BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Creativas Galegas - ECPv6.3.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Creativas Galegas
X-ORIGINAL-URL:https://creativasgalegas.gal
X-WR-CALDESC:Events for Creativas Galegas
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261020T103000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261031T203000
DTSTAMP:20261023T194145
CREATED:20261019T080012Z
LAST-MODIFIED:20261018T180736Z
UID:10000366-1792492200-1793478600@creativasgalegas.gal
SUMMARY:Cati Lanza · Unha ventá ao mar
DESCRIPTION:Do 20 ao 31 de outubro\, o Mercado Galego da Creatividade acolle unha exposición de pinturas de Cati Lanza\, unha artista galega que nos invita a mirar o mar desde unha perspectiva íntima e persoal. \nNesta mostra\, o mar convértese nun espazo de memoria: un mar eterno e infinito\, o mar da infancia\, recoñecible nas súas praias\, nas mareas e nesa luz cambiante tan propia das costas de Galicia. A través duns encadres moi persoais\, Cati achégase a estas paisaxes como se mirásemos a través dun teleobxectivo\, deténdonos en pequenos fragmentos dun territorio en constante transformación. \nA súa experiencia como fotógrafa\, xunto coa súa traxectoria na pintura abstracta\, reflíctese nunha obra de gran dominio técnico e cromático. As mareas\, a area mollada\, o ceo e os reflexos da luz constrúen composicións nas que mar e ceo parecen fundirse\, creando unha sinfonía de cores que muda a cada instante. \nA exposición achégase tamén ao que permanece oculto baixo a superficie. A través da técnica mixta e do óleo sobre lenzo aparecen delicadas criaturas mariñas representadas sobre pan de ouro\, como os cabaliños de mar\, que nos lembran a extraordinaria riqueza dun ecosistema que aínda estamos a tempo de protexer. Nas pinturas nocturnas aparece a “ardentía”\, esa maxia do mar que se ilumina na escuridade grazas aos pequenos seres que o habitan. \nPercorrer as pinturas de Cati Lanza é intentar deter o efémero: capturar un instante que sabemos que axiña cambiará\, como cambia a paisaxe coa chegada dunha nova onda ou dunha nova marea. \nUnha exposición para mirar o mar sen présa e deixar que\, por un momento\, o tempo se deteña diante da súa beleza. \n📍 Mercado Galego da Creatividade \n📅 Do 20 ao 31 de outubro \nDeseño do cartel e texto: Amor ó Teu \n#MercadoGalegoDaCreatividade #CatiLanza #ArteGalega #PinturaGalega #CulturaGalega
URL:https://creativasgalegas.gal/evento/cati-lanza-%c2%b7-unha-venta-ao-mar/
CATEGORIES:Exposicións
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2026/10/Foto_Expo_Lanza.png
END:VEVENT
END:VCALENDAR