loader image

Escaparate Vivente de marroquinería _ MOCAO Artesanía

Nesta proposta, Mónica, a compañeira de @mocaoartesania, estará a traballar a marroquinería de xeito artesanal. Poderemos ver diferentes peles e coiros de varias orixes (vaca, poldro, ovella, cabra, porco…) e acabados (curtido vexetal, curtido mineral, acabados lisos, acabados bombeados…). Tamén veremos as diversas técnicas que emprega (ensamblado, bruñido tintado de cantos…), así como materiais e ... Read more

Escaparate Vivente de xoiaría _ Asuntos Imaxinarios

Diana, a creativa de @asuntosimaxinarios, vainos amosar como crea un colgante de filigrana. Descubriranos técnicas de ourivería tradicional e poderemos ver como prepara os materiais (lixado, recocido do metal con soprete, entorchado, embutido e martelado), como forma os elementos, o proceso de soldadura con soprete, calado con serreta, limado ata que remata co pulido. Ven ... Read more

Escaparate Vivente de calceta con agullas _ La con Agarimo

Desi, a creativa que impulsa a marca @laconagarimo, vainos ensinar o proceso de elaboración para un dos seus artigos con máis éxito: o chal vaporoso. Neste escaparate teremos a ocasión de ver a súa arte movendo as agullas de calceta para crear un padrón no que os fíos de la, alpaca e seda se entrelazan. ... Read more

Escaparate Vivente de elaboración dunha escultura de libros reciclados

Escaparate Vivente: escultura de libros reciclados Charo, a compañeira que está detrás da marca @d_rositas, traballa con papel de libros que alguén desbota e que ela recupera para darlles unha nova vida. Nesta ocasión imos ter a oportunidade de ver o seu proceso de creación na elaboración dunha escultura de Rosalía de Castro a partir ... Read more

Escaparate Vivente de calceta _ La con agarimo

Desi, a nosa compañeira experta en la e tecido con agullas, convídanos a unha xornada na que tecer en público e facelo en grupo. Así que si es experto/a nas artes de tecer, principiante ou queres aprenden, acompáñanos e ven a celebrar connosco o Día deTecer en Público. Axúdanos a berrar aos catro ventos como ... Read more

Escaparate Vivente de traballo en coiro _ Dona Formiguinha

Nerea, da marca Dona Formiguinha, traballa artesanalmente o coiro cunha amplísima gama de cores para crear múltiples produtos divertidos, elegantes e cheos de vida. Neste Escaparate Vivente podes ver en vivo e en directo como elabora un peto aforrador en forma de casa, cortando a pel, coséndoa á man e decorando a peza con todos ... Read more

Escaparate Vivente de escaparatismo _ Denadinteriores e Spacio b

Almudena de Denadinteriores e Bea de Spacio b, son as nosas escaparatistas. Estamos desexando ver que proposta nos fan para este escaparate de Nadal. E ti? Queres ver en directo como van construíndo a súa posta en escena? Pois xa sabes, toma nota e achégate ao Mercado.   Actividade: Escaparate Vivente de escaparatismo Autoras: Bea ... Read more

Escaparate Vivente de xoiaría _ Soledad Mato

Soledad Mato, ourive de Compostela, traballa a prata e a combinación desta con pedras semipreciosas. Neste escaparate poderemos ver diferentes pasos e técnicas de traballo coa prata ata crear a partir dela unha delicada e elegante xoia, ou para crear a partir desta, o armazón perfecto sobre o que lucir unha  preciosa pedra natural.   ... Read more

Escaparate Vivente de calceta _ La con Agarimo

Desiree vai facer unha mostra en directo de como  calcetar, a dúas agullas, unha peza decorativa para o Nadal. Combinando las de diferentes  cores podemos crear divertidas pezas de decoración navideña como son as estrelas, os corazóns, ou as tradicionais bolas. Queres saber como escalar a túa peza de calceta para que se adapte aos ... Read more

Escaparate Vivente de ourivaría Compostelá _ Asuntos Imaxinarios

Diana Fraiz é a xoieira que está detrás da marca Asuntos Imaxinarios. Estará connosco no Mercado facendo unha demostración en directo do seu traballo de ourivaría Compostelá. Poderemos ver a creación da filigrana tradicional e as diferentes técnicas empregadas na xoiaría tradicional galega. Son exemplos disto os sapos, aderezos, brincos... Utilizará fío e lámina de ... Read more

Escaparate Vivente de marroquinería _ MOCAO Artesanía

Xa coñecedes o deseño, a elegancia e a orixinalidade coa que traballa a nosa compañeira Mónica de MOCAO Artesanía. Queres ver unha mostra en directo do traballo destas mans? Visítanos durante a súa exhibición no Mercado e terás a oportunidade de ver as diferentes técnicas e ferramentas que emprega para elaborar as súas pezas.   ... Read more

Escaparate Vivente de sombreirería tradicional _ Julia Vilariño

Julia Vilariño é unha artesá que continúa coa elaboración de sombreirería tradicional galega. Artesanía, tradición e cultura galega conviven en cada unha das súas pezas.  Cada un dos elementos que o compoñen está minuciosamente pensado, deseñado e creado para que todas as súas creacións sexan unha perfecta obra de arte. Gustaríache vela traballar en directo? ... Read more

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando