BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Creativas Galegas - ECPv6.3.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://creativasgalegas.gal
X-WR-CALDESC:Events for Creativas Galegas
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20220327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20221030T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251215T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251215T133000
DTSTAMP:20260502T121236
CREATED:20251210T204037Z
LAST-MODIFIED:20251210T204037Z
UID:10000295-1765796400-1765805400@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de xoiaría _ Sonia Arnaiz
DESCRIPTION:Sonia Arnaiz traslada o seu taller ao escaparate do Mercado Galego da Creatividade para amosarnos todo o proceso artesanal que hai detrás da creación dos seus aneis de prata 925 inspirados na espuma de mar.\n\nVeremos como lle da forma ao metal coa man\, como constrúe o volume mediante as esferas fundidas de prata e como consigue a textura que evoca o movemento da espuma mariña. \nUnha mostra do oficio de xoiaría\, a técnica que implica\, a precisión que esixxe e a sensibilidade coa que traballa esta artesá no deseño e confección da xoia. \n  \n\nActividade: Escaparate Vivente de xoiaría\nAutora: Sonia Arnaiz\nMarca: Sonia Arnaiz\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 15 de decembro\nHorario: 11:00 – 13:30 \n  \n✨Actividade patrocinada por Artesanía de Galicia\, entidade da Consellería de Emprego\, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. \n     
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-xoiaria-_-sonia-arnaiz/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/12/10.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251210T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251210T193000
DTSTAMP:20260502T121236
CREATED:20251210T201303Z
LAST-MODIFIED:20251210T201303Z
UID:10000293-1765386000-1765395000@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de xoiaría _ Soledad Mato
DESCRIPTION:Nesta demostración de traballo en directo poderemos ver todo o proceso de elaboración dun colar a partir de filamento de prata e pedras semipreciosas. \nSoledad Mato será a xoieira que estará traballando en directo desde o escaparate para que todas as persoas que teñen curiosidade por coñecer de preto o traballo artesanal poidan achegarse\, coñecela e preguntarlle segredos do seu oficio.  \n \nActividade: Escaparate Vivente de xoiaría\nAutora: Soledad Mato\nMarca: Soledad Mato\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 10 de decembro\nHorario: 17:00 – 19:30 h \n  \n✨Actividade patrocinada por Artesanía de Galicia\, entidade da Consellería de Emprego\, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. \n     
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-xoiaria-_-soledad-mato-4/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/12/9.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250405T160000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250405T183000
DTSTAMP:20260502T121236
CREATED:20250318T122503Z
LAST-MODIFIED:20250318T122840Z
UID:10000224-1743868800-1743877800@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de marroquinería _ MOCAO Artesanía
DESCRIPTION:Mónica  é a persoa  que está detrás deste obradoiro de Artesanía de Galicia\, unha marca especializada no traballo de marroquinería e cuxos produtos se comercializan baixo o nome de MOCAO Artesanía. \nDurante este Escaparate Vivente podemos ver\, en vivo e en directo\, diferentes procesos do traballo de produtos de marroquinería. \nEs desas persoas que queda embelesada cando ve a alguén facendo traballo artesanal coas súas mans? Anota a data desta actividade: \n📌Sábado\, día 5 de abril\, de 16.00 a 18.30 horas\n📍No Mercado Galego da Creatividade (Compostela) \n  \n✨Actividade patrocinada  por Artesanía de Galicia\, entidade da Consellería de Emprego\, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. \n  \n      \n  \nEsta actividade enmárcase dentro dos Días Europeos da Artesanía\, unha iniciativa promovida pola Escola de Organización Industrial (EOI) e a súa área de promoción da artesanía Fundesarte xunto á Organización de Artesáns de España\, oficioyarte\, e @jemaofficiel.
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-marroquineria-_-mocao-artesania-3/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/03/Web-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250405T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250405T133000
DTSTAMP:20260502T121236
CREATED:20250318T120934Z
LAST-MODIFIED:20250318T122652Z
UID:10000223-1743850800-1743859800@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de calceta _ La con Agarimo
DESCRIPTION:Desi  é a persoa  que está detrás deste obradoiro de Artesanía de Galicia\, unha marca especializada no traballo de calceta con dúas agullas e cuxos produtos se comercializan baixo o nome de La con Agarimo. \nDurante este Escaparate Vivente podemos ver\, en vivo e en directo\, como é o día a día do traballo de Desi\, a nosa experta en calceta con agullas. \nSi desfrutas vendo o traballo artesanal e a conservación dos nosos oficios ao longo do tempo\, anota a data desta actividade: \n📌Sábado\, día 5 de abril\, de 11.00 a 13.30 horas\n📍No Mercado Galego da Creatividade (Compostela) \n  \n✨Actividade patrocinada  por Artesanía de Galicia\, entidade da Consellería de Emprego\, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. \n  \n      \n  \nEsta actividade enmárcase dentro dos Días Europeos da Artesanía\, unha iniciativa promovida pola Escola de Organización Industrial (EOI) e a súa área de promoción da artesanía Fundesarte xunto á Organización de Artesáns de España\, oficioyarte\, e @jemaofficiel.
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-calceta-_-la-con-agarimo-4/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/03/Web-4.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250402T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250402T133000
DTSTAMP:20260502T121236
CREATED:20250318T114142Z
LAST-MODIFIED:20250318T114506Z
UID:10000222-1743591600-1743600600@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de macramé _ Malas Herbas Artesanía
DESCRIPTION:Paula  é a persoa  que está detrás deste obradoiro de Artesanía de Galicia\, unha marca especializada no traballo de bixutería feita con anaquiños da natureza conservados en resina e lenzos elaborados coas técnicas do macramé\, cuxos produtos  se comercializan baixo o nome de Malas Herbas Artesanía. \nDurante este Escaparate Vivente podemos ver\, en vivo e en directo\, todo o proceso de creación dun gran tear de macramé usando elementos naturais e fío de algodón. \nQueres ver este proceso de traballo? Toma nota da data desta actividade: \n📌Mércores\, día 2 de abril\, de 11.00 a 13.30 horas\n📍No Mercado Galego da Creatividade (Compostela) \n  \n✨Actividade patrocinada  por Artesanía de Galicia\, entidade da Consellería de Emprego\, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. \n  \n      \n  \nEsta actividade enmárcase dentro dos Días Europeos da Artesanía\, unha iniciativa promovida pola Escola de Organización Industrial (EOI) e a súa área de promoción da artesanía Fundesarte xunto á Organización de Artesáns de España\, oficioyarte\, e @jemaofficiel.
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-macrame-_-malas-herbas-artesania/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/03/Web-2.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250331T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250331T133000
DTSTAMP:20260502T121236
CREATED:20250312T200358Z
LAST-MODIFIED:20250318T113440Z
UID:10000221-1743418800-1743427800@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de traballo en pel _ Dona Formiguinha
DESCRIPTION:Nerea é a persoa  que está detrás deste obradoiro de Artesanía de Galicia\, unha marca especializada no traballo en coiro e cuxos produtos se comercializan baixo o nome de Dona Formiguinha. \nDurante este Escaparate Vivente podemos ver\, en vivo e en directo\, como se traballa coa pel para elaborar a partir dela unha peza de bixutería que logo encapsula dentro dunha bola de cristal. \nTes curiosidade por coñecer estes procesos de traballo? Toma nota da data desta actividade: \n📌Luns\, día 31 de marzo\, de 11.00 a 13.30 horas\n📍No Mercado Galego da Creatividade (Compostela) \n  \n✨Actividade patrocinada  por Artesanía de Galicia\, entidade da Consellería de Emprego\, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. \n  \n      \n  \nEsta actividade enmárcase dentro dos Días Europeos da Artesanía\, unha iniciativa promovida pola Escola de Organización Industrial (EOI) e a súa área de promoción da artesanía Fundesarte xunto á Organización de Artesáns de España\, oficioyarte\, e @jemaofficiel.
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-traballo-en-pel-_-dona-formiguinha/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2025/03/Web-3.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250103T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250103T133000
DTSTAMP:20260502T121236
CREATED:20241203T193536Z
LAST-MODIFIED:20241203T193536Z
UID:10000195-1735902000-1735911000@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de sombreirería tradicional _ Julia Vilariño
DESCRIPTION:Julia Vilariño é unha artesá que continúa coa elaboración de sombreirería tradicional galega. Artesanía\, tradición e cultura galega conviven en cada unha das súas pezas.  Cada un dos elementos que o compoñen está minuciosamente pensado\, deseñado e creado para que todas as súas creacións sexan unha perfecta obra de arte. \nGustaríache vela traballar en directo? Toma nota da súa exhibición durante un Escaparate Vivente: \n  \nActividade: Escaparate Vivente de sombreirería\nAutora: Julia Vilariño\nMarca: Julia Vilariño\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 3 de xaneiro\nHorario: 11:00 – 13:30 \n  \n✨Actividade patrocinada  por Artesanía de Galicia\, entidade da Consellería de Emprego\, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-sombreireria-tradicional-_-julia-vilarino/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/12/Julia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241221T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241221T133000
DTSTAMP:20260502T121236
CREATED:20241203T193514Z
LAST-MODIFIED:20241203T193514Z
UID:10000194-1734778800-1734787800@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de marroquinería _ MOCAO Artesanía
DESCRIPTION:Xa coñecedes o deseño\, a elegancia e a orixinalidade coa que traballa a nosa compañeira Mónica de MOCAO Artesanía. \nQueres ver unha mostra en directo do traballo destas mans? Visítanos durante a súa exhibición no Mercado e terás a oportunidade de ver as diferentes técnicas e ferramentas que emprega para elaborar as súas pezas. \n  \nActividade: Escaparate Vivente de marroquinería\nAutora: Mónica Cao\nMarca: MOCAO Artesanía\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 21  de decembro\nHorario: 11:00 – 13:30 \n  \n✨Actividade patrocinada  por Artesanía de Galicia\, entidade da Consellería de Emprego\, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-marroquineria-_-mocao-artesania-2/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/12/Monica.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241216T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241216T133000
DTSTAMP:20260502T121237
CREATED:20241203T183352Z
LAST-MODIFIED:20241203T184153Z
UID:10000193-1734346800-1734355800@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de ourivaría Compostelá _ Asuntos Imaxinarios
DESCRIPTION:Diana Fraiz é a xoieira que está detrás da marca Asuntos Imaxinarios. \nEstará connosco no Mercado facendo unha demostración en directo do seu traballo de ourivaría Compostelá. Poderemos ver a creación da filigrana tradicional e as diferentes técnicas empregadas na xoiaría tradicional galega. Son exemplos disto os sapos\, aderezos\, brincos… \nUtilizará fío e lámina de prata que manipulará con alicates\, martelo e soprete. Soldará estes elementos\, e coa segueta\, recortará\, crearalle  furados e así elaborará un  colgante de principio a fin durante a duración do Escaparate Vivente. \n  \nActividade: Escaparate Vivente de ourivaría\nAutora: Diana Fraiz\nMarca: Asuntos Imaxinarios\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 16 de decembro\nHorario: 11:00 – 13:30 \n  \n✨Actividade patrocinada por Artesanía de Galicia\, entidade da Consellería de Emprego\, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. \n     
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-ourivaria-compostela-_-asuntos-imaxinarios/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/12/Diana.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241211T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241211T133000
DTSTAMP:20260502T121237
CREATED:20241203T173732Z
LAST-MODIFIED:20241203T182517Z
UID:10000192-1733914800-1733923800@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de calceta _ La con Agarimo
DESCRIPTION:Desiree vai facer unha mostra en directo de como  calcetar\, a dúas agullas\, unha peza decorativa para o Nadal. \nCombinando las de diferentes  cores podemos crear divertidas pezas de decoración navideña como son as estrelas\, os corazóns\, ou as tradicionais bolas. Queres saber como escalar a túa peza de calceta para que se adapte aos tamaños que ti buscas? Ven a ver a Desi e ela cóntache todo o que necesitas. \n  \nActividade: Escaparate Vivente de calceta\nAutora: Desiree Díaz\nMarca: La con Agarimo\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 11 de decembro\nHorario: 11:00 – 13:30 \n  \n✨Actividade patrocinada por Artesanía de Galicia\, entidade da Consellería de Emprego\, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. \n      \n  \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-calceta-_-la-con-agarimo-3/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/12/Desi.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241209T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241209T193000
DTSTAMP:20260502T121237
CREATED:20241203T163345Z
LAST-MODIFIED:20241205T101828Z
UID:10000191-1733763600-1733772600@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de xoiaría _ Soledad Mato
DESCRIPTION:Soledad Mato\, ourive de Compostela\, traballa a prata e a combinación desta con pedras semipreciosas. Neste escaparate poderemos ver diferentes pasos e técnicas de traballo coa prata ata crear a partir dela unha delicada e elegante xoia\, ou para crear a partir desta\, o armazón perfecto sobre o que lucir unha  preciosa pedra natural. \n  \nActividade: Escaparate Vivente de xoiaría\nAutora: Soledad Mato\nMarca: Soledad Mato\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 9 de decembro\nHorario: 17:00 – 19:30 \n  \n✨Actividade patrocinada por Artesanía de Galicia\, entidade da Consellería de Emprego\, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. \n      
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-xoiaria-_-soledad-mato-3/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/12/Soledad-Mato.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241209T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241209T140000
DTSTAMP:20260502T121237
CREATED:20241203T160431Z
LAST-MODIFIED:20241203T160908Z
UID:10000190-1733742000-1733752800@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de escaparatismo _ Denadinteriores e Spacio b
DESCRIPTION:Almudena de Denadinteriores e Bea de Spacio b\, son as nosas escaparatistas. \nEstamos desexando ver que proposta nos fan para este escaparate de Nadal. E ti? Queres ver en directo como van construíndo a súa posta en escena? Pois xa sabes\, toma nota e achégate ao Mercado. \n  \nActividade: Escaparate Vivente de escaparatismo\nAutoras: Bea Barril e Almudena Rodríguez\nMarcas: Spacio b e Denadinteriores\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 9 de decembro\nHorario: 11:00 – 14:00 \n  \n✨Actividade patrocinada por Artesanía de Galicia\, entidade da Consellería de Emprego\, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia \n    
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-escaparatismo-_-denadinteriores-e-spacio-b-2/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/12/Bea-e-Almu.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241204T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241204T133000
DTSTAMP:20260502T121237
CREATED:20241203T141513Z
LAST-MODIFIED:20241203T155952Z
UID:10000189-1733310000-1733319000@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de traballo en coiro _ Dona Formiguinha
DESCRIPTION:Nerea\, da marca Dona Formiguinha\, traballa artesanalmente o coiro cunha amplísima gama de cores para crear múltiples produtos divertidos\, elegantes e cheos de vida. \nNeste Escaparate Vivente podes ver en vivo e en directo como elabora un peto aforrador en forma de casa\, cortando a pel\, coséndoa á man e decorando a peza con todos os detalles finais. \nQueres ver como o fai? Achégate polo Mercado para coñecer todo o proceso manual. \n  \nActividade: Escaparate Vivente de traballo en coiro\nAutora: Nerea Herrera\nMarca: Dona Formiguinha\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nDatas: 4 de decembro\nHorario: 11:00 – 13:30 \n  \n✨Actividade patrocinada  por Artesanía de Galicia\, entidade da Consellería de Emprego\, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia \n        
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-traballo-en-coiro-_-dona-formiguinha/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/12/Nerea.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240608
DTEND;VALUE=DATE:20240609
DTSTAMP:20260502T121237
CREATED:20240601T214714Z
LAST-MODIFIED:20240601T214714Z
UID:10000175-1717804800-1717891199@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de calceta _ La con agarimo
DESCRIPTION:Desi\, a nosa compañeira experta en la e tecido con agullas\, convídanos a unha xornada na que tecer en público e facelo en grupo. Así que si es experto/a nas artes de tecer\, principiante ou queres aprenden\, acompáñanos e ven a celebrar connosco o Día deTecer en Público. Axúdanos a berrar aos catro ventos como de vivas están estas artes\, cantas persoas as continuamos e a paixón coa que o facemos. \nAquí vos deixamos o convite que a propia Desiree nos fai: \nCelebra a Creatividade e a Comunidade no Día Mundial de Tecer en Público! \nOla\, tecedores e tecedoras: \nConvidámosvos a unirvos a nós nunha celebración tan colorida e acolledora: o Día Mundial de Tecer en Público. É unha oportunidade única para sacar as agullas\, a la e os patróns á luz do día  para compartir a nosa paixón co mundo. \nPor que participar?\nConecta con outros/as afeccionados/as: Tecer conxuntamente é unha forma marabillosa de coñecer xente nova e compartir consellos e trucos.\nInspira e sé inspirado: Verás unha variedade de proxectos incribles que están en marcha e\, quen sabe\, quizais atopes o teu próximo gran proxecto!\nCelebra a arte do tecido: Demostra que tecer non é só unha actividade de interior. É unha forma de arte que merece ser vista e apreciada por todos e todas. \nQue necesitas traer?\nAs túas ferramentas de tecido: agullas\, crochets\, la…\nUn sorriso\, para gozar e facer gozar aos demais.\nNon importa se es un experto/a ou se acabas de comezar\, todos/as somos benvidos/as! Este é un día para relaxarse\, gozar e tecer lazos tanto literal como figurativamente. \nEsperámoste para tecer  en  comunidade e mostrar ao mundo o divertido e moderno que pode ser esta antiga arte!” \n  \nActividade: tecido grupal para celebrar o Día Mundial do Tecido en Público\nPromotora: Desiree Díaz\nMarca: La con Agarimo\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: Sábado\, día 8 de xuño\nHorario: 11:00 -13:00 h //  17:00-19:00 h \nAcompáñanos nesta actividade!
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-calceta-_-la-con-agarimo-2/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240406T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240406T133000
DTSTAMP:20260502T121237
CREATED:20240319T145934Z
LAST-MODIFIED:20240319T145934Z
UID:10000160-1712401200-1712410200@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de elaboración dunha escultura de libros reciclados
DESCRIPTION:Escaparate Vivente: escultura de libros reciclados \nCharo\, a compañeira que está detrás da marca @d_rositas\, traballa con papel de libros que alguén desbota e que ela recupera para darlles unha nova vida. \nNesta ocasión imos ter a oportunidade de ver o seu proceso de creación na elaboración dunha escultura de Rosalía de Castro a partir dun libro de “Cantares Gallegos”. As súas ferramentas son: papel\, pintura\, cola\, as súas mans e moita imaxinación. \nNon perdas esta ocasión de vela traballar en directo! \n\nActividade: Escaparate Vivente de escultura de papel reciclado\nAutora:  María del Rosario Remo \nMarca: D Rositas\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 6 de abril\nHorario: 11:00 – 13:30 h \nCoñece o traballo de Mónica:\nInstagram: @d_rositas\nFacebook: D Rositas Artesanía en Papel \nUnha actividade apoiada por:\n@artesania_de_galicia\n@xuntadegalicia
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-elaboracion-dunha-escultura-de-libros-reciclados/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/03/DRositas.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240405T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240405T133000
DTSTAMP:20260502T121237
CREATED:20240319T144728Z
LAST-MODIFIED:20240319T150132Z
UID:10000159-1712314800-1712323800@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de calceta con agullas _ La con Agarimo
DESCRIPTION:Desi\, a creativa que impulsa a marca @laconagarimo\, vainos ensinar o proceso de elaboración para un dos seus artigos con máis éxito: o chal vaporoso. \nNeste escaparate teremos a ocasión de ver a súa arte movendo as agullas de calceta para crear un padrón no que os fíos de la\, alpaca e seda se entrelazan. \nGarda a data e descubre este proceso creativo! \n\n\nActividade: Escaparate Vivente de calceta\nAutora:  Desiree Díaz\nMarca: La con Agarimo\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 5 de abril\nHorario: 11:00 – 13:30 h \nCoñece o traballo de Mónica:\nInstagram: @laconagarimo\nFacebook: La con Agarimo \nUnha actividade apoiada por:\n@artesania_de_galicia\n@xuntadegalicia
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-calceta-con-agullas-_-la-con-agarimo/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/03/la-con-agarimo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240404T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240404T133000
DTSTAMP:20260502T121237
CREATED:20240319T140927Z
LAST-MODIFIED:20240319T140927Z
UID:10000158-1712228400-1712237400@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de xoiaría _ Asuntos Imaxinarios
DESCRIPTION:Diana\, a creativa de @asuntosimaxinarios\, vainos amosar como crea un colgante de filigrana. \nDescubriranos técnicas de ourivería tradicional e poderemos ver como prepara os materiais (lixado\, recocido do metal con soprete\, entorchado\, embutido e martelado)\, como forma os elementos\, o proceso de soldadura con soprete\, calado con serreta\, limado ata que remata co pulido. \nVen ver en primeira persoa esta técnica tradicional! \nActividade: Escaparate Vivente de xoiaría\nAutora:  Diana Fraiz\nMarca: Asuntos Imaxinarios\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 4 de abril\nHorario: 11:00 – 13:30 h \nCoñece o traballo de Mónica:\nInstagram: @asuntosimaxinarios\nFacebook: Asuntos Imaxinarios \nUnha actividade apoiada por:\n@artesania_de_galicia\n@xuntadegalicia
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-xoiaria-_-asuntos-imaxinarios-2/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/03/Asuntos-Imaxinarios.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240403T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240403T133000
DTSTAMP:20260502T121237
CREATED:20240319T135032Z
LAST-MODIFIED:20240319T141027Z
UID:10000157-1712142000-1712151000@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de marroquinería _ MOCAO Artesanía
DESCRIPTION:Nesta proposta\, Mónica\, a compañeira de @mocaoartesania\, estará a traballar a marroquinería de xeito artesanal. \nPoderemos ver diferentes peles e coiros de varias orixes (vaca\, poldro\, ovella\, cabra\, porco…) e acabados (curtido vexetal\, curtido mineral\, acabados lisos\, acabados bombeados…). Tamén veremos as diversas técnicas que emprega (ensamblado\, bruñido tintado de cantos…)\, así como materiais e ferramentas propios do oficio (sacabocados\, tinturas\, escarpelos\, punzón…). \nNon perdas a oportunidade de coñecer máis de preto este oficio ancestral! \nActividade: Escaparate Vivente de marroquinería\nAutora:  Mónica Cao\nMarca: MOCAO Artesanía\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 3 de abril\nHorario: 11:00 – 13:30 h \nCoñece o traballo de Mónica:\nInstagram: @mocaoartesania\nFacebook: MOCAO Artesanía \nUnha actividade apoiada por:\n@artesania_de_galicia\n@xuntadegalicia
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-marroquineria-_-mocao-artesania/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2024/03/MOCAO.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230401T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230401T133000
DTSTAMP:20260502T121237
CREATED:20230316T154954Z
LAST-MODIFIED:20230316T154954Z
UID:10000040-1680346800-1680355800@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de xoiaría _ Soledad Mato
DESCRIPTION:Xa coñecedes á nosa compañeira Soledad Mato e a súa paixón polos minerais\, pola historia e lugar de formación de cada pedra e os procesos xeolóxicos responsables da maxia das súas cores e formas nas que cristalizan. \nPara esta mostra de traballo en directo\, Soledad decidiu traballar cunha calcedonia de orixe galega\, un mineral de sílice moi relacionado co cuarzo aínda que non forma uns cristais tan desenrolados\, senón que son cristalizacións diminutas apenas apreciables. \nEmpregando como base a calcedonia\, con fíos de prata soldados uns a outros configurará a composición final dunha xoia. Como? Convidámoste a velo en directo na súa demostración de traballo en directo que terá lugar no Mercado con motivo dos Días Europeos da Artesanía 2023. \n  \nActividade: Escaparate Vivente de xoiaría\nAutora: Soledad Mato\nMarca: Soledad Mato\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 1 de abril\nHorario: 11:00 – 13:30 h \n  \nInstagram: @soledadmato\nFacebook: Joyas únicas Soledad Mato \n  \n@artesania_de_galicia\n@xuntadegalicia\n@camino_xacobeo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-xoiaria-_-soledad-mato-2/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/03/escaparate-soledad.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230331T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230331T133000
DTSTAMP:20260502T121237
CREATED:20230316T155227Z
LAST-MODIFIED:20230316T155227Z
UID:10000043-1680260400-1680269400@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de xoaría _ Asuntos Imaxinarios
DESCRIPTION:Con motivo dos Días Europeos da Artesanía\, Diana de Asuntos Imaxinarios vai facer tamén unha mostra do seu traballo en directo. \nEsta xoieira quere amosarnos diversas técnicas de forxado para elaborar as súas pezas. Poderemos ver como Diana corta formas en láminas de cobre con tesoira ou con cortadora de círculos\, como abranda o metal con lume de soprete para poder darlle forma co martelo sobre unha bigornia e sobre embutidores de madeira de varios tamaños. \nCon todo este traballo ensinaranos finalmente como compoñer a xoia para elaborar uns pendentes e un colgante.\nTemos que sinalar que esta creativa non abandona os seus principios de responsabilidade co planeta e por iso emprega sempre que pode\, materiais que reducen o impacto ecolóxico do seu oficio. \nQueres ver de cerca o traballo desta artista experta en manipular diferentes metais para crear xoias?\nVen a vela no directo: \n  \nActividade: Escaparate Vivente de xoiaría\nAutora: Diana Fraiz\nMarca: Asuntos Imaxinarios\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 31 de marzo\nHorario: 11:00 – 13:30 h \n  \nInstagram: @asuntosimaxinarios\nFacebook: @Asuntos Imaxinarios\nPinterest: Asuntos Imaxinarios \n  \n@artesania_de_galicia\n@xuntadegalicia\n@camino_xacobeo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-xoaria-_-asuntos-imaxinarios/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/03/escaparate-diana.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230330T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230330T133000
DTSTAMP:20260502T121237
CREATED:20230316T155520Z
LAST-MODIFIED:20230316T155520Z
UID:10000045-1680174000-1680183000@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de puntos de calceta _ La con Agarimo
DESCRIPTION:Xa coñecedes á nosa compañeira Desiree da firma La con Agarimo. \nAs agullas e a la son as súas compañeiras de vida. É difícil atopala sen estes elementos nas súas mans (e sen unha cunca de café preto\, todo sexa dito). \nEste tradicional oficio que nos recorda ás nosas avoas tecendo roupa para toda a familia\, moito se fala nos últimos tempos dos seus beneficios terapéuticos. Cada vez mais persoas practican esta técnica artesanal para manter e mellorar a saúde mental. Mantén as mans activas\, a mente áxil e reduce o estrés. E ao final do proceso temos como resultado unha marabillosa prenda para vestirnos\, algo que sempre axuda a autoestima. \nDesiree converteu este oficio no seu medio de vida. Entre as peciñas que elabora podemos atopar prendas para bebés\, para xente adulta e un montón de complementos que nos axudan a facerlle fronte ao frío. \nQueres ver como traballa a nosa compañeira?\nCon motivo dos Días Europeos da Artesanía podemos vela traballando en directo a través do seu Escaparate Vivente. Anota: \n  \nActividade: Escaparate Vivente de calceta\nAutora:  Desiree Díaz Mallo\nMarca: La con agarimo\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 30 de marzo\nHorario: 11:00 – 13:30 h \n  \nInstagram: @laconagarimo\nFacebook: @La con Agarimo \n  \n@artesania_de_galicia\n@xuntadegalicia\n@camino_xacobeo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-puntos-de-calceta-_-la-con-agarimo/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/03/escaparate-desi.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230329T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230329T133000
DTSTAMP:20260502T121237
CREATED:20230310T134436Z
LAST-MODIFIED:20230310T134436Z
UID:10000046-1680087600-1680096600@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de confección téxtil _ Nobelo a nobelo
DESCRIPTION:María\, da marca Nobelo a nobelo\, é a nosa experta en bordado artesanal. Empregando a súa aprendizaxe e destrezas\, cunha agulla e fíos de cores\, crea auténticas obras de arte sobre pezas téxtiles que ela mesma deseña e confecciona cosendo á man ou coa axuda dunha máquina de coser. Esta é a faceta que mais nos mostra e a nós a que mais nos gusta ver. Mais desta volta vainos ensinar o proceso de confección e cosido da peza. \nPara a nosa compañeira María\, ver retallos de tela non é ver sobrantes para tirar ao lixo\, senón un montón de texturas e cores de diferentes tecidos que se poden combinar entre si para facer unha peza xenial e exclusiva. \nA través deste Escaparate Vivente\, con motivo dos Días Europeos da Artesanía 2023\, vai ensinar como a partir de retallos téxtiles\, elabora carteiras únicas\, irrepetibles. Verémola traballar coa máquina de coser en vivo e en directo\, no propio escaparate do Mercado. \nVen a vela e pregúntalle cantas curiosidades teñas sobre o seu traballo. \nToma nota: \n  \nActividade: Escaparate Vivente de costura creativa\nAutora:  María Gaiteiro\nMarca: Nobelo a nobelo\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 29 de marzo\nHorario: 11:00 – 13:30 h \n  \nInstagram: @nobelo_a_nobelo\nFacebook: Nobelo a nobelo\, tecidos\, merceria \n  \n@artesania_de_galicia\n@xuntadegalicia\n@camino_xacobeo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-confeccion-textil-_-nobelo-a-nobelo/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/03/escaparate-nobelo.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230328T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230328T133000
DTSTAMP:20260502T121237
CREATED:20230310T125551Z
LAST-MODIFIED:20230310T125551Z
UID:10000048-1680001200-1680010200@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de pintura creativa sobre coiro _ Dona Formiguinha
DESCRIPTION:Nerea\, da marca Dona Formiguinha\, é unha artesá da Estrada que traballa o coiro. \nAparte de ser unha das persoas integrantes deste colectivo Creativas Galegas e ter o seu produto á venda no Mercado Galego da Creatividade\, tamén ten unha tenda-obradoiro no seu pobo\, A Estrada (Rúa de Don Nicolás\, nº 12). Desde alí\, coa axuda da súa compañeira Carmen\, deseña e confecciona artigos de coiro coas súas propias mans. \nSe por algo se caracterizan as súas pezas é polo uso de peles de moitas cores (para darlle vida\, personalidade e frescura aos complementos) e utiliza peles de curtido natural ou vexetal (curtido da pel con taninos que se producen naturalmente na codia de árbores como o castiñeiro\, o carballo\, o cereixo\, o quebracho…\, en vez de con cromo\, que permite un curtido mais rápido pero moi contaminante). \nQueres coñecer curiosidades sobre o traballo desta artesá?\nPois inauguramos os Días Europeos da Artesanía 2023 co seu Escaparate Vivente. Nesta demostración de traballo en directo vainos ensinar a pintar a man alzada\, con pincel\, un debuxo sobre as pezas de coiro que ela mesma elabora. Para iso vai unhas pinturas específicas. \nQueres saber mais?\nVen a vela no directo e ela mesma che conta encantada os procesos do seu traballo. \n  \nActividade: Escaparate Vivente de pintura sobre peza de coiro\nAutora:  Nerea Herrera\nMarca: Dona Formiguinha\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 28 de marzo\nHorario: 11:00 – 13:30 h \n  \nInstagram: @donaformiguinha_galicia\nFacebook: @Dona Formiguinha \n  \n@artesania_de_galicia\n@xuntadegalicia\n@camino_xacobeo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-pintura-creativa-sobre-coiro-_-dona-formiguinha/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/03/escaparate-nerea.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230311T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230311T193000
DTSTAMP:20260502T121237
CREATED:20230310T131252Z
LAST-MODIFIED:20230310T131252Z
UID:10000052-1678563000-1678563000@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente _ Performance Celia Pía
DESCRIPTION:A policía escribiuno nun papel: vítima de violencia de xénero.\nE inundóuseme a pel\, a garganta\, os músculos\, os ósos\, desa frase escrita.\nFoi así como me partín en moitos pedazos.\nCon tempo\, moita reflexión\, coidados\, moitos afectos e moitísimo amor\, recollín os anaquiños do corazón que fun\, da persoa\, e decidín buscar e asumir todas aquelas ferramentas que me faltaron para non darme conta de que\, aos poucos\, íame metendo nun lugar no que nunca quixen estar. \nAsí son as relacións abusivas. \nA través desta perfomance queremos facer un chamamento a todas as persoas que queirades participar e levantar a voz en contra do machismo\, sen violencia\, con determinación e firmeza\, e coa esperanza de que sexa un grao de area nas loitas que se coñecen e nas que están silenciadas. \nMoitas mans tendidas para soster a quen xa pasou por aí e para quen estea nese lugar e non sabe como\, ou non ten a forza\, para saír del. \nQueres acompañarnos? \n  \nActividade: Escaparate Vivente_Performance\nAutora da performance: Celia Pía\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: sábado\, día 11 de marzo\nHorario: 19:30 h \n 
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-_-performance-celia-pia/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/03/yo-presidiaria.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230221T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230221T133000
DTSTAMP:20260502T121237
CREATED:20230220T175923Z
LAST-MODIFIED:20230220T175923Z
UID:10000055-1676977200-1676986200@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de calceta _ La con Agarimo
DESCRIPTION:Temos\, traballando en directo desde o escaparate\, a avoa Desiree\, da marca La con Agarimo. \nO nome non lle pode quedar mais axeitado\, pois se algo poñen as avoas en todo canto elaboran coas agullas\, é moito agarimo. Entre as pezas calcetadas por ela podemos atopar prendas de vestir\, para adultos e pequenos\, e tamén un elevado número de complementos. As cores e as las que vai atopando\, son as que lle inspiran para decidir que peza tecer con elas. \nNeste escaparate quere amosar varios procesos completos de creación\, como lle gusta ás nosas avoas\, ensinarnos todo o proceso\, pouco a pouco\, para que os seus oficios teñan continuidade. Para iso vai elaborar varios complementos diferentes que nos permiten observar os segredos da calceta na creación de cada un deles. \nEstaremos moi atentas avoiña e esperando con ansia porque sabemos que nos teus petos sempre hai sorpresas. Que traerá esta vez? \nAgardamos a ver que sae dese peto máxico. \n \nTítulo do taller: “Elaboración de complementos coa calceta”Técnica: calcetaAutora: Desiree DíazMarca: La con AgarimoLugar: Mercado Galego da CreatividadeData: 21 de febreiroHorario: 11:00 – 13:30 h \n \nFacebook: La con AgarimoInstagram: @laconagarimo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-calceta-_-la-con-agarimo/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/02/WhatsApp-Image-2023-02-20-at-18.48.18-1.jpeg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230102T113000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230102T133000
DTSTAMP:20260502T121237
CREATED:20221216T125144Z
LAST-MODIFIED:20221216T125144Z
UID:10000141-1672659000-1672666200@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de ilustración _ Rashel Art
DESCRIPTION:Raquel é a artista que está detrás das ilustracións da marca Rashel Art.\n\nEsta ilustradora formada en escultura pola Escola de Arte Mestre Mateo en Santiago de Compostela\, mostra en toda a súa obra unha marcada personalidade. Ata mesmo se podería dicir que un tanto incómoda e provocadora polo elevado detalle co cal nos mostra a súa percepción do mundo\, os seus elementos e os seres que o habitan.\n\nA súa percepción de canto a rodea está marcada pola disconformidade contínua con todo o establecido\, con aquelo que se considera o “normal\, habitual e correcto”\, e todos/as o aceptamos sen cuestionarnos.\n\n“Pienso firmemente que el ser humano tiene más parte oculta que visible\, mayormente de forma inconsciente\, y aquí entra en juego mi obra; con ella quiero mostrar el interior del ser humano\, sus miserias\, sus sueños\, sus ideales\, sus miedos… Su lado oculto\, cual cara oculta de la luna.\nEntre mis influencias se encuentran diferentes estilos\, marcándome especialmente artistas como René Magritte\, Salvador Dalí\, Man Ray\, Frida Kahlo o Toyen\, con sus aires oníricos\, tan común a los míos.”\n\nCoñece a esta ilustradora e o seu traballo en directo.\n\n \n\nTítulo da exposición: “ilustración Rashel Art”\nTécnica: ilustración\nAutora: Raquel Currás\nMarca: Rashel Art\nLugar da exposición: Mercado galego da creatividade\nData: 2 de xaneiro\n\n \n\nLinkedin: Raquel Currás\nFacebook: Rashel Art
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-ilustracion-_-rashel-art/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/12/WhatsApp-Image-2022-12-16-at-11.03.52.jpeg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20221229T113000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20221229T133000
DTSTAMP:20260502T121237
CREATED:20221216T123005Z
LAST-MODIFIED:20221216T123005Z
UID:10000140-1672313400-1672320600@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de xoiaría _ Brigantia Orfebres
DESCRIPTION:Yesenia e Nuria son as orfebres que están detrás de Brigantia Orfebres. \nDesde a súa xoiaría\, situada na rúa San Pedro\, en Santiago de Compostela\, e das RRSS da firma\, amosan todo o seu traballo creativo para descubrirnos este oficio e facernos partícipes das técnicas tradicionais da orfebrería. \nPara este escaparate achéganse a rúa da Caldeirería co propósito de traballar en directo desde outro escenario\, o escaparate do Mercado. \nE que nos van ensinar nesta demostración? Pois as técnicas básicas deste oficio como son traballar coa segueta\, darlle forma ás pezas\, limado\, lixado e pulido das pezas para compoñer o deseño da xoia final. \nCoñeces a súa obra? Se aínda non a coñeces animámoste a facelo. \nTítulo da exposición: “Peza de orfebrería”\nTécnicas: segueteado\, dar forma\, limado\, lixado e pulido\nAutoras: Yesenia e Nuria\nMarca: Brigantia Orfebres\nLugar da exposición: Mercado galego da creatividade\nData: 29 de decembro\nHorario: 11:30 -13:30 h \n  \nInstagram: @brigantiaorfebres\nFacebook: Brigantia Orfebres \n  \n@artesania_de_galicia\n@xuntadegalicia\n@camino_xacobeo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-xoiaria-_-brigantia-orfebres/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/12/WhatsApp-Image-2022-12-16-at-10.33.34-6.jpeg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20221224T113000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20221224T133000
DTSTAMP:20260502T121237
CREATED:20221216T123057Z
LAST-MODIFIED:20221216T123057Z
UID:10000139-1671881400-1671888600@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de gancho _ Boneco Tolo
DESCRIPTION:Ana traballa a técnica do gancho desde fai moitos anos e é unha verdadeira experta nesta arte. \nBaixo a súa marca Boneco Tolo decidiu evolucionar os seus coñecementos desta técnica e comercializar novos produtos. Empezou a traballar tecendo\, non só en plano para crear prendas e complementos\, senón que decidiu facer tecidos en circular para engadir volume e así crear pezas como os bonecos xaponeses amigurumis. Con esta técnica orixinaria de Xapón crea xoguetes en 3D para os/as cativos/as e os/as non tan pequenos/as da casa como son: Frida Khalo\, personaxes como O Apalpador\, Pokemons\, personaxes da recoñecidísima saga de Star Wars… \nEmprega\, aparte das súas mans e os ganchos\, fibras de algodón ecolóxico e recheos hipoalerxénicos. \nE ti\, coñeces os/as seus/súas bonequiños/as? Que personaxe che gustaría que fixese para ti? De cal eres fan? \nAnímate a pedirlle algunha proposta porque Ana faino para ti. \n  \nTítulo da exposición: “Bonecos feitos coa técnica do gancho”\nTécnica: gancho\nAutora: Ana\nMarca: Boneco Tolo\nLugar da exposición: Mercado galego da creatividade\nData: 24 de decembro\nHorario: 11:30 -13:30 h \n  \nInstagram: @bonecotolo\nFacebook: Boneco Tolo \n  \n@artesania_de_galicia\n@xuntadegalicia\n@camino_xacobeo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-gancho-_-boneco-tolo/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/12/WhatsApp-Image-2022-12-16-at-10.33.34-5.jpeg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20221223T113000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20221223T133000
DTSTAMP:20260502T121237
CREATED:20221216T123139Z
LAST-MODIFIED:20221216T123139Z
UID:10000136-1671795000-1671802200@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de marroquinería _ MOCAO
DESCRIPTION:Di a historia que os grandes mestres que esculpían o coiro estaban en Marruecos. De aquí o termo “marroquinería”.\n\nMais o coiro é un deses materiais empregados polo ser humano desde os principios dos tempos para\, a partir del\, facer pezas de abrigo. E dalgún xeito\, ver a compañeiras nosas\, artesás do coiro como son Mónica Cao\, da firma Mocao\, é como asomarnos a unha ventá que nos mostra\, fala e nos conecta con eses momentos iniciais da nosa historia\, non si? É máxico ver traballar este material e pensar que xeracións tras xeracións continúan este oficio e reformulan esta arte ás necesidades de cada momento\, mais sempre traballando sobre a mesma base\, un curtido da pel para que esta perdure no tempo.\n\nCada artesá aplica o seu deseño e creatividade para darlle a forma final que quere que defina o seu propio estilo de produtos. Queres coñecer o traballo de Mónica? Achégate ao Mercado para vela traballar.\n\n \n\nActividade: Escaparate Vivente ‘marroquinería’\nAutora:  Mónica Cao\nMarca: Mocao Artesanía\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 23 de decembro\nHorario: 11:30 – 13:30 h\n\n \n\nInstagram: @mocaoartesania\nFacebook: MOCAO Artesanía\n\n \n\n@artesania_de_galicia\n@xuntadegalicia\n@camino_xacobeo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-marroquineria-_-mocao/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/12/WhatsApp-Image-2022-12-16-at-10.33.34-4.jpeg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20221222T113000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20221222T133000
DTSTAMP:20260502T121237
CREATED:20221216T123225Z
LAST-MODIFIED:20221216T123225Z
UID:10000137-1671708600-1671715800@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Escaparate Vivente de escultura de papel reciclado _ D Rositas
DESCRIPTION:Coñeces a nosa compañeira Charo\, a artesá que está detrás da marca D Rositas? \nCharo fai esculturas e xoiaría a partir de papel de libros que se van estragando co uso\, e de non darlles esa oportunidade\, os libros irían ao lixo. \nNeste Escaparate Vivente Charo vai facer unha escultura.  En concreto\, vai crear unha árbore\, dándolle forma ás ramas e ás raíces. O tronco e as ramas irán tomando texturas\, e recortando as folliñas iremos vestindo a nosa peza. \nApetéceche ver como o libro vai tomando\, pouco a pouco a forma da escultura que queremos conseguir? Un carballo\, un loureiro\, unha figueira…\, imos ver que árbore vai inspirando o libro elixido para o escaparate. \nVen a sorprenderte coa delicadeza e sensibilidade coa cal traballa e deseña a nosa compañeira. Toma nota: \n  \nActividade: Escaparate Vivente ‘escultura de papel’\nAutora:  Charo Remo\nMarca: D Rositas\nLugar: Mercado Galego da Creatividade\nData: 22 de decembro\nHorario: 11:30 – 13:30 h \n  \nInstagram: d_rositas\nFacebook: D Rositas Artesanía en Papel \n  \n@artesania_de_galicia\n@xuntadegalicia\n@camino_xacobeo
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/escaparate-vivente-de-escultura-de-papel-reciclado-_-d-rositas/
CATEGORIES:Escaparates Viventes
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/12/WhatsApp-Image-2022-12-16-at-10.33.34-3.jpeg
END:VEVENT
END:VCALENDAR