta arte de tecer con materiais do mais diversos. \nNo ano 2004 fundaron a marca Belategui Regueiro para facer desta arte o seu medio de vida. Unha marca que é toda unha homenaxe ás súas propias nais\,  pois Belategui é o segundo apelido da nai de Óscar e Regueiro é o segundo apelido da nai de Luisa. \nBaixo esta firma\, Óscar e Luisa crean prendas e complementos de moda e decoración con teas tecidas á man en teares de madeira. Empregan as fibras de sempre como son o liño ou a lá\, e tamén outras\, non tan convencionais\, como son: seda\, bambú\, alpaca\, coiro\, neopreno\, caucho…\nMais sempre empregando as técnicas artesanais que fan único a cada tecido. \nNa súa gama de traballos tamén engaden a impresión botánica\, o tinguido artesanal e a técnica de tinguido manual xaponesa shibori. \nSe non coñeces o traballo de Óscar e Luisa\, non deixes de visitarnos. Ah\, e durante a súa exposición estarán traballando no escaparate cun dos seus teares. Ven a vernos! \n  \nTítulo da exposición: “A arte de tecer”\nTécnica: tecido en tear\, impresión botánica\, tinguido artesanal e shibori\nAutores da exposición: Luisa e Óscar\nMarca: Belategui Regueiro\nLugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade\nData: 4 – 15 de setembro \n  \nCoñece o traballo da firma a través das súas RRSS:\nInstagram: belategui_regueiro\nFacebook: Belategui Regueiro
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-textil-e-complementos-tecidos-en-tear-_-belategui-regueiro/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/09/Cartel-Expo-Belategui.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240820
DTEND;VALUE=DATE:20240902
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20240819T114204Z
LAST-MODIFIED:20240819T120806Z
UID:10000183-1724112000-1725235199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de ilustración _ Raquel Montero
DESCRIPTION:Temos unha nova exposición no Mercado e desta vez da man da ilustradora Raquel Montero. \nQue podemos atopar?\nPois unha mostra do percorrido artístico da autora a través de diferentes obras e formatos: tapices\, esculturas\, fanzines\, láminas\, debuxos orixinais… Obras creadas inspirándose nos contos de fadas clásicos e mundos fantásticos. \nQuen é Raquel Montero? Deixámosvos\, nas súas propias verbas\, a presentación que nos achega dela mesma: \nSon debuxante\, ilustradora e artesá nada en Cambre\, A Coruña. Estudei Belas Artes na Universitat Politécnica de València e máis adiante cursei o Master en Ilustración Profesional na Escola Barreira Arte+Diseño. \nEntre as miñas creacións podemos destacar láminas\, tapices\, fanzines\, imáns\,… Con elas interésame romper tabús anticuados\, traspasar límites e abordar temas como a diversidade\, a inclusión\, o amor e a amizade\, achegándome sempre a eles de xeito lúdico e apto para todas as idades. \nEmprego unha gran variedade de técnicas na miña práctica artística\, comezando sempre co debuxo tradicional e logo estampando con serigrafía\, risografía\, impresión dixital\, tecendo á man ou modelando e pintando de xeito artesanal. As miñas obras\, aínda que diversas entre si\, son moi recoñecibles polas súas cores brillantes. \nActualmente traballa por encargo e participa en feiras de autoedición nacionais (Tenderete\, Graf\, Funfunfun\, Autoban…) e internacionais (Sprint Milano\, Crack Festival\, Ratata…). \nE agora no Mercado Galego da Creatividade! \n  \nExposición de ilustración\nAutora: Raquel Montero\nTécnicas empregadas: serigrafía\, risografía\, teceduría\, modelado\, costura…\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 20 de agosto – 1 de stembro\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo desta ilustradora:\nInstagram: @raquelmontero_ \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-ilustracion-_-raquel-montero/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/08/Cartel-expo-Raquel.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240806
DTEND;VALUE=DATE:20240819
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20240805T100346Z
LAST-MODIFIED:20240805T100346Z
UID:10000180-1722902400-1724025599@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de acuarelas _ Cuire Acuarelas
DESCRIPTION:🐟🖌️Sandra Cuiña preséntanos unha nova mostra do traballo que realiza baixo a marca Cuire Acuarelas e coa que plasma diferentes figuras da cultura galega\, da nosa gastronomía ou das peregrinas que chegan a Compostela. \nAs acuarelas son as súas aliadas na elaboración das ilustracións das Marías\, das súas interpretacións de Rosalía de Castro ou das sardiñas e troitas que verte en soportes téxtiles ou de papel. \nAo longo de dúas semanas\, no Mercado Galego da Creatividade haberá unha selección das creacións que a acompañan dende que comezou con este proxecto. \nNon a perdas! \n  \nTítulo da exposición: “Miscelánea”\nProxecto: Cuire Acuarelas\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 6 de agosto – 18 de agosto\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nSigue o traballo da pintora:\nInstagram: @cuireacuarelas\nFacebook: Yo no soy una it girl\nTik Tok: @yonosoyunitgirl \n  \n  \n  \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-acuarelas-_-cuire-acuarelas/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/08/cartel-expo-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240723
DTEND;VALUE=DATE:20240805
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20240719T163549Z
LAST-MODIFIED:20240719T163549Z
UID:10000179-1721692800-1722815999@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de tatuaxe e moda alternativa _ Futakuchi coworking
DESCRIPTION:Nesta ocasión\, chega ao Mercado Galego da Creatividade unha mostra na que conflúen técnicas tradicionais (como o bordado e a serigrafía artesanal) e modernas (como a impresión 3D ou tuftinggun) que dan como resultado o traballo colaborativo que Lora González realiza con artistas do mundo do tattoo. \nPezas únicas vinculadas á moda alternativa que esta compañeira elabora de forma artesanal dende o colectivo Futakuchi coworking ou as marcas @boro.tm e @salsagaucha. \nNon perdas a ocasión de visitar a exposición desta deseñadora e desfruta do seu traballo en directo! \n  \nTítulo da exposición: “1948 Irezumi”\nProxecto: Boro\nAutora: Lora González\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 23 de xullo – 4 de agosto\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nSigue o traballo desta creadora:\nInstagram: @boro.tm\nFacebook: salsagaucha \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-tatuaxe-e-moda-alternativa-_-futakuchi-coworking/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/07/Cartel-web.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240709
DTEND;VALUE=DATE:20240722
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20240709T090239Z
LAST-MODIFIED:20240717T102805Z
UID:10000178-1720483200-1721606399@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición produtos artesanais solidarios _ Asociación Avante
DESCRIPTION:Acollemos unha nova exposición ao abeiro do proxecto @12comercios12sensibilidadess de Compostela 🌟\n \nDurante este mes\, o protagonista desta campaña é o Mercado Galego da Creatividade e a sensibilidade vai para Avante Asociación. Unha asociación que traballa con persoas con discapacidade e cos seus familiares\, para defender os seus dereitos e intereses.\n \nHoxe comeza esta exposición na planta baixa do noso Mercado\, onde haberá unha mostra dos traballos que fan as persoas usuarias da asociación e tamén estarán traballando en directo os días 10\, 12\, 15\, 17 e 19 de xullo de 11.30 a 16.00h. \nVen a ver o seu traballo\, pónlles cara e apoia ó seu esforzo mercando os seus produtos artesanais. \n  \nTítulo da exposición: “Produtos artesanais Avante Asociación”\nProxecto: Asociación Avante\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 9 de xullo – 21 de xullo\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo da Asociación AVANTE\nInstagram: @avanteasociación\nFacebook: Asociación Avante \nCoñece aos 12 comercios e ás 12 sensibilidades que visibilizamos ao longo deste 2024: \nInstagram: @12comercios12sensibilidades\nFacebook: 12 Comercios 12 Sensibilidades \nCERSIA empresa: 12 Comercios 12 Sensibilidades \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-avante/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/07/Cartel_Axenda.jpg-1.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240701
DTEND;VALUE=DATE:20240708
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20240703T115709Z
LAST-MODIFIED:20240717T100745Z
UID:10000177-1719792000-1720396799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de pintura _ El Escaparate de Bea
DESCRIPTION:Da man de Beatriz Fraguas chega a seguinte exposición\, coa natureza e o mar como fontes de inspiración 🌊 \nEsta artista achéganos unha mostra na que as protagonistas son a pintura a base de óleos e acrílicos en soportes de madeira ou lenzos e a costura mediante teas cunha gama de cores que acompasan coa natureza. \nAo longo de dúas semanas\, as creacións de Bea\, quen considera que “a vida é fermosa se a miras con paixón”\, estarán agardando por todas na planta baixa do Mercado Galego da Creatividade! \nTítulo da exposición: “As miñas paixóns”\nAutora: Bea Fraguas\nMarca: El escaparate de Bea\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 1 de xullo – 7 de xullo\nHorario: 10:30 – 20:30 h \nCoñece o traballo de Beatriz:\nInstagram: @bea_fraguas
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-el-escaparate-de-beatriz/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/07/Cartel_Axenda.jpg.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240611
DTEND;VALUE=DATE:20240623
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20240610T190256Z
LAST-MODIFIED:20240717T100412Z
UID:10000176-1718064000-1719100799@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de estampación artesanal _ Amor ó teu
DESCRIPTION:Amor ó teu estampaxe artesanal é a marca de Sandra de Rego\, a quen coñecemos por #Amorote e que agora nos quere redescubrir o seu traballo baixo un novo nome\, pero co mesmo agarimo pola nosa terra e polo medio ambiente de sempre. \nDurante as próximas semanas poderedes ver de preto no Mercado Galego da Creatividadede as estampacións que esta artesá elabora inspirándose en Galicia en soportes como papel\, téxtil cerámica ou latón. \nAnímate a visitala e a celebrar esta nova etapa\, pois ademais\, ten varias sorpresas: \n“Teremos os selos de Amor ó Teu\, para que poidas levar unha postaliña estampada por ti mesmo/a. Tamén ofreceremos talleres ao longo da semana próxima\, que iremos anunciando nos próximos días. E para os máis curiosos\, temos preparada algunha sorpresiña que só descubrirás se te achegas pola tenda”. \nTítulo da exposición: “Amor ó Teu”\nAutora: Sandra de Rego\nMarca: Amor ó Teu\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 11 de xuño – 22 de xuño\nHorario: 10:30 – 20:30 h \nCoñece o traballo de Sandra:\nInstagram: @amoroteuestampaxesartesanal\nFacebook: @amoroteuestampaxeartesanal \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-amor-o-teu-estampaxe-artesanal/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/06/Cartel_Axenda.jpg.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240528
DTEND;VALUE=DATE:20240609
DTSTAMP:20260418T200804
CREATED:20240527T164624Z
LAST-MODIFIED:20240527T164624Z
UID:10000174-1716854400-1717891199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de xoiaría _ Soledad Mato
DESCRIPTION:Soledad Mato e o poder da xeometría e as cores 💎 \nDende hoxe\, o Mercado Galego da Creatividade conta coa presenza de Soledad Mato\, unha artesá que leva un longo percorrido dedicándose á xoiaría. \nNesta exposición\, a creadora pon de manifesto as formas xeométricas e unha ampla gama de cores que son insignia de todas as súas creacións. \nA prata e as pedras naturais son as protagonistas do seu proxecto no que Soledad Mato\, ademais de traballar este prezado metal\, selecciona cada pedra e busca facer con esta unión\, unha peza única. \nNos vindeiros quince días poderedes deleitarvos coas pezas que elabora esta compañeira e tamén co seu traballo en directo. \n  \nTítulo da exposición: “Xeometría e cor”\nAutora: Soledad Mato\nMarca: Soledad Mato\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 28 de maio – 8 de xuño\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo de Soledad:\nInstagram: @soledadmato\nFacebook: Soledad Mato
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-xoiaria-_-soledad-mato/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/05/web-cartel.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR