BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Creativas Galegas - ECPv6.3.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Creativas Galegas
X-ORIGINAL-URL:https://creativasgalegas.gal
X-WR-CALDESC:Events for Creativas Galegas
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20251021
DTEND;VALUE=DATE:20251102
DTSTAMP:20260426T153122
CREATED:20251022T150154Z
LAST-MODIFIED:20251103T190121Z
UID:10000269-1761004800-1762041599@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición _ Ruxe design
DESCRIPTION:Jenny é a quinta xeración de colareiras de O Grove. As mulleres da vila recollían as conchas que o mar deixaba atrás\, uníanas con fío e elaboraban divertidos colares que logo vendían na Illa da Toxa a visitantes fascinados co traballo final destas artesás. De tales raíces nace a inquietude da nosa compañeira por crear beleza coas mans\, por investigar novos xeitos de como aproveitar os recursos que a natureza nos dá para crear novos lenzos\, coas nosas propias cores e texturas. \nE podedes imaxinar como deste berce nace Jenny\, un bulebule\, un fervedoiro de ideas\, un fuxefuxe que sempre está aprendendo novos xeitos e técnicas de creación artesanal; unha mente que non para de innovar e unhas mans que non deixan de moldear. Por iso\, entre o seu traballo\, atopamos varias coleccións: \nSUCA\, en honor á súa avoa\, é o nome da colección de pezas elaboradas artesanalmente coas conchas do mar. \nMARMA é o nome que reciben as obras que crea artesanalmente con resina mineral ecolóxica. Están inspiradas no terrazo e contan cunha ampla variedade de cores\, formas e mesturas. \nALMA\, son pezas que xorden da súa paixón por coñecer os minerais naturais e convertelos en arte para lucir. \nTERRA nace do seu amor pola cerámica. Unha paixón que a conquistou dende os seus inicios e a levou a mergullarse en aventuras e aprendizaxes que non parecen ter fin. \nDe todas estas coleccións podes ver exemplos a través desta exposición. \nToma nota: \n  \nExposición: ‘Ruxe desing’\nTécnicas empregadas: cerámica\, conchas mariñas\, resina ecolóxica\nAutora: Jennifer Martínez\nNome da marca: Ruxedesign\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 21 de outubro – 1 de novembro\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n \nFotografías de: @labarral
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-_-ruxe-design/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/10/Expo-Ruxe.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20251104
DTEND;VALUE=DATE:20251116
DTSTAMP:20260426T153122
CREATED:20251103T210059Z
LAST-MODIFIED:20251103T210059Z
UID:10000273-1762214400-1763251199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición de xoiaría _ Ana Benito
DESCRIPTION:Acollemos unha nova exposición na tenda para mostrarvos o traballo de Ana Benito Vinós\, unha xoieira de Compostela con medio corazón mexicano. É por iso que ambas culturas están presentes en cada unha das súas pezas: \nEla mesma se nos presenta: \n“Se me tivese que describir\, diría que son bióloga de corazón e xoieira de paixón; que son amante dos animais e da natureza; que me gusta coñecer lugares\, xente\, comida\, costumes; que agradezo e atesouro ser de dous países\, porque nacín e crecín en México\, pero as miñas raíces son todas de España; que a vida me parece un transitar fascinante e que sempre crin que é un agasallo poder facer o que a unha lle gusta e apaixona. \nAs xoias e as pedras chamáronme a atención desde que teño memoria. Outra fascinación que teño son as ferramentas. O meu pai regaloume os meus primeiros alicates (que aínda conservo) e algúns fíos e chapas de latón\, alpaca e cobre; foi nese momento que se me abriu o mundo de crear cousas que están na miña cabeza. \nA miña inspiración é o mar e as montañas. Reproducir as curvas da natureza\, as asimetrías\, as espirais…\, todo iso está reflectido nas miñas pezas.” \nPezas únicas de xoiaría que vos recomendamos visitar. Toma nota! \n  \nExposición: Xoias da natureza\nTécnicas empregadas: técnicas tradicionais de xoiaría\nAutora: Ana Benito Vinós\nNome da marca: Ana Benito\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 4 – 15 de novembro\nHorario: 10:30 – 20:30 h \n  \nCoñece o traballo de Ana:\nInstagram: @ana_benito_joyera \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-de-xoiaria-_-ana-benito/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/11/plantilla-1080x1350x72ppp-IGweb_-tALLERES-copia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20251118
DTEND;VALUE=DATE:20251201
DTSTAMP:20260426T153122
CREATED:20251121T140550Z
LAST-MODIFIED:20251121T140550Z
UID:10000275-1763424000-1764547199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Exposición colectiva _ Mercado Tarado
DESCRIPTION:Queres atopar artigos imperfectamente exclusivos\, sacados do baúl do ‘veremos que fago contigo algún día’ que todo artesán/á ten —se di que non\, minte ou non é artesán/á—\, pezas feitas á man con historia propia e obras á venda a demasiado bo prezo? \nBenvidos e benvidas ao noso 𝐌𝐞𝐫𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐓𝐚𝐫𝐚𝐝𝐨: unha chea de produtos artesanais e artísticos nos que o prezo\, a imperfección e a singular historia durante o proceso de creación\, marcan a súa exclusividade! \nEsa peza que saíu do forno cunha personalidade tan única e irrepetible que debe seguir o seu propio camiño\, fóra da colección.\nEse prototipo ao que lle regalamos tantas e tantas horas da nosa vida e non acabou de satisfacer os nosos egos.\nEsa talla que quedou soíña e nos acompaña cada feira coa ilusión do primeiro día por atopar un novo fogar. \nQueres coñecer esas peciñas que forman parte da colección privada da/do artista que por mais voltas que lle dea\, xamais cumprirán as expectativas do seu maxín creador? \nBenvido/a ao marabilloso universo das pezas agochadas das nosas creativas galegas. Abrimos o baúl dos prototipos\, das taras\, das decepcións infinitas para poñelas á venda. Pezas exclusivas artesanais a prezos de bazar! \nExposición: Mercado Tarado\nObxectivo: aliviar a carga emocional do baúl das taras\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 18 – 30 de novembro\nHorario: 10:30 – 20:30 h
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/exposicion-colectiva-_-mercado-tarado/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/11/Mercado-tarado-copia.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR